SAN MARTIÑO DE BUEU

Bueu, 7 de Novembro de 2010

O tempo aliouse coa organización desta 15ª edición da carreira pedestre de San Martiño de Bueu, pois a chuvia non fixo acto de presenza ata que remataron todas as carreiras.
A organización da proba estivo a cargo do club de atletismo Corredoiras de Bueu, a cal estaba hoxe moi satisfeita, pois superaron a participación de todos os anos anteriores, e mesmo se bateron os tempos ata agora establecidos na carreira absoluta masculina. Robertas Geralavicius impúxose ós aproximadamente 180 atletas que participaron na proba reina. Por outra banda, na categoría feminina impúxose Sandra Mosquera, seguida da atleta do noso Club Andrea García.
Como anécdota, contar a impaciencia dos atletas máis pequenos, que protagonizaron unha saía nula, sen que ninguén foxe quen de paralos. Algúns chegaron ata a meta esquivando ós adultos que se poñían no medio para indicarlles que pararan.
Entre os nosos atletas destacaron:
Alevín masculino: Jorge Piñeiro foi o campión e David Lorenzo conseguiu a medalla de bronce.

Alevín feminino: Saray Amoedo levou a medalla de prata e o bronce foi para Alba Vidal.
Infantil feminino: Prata para Noa Rouco.
Infatil masculino: magnífica carreira a feita por Óscar Broullón, quen, acostumado a subir o podio polos lanzamentos, hoxe estreouse no podio dunha carreira longa cun 3º posto.
Cadete Feminino: Alexia Vidal levou o trofeo correspondente ó terceiro posto.
Benxamín feminino: Este foi todo el amarelo. Ouro para Sandra Souto, prata para Irene Menéndez e bronce para Valeria Fernández.
Benxamín masculino: Simón Pereira foi o que chegou primeiro á meta nesta categoría.
Minibenxamín masculino:Pedro Verdeal foi guiando ós demais e conseguiu o ouro.
Xuvenil feminino:Esta categoría correu coa absoluta, así que non soubemos exactamente os postos ata o momento de entregar os premios. A vencedora foi María Jesús Novo , seguida de Ainara Rodríguez que entrou segunda.
Senior feminino: A orde de entrada desta categoría foi a mesma que a absoluta, polo que Andrea García foi segunda.

PRESENTACIÓN DA TEMPADA 2010/2011

A Xunta Directiva do Club Atletismo Vila de Cangas comprácese en convidar a todos os socios e simpatizantes do Club á presentación pública dos seus atletas para a tempada 2010/2011.
O evento terá lugar o vindeiro sábado 13 de novembro ás 17:00 horas na Sala de Plenos do Concello de Cangas.
Prégase a todos os atletas que sexan puntuais para poder sacar a foto de grupo.
Logo da presentación de equipos por categorías e sesión fotográfica, haberá unha charla coloquio. Confirmaron a súa asistencia ó acto :
D. Daniel Benavides, xefe do servizo de deportes
D. David Cal, deportista olímpico de Cangas
D. Eleuterio García, en representación da Delegación de Vigo de Atletismo.

Remataremos este día tan importanate coa entrega do nº 15 da revista do club, onde se recolle un resume da tempada que acaba de rematar

XVCARREIRA PEDESTRE SAN MARTIÑO

Este domingo 7 de novembro, terá lugar en Bueu a xa tracicional carreira de San Martiño. Está organizada polo Club de Atletismo Corredoiras desa vila.

As carreiras empezarán ás 10 da mañá, sendo os primeiros en correr os alevíns, seguidos das mulleres infantiles. Logo irán os benxamíns e despois os homes infantiles, os cadetes, os minibemxamíns. A categoria chupete correrá sobre ás 11:55 e a absoluta sairá as 12:00 Carreira 2010

CROSS ESCOLAR DE NAZARET

O primeiro cross escolar deste curso celebrouse no último día da tempada 09/10. Mañá, como sabedes, empezará a nova tempada 2010/2011.
As carreiras foron disputándose entre chuvasco e chuvasco, pero os que non se libraron foron os alevíns homes, que tiveron que correr baixo un diluvio. O circuíto percorría as rúas do barrio de Nazaret.
Pese a chuvia, a participación foi bastante boa, aínda que desigual despendendo das categorías.RESULTADOS

RESULTADOS

  3 ANOS MULLERES  
POSTO NOME COLEXIO
1 NAIARA FETEIRA COMPAÑÍA DE MARIA
2 ANA GONZALEZ CASTRILLON
3 MARA BOUBETA CASTRILLON
4 LUCIA GIL NAZARET
5 NOA MARTINEZ NAZARET
     
