ACTOS FIN DE TEMPADA 2025

 Xa estamos preto de finalizar o ano e con él tamén remata a tempada 2025. Para dar unha digna despedida tanto ao ano como a tempada vos invitamos a xuntarnos o vindeiro luns 29, as 12:00 horas no Estadio Municipal de Cangas. Alí vaise premiar aos ATLETAS DESTACADOS TEMPADA 2025tamén se fara mención da labor d@s adestradores e adestradoras.



 

CAMPIONATO PROVINCIAL CROS XOGADE

Zamans, 13 de decembro de 2025

     Chegou a cita co CAMPIONATO PROVINCIAL DE CROS XOGADE. Todo facia presaxiar unha bonita maña de cros, non chovia, o desprazamento era curto, carreiras por equipos e individuais. O menú era o indicado pero ao final quedamos un pouco fartos. Non nos imos queixar de que correron moit@s nen@s, ogalla foran sempre participacions multitudinarias, pero si podemos dicir que tal vez non fora un circuito adecuado.



     En canto as clasificacions comezamos pola categoria cadete que estivo representada en mulleres por Vera Boubeta, que rematou no posto 38ª. Dani Cordeiro foi 11º e Gabriel Fazanes 25º na carreira masculina.



     O equipo femenino da categoria infantil acadou un meritorio 4º posto coa inestimable aportación de Mar Fazanes 20ª, Noa Pedrido, 26ª, Elodie Graña, 28ª, Sofia Capelo, 35ª, Sara Barros 92ª i Emma Salgado 113ª. A carreira masculina contou coa presenza de Brais Garcia 17º e Arthur Brasileiro 46º.



   Os dous equipos alevins completaron unha magnifica actuación cun 6º posto na proba feminina gracias ao esforzo de Anxela Caballero 9ª, Lena Bermúdez 16ª, Claudia Romero 50ª i Elva Cordeiro 99ª. Os homes estiveron encabezados por Laurent Graña 14º, Samuel Lorenzo 25º, Xosé González 74º e Pedro Juncal 128º, ocupando finalmente o posto 8º.



A proba benxamín veu acompañada dun expediente «x» coa desparición da clasificación da única participante na carreira feminina, pola nosa parte aportouse probas gráficas pero ao peche desta crónica ainda non consta nos resultados finais. O equipo masculio composto por Enzo Maximo 15º, Javier Novas 99º, Marco Roma 145º e Angel Bernárdez 197º acadaron o posto 12º.



PLAN DE VIAXE TROFEO ABANCA OURENSE

     O vindeiro domingo 21 de decembro  vaise disputar o TROFEO ABANCA DE PISTA CUBERTA nas pistas de Expourense. A xornada de tarde estará reservada para a categoría SUB 14,  onde vai participar o equipo feminino.  Esta previsto o incio das probas as 16:30 h e o desprazamento vaise realizar en vehículos particulares. Se algunha das convocadas tivera problemas para efectuar a viaxe e preciso que avise canto antes para darlle solución. Achegamos de seguido as convocadas e lista de saida da competición.


  • EMMA COLLAZO,  salto de altura
  • AROA FOGLIA, lanzamento de peso
  • SOFIA CAPELO, triple salto
  • LENA CURRAS, 60 m.v.
  • NOA PEDRIDO, 500 m.l.
  • ELODIE GRAÑA, 60 m.l.
  • NORA PARCERO, 2000 m.l.
  • MARIA MARCOS, salto de lonxitude
  • VERA BOUBETA, 2000 m.l.

RESULTADOS EN DIRECTO



L TROFEO PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS

Cangas, 30 de novembro de 2025

      O último domingo de novembro foi a data elexida para celebrar o L TROFEO PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS- MEMORIAL PEPE CORDEIRO. Despois do traballo que da organizar unha proba que congregou a 500 participantes agradecese que o tempo nos agasalle cun día solleiro e seco. Non estivo mal para un mes que choveu sobre mollado.



     Parece que a proba precisaba de un pequeno empurron e desa necesidade decidiuse cambiar o percorrido da popular acortando as voltas para deixalas en tres. Tamén se ampliou a cronometraxe as categorias menores, salvo mini e pitufos.



     No caso d@s amarel@s de seguido detallamos a sua atuación, comezando polas mulleres SUB 10, carreira que venceu Anxela Caballero, acompañada pola compañeira Elva Cordeiro na 8ª posición. Os homes que acadaron podio foron Laurent Graña 2º e Samuel Lorenzo 3º, seguidos de preto por Nils Fernández 5º e Enzo M. Torres 7º.



