Campionato Galego de Pista Cuberta Categorías Benxamín, Alevín e Infantil

Coruña, 20 Marzo 2011

Foi unha emocionante xornada , a que vivimos neste día por parte dos nosos atletas. Saímos cara Coruña moi cedo e cargados de moitas ilusións, sobre todo polos que ían a pisar a “pista de cores”, por primeira vez. Cando voltamos a casa, viñamos máis cargados, xa que os atletas do Club fixeron un total de 27 pódiums, dos cales 11 foron de ouro, 9 de prata e 7 de bronce.

E por si fora pouco, as benxamíns Ariadna Gil en lonxitude e Valeria Rodriguez en peso, melloraron as marcas galegas obtendo novos récords . Enoraboa!!!

En xeral todos participaron moi ben, e podríamos destacar, a parte dos novos records, as actuacións de Oscar Broullón e Anxo Rodas, que en lanzamento de peso superaron os seus rivais cunha marxe de 2 metros. Paula Martinez subiu o pódium de 50 m.v. cun oso regalo dos seus amigos, xa que era o seu cumpleaños. Nuria Villa parece que segue os pasos da sua irmá Raquel no lanzamento de peso, e empeza a sumar podiums

Estes son os resultados
Medalla de Ouro
Raúl Dacosta ( 50 m.l.) – Oscar Broullón ( Peso) – Valeria Rodriguez ( Peso- Record galego) – Ariadna Gil (Lonxitude – Record galego ) – Lope Quinteiro ( Peso) – Sandra Souto ( 500 m.l.) – Alba Vidal ( 1000 m.l) – Ariadna Gil( 1000 m.l.) – Antón Iglesias (500 m.l) – Simón Pereira ( 1000 m.l. ) – Adrián Outeiral( Lonxitude)

Medalla de Prata
Anxo Rodas ( Peso) – David Lorenzo ( 1000 m.l.) – Jorge Piñeiro (500 m.l.) – Antón Iglesias ( 50 m.l.) – Raúl Dacosta ( Triple) – Noa Rouco (50m.l.) – Saray Amoedo –(Peso) – David Lorenzo (Altura) – Mª Jesús Corredoira ( 500 m.l.)

Medalla de Bronce
Julián Villa ( 500 m.l.) – Noa Rouco (500 m.l.) – Jorge Piñeiro (50 m.l.) – Nuria Villa ( Peso) – Valeria Fernandez ( Lonxitude) – Paula Martinez ( 50 m.v.) – Valeria Fernandez ( 1000 m.l.)

Outros resultados dos nosos atletas:
15º Simón Pereira – Lonxitude
5º Adrian Outeiral – 50 m.l.
5º Anxo Rodas – 50m.l.
Lois Rodas- 50 m.l. sen marca
Noa García – Pértiga – nulos
7º Iván Boubeta – Triple
12ª Noelia Graña – Lonxitude
8ª Lucía Piedras –Triple
5ª Patricia Torres – Peso
6ª Noa García – Peso
7ª Paula Santos – Lonxitude
10ª Paula Martinez – Lonxitude
6º Daniel Calvar – Peso
8ª Andres Obenza – Peso
7ª Noelia Graña – 1000 m.l.
6ª Mª Jesús Corredoira – 50 m.l.
6º Aarón Fandiño – altura
13º Martin Perez – altura –
4ª Oscar Broullón – Lonxitude
11º Iván Boubeta – Lonnxitude
4ª Gabriel Fernandez – Lonxitude
8º Daniel Armada – 1000 m.l.
10ª Melanie Conde – 500m.l.

Resultados Pista Cuberta cat. menores marz 2011

CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS

Ourense, Sábado 12 marzo 2011

O complexo deportivo de Monterrei, Ourense, volveu a ser a sede dun Campionato galego de campo a través, neste caso foi o galego escolar. O noso club participou con tres equipos e dúas atletas de forma individual.