  3 ANOS HOMES  
1 GABRIEL FERNANDEZ NAZARET
2 XIAN MARTINEZ A RUA
3 BREIXO MARIÑO NAZARET
4 BRAIS MARTINEZ A RUA
5 JAVIER FERNANDEZ SAN ROQUE
     
  4 ANOS MULLERES  
1 INES BERNARDEZ NAZARET
2 AGATA RODRIGUEZ CASTRILLON
3 ANDREA SOLIÑO NAZARET
4 ALEXIA BASTON NAZARET
5 ROSA RODRIGUEZ NAZARET
     
  4 ANOS HOMES  
1 GUILLERMO ALONSO COMPAÑÍA MARIA
2 MARCOS FREIJOMIL NAZARET
3 DAVID GONZALEZ A RUA
4 GAEL MARCOS NAZARET
5 CARLOS CORREDOIRA VIRXEN MILAGROSA
     
  5 ANOS MULLERES  
1 AMIRA PEREZ A RUA
2 ABRIL ENTENZA A RUA
3 KATIA GONZALEZ NAZARET
4 ROCIO RODRIGUEZ COMPAÑÍA DE MARIA
5    
     
  5 ANOS HOMES  
1 DENIS FERNANDEZ NAZARET
1 DANIEL GARCIA NAZARET
2 MANUEL MAGDALENO A RUA
3 XIAN MARCOS NAZARET
4 ALVARO MAGDALENO SAN ROQUE
5 DANI QUINTEIRO NAZARET
     
              PREBENXAMIN MULLERES 2003/04
1 ANA PIÑEIRO EDUARDO PONDAL
2 LAURA MAGDALENO A RUA
3 SARA MALLO NAZARET
4 AINOA SANTOS SAN ROQUE
5 AIDA CURRAS A GUIA
     
  PREBENXAMIN HOMES 2003/04
1 LOPE QUINTEIRO SAN ROQUE
2 YERON ALFAYA COMPAÑÍA MARIA
3 TEO IGLESIAS A RUA
4 DAMIAN SOUTO SAN NARCISO
5 XAIME MARTINEZ A RUA
     
  BENXAMIN MULLERES 2001/02
1 SANDRA SOUTO SAN NARCISO
2 ARIADNA GIL NAZARET
3 IRENE MENENDEZ NAZARET
4 VALERIA FERNANDEZ NAZARET
5 VALERIA RODRIGUEZ CASTRILLON
     
  BENXAMIN HOMES 2001/02
1 ISMAEL OTERO MONTEMOGOS
2 SIMON PEREIRA VIRXEN MILAGROSA
3 CARLOS PEREZ A PEDRA
4 SANTIAGO FERNANDEZ A RUA
5 RAUL CORTIZO CASTRILLON
     
  ALEVIN MULLERES 1999/00
1 Mª JESUS CORREDOIRA VIRXEN MILAGROSA
2 ALBA VIDAL HIO
3 SARAY AMOEDO SAN NARCISO
4 NOA GARCIA SAGRADA FAMILIA
5 TAMARA RODRIGUEZ A RUA
     
  ALEVIN HOMES 1999/00
1 DAVID LORENZO HIO
2 ADRIAN OUTEIRAL COMPAÑÍA MARIA
3 MARTIN SOUTO SAN NARCISO
4 MIGUEL SILVA A RUA
5 MARTIN PEREZA A PEDRA

CROSS DE NAZARET

A Anpa do Ceip de Cangas (Nazaret), xunto coa colaboración do Clube de Atletismo Vila de Cangas, vai celebrar o seu 2º cross escolar o vindeiro día 31 de outubro.
Tódolos nenos e nenas, están convidados a participar. O horario será a partir das 10:30h da mañá.
Aceptaranse inscripcións o mesmo día do cross no mesmo centro de 10h a 11h.

Tabla de categorías
ANO DE NACEMENTO CATEGORÍA DISTANCIA
2007 PITUFO 3 ANOS 80 M
2006 PITUFO 4 ANOS 100 M
2005 PITUFO 5 ANOS 120 M
2003-2004 PREBENXAMÍN 350 M
2001-2002 BENXAMÍN 600 M
1999-2000 ALEVÍN 850 M

CAMPIONATO GALEGO CADETE E XUVENIL-XUNIOR

 

Narón, 25 de setembro de 2010

 

Nas pistas de atletismo de Narón, situadas no Polígono do Río do Pozo desa localidade, disputouse este dobre campionato galego. Debido a distancia que nos separaba do lugar, houbo que saír cediño, ás sete da mañá.

