PRESENTACIÓN DA TEMPADA 2009/2010

O pasado sábado 21 de novembro, na Sala de Exposicións do Auditorio de Cangas, o Club Atletismo Vila de Cangas presentou a todos os equipos para a presente tempada, dende os minibenxamíns ata os veteranos.
Ademais desta presentación tamén serviu este día para facerlle entrega dos agasallos aos atletas que conseguiron na tempada anterior marcas meritorias de premios en metálico por parte do Club.
A continuación chegou o momento tan agardado polos rapaces: a entrega da nova revista do noso Club, que acada xa o número 14.

O acto terminou cunha charla coloquio na que interviñeron atletas de tanto prestixio como Víctor Gallego Bernárdez e Mondovan Tilea Felicia.Tamén estiveron presentes a concellal de deportes, Dª Antonia Queimaño; o presidente a Delegación de Atletismo de Vigo, D. Eleuterio García; e os adestradores Juan Ramilo e e Francisco Rodal. Todos eles, xunto coa presidenta do noso Club, Mª Carmen Parada, contestaron as preguntas do público.
D. Eleuterio manifestou a súa opinión de que todos os rapaces deberían facer atletismo como base para calquera outro deporte. Igualmente fixo unha mención moi especial a todos os adestradores pola súa colaboración totalmente desinteresada. Tamén Dª Toñi Queimaño tivo palabras de agradecemento para os adestradores como persoas altruístas adicadas ao deporte.
Felicia animou a todos os rapaces para que se esforzaran e lembrou os seus inicios no deporte. Fixo fincapé na vontade que deben ter os rapaces para conseguir a metas que se propoñan. Segundo ela, é moi importante a xenética de cada un, pero tamén é moi importante ter unha mente positiva. Contou a súa experiencia na Olimpíada de Atlanta, para a que se clasificou coa mellor marca, pero a mente xogoulle unha mala pasada e quedou 10ª.
Víctor, nacido en Cangas, contounos que os seus inicios no deporte estiveron no baloncesto e que foi polo seu irmán polo que se iniciou no atletismo. Ten que agradecerlle ao deporte que coñeza tanto mundo. .
Pola súa parte, Ramilu quixo deixar clara a diferencia entre o sacrificio e o esforzo. Para el adestrar é un esforzo porque lle gusta facelo. Iso debería ser o que significara para os atletas o adestramento. Só se convertería en sacrificio se non che gusta o que fas.
Fran , coordinador dos adestradores das categorías maiores do Vila, a preguntas dun pai, responde que a división de honor está na presente tempada un pouco complicada para os homes, en cambio ten grandes esperanzas coas mulleres, e pon como exemplo a participación das cadetes no campionato de España, cousa impensable hai uns anos.
Todos os participantes contestaron as preguntas dos asistentes nun animadísimo debate, sendo os atletas os que tiveron que responder máis veces.

II TROFEO CIDADE DE SANTIAGO

Nunha xornada que climatolóxicamente se portou bastante ben, sobre todo si a comparamos có día anterior, desprazámonos ata Santiago para participar na segunda edición do Trofeo Cidade de Santiago. O percorrido xa era máis ou menos coñecido polos nosos atletas, pois resultaba ser o mesmo que o da pasada edición e máis o da final da Compostela Cup ruta.

Os máis cativos foron os que tiveron máis sorpresas: o circuíto era novo para eles, a subida o podio tamén e ata o coñecer a nosa mascota, a Vica, foi unha novidade.

Os resultados foron bastante bos, sobre todo por equipos. A organización daba un trofeo individual para cada un dos tres primeiros clasificados, así como un trofeo para o equipo campión. Todos os podios por equipos foron amarelos, si ben hai dicir que o equipo de cadetes homes, aínda que amarelo, non era do Vila de Cangas, senón do Universidade Santiago de Compostela.
A clasificación dos nosos quedou así:
Minibemxamíns homes:
1º Lope Quinteiro Pena
11º Adrián Santos Fernández

Minibenxamín mulleres:
1ª Ainoa Santos Piñeiro
2ª Laura Magdalena Cabral Seguir leyendo