Chegamos cedo, a pesar de ter que recoller a dous clubs de Vigo, Comesaña e Beade, e ter que sair da autopista por haber obras no túnel do Folgoso. O peche do túnel, so no tramo para ir a Ourense, fixo que tiveramos que facer 11 km máis e entrar na Cañiza

O Campionato comenzou coa categoría dos maiores, os cadetes, na que non tiñamos parcitipantes. Logo foron as rapazas infantiles, que conseguiron rematar como subcampionas galegas. O mellor posto foi para Noa Rouco que acabou 6ª.Os rapaces infantiles non acadaron a mesma sorte e finalizaron 6º. Eloy Guimeráns, o primeiro do club en cruzar a meta, foi no posto 26

Despois dos infantiles, foi o momento dos alevíns. Alba Vidal fixo unha carreira emocionante e rematou subindo o pódium como subcampiona. A Mª Jesús Corredoira, un tropezón relegouna a 5ª posición.

Os rapaces alevíns fixeron unha boa carreira e subiron ata o máis alto do pódium. Momento que elixiron os outros atletas do club, para volver a cantarlle a Adrián Outeiral o “cumpleanos feliz”. Non me negaredes que é unha boa maneira de cumplir anos. Jorge Piñeiro rematou 7º, sendo o primeiro do seu equipo

Tras a entrega de trofeos, dirixímonos cara Ourense a comer, para logo voltar a casa, despois de pasar por Vigo a deixar os demáis clubs

Resultados:

INFANTIL FEMENINO – SUBCAMPIONAS GALEGAS
6ª NOA ROUCO
20 ª MELANI CONDE
23 ª NOELIA GRAÑA
24ª LUCIA PIEDRAS
44ª NOA GARCIA
52 ª PAULA MARTINEZ

INFANTIL MASCULINO – 6º POR EQUIPOS
26 ELOY GUIMERANS
36 OSCAR BROULLON
37 RAUL DACOSTA
38 JAIME OCAÑA
51 MARTIN SOUTO
72 MARTIN PEREZ

ALEVIN FEMENINO
2ª ALBA VIDAL
5ª Mª JESUS CORREDOIRA

ALEVIN MASCULINO – CAMPIONS GALEGOS
7 JORGE PIÑEIRO
14 ADRIAN OUTEIRAL
15 DAVID LORENZO
21 ABEL PASTORIZA
22 DANIEL ARMADA
88 DANIEL CALVAR

Galego Escolar Campo Traves RESULTADOS

RECEPCIÓN OFICIAL NO CONCELLO DE CANGAS

Mércores 9 de Marzo 2011

Raquel Villa, Campiona de España en lanzamento de peso en Pista cuberta, Pablo Castro, subcampeón de España en lanzamento de peso en pista cuberta e récord Galego, e Mar Chillón, subcampiona de España de marcha e récord galego, foron recibidos pola alcaldesa de Cangas, Clara Millán, e pola concelleira de deportes e presidenta da Fundación deportiva municipal do concello, Antonia Queimaño.

A esta recepción estaban convidados os seus entrenadores, os familiares e a xunta directiva do club, que non quixeron deixar de apoiar a estes atletas. Tamén foron algúns amigos que viron con orgullo como a alcadesa e a concelleira de deportes, agasallaban os atletas cunha placa conmemorativa e o pin do concello de Cangas

A Alcaldesa dedicoulles unhas palabras nas que lles recoñecía o éxito acadado, e recordoulles que eles, cos seus éxitos, levan o nome de Cangas a todos os lugares que recorren. Tamén recoñeceu a labor dos pais e da familia por apoiar diariamente os atletas.

Dende aquí, a Xunta do club quere felicitalos unha vez máis e animalos a superar novos retos. Felicidades Raquel, Pablo e Mar!!!!

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CROSS

Portas, Sábado 19 Febreiro 2011
Houbo unha vez en Portas, moi cerquiña de Caldas, unha fábrica moi doce, cunha chimenea enorme. Un día a fábrica cerrou as portas e deixou de fabricar azucre. Moitos anos máis tarde, nos terreos da fábrica, e tendo a gran chimenea como testigo de todo o que aconteceu, celebrouse o campeonato provincial de cross.

Non choveu, pero o terreo xa estaba cheo de lama, así que vos poderedes facer unha idea de cómo terminaría despois de pasar tantos rapaces. Moitos chegaron descalzos, houbo moitos resbalóns e alguna visita á ambulancia, pero todo isto fixo que fose máis interesante acadar os primeiros postos.

