CAMPIONATO GALEGO XUVENIL

Cangas, 5 de xuño de 2010


Celebrouse o pasado sábado nas pistas desta localidade o campionato galego xuvenil. Foi esta unha xornada na que se concentraron varios campionatos, pois ademais do xuvenil, disputábase en Ourense o dos veteranos e en Pontevedra o dos alevíns e infantiles, así como en Lloret de Mar o campionato de España por autonomías.
No xuvenil tocounos a traballar, xa sabedes, por iso de que os clubs da zona teñen que colaborar coa organización.
A xornada empezou coa marcha, onde Angel Menduiña acadou a medalla de bronce. Este atleta tamén participou en altura, quedando 5º. A segunda medalla, pero esta vez de prata, levouna Ariana Martínez nos 2000 m. obstáculos.
Jessica Fariña non tivo o seu mellor día lanzando peso, pois fixo dous nulos servíndolle o terceiro tiro para quedar na 13ª posición. En martelo tamén empezou facendo nulo, pero conseguiu endereitar o rumbo e acabou 7ª.
Borja Pérez tiivo problemas na súa saida dos 100 m.l., nos 400 m.l. conseguiu o 9º mellor posto e nos 200 m.l., onde a participación foi moi numerosa, quedou 17º.
Simón Acuña quedouse as portas do podio tanto en disco como en peso ó rematar en cuarta posición.
Ainara Rodríguez fixo unha boa carreira nos 800 m.l. e remaatou 5ª.
Nerea Outeiral participou nos 200 m.l., pero non logrou meterse na final. Conseguiu o 7º mellor tempo.
Por último, quédanos Claudia Martínez que colgouse a medalla de ouro nos 400 m.l.

CAMPIONATO GALEGO PROMESA-XUNIOR

O pasado domingo, 30 de maio, celebrouse en Ferrol o campionato galego promesa-xunior, no que participaron catro dos nosos atletas, conseguindo os srguintes resultados:
DAVID GONZÁLEZ FERNÁNDEZ: campión galego en 800 e 1500 m.l.
BRAIS MISA GARCIA: medalla de bronce en 800 m.l.
DANIEL CHOREN CASTRO: medalla de bronce en 200 m.l.
JUANMA NOVO PARDAVILA: campión galego en pértega, subcampión galego en altura e medalla de bronce en peso e 110 m.v.

SELECCIÓN GALEGA CADETE

Catro atletas do Vila de Cangas viaxarán coa selección galega cadete ata Lloret del Mar para participar no campionato de España por Autonomías que se celebrará o vindeiro fin de semana.
Trátase de Antía Román Sotelo (xavelina), Pablo Castro Chapela (peso), Aida Amoedo Portabales ( 300 m.l.) e Raquel Villa Carracelas (peso)

CAMPIONATO GALEGO POR EQUIPOS ALEVÍN – INFANTIL

Pontevedra, 22 de maio de 2010
Neste magnífico día de primavera, fomos ata Pontevedra para sufrir con este sol digno dun día dos máis quentes do verán
Competimos con tres equipos: alevins femenino e masculino, e as rapazas infantís. Para non acaparar todo, subimos os tres postos do podio.
O máis alto subiron os rapaces alevíns como campións. No segundo posto quedaron as rapazas infantís tras loitar co equipo do Barbanza que as superaron por culpa da norma de eliminar a proba na que puntuaban menos. Sen dúbida, a proba máis dura foron os 3.000 m.l. que Noelia, unha das atletas máis novas nesta categoría, levou a cabo baixo un sol implacable, moi forte e imposible de eludir e, dende logo, con moito, moito bochorno.

Supoño que vos quedou claro que fixo moito calor, sol, bochorno…e que non había case onde poñerse para atopar un pouco de sombra, e que os máis desfavorecidos foron os atletas cando competían.
O terceiro lugar do podio foi para as nenas alevíns. Temos que destacar a participación das benxamíns Sandra Souto e Ariadna Gil que completaron o equipo e competiron con nenas que tiñan todas 3 anos máis que elas .

