CAMPIONATO GALEGO DE CROSS CORTO, CAMPIONATO GALEGO CADETE-XIVENIL, MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO

Ourense, 16 de xaneiro de 2011

No circuíto de Monterrei, en Ourense, disputouse unha triple xornada de campionatos galegos. Empezou a mañá có Memorial Alejandro Lorenzo, que está considerado como o galego federado das categorías menores. Os comezos non puideron ser mellores. Na primeira das probas, a de benxamín feminino, proclamouse campiona galega Sandra Souto e subcampiona Ariadna Gil, ambas do nos club. Por suposto, o equipo proclamouse campión. Os homes desta mesma categoría foron subcampións, pero tamén o podio individual estivo salpicado de amarelo coa presenza de Simón Pereira.
En canto ás alevíns, xa sabedes que esta tempada temos un número reducido de atletas femininas, pero as que están son fantásticas. Alba Vidal loitou ata o final para conseguir o primeiro posto, aínda non o conseguiu e proclamouse subcampiona. A mesma loita tivo Mª Jesus Corredoira loitando pola terceira praza. Por equipos conseguiron ser subcampionas, pero empatadas a puntos coas campionas. No tocante ós homes desta mesma categoría, estamos ben nutridos, e todos eles fixeron unha boa carreira, destacando entre eles Jorge Piñeiro, que chegou segundo.
Noa Rouco foi a primeira que chegou das infantiles nun meritorio quinto posto, aínda que ela manifestou que non se sentía demasiado satisfeita coa carreira. Foron campionas galegas.
Os homes infantiles foron os que peor quedaron destas categorías inferiores, sendo os únicos que non conseguiron sibir ó podio.
Como vimos anteriormente, as categorías menores fixéronno moi ben, conseguiron cinco dos seis podios posibles. Pero a partir de cadetes as cousas xa non pintaron igual. A pesar de todo, temos que felicitar a Mar Chillón que có seu terceiro posto colouse na selección para o campionato de España. Por equipos quedaron na 7ª posición. Os e as xuveniles quedaron quintos, pero a diferencia é que os homes con esta posición van o de España e as mulleres non.
A última das probas foi o campionato galego de cross corto. Entre as mulleres só tiñamos a Andrea García, que chegou oitava. Os homes acadaron o 12º posto por equipos.

CAMPIONATO GALEGO DE CROSS CORTO:

Homes:

47º Brais Misa García

55º Sergio Iglesias Alonso

84º Maikel Portela Portela Seguir leyendo

CARREIRA DO PAVO 2010

Vigo, 19 de decembro de 2010
Este ano os que gañaron o pavo xa levaron medio traballo feito, porque ó cntrario dos outros anos, nesta xa estaban mortos e sen plumas ( có frio que facía).
Como sabedes, o circuito é todo por carretera, nos arredores da alameda de Vigo.
Como xa ven sendo habitual, o Vila de Cangas destacou nas categorías inferiores e pasou un pouco desapercibido nas categoría a partir de cadetes. Xa non se trata de resultados, é simplemente que non compiten.


Os nosos atletas quedaron como segue:
Benxamín mulleres:
1ª Ariadna Gil Fernández
5ª Sandra Souto Otero

Seguir leyendo

CARREIRA DO PAPO`S

Mañan fabulosa para a practica deportiva, de feito o parque de castrelos estaba cheo de corredores e ciclistas disfrutando do domingo. Calquera diria que era decembro, que se celebraba o X Memorial Andres Abanqueiro Bocateria Papo’s 2010, case todos os atletas equipados en manga corta, os que estaban en manga larga, non era polo frio, senon pola sobreprotección materna. A participación dos atletas do Vila de Cangas resultou moi exitosa con tres victorias e o color amarelo foi protagonista da maioria dos podios. Significar que este ano se entregaron trofeos en forma de buho os primeiros cinco clasificados, sendo xa un elemento identificativo desta carreira ademais do bocata de salchicha co que foron agasallados todos os participantes. En xeral un 11 para a voluntade dos nosos atletas, o demais vendra coa perseverancia.