Individualmente subiron o pódium os benxamíns Ariadna Gil (Bronce), Simón Pereira (Prata) e Lope Quinteiro (Bronce), na categoría Alevín Mª Jesús Corredoira (Prata), Alba Vidal (Bronce) e Jorge Piñeiro (Bronce)

Foi unha pena que as rapazas alevíns non puideran completar o equipo. Os demais equipos acadaron os seguintes pódiums ou posicións:
• Benxamin: feminino (ouro) e masculino Equipo A (prata) e o Equipo B 8º.
• Alevín :masculino Equipo A (ouro) e o Equipo B 4º
• Infantil: Feminino (Prata) e o Masculino (Bronce)
• Cadete: Feminino Equipo A 5º e o Equipo B 9º

Resultados provincial cross 2011

CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA

Pontevedra, Domingo 13 Febreiro 2011

Este domingo en Pontevedra e a pesar da ameaza de intensa chuvia, celebrou-se o campeonato de Marcha en ruta. A ameaza fíxo-se realidade e en algunhas ocasións choveu demasiado. Iso non impediu brillar con luz propia a moitos atletas, que demostraron que unha «pouca» auga era insuficiente para impedirlles competir.

Hoxe contamos cunha espectadora especial, Rebeca Obenza, que a pesar de estar con muletas, por culpa dunha caída esta semana, quixo animar a todos os seus compañeiros.

A primeira carreira foi a dos 3 km. Onde competían alevíns e infantiles. Tal vez foi nesta carreira onde máis chuvia caiu. Andrés Obenza e Noa García obtiveron a 5ª e a 6ª praza.
A seguinte foi 5 km, Mar Chillón, quen levaba unha pequena vantaxe sobre os seus rivais, entrou a primeira gañando o ouro.

En 2 km estrearonse dous atletas do Vila, Ana Piñeiro e Jesús Guimeráns. E miúdo estreo tiveron! Ana gañou a medalla de prata e Suso a de bronce. Con eles tamén participaba Valeria Fernández, quen xunto con Ana, liderarou a carreira quitando-lles moita distancia os seus compañeiros.

A seguinte distancia foi 10 km. Tras moitos nervios, algunha expulsión e demasiada angustia, Ángel Menduiña conseguiu a medalla de bronce e Iria Piedras a de prata e unha praza no hospital, onde a levaron para avaliar a lesión que xa tiña e que durante a carreira aumentou. Desexámoslle que non sexa moi grave.

Resultados:

2 Km:
Valeria Fernández – Medalla de Ouro – 13:47
Ana Piñeiro –Medalla de Prata – 13:52
Jesús Guimeráns – Medalla de Bronce – 15:47
3 Km:
Andrés Obenza – 5º – 20:08
Noa García – 6ª – 19:29
5 Km:
Mar Chillón – Medalla de Ouro – 26:44
10 Km:
Ángel Menduiña – Medalla de Bronce – 50:50
Iria Piedras – Medalla de Prata – 1:04:22

CAMPIONATO GALEGO CADETE DE PISTA CUBERTA

Coruña, Domingo 6 febreiro 2011

Tras a emocionante xornada de onte na que participaron os xuvenis e os xuniors, a pista cuberta abriu esta vez para os cadetes.

A competición comezou cos concursos de salto de altura, onde participaba Alexia Vidal e con Lanzamento de peso feminino. A esta proba presentaronse 13 atletas e a metade eran de Cangas. Raquel, Antía, Talía, Carla e Johana por parte do noso club e Irene do A. Morrazo.

Temos bos lanzadores nesta categoria, Raquel Vila levou o ouro e marca para ir ao campeonato de España. E Pablo Castro foi un dos protagonistas do día. Foi capaz de bater o record galego que el mesmo conseguiu fai pouco, non unha se non dúas veces. O récord que estaba en 15.45 pasou a 15.62 para acabar en 15.65 m.
Patri Abal participou na carreira de 600 m.l. acabando 4ª e Alexia 6ª en lonxitude.

Pola tarde só dúas das nosas atletas participaron en probas. Sara Villar conseguiu chegar a tempo para competir na súa serie de 50 m. valados, na que obtivo o primeiro posto, que lle garantiu o pase á final. Dita carreira estivo moi competida e finalmente Sara subiu ao pódium a recoller o bronce.
A xornada da tarde rematou cos 3000 m.l. Ana Antepazo, que non se atopaba ben, correu pero retirouse cando faltaban 2 voltas para finalizar.