ALEVÍN FEMININO (Medalla de bronce por equipos)
Ariadna Gil Fernández: 3ª en 60 m.l.
Sandra Souto Otero: 2ª en 500 m.l.
Alba Vidal Soliño: 1ª en 1.000 m.l.
Noa García Prieto: 2ª en marcha
María Piñeiro Menduiña: 6ª en altura
Paula Santos Gil: 4ª en lonxitude
Saray Amoedo Portabales: 2ª en peso
Alba, Saray, Paula, Noa: 3ª en relevos
ALEVÍN MASCULINO ( Campións por equipos)
Julían Villa Carracelas: 1º en 60 m.l.
Martín Souto Otero: 7º en 500 m.l.
Jorge Piñeiro Garrido: 1º en 100 m.l.
Andrés Obenza Otero: 3º en marcha
David Lorenzo Germade: 1º en altura
Gabriel Fernández González: 2º en lonxitude
Martín Pérez Bacelar: 2º en peso
Gabriel, Jorge, David, Julián: 1º en relevos
INFANTIL FEMININO (Subcampionas por equipos)
Estela Costas Gandón: 3ª en 80 m.l.
Noa Rouco Baqueiro: 4ª en 1.000 m.l.
Noelia Graña Casas: 3ª en 3.000 m.l.
Paula Martínez Fernández: 2ª en 80 m.l.
Esmeralda Corredoira Herbello: 2ª en marcha
Alexia Vidal Martínez: 2ª en altura e 2ª en lonxitude
Carla Bernárdez Miranda: 2ª en peso e 2ª en xavelina
Estela, Noa, Alexia, Noelia: 2ª en relevos
resultados-galego-equipos

resultados-escolares_equipos_galego

ESCOLA DE ATLETISMO DE VERÁN

O Club Atletismo Vila de Cangas pon en marcha a escola de atletismo de verán, onde poderán participar, coa supervisión de monitores titulados, todas as modalidades deste deporte. A actividade estará dirixida a todas a persoas maiores de cinco anos.
Lugar: pistas municipais de atletismo de Cangas
Horario:* Mes de xuño: luns e xoves de 19 a 20.30 horas
*Meses de xullo e agosto: martes e xoves de 11 a 12.30 horas
Inscrición: nas pistas de atletismo no mesmo horario da escola ou nos teléfonos 660786803 e 628147702

CAMPIONATO GALEGO POR EQUIPOS ALEVÍN – INFANTIL

Mañá o Vila de Cangas desprazará tres equipos ata Ponatevedra para disputar o campionato galego. Participaremos coas categorías alevín masculino, alevín feminino e infantil feminino.
Sairemos de Casgas ás nove da mañá. As probas está previsto que rematen pasadas as 14.30 horas. Logo de rematar iremos comer todos xuntos e cando acabemos de comer, para a casa.
horario_gallego_equipos

CAMPIONATO PROVINCIAL ALEVÍN – BENXAMÍN

Pontevedra, 15 de maio de 2010
Tras unha semana co tempo revolto e con un pouco de frío, os rapaces das categorías benxamin, que foron pola mañá, e os alevíns , que foron pola tarde, tiveron sorte de ter un día agradable.
Pola mañá acadaronse moitos pódiums, case todolos nenos se foron para casa contentos cos resultados acadados. As probas realizaronse a tempo, sen retrasos. Foi todo tan rápido que para cando chegou quen lle iba a dar os premios os nenos, estes xa estaban repartidos.

Pola tarde, aínda que non se obtiveron os mesmos resultados que pola mañá, éstes non foron nada malos xa que se seguiron sumando pódiums. O ambiente que se respiraba e se oía era de festa total, pois no campo próximo ás pistas xogábase un partido importante para o equipo da cidade, e ata nós chegaban os cantos dos seguidores do Pontevedra.
Temos que lamentar o accidente que sufriu unha das máis rápidas das alevins, Mª Jesús Corredoira, que a apartará das pistas e da competición por un tempo. Dende aquí, e en nome de todos desexamoslle unha pronta recuperación.