CARREIRA PEDESTRE DE BUEU

Aos máis pequenos xa lles estaba tardando a primeira carreira da presente tempada. Dende que foron de vacacións están sen competir e queren demostrarse a si mesmos do que son capaces. Así que o domingo 8 de novembro, aquel que non estaba tocado pola gripe ( fora A, B, ou como queira que se lle chame), presentouse na liña de saída coa súa camiseta amarela.
Foi unha carreira que contou con grandes personalidades no mundo de atletismo actual como son Sandra Monquera, Águeda Blanco ou a nosa querida atleta Andrea García, as cales quedaron primeira, segunda e terceira tanto na categoría sénior como na proba absoluta. Pola parte masculina o podio absoluto e sénior repartiuse entre Robertas Geralivicius (1º), Daniel Barciela (2º) e o noso atleta Sergio Iglesias (3º).

Outorgouse un trofeo especial para o atleta máis veterano que lle correspondeu a D. Jualián Bernal, de 90 anos. Xa nos gustaría a moitos chegar a súa idade coas mesmas capacidades.
O Club Atletismo Vila de Cangas estivo presente en case todos os podios, ademais dos xa ditos:
Claudia Martínez Gutiérrez foi a primeira entre as xuveniles.
Araceli Portela Fernández foi a primeira entre as veteranas da categoría A.
Entre os veteranos tamén subiron ao podio en 2º e 3º lugar, respectivamente, Alberto Iglesias Cabaleiro e Daniel Pérez Rodas.
María Novo Pardavila conseguiu a terceira praza entre as cadetes.
Os homes cadetes tiveron máis sorte e coparon todo o podio: Jesús Parcero Ríos (1º), Antón Menduiña Duran( 2º) e Sergio Piñeiro Garrido ( 3º).
Noelia Graña Casas e Noa Rouco Baqueiro quedaron primeira e segunda, respectivamente, entre as infantiles mulleres; mentres que Abran Santos Piñeiro foi 2º entre os homes.
Outro podio pintado só coa cor amarela foi o das alevíns, onde Mª Jesús Corredoira Herbello gañou a proba, seguida de Alba Vidal Soliño e Sarai Amoedo Portabales. Os homes desta categoría só conseguiron o terceiro posto por parte de Jorge Piñeiro Garrido.

Dúas foron as nosas representacións no podio dos benxamíns: Ismael Otero Martínez gañou a proba, seguido de Carlos Pérez.
Ainoa Santos Piñeiro cruzou a meta como primeira das minibenxamíns, e detrás dela xa entrou Laura Magdaleno Cabral. O irmán desta última, Manuel Magdaleno Cabral foi o primeiro entre os Chupetes e Lope Quinteiro acadou o mesmo posto entre os minibenxamíns homes.

ESCOLA GALEGA DE MARCHA

O domingo 8 de Novembro empezou a escola galega de Marcha con Santi Pérez (atleta olímpico en Atenas 2004 e Beijing 2008) como director.

O motivo desta escola é a promoción da desta disciplina atética e a mellora na formación dos atletas, contando con distintos adestradores, os cales levan anos traballando na marcha.
As actividades da escola impártense nas instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, tódolos domingos pola mañá ata xuño do 2010, menos cando existan competicións.
Esta escola está dirixida a nen@s de idades comprendidas entre 8 e 18 anos, que poderán asistir de forma puntual ou continuada os adestramentos

Podemos dicir que os nosos atletas sairon contentos coa primeira sesión de adestramento nesta escola

(ESTHER PRIETO)

FASE PREVIA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE

O sábado 12 de setembro, disputouse nas pistas de Monterrei de Ourense unha das fases previas do campionato de España. Os clubs que competiamos éramos Ourense-Academia Postal, Narón, Ciudad León Srint e o Atletismo Vila de Cangas.

Nós xa nos presentamos nas pistas cunha baixa moi importante para nos, a de Vanesa, que se lesionou e non pudo facer a proba de peso. Pese a todo conseguimos o PRIMEIRO POSTO cun total de 9.629 puntos. Os seguintes foron o Ourense con 9215 puntos, seguidos deo Narón con 8892 puntos e do León con 8.100 puntos. A pesares dos bos resultados acadados nesta fase, os esforzos das nosas atletas non bastaron para que nos clasificaramos para a fase final, quedando nun 13º posto de toda España.
Haberá que seguir traballando para o próximo campionato, que será o galego dentro de quince días.
No día de hoxe a competición estivo moi reñida, non habendo un claro vencedor ata a última proba disputada, os relevos de 4×300, onde as nosas atletas fixeron un papel excepcional. Tamen excepcionales foron as probas dos 300 m.l., dos 600 m.l., do triple e da lonxitude, entre outras.

