CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL

Aranjuez, 7-8 xullo 2012

Destacada actuación dos atletas do C. Vila de Cangas na participación do noso clube no Campeonato de España Categoría Xuvenil celebrado este pasado fin de semana en Aranjuez, Madrid.
Na xornada do sábado tarde, con temperaturas entre 30 e 35 graos, magnífico resultado de Aida Amoedo clasificándose para a final do domingo na proba de 400 metros lisos co cuarto mellor tempo das participantes, 58»79 e mellor marca persoal. Tinín Maquieira non puido competir nas semifinais desta mesma proba por unhas molestias nos isquios, que esperamos que non sexan demasiado graves. Nuns intres despois, comezaría a proba de peso masculino, onte o noso atleta Pablo Castro acudía en gran estado de forma, tras igualar fai pouco en Vigo o récord galego da categoría con 16.29m. Finalmente, Pablo conseguiu un meritorio cuarto posto cun mellor lanzamento de 15.88 metros.
Na xornada do domingo pola mañá, ben cedo nos desprazamos á pista. Ás 10.20 daríase á saída aos 5km marcha femininos, onde competiría Mar Chillón, que posuía unha das mellores marcas na proba do ano. O calor xa apretaba ben forte a esas horas. Ao remate da proba, Mar non puido conseguir máis que o bronce cun tempo de 24 minutos e 59 segundos, quedando a uns segundos da súa mellor marca conseguida a semana anterior.
Na tarde do domingo, terían lugar o resto de participacións do noso equipo, a final do 400ml feminino, o peso feminino e o disco masculino. Primeiro, correu Aida, sendo consciente das súas posibilidades na proba. Acadou un merecido cuarto posto mellorando ainda máis a súa nova marca, cuns brillantes 58»56. Posteriormente, no peso feminino de 3kg Raquel Villa rematou no noveno posto cunha marca de 11.98m, mostrando unha evolución positiva na súa fase de recuperación. Concluíndo a participación dos nosos atletas neste campionato, Pablo competiu por segunda vez neste fin de semana, esta vez no lanzamento de disco de 1,5kg conseguindo un grato décimo posto cunha marca de 40.10m.
Mar.

CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO

Vigo, 1 de xullo de 2012
A Delegación de Atletismo de Vigo foi este ano a encargada de organizar “ o Campionato por excelencia da autonomía”.
A xornada estivo marcada por un vento excesivo que invalidou moitas das marcas logradas.
Reuniu os atletas galegos máis destacados, entre os que se atopaba a galega máis de moda nesta tempada, Ana Peleteiro, aínda que sorprendentemente non participaba na súa proba de triplo. Competiu na proba dos 100 m.l., onde demostrou que tampouco se lle daba nada mal.
Para participar neste campionato requiríanse unhas mínimas e algúns dos nosos atletas desprazáronse a Vigo, sendo a actuación máis relevante a da xuvenil Mar Chillón, que acadou o terceiro posto na súa proba de marcha.
Resultados:
Adrián Bouza Díaz: 11º nos 1500 m.l.
Angel Menduiña Gutiérrez: 6º nos 10 km marcha
Juanma Novo Pardavila: 6º nos 110 m. valados
Noelia Graña Casas:12ª nos 100 m.l. ( 8ª na súa serie)
Aida Amoedo Portabales: 4ª nos 400 m.l.
Mar Chillón Camaño: medalla de bronce nos 5km marcha
Rebeca Obenza Otero: 4ª nos 5 km marcha
María Jesús Novo Pardavila: 4ª nos 400 m. valados

RECOÑECEMENTO ÓS ATLETAS DESTACADOS

Este sábado, 14 de xullo, no Salón de Plenos do Concello, faráselle un recoñecemento público ós atletas destacados da presente tempada. Será as 17 horas. Non cheguedes tarde ou non sairedes na foto. Durante este acto faráselle entrega duns pequenos agasallos.
Logo teremos, como todos os anos a asemblea xeral, onde daremos conta, entre outras cousas, dos méritos da tempada.
A xornada rematará cunha cea para todos os socios e simpatizantes do Club. Os atletas maiores poderán asistir aportando unha módica cantidade, o resto será abonado polo Club. Nos tamén temos que facer “recortes”.
En canto os atletas destacados das categorías inferiores, irán a “Aquapark” o venres 20 de xullo, e non o sábado como se dixera nun principio. Sentíndoo moito, estes tamén teñen que pagar unha pequena parte.
Vémonos sábado! Non faltedes!

21º GRANDE PRÉMIO INTERNACIONAL DE RIO MAIOR EM MARCHA ATLÉTICA

Portugal, 14 de abril de 2012
Este ano a presenza do noso Club nesta competición foi testimonial ao coincidir nese mesmo día a celebración do Campionato Galego de Clubs en pista ao aire libre.

Rebeca Obenza participou no 20km, marcha feminino co obxectivo de acadala mínima para os 10km do Campionato Promesa de España, acadando no paso polo 10km un resultado satisfactorio de 00:55:39. A ganadora da proba foi a nosas compatriota Beatriz Pascual.

CAMPIONATO GALEGO XUNIOR- PROMESA Ó AIRE LIBRE

Ourense, 9 de xuño de 2012.

“Ata o 40 de maio non te saques o saio”. Iso é o que reza o noso refraneiro, pero este ano habería que aplicarlle aquilo de: “nin no 40 de maio te quites o saio”.
A data sinalada para este campionato galego debería ser de calor e bo tempo, pero o que os nosos atletas se atoparon cando chegaron a Ourense foi moito frío para estar en xuño. Isto notouse sobre todo nas gradas, que estaban desertas de público.
Con todo, os nosos atletas fixeron todo o posible para subir o podio, e todos eles o conseguiron. A que máis Mónica Cabirta Gutiérrez, que o día seguinte tiña maniotas de tanto subir e baixar do caixón. Para ela foron as medallas de ouro nos 100 m. valados e nos 400 m. valados , de prata no salto de altura e salto de lonxitude e foi 4º en 100m. lisos. Juanma Novo Pardavila trouxo a prata nos 110 m. valados e quedou 6º en xavelina.
Entre as xunior, Alejandra Vidal Gómez levou a medalla de bronce nos 100 m.l.; Nerea Outeiral Vilas a de prata nos 400 m.l.; e Ainara Rodíguez Nogueria a de ouro nos 800 m.l.
Neste campionato, pero fora de concurso, tamén