Benxamín mulleres:
Valeria Fernández Blanco: medalla de ouro en marcha, medalla de prata en lonxitude
Irene Menéndez Mariño: medalla de prata en marcha, 4ª en 50 m.l.
Sandra Souto Otero: medalla de prata en combinadas
Ariadna Gil Fernández: medalla de ouro en 50 m.l. e medalla de ouro de 500 m.l.
Naiara Villar Parada: 7ª en 500 m.l., 5ª en lonxitude
Valeria Rodríguez Jalda: medalla de prata en peso, 6º en 50 m.l.
Nuria Villa Carracelas: medalla de bronce en lonxitude, medalla de bronce en peso
Uxía Leal Martínez: 6ª en peso
Benxamín homes:
Carlos Pérez Bacelar: medalla de ouro en pelota, medalla prata en lonxitude
Adrián Bernárdez Caballero: 9º en pelota, 10º en lonxitude
Abel Pastoriza Vilas: medalla de ouro en combinadas
Simón Pereira Millán: 5º en 500 m.l.
Aarón Fandiño Jorge: 4º en altura, 7º en 500 m.l.
Juan Piñeiro Piñeiro: 10º en 500 m.l., 6º en peso
Ismael Otero Martínez: medalla de ouro en 1000 m.l., 4º en lonxitude
Raúl Barreiro Prieto: 4º en peso
Alevín homes:
Tomás Iglesias Menduiña: 6º en pelota, 13º en peso
Mauro Rodríguez Pousada: 8º en pelota, 6º en peso
Andrés Obenza Otero: medalla de bronce en marcha, 9º en pelota
Jorge Piñeiro Garrido: medalla de ouro en 60 m.l., medalla de prata en 500 m.l.
Gabriel Fernández González: medalla de prata en 60 m.l., 4º en lonxitude
Julián Villa Carracelas: medalla de bronce en 60 m.l., 4º en 500 m.l.
Daniel Armada González: 7º en 60 m.l., 5º en 1000 m.l.
Martín Souto Otero: 5º en 500 m.l., 11º en lonxitude
David Lorenzo Germade: medalla de ouro en altura, medalla de bronce en 2000 m.l.
Daniel Calvar Parada: 12º en lonxitude
Samuel Alonso Gil: medalla de prata en peso
Martín Pérez Bacelar: medalla de bronce en peso
Alevín mulleres:
Paula Santos Gil: 5ª en pelota, 7ª en lonxitude
Saray Amoedo Portabales: 7ª en 60 m.l., 5º en loxitude
Alba Vidal Soliño: medalla de ouro en 1.000 m.l.. 6ª en altura
Noa García Prieto: medalla de prata en marcha, 5ª en peso
resultados-prov-benx-alev

cross Sagrada Familia

A Asociación de Nais e Pais José Graña do CPR SAGRADA FAMILIA, organiza para o vindeiro día 17 de maio o IX CROSS ESCOLAR do Colexio Sagrada Familia.
As carreiras darán comezo ás 10:30 da mañá, disputándose as seguintes categorías:

EDUCACIÓN I. 3 ANOS 2006

EDUCACIÓN I. 4 ANOS 2005

EDUCACIÓN I. 5 ANOS 2004

MINIBENXAMIN 2003

BENXAMIN 2001 – 2002

ALEVIN 1999 – 2000

INFANTIL 1997 – 1998

CADETE 1995 – 1996

CARREIRA POPULAR
XUVENIL 1992 – 1994

SENIOR 1974 – 1992

VETERANO Anterior a 1974

PAIS E NAIS COLEXIO calquera

CAMPIONATO GALEGO CADETE

O Barco de Valdeorras, 9 de maio de 2010

Este campionato cadrounos bastante a desmán, pois tivemos que atravesar toda Galicia de oeste a este ata chegar a o Barco de Valdeorras. En principio contábamos con 18 atletas participantes, pero o gripe fixo que Alicia non se atopara con forzas para competir, de xeito só competiron 17.
Todas as probas de mañá tiveron lugar baixo a chuvia, mentres que nas da tarde abriu o sol, pero tamén apareceu un vento frío.
Nun primeiro momento, Pablo deunos unha alegría ó conseguir a mínima no disco para o campionato de España, pero a alegría durou pouco, pois anularon a proba porque ó parecer, había un disco máis pequeno que o regramentario có que estiveran tirando algúns atletas, sen que puideran identificar ó/ ós atletas que tiraran con el.

Quen si conseguiu a mínima para o de España foi Mar en marcha, con o que xa son cinco os atletas do Vila de Cangas con pasaporte para ir a Pamplona en xuño: Pablo, Raquel, Aida, Antía e Mar.
Resultados:
Faustino Maquieira Outeda: medalla de prata en 300 m.l., 6º en 300 m.v.
Rubén Lorenzo Germade: 11º en 600 m.l.
Jesús Parcero Ríos: medalla de bronce en 3000 m.l.
Tomás Ocaña Pazos: 5º en 3000 m.l.
Sergio Piñeiro Garrido: 11º de en 3.000 m.l
Antón Menduiña Durán: medalla de bronce en 1.500 obs.
Pablo Castro Chapela: medalla de ouro en peso, medalla de ouro en disco e medalla de bronce en martelo
Aida Amoedo Portabales: medalla de ouro en 300 m.l. e medalla de prata en 100 m.l.
Patricia Abal Herbello: 5ª en 600 m.l.
Ana Bermúdez Méndez:16ª en 600 m.l.
María Jesús Novo Pardavila: medalla de prata en 1.500 obs e 6ª en lonxitude
Mar Chillón Camaño: medalla de prata en marcha
Iria Piedras Gómez: 5ª en marcha
Raquel Villa Carracelas: medalla de ouro en peso, 6ª en disco, 4º en martelo
Antía Román Sotelo: medalla de ouro en xavelina, 4ª en peso, 10º en disco
Talía García Prieto: 5ª en peso, 5ª en disco
Noelia Cousiño Camaño: 17ª en disco
resultados-cadete-galego