Participamos con tres equipos: cadete masculino, cadete feminino e xuvenil- xunior masculino. Foi neste último no que fomos máis frouxos, pois tivemos varias baixas de última hora.

Entre os cadetes, as mellores actuacións correron a cargo de Tenín, Tomás, Raquel, Pablo e Antía, que lle deron o equipo o máximo número de puntos posible na súa proba. Tamén temos que destacar o grupo de relevos de 4×300 feminino, que despois de unha emocionantísima carreira, lograron chegar primeiras a meta. Na proba de 4×100 homes, unha caida dun dos corredores privounos dunha mellor posición, tendo que conformarnos có 3º posto.

Entre os xuvenís- xunior, o máis destacado foi Iván Rodríguez Maceiras, que se impuxo en altura e lonxitude.

En resumen, os cadetes, tanto homes como mulleres conseguiron a medalla de bronce por equipos e os xunior quedaron na 7ª posición:

Resultados:

Cadete homes:

Guillermo Piñeiro: 2º en 100 m.l. e 3º en 100 m.v.

Faustino Maquieira: 1º en 300 m.l. e 600 m.l.

Rafael Curro: 4º en 1000 m.l. e 5º en lonxitude

Tomás Acuña: 1º en 3000 m.l.

Antón Menduiña: 2º en 300 m.v. e xavelina

Jesús Parcero: 3º en 1500 obs e 3º en altura

Rubén Lorenzo: 4º en triplo e 4º en pértega

Pablo Castro: 1º en peso e disco

Relevos 4×100 (Tinín, Rubén, Guillermo e Antón): 3º

 

Cadete mulleres:

Aida Amoedo: 2ª en 100 m.l. e 300 m.l.

Patricia Abal: 2ª en 600 m.l. e 5ª en 1000 m.l.

Mar Chillón: 3ª en 3000 m.l.

Alicia Dacruz: 4ª en 100 m.v. e 5ª en 300 m.v.

Mª Jesús Novo: 2ª en 1500 obs e 3ª en triplo

Iria Piedras: 2ª en marcha

Antía Román: 1ª en xavelina e 5ª en lonxitude

Raquel Villa: 1ª en peso e 3¨ª en martelo

Talía García: 2ª en disco

Relevos 4×100 (Alicia, Antía, Patri e Mar) : 5ª

Relevos 4×300(Aida, Mar, Patri, e María): 1ª

 

Xuvenil – xunior homes:

Angel Ferrari: 5º en 3000 m.l.

Juanma Novo: 4º en 110 m.v. e 5º en pértega

Angel Menduiña: 3º en marcha

Iván rodríguez: 1º en altura e lonxitude

Simón Acuña: 2º en peso e disco

Jonathan Correa: 3º en xavelina

FIN DA ESCOLA DE VERÁN E REMATE DAS VACACIÓNS

Esta semana rematou a escola de atletismo de verán que se viña impartindo durante os meses de xuño, xullo e agosto a cargo dos adestradores Mónica Cabirta e Remi Fandiño.

Có remate de agosto, volveremos pouco a pouco a normalidade. A partir da categoría cadete empezarán os seus adestramentos o día 1 de setembro. As categorías inferiores seguirán de vacacións un pouco máis, e empezarán a adestrar o luns 13 de setembro.

CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO

Vigo, 24 de xullo de2010
Baixo un calor asfixiante, celebrouse este sábado en Balaidos o campionato galego absoluto. O acontecemento tivo lugar en xornadas de mañá e tarde. Do noso club, participaron seis atletas que conseguiron dúas medallas de prata.
Pola mañá participou a nosa representación feminina. Rebeca Obenza estivo moi presto do podio en marcha, rematando na cuarta posición. Na mesma proba, Mar Chillón acabou oitava, pero mellorando en moito a súa marcha. Aida Amoedo participou nos 100 m.l. e conseguiu meterse na final, onde rematou oitava.
Pola tarde foron os nosos representantes masculinos. O primeiro en competir foi David González, quen acadou a medalla de prata nos 1.500 m.l. Nesta mesma proba tamén participou Brais Misa, quen despois dun emocionante final de carreira, conseguiu colocarse na cuarta posición.
A segunda das medallas correu a cargo de Juanma Novo, quen rematou segundo nos 110 m.v.