    Na carreira feminina SUB 12 Mar Fazanes foi 10ª, Lena Bermúdez 11ª, Sara Barros 16ª, Claudia Romero 22ª i Emma Salgado 24ª. Nos homes correron Xosé González 4º e Pedro Juncal 7º.



    A  proba Sub 14 feminina estivo liderada de principio a fin por Emma Collazo seguida de Noa Pedrido 9ª, Vera Boubeta 11ª, Sofia Capelo 12ª, Noa Caamaño 16ª e Ainhoa Costas 17ª.



    Dani Cordeiro venceu na proba masculina, acompañado por Brais Garcia 6º e Arthur Brasileiro 7º. Na carreira SUB 16 Ana Oliveira acadou a victoria e Gabriel Fazanes rematou 11º nos homes. Moita participación, en xeral, nas categorias escolares sendo as máis numerosas canto máis pequen@s.



     Non tivemos queixa da participación no 6K, boa acollida a un percorrido que reduce as voltas polo circuito urbano, finalmente na carreira absoluta venceu Carlos Porto e Manuela Montes, non podemos pechar esta crónica sen agradecer ao comercio local e ao Concello de Cangas o apoio a esta carreira. A por outros cincuenta anos, graciñas¡¡¡




PLAN DE VIAXE PROVINCIAL XOGADE

     

     Esta competición levarase a cabo o sábado día 13 de decembro de 2025 no Campo da Feira de Zamáns (Vigo). Vai sair un autobús da estación de Cangas as 08:45 horas con volta ao remate da competición. Para quen faga o traxecto por medios propios recordarlles que se debería de chegar UNHA HORA antes do comezo da carreira na que participe. 

     Agradecese que finalmente se faga unha competición no Campionato Provincial por EQUIPOS, acadando o pase CADETE FEMININO (Ana Oliveira, Vera Boubeta, Noa Caamaño, María Marcos, Carla Salgado, Ainhoa Costas) e MASCULINO (Daniel Cordeiro, Alejandro Fernández, Angel Vázquez, Gabriel Fazanes), INFANTIL FEMININO (Elodie Graña, Noa Pedrido, Sofia Capelo, Emma Salgado, Mar Fazanes, Sara Barros), ALEVIN FEMININO (Elva Cordeiro, Anxela Caballero, Vega Paredes, Lena Bermúdez, Claudia Romero) e MASCULINO (Samuel Lorenzo, Xosé González, Paulo Gestido, Laurent Graña, Pedro Juncal, Oliver Gayo) máis BENXAMIN MASCULINO (Marco Roma, Enzo M. Torres, Nils Fernández, Ángel Bernárdez, Javier Novas, Antón Freire) . De maneira individual clasificaronse Brais Garcia e Arthur Brasileiro en infantil e Marta Novas en benxamín

     Realizarase unha clasificación por equipos masculino e unha clasificación por equipos feminino en cada unha das categorías. Para a clasificación por equipos teranse en conta os/as tres (en cadetes) ou catro (no resto de categorías) primeiros/as atletas que cheguen á meta de cada entidade, e sumaranse os postos de entrada na meta destes tres/catro, sendo a entidade que menos sume a vencedora da proba.

      Ao tratarse dunha competicion por EQUIPOS pregase comunicar calquera baixa ou incidencia o antes posible.



     Achegase un enlace da ubicación do circuito.



 

CROS ZONAL XOGADE

Moaña, 16 de novembro de 2025

    Tras uns días baixo a borrasca Claudia o domingo estaba programado o CAMPIONATO ZONAL DE CROS do programa XOGADE. Os atletas participantes correron coa categoría desta vindeira tempada 2026. Importantes cambios no regulamento remataban coa participación por equipos deixando únicamente aberto o pase ao Campionato Provincial aos dez primeiros clasificad@s. Non compartimos ese criterio, sempre nos pareceu importante facer equipo, e máis nestas categorías menores.



      Chegados a Moaña atopámonos cun cambio de circuito, sen previo aviso, e un terreo con abundante auga no que non tardou en aflorar a lama. Pois así é o cros, algo de choiva, bastante frio, situación idónea para templar os nervios da competición. O desenrolo das carreiras comezou polos maiores, sendo a categoria feminina a encargada de inaugurar a competición. Bo comezo por pate de Ana Oliveira que venceu na proba Cadete, seguida por Vera Boubeta 4ª, Noa Caamaño 8ª e Ainhoa Costas 9ª. Os homes estiveron encabezados por Daniel Cordeiro, 3º, Alejandro Fernández, 4º, Gabriel Fazanes, 5º e Ángel Vázquez 10º.