CAMPIONATO DE ESPAÑA

Xa queda moi pouco para esta data tan sinalada para as nosas atletas cadetes. A cita será en Ourense este sábado 12 de setembro. Nesta fase previa competirán os tres equipos galegos inscritos: Narón, Ourense e Vila de Cangas, ademais do Ciudad León Sprint.
Calquera dos equipos participantes nesta fase ten dificil pasar á final, pero, polo menos, por parte das nosas atletas vaise a intentar. Está claro que as datas non son as máis adecuadas, pero para algo estiveron adestrando estes últimos días.

a composición do equipo é como segue:
1OO M.L.: NEREA OUTEIRAL VILAS
3OO M.L.: AIDA AMOEDO PORTABALES
6OO M.L.: CLAUDIA MARTINEZ GUTIERREZ
1OOO M.L.: AINARA RODRIGUEZ NOGUEIRA
3OOO M.L.: MARIA JESUS NOVO PARDAVILA
15OO OBSTACULOS: ARIANA MARTINEZ LORENZO
1OO M.V.: LUCIA ESTRAVIZ ARROJO
3OO M.V.: ALICIA DACRUZ DOMINGUEZ
TRIPLE: MARTA LOLO BELLO
LONXITUDE: ALEJANDRA SUAREZ INSUA
ALTURA: SANDRA FERNANDEZ PAZ
3OOO MARCHA: IRIA PIEDRAS GOMEZ
MARTILLO: JESSICA FARIÑA CARBALLO
XAVELINA: LARA BOUBETA BAMIO
DISCO: MARTA DE LE TORRE MALVIDO
PESO: VANESSA RODRIGUEZ ALVAREZ
4X1OO: MARTA LOLO BELLO, NEREA OUTEIRAL VILAS, ALICIA DACRUZ DOMINGUEZ, SANDRA FERNANDEZ PAZ
4X3OO: CLAUDIA MARTINEZ GUTIERREZ, AIDA AMOEDO PORTABALES, ALEJANDRA SUAREZ INSUA, MARIA JESUS NOVO PARDAVILA

CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE

O Club Atletismo Vila de Cangas participará por primeira vez no campionato de España có equipo cadete feminino. Xunto coas nosas atletas competirán as nosas filiales do Coruña Comarca e do Suárez Marquier.
O Vila de Cangas conseguiu xuntar a puntuación mínima para participar na fase previa que será o vindeiro 12 de setembro, nun lugar aínda por determinar. Pasarán á fase final os sete equipos que máis puntuación consigan nesta fase previa.
O atletismo Narón é o único equipo galego que irá ademais de nos.
Os equipos clasificados aínda son provisionais, sairá a lista definitiva o vindeiro día 20.

FINAL COMPOSTELA CUP – RUTA

Este foi un día redondo para o Vila de Cangas, que con esta competición pode dicirse que remata a tempada, ao menos para as categorías menores.

É certo que foi o noso Club o que aportou a maioría dos atletas a esta final, pero iso non quita que os rapaces se esforzaran en percorres unhas distancias demasiado longas para algún a estas alturas do ano.
Por equipos fomos gañadores en todas as categorías, menos cós homes alevíns e infantiles que non presentamos equipo. En canto aos podios individuais, todos tiveron un tinte amarelo, mesmo o dos alevins homes, onde o noso único representante, Pedro Acuña, logrou colarse.
Nos cadetes homes hai que destacar a Tomas, quen competía por primeira vez e quedou segundo; e a Óscar, que sendo infantil de primeiro ano, correu cós cadetes para completar o equipo.
O acto rematou facéndonos entrega de todos os agasallos gañados nesta data, incluído o trofeo ao “Club que máis atletas aportou á proba”.