                                                                                                             (ÓSCAR GIL)

Os nosos atletas quedaron como segue:
Pitufos mulleres:
7ª Iris Malvido Pardavila
8ª Nerea Malvido Pardavila
Putufos homes: Seguir leyendo

GALEGO DE MARCHA E MEMORIAL ANDRÉS ABANQUEIRO

Este vindeiro domingo 12 de decembro teremos que repartir os nosos atletas. Por unha banda celebrarase o campionato galego de marcha en pista no Centro de Tecnificación de Pontevedra, a onde se desprazarán os nosos marchadores. Podedes descargar información desa proba aqui: CIRCULAR 77-2010
Por outra banda, as categorías menores do Vila de Cangas desprazaranse ata Vigo, a Castrelos, onde terá lugar o X Memorial Andrés Abanqueiro-Bocatería Papo´s – Deportes Athletic’s. Aquí tamén tendes información desta proba: 2010.12.12.reglamento

PEDESTRISMO – MEMORIAL PEPE CORDEIRO

 Cangas, 5 de decembro de 2010.
Baixo un diluvio correron todas e cada unha das categorías citadas nesta nova edición do Pedestrismo de Cangas e Memorial Pepe Cordeiro.
Como sabedes, este ano non correron os máis pequenos, só o fixeron a partir da categoría xuvenil. Había máis de 500 atletas inscritos e aínda que non correron todos, si foron moitos os que se citaron no centro de Cangas.
O tempo mantívose máis ou menos estable ata que empezaron a quentar os da primeira carreira. Logo, xa non escampou.
Na primeira carreira foron as das categorías xuvenil, xunior e veteranas femininas.
Na segunda carreira correron os das categorías xuvenil, xunior e veteranos homes, así como a categoría absoluta feminina. Nesta última as primeiras en chegar a meta foron: Doroteia Peixoto, Joana Vanesa Martins e Filomena Costa.
A terceira e última carreira foi a absoluta dos homes, na que se proclamou campión Gustavo Platas Vidal, seguido de Marco Morgado e Robertas Geralavicius.
Noraboa a todos eles.
O Club Atletismo Vila de Cangas, organizador desta proba, quere agradecer a todos os que colaboraron na mesma, xa fora aportando algún “tenteenpé”, xa fora traballando para limitar o circuíto ou de calquera outro xeito.

resultados pedestrismo

Xuvenil mulleres:

1ª Jenny Fernández Massó ( Val Miñor)

2ª Victoria Rodríguez Freiria ( Val Miñor) Seguir leyendo

MEMORIAL BELARMINO ALONSO

Vigo, 28 de novembro de 2010.
Este ano non nos acompañou a chuvia. Cousa rara, porque nos últimos anos era falar do Belarmino Alonso e falar de chuvia, lama, caidas …
Para os máis novos, (e para os non tan novos tamén), estreamos circuíto. Ó parecer, hai xa bastantes anos, xa se celebrou nese lugar a proba.
O certo é que para a maioría dos que estabamos alí o percorrido era novo. Os atletas agradeceron a falta de lama dos outros anos, sobre todo os máis pequenos que foron os últimos en correr. O frío intenso facía que moitos espectadores buscaran as zonas mortas do que parecía un labirinto, a fin de acadar un raio de sol, claro que primeiro había que asegurarse que non estabamos dentro do espacio por onde tiñan que correr.
Na carreira absoluta dos homes houbo unha gran participación. Os tres primeiros postos foron para portugueses: Carlos Costa, Ricardo Dias e Daniel Pinheiro. Na carreira absoluta das mulleres, a participación foi bastante menor, pero tamén se impuxo unha portuguesa, Filomena Costa. A segunda foi Patricia Mendes, do Comesaña.
En canto ós nosos atletas, os que mellores postos acadaron foron os máis pequenos. Impuxéronse como campións por equipos os benxamins (tanto homes como mulleres), os alevíns (homes), os infantís (mulleres). Subcampións foron os xunior (mulleres) e os infantís (homes). A terceira posición por equipos foi a que conseguiron as mulleres alevíns.