     A carreira infantil feminina contou con Noa Pedrido, 2ª, Elodie Graña, 4ª, Mar Fazanes, 5ª, Sofia Capelo, 6ª, Sara Barros, 9ª i Emma Salgado, 16ª. Na proba masclina gañou Brais Garcia acompañado de Arthur Brasileiro, que foi 4º.



     Na categoría alevin femenina dominou de principio a fin Anxela Caballero seguida por Lena Bermúdez, 3ª, Elba Cordeiro, 8ª e Claudia Romero 19ª. Na carreira masculina Laurent Graña foi 2º seguido de Samuel Lorenzo, 5º, Xose Gónzalez, 9º e Pedro Juncal 10º.



    Remataba a xornada coas carreiras da categoría benxamin, onde contamos coa presenza de Marta Novas, que rematou 4ª. A proba masculina puso o punto e final coa participación de Nils Fernández, 3º,  Javier Novas, 5º, Enzo Torres, 8º, Ángel Bernárdez, 16º e Antón Freire 17º. Xa temos data para o Campionato Provincial, o sábado 13 de decembro, ata logo enton.



PREVIA DO ZONAL DE CROS XOGADE

      Esta competición levarase a cabo o domingo 16 de novembro de 2025 en A Xunqueira- Moaña na contorna das Pistas de Atletismo. A proba está destinada ás seguintes categorías: benxamín (2018-2017), alevín (2016-2015), infantil (2014-2013) e cadete (2012-2011) nenos e nenas. As carreiras organizáranse por categorías e por xénero. Se a participación o permite poderán agruparse carreiras de ambos xéneros en cada categoría.  O transporte a competición será por medios propios, se alguen tivera incidencias que o comunique para darlle solución.

     De acordo co HORARIO das probas será preciso estar as 10:00 h. para revisar os circuitos e facer os quecementos previos a competición



ESCOLA DE ATLETISMO DE VERAN

     Outro verán máis tivemos as mañas de xullo e agosto ocupadas coa ESCOLA DE ATLETISMO DE VERAN.  Alí se xuntaron nen@s de diferentes idades que disfrutaron e xogaron co nexo  do atletismo. Os Monitores Ari e Diego puideron transmitir a sua paixón polo deporte rei sen esquecer darlle un sentido lúdico. Con grupos tan bos non dubidamos da continuidade destas actividades. Vemonos nas pistas.



CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 AO AIRE LIBRE

Villafranca de los Barros, 26 e 27 de xullo de 2025

 

     En terras extremeñas destacou a presenza de tres amarelos para disputar o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 AO AIRE LIBRE. Acompañados do seu adestrador Ramilo tiñan por diante unha intensa fin de semana onde poder amosar a sua valía a nivel nacional.  Pois deixaron o listón moi alto voltando coma tres finalistas no Campionato. Diego Martínez rematou 6º no decathlon, Mauro Vázquez chegou a final dos 100 m.l. e acadou o 7º posto. Gema Dacosta colouse na final de lanzamento de peso e rematou 8ª. Pouco máis que engadir sen esquecer os merecidos parabens para atletas e adestradores.



VOLTAN OS ADESTRAMENTOS

     O vindeiro luns 15 de setembro retomamos a tempada, tras un breve descanso estival, con adestramentos nos horarios habituais. Se queres vir a probar con nos temos todo o mes de setembro para ti…proba sen compromiso. Tes paixón por correr saltar ou lanzar?

      No Atletismo Vila de Cangas adestramos en grupos de idade, melloramos día a dia e gozamos do atletismo en todas as disciplinas. Non importa o teu nivel, o importante son as túas ganas de crecer e disfrutar do deporte. Contacta con nos e verás que todo é moi sinxelo e proveitoso para ti. Estes  horarios son dos grupos de menores, a partir da categoría SUB 18 existe outro grupo de adestramentos que comparten no Estadio Municipal de Atletismo. Calquera pregunta no correo ou tlfs que detallamos ou nas redes sociais. Vemonos nas pistas.

email. at.viladecangas@gmail.com  tlf. 639558276 628147702