Resultados:
Cadete hombres
Pablo Castro: Campeón Galego en Lanzamento de Peso e Record Galego

Cadete mujeres
Raquel Villa: Campeona Galega en Lanzamento de Peso
Antía Román 4ª Peso
Talía García 5ª Peso
Carla Bernárdez 9ª Peso
Johana Villar 12ª Peso
Alexia Vidal: 5 º en salto de altura e 6ª en Lonxitude
Patricia Abal 4ª nos 600 m.l.
Sara Villar: Bronce nos 50 m. valados

CAMPIONATO ZONAL ESCOLAR DE CROSS

Voltamos un ano mais ata Domaio, onde se celebrou este zonal de Cross. A diferenza do ano pasado, mudamos a lama, terra mollada e charcos, por un percorrido seco.

A cor predominante foi o amarelo, o do sol que nos quentou e o das camisetas dos atletas do noso club. De amarelo encheron-se as carreiras e desde logo os pódiums, xa que os nosos atletas conseguiron 19 dos 24 pódiums que había.
O club acudiu con 14 equipos e clasificaronse todos. Na categoria Alevín tíñamos un equipo de rapazas e tres de rapaces, nas demáis categorías fomos con dous euipos. En todas as categorias nas que participamos, o equipo gañador foi o do noso club

A carreira máis numerosa foi a dos rapaces Alevíns con 27 atletas dos cales 18 eran do noso club
Tal vez o mais chamativo foi a última carreira do dia, a dos rapaces cadetes. Na liña de saída só se apresentaron dous rapaces e ningún era do noso club. Hai falta de nenos nestas categorias, tal vez todos apañaron ese vírus tan contaxioso chamado «futbolitis».
Esta enfermidade tan rara non acostuman a padecer as nenas. Na mesma categoria participaron 17 rapazas, dous equipos completos do Vila, catro rapazas do Atletismo Morrazo e unha do Samertolomeu., Clasificaronse todas, os tres equipos e a atleta do Sam fixo-o por méritos propios ao chegar primeira.

Desde aqui queremos louvar a eses atletas que axudan a facer equipo e participan sabendo que tal vez cheguen últimos, porque esta non é a súa proba, pero están ahí cando se os necesita e fan que o seu equipo sexa mais forte.

BENXAMÍN  FEMENINO

1ª – Sandra Souto

2ª Ariadna Gil Seguir leyendo

Campionato Galego de Marcha en Pista

Este Campionato celebrouse en Pontevedra, nas pistas do Estadio da Xuventude, que tamén é a sede da Escola de Marcha. Esta é a primeira proba a nivel galego que hai na tempada, e alégranos que esta vez non nos desprazaramos moito.
Aínda que había algún que pronosticaba moita chuvia, temos que decir que non caiu nin unha pinga, incluso o sol saiu a mirar a marcha que había nestas pistas. O Vila de Cangas fomos con 8 atletas. Suso Guimeráns non pudo facer o seu debut nesta disciplina por estar enfermo.

A primeira proba de 1 km, a dos benxamíns, terminou moi ben con dúas atletas do noso club, Valeria Fernández e Valeria Rodríguez, aupadas no pódium no 1º e no 2º posto respectivamente. O seguinte foi Andrés que fixo 2 km , terminou 4º e finalizada a proba enterouse de que estaba descalificado.

A proba máis disputada e emocionante, foi os 3 km das infantiles e cadetes con 20 participantes. As rapazas marcharon en bloque durante moitas voltas e pouco a pouco foronse descolgando as que non puderon seguir o ritmo. O pódium resolveuse nos últimos metros quedando Mar 2ª. Noa quedou 14ª na carreira e 6ª na súa categoría.

A última proba foi a dos 5 km na que tamén conseguimos 2 podiums, Rebeca que quedou 2ª e Iria que conseguiu o seu primeiro pódium de marcha quedando 3ª . Ángel acadou o 4º posto.

A próxima cita para os marchadores é o 13 de febreiro, no Campionato Galego de Marcha en Ruta que todavía está por designar. Hai tan poucos circuitos homologados, que sospeitamos que teremos que viaxar ata o norte.
Resultados

1 km                                                2 km
1ª Valeria Fernández                 Andrés Obenza Des.
2ª Valeria Rodríguez

3 km                                               5 km
2ª Mar Chillón                           2ª Rebeca Obenza
6ª Noa García                            3ª Iria Piedras
                                                       4º Ángel Menduiña