Os resultados dos nosos foron os que seguen:
Xuvenil homes:
13º Tomás Ocaña Pazos
14º Arón Misa García
Xunior homes:

Seguir leyendo

XXXVII TROFEO PEDESTRISMO DE CANGAS

O domingo 5 de decembro terá lugar unha nova edición do Trofeo Pedestrismo Concello de Cangas.
O evento está organizado por este Club, Atletismo Vila de Cangas, e patrocinado polo Ilmo Concello de Cangas e a Fundación Cangas Deporte.
Este ano trae como principal novidade a exclusión das categorías menores. Haberá catro únicas carreiras:
– ás 11.00, xuvenil, xunior e veteráns feminino. (3.000 m)
– ás 11:20, xuvenil, xunior e veterans masculino, xunto coas participantes na categía absoluta (5.000 m)
– ás 11:50 h, absoluta masculina (9.000 m.)
Os tres primeiros clasificados de cada categoría levarán trofeo. Tamén haberá premios en metálico para os tres primeiros das carreiras absolutas. serán de 500, 350 , 200 e 100 euros para o 1º, 2º ,  3º e 4º, respectivamente, tanto en homes coma en mulleres .

Aquí tedes toda a infomación:PEDESTRISMO

«UN CLUB QUE É MÁIS QUE UN CLUB»

Cangas, 13 de novembro de 2010.

Neste día de gala para o Club Atletismo Vila de Cangas, reunímonos no Concello de Cangas personalidades tan importantes como:
• Isidoro Hornillos, presidente da Federación Galega de Atletismo.
• Eleuterio García, presidente da Delegación de Atletismo de Vigo.
• Toñi Queimaño, Concellal de deportes deste Concello.
• Enrique Sotelo, Concellal de grupo popular en Cangas.
• David Cal, afamado deportista olímpico de Cangas.
• Daniel Benavides, Xefe do Servizo de Deporte escolar.
• Francisco Rodal, Director Técnico do Vila de Cangas
• Mª Carmen Calvar, nutricionista que colabora có Club.
• E os atletas do Club Atletismo Vila de Cangas, os mellores atletas do mundo mundial.

O acto empezou coa foto de familia de todos. Logo, fóronse presentando cada un dos equipos, empezando polos máis pequeniños e rematando polos máis velliños.

A continuación iniciouse unha charla – coloquio . O primeiro dos invitados que falou foi David Cal. Admirou a intensa actividade do Club e animounos a seguir así. Tamén desvelou o seu desexo de ir ás próximas Olimpiadas, para o que ten que quedar entre os seis primeiros do mundial. ¡Animo, David! Ti podes.
Daniel Benavides agradeceu a colaboración prestada polo Club na tempada anterior, na que se estreaba no cargo. Manifesta que leva a impresión de que somos unha familia e un exemplo . Nós tamén lle agradecemos estas verbas.
Isidoro Hornillos agradece a invitación feita polo Club para estar este día aquí. Da os parabéns ós atletas, adestradores, directivos e familias. Di que o noso é un Club que é máis que un club.
Fran Rodal anima ós atletas a que sigan adestrando. É certo que non sempre se acadan os resultados esperados, pero o importante é sentirse satisfeito có esforzo realizado. O atletismo é un deporte individual e do traballo individual  dos atletas saen os equipos. Está contento polos resultados acadados na tempada anterior. Soña con que un día o Vila de Cangas compita na 1ª División. O principal obstáculo para logralo son os cartos, pois atletas hai no Morrazo, e moi bos.


De seguido ábrese o turno de preguntas do público que os invitados contestan.
Remata o acto facendo entrega da revista nº XV do Club, que non acadará ningún premio literario nin de ningún outro tipo, pero é a nosa revista.