Ademais deste trofeos, as cadetes subiron ao podio para recibir o de campionas de pista que por erro non se lles dera a semana anterior. Igual ocorreu coas alevíns, que unha vez repasados os resultados de pista, resultou que quedaran terceiras e non cuartas como se dixo a semana anterior.
Os resultados son:
Bnxamín homes:
2º David Lorenzo Germade
3º Adrián Outeiral Vilas
8º Andrés Obenza Otero
10º Aarón Fandiño Jorge
11º Daniel Calvar Parada
Campións por equipos

Benxamín mulleres:
1ª Mª Jesús Corredoira Herbello
2ª Saray Amoedo Portabales
3ª Alba Vidal Soliño
8ª Paula Santos Gil
9ª Raquel Otero Pastoriza
Campionas por equipos

Alevín homes:
3º Pedro Acuña López

Alevín mulleres:
1ª Noelia Graña Casas
3ª Noa Rouco Baqueiro
4ª Lucía Piedras Gómez
5ª Noa García Prieto
Campionas por equipos

infantil mulleres:
1ª Mar Chillón Camaño
2º Patricia Abal Herbello
4ª Alexia Vidal Martínez
5ª Eva Otero Pastoriza
6ª Esmeralda Corredoira Herbello
7ª Ana Bermúdez Méndez
8ª Antía Roman Sotelo
11ª Carla Bermúdez Miranda
Campionas por equipos o A e subcampionas o B

Cadete homes:
2º Tomas Ocaña Pazos
4º Antón Menduiña Duran
6º Rubén Lorenzo Germade
7º Óscar Iglesias Menduiña
Campións por equipos

Cadete mulleres:
1ª María Jesús Novo Pardavila
2ª Ariana Martínez Lorenzo
4ª Aida Amoedo Portabales
5ª Nerea Outeiral Vilas
6ª Iria Piedras Gómez
7ª Raisa Piñeiro Herbello
Campionas por equipos

FINAL COMPOSTELA CUP ATLETISMO EN PISTA

O sábado 20 de xuño, en Santiago, celebrouse a final da Compostela Cup de atletismo en pista. Todo transcorreu bastante ben durante a competición. Os nosos atletas estaban entre os primeiros en case todas as probas, mesmo houbo un podio que foi totalmente amarelo. Trátase do podio de xavelina infantil mulleres. Conseguimos o premio ao Club que máis atletas aportou á competición. En esta modalidade tamén tiveron premio os nosos veciños do Atletismo Morrazo, que conseguiron o terceiro posto.

Si algo hai que criticar da organización é que non publicaron os resultados que ían sacando, polo que na entrega de trofeos, sobre todo os correspondentes aos equipos, houbo algunha que outra sorpresa, polo menos pola nosa parte. Atopámonos con que as alevíns non subiron ao podio, porque ao parecer quedaron empatados a puntos coas terceiras e elas tiñan máis primeiros postos, cousa que aínda non puidemos comprobar.

Pero a sorpresa máis grande chegou coas cadetes, que despois de obter primeiros postos por equipos en catros das cinco probas, nin sequera foron chamadas para subir ao podio. Cando preguntamos o por qué, dixéronnos que foron descalificadas nos relevos. A todo isto xa só quedaban nas pistas dúas persoas responsables da organización. Os xuíces xa se foran. As nosas atletas insistían en que ningunha delas cometera falta. Ante a insistencia preguntando cal fora a falta cometida, dixéronnos que fora unha entrega fora de zona, pero sen poder precisar en qué posta. Non parecía que houbera moito que facer pola nosa parte, pois a pesar de que contabamos cun vídeo da proba que ratificaba a versión das nosas atletas, as persoas que alí se atopaban non parecían ter interés ningún en velo.

Ante a insistencia en exercer o noso dereito á reclamación, os responsables que aínda permanecían nas pistas ( só quedabamos os do Vila de Cangas e mais dúas persoas da organización) chamaron por teléfono a dous xuíces que manifestaron que efectivamente, o Vila de Cangas quedara descalificado por facer a entrega fora de zona. O curioso é que cando se lle preguntou pola equipación do equipo do Vila de Cangas que cometera esa falta, dixo que era de cores azul e branca. ¡Fatal erro!. Ata o de agora, as cores do Atletismo Vila de Cangas sempre foron amarelas. Ante nós recoñeceron o seu erro e manifestaron que o equipo do Vila de Cangas cadete era o xusto vencedor da proba. Unha victoria que chegou tarde e que privou as nosas rapazas de celebralo no podio, algo que se puido evitar si os resultados foran expostos ao público ao seu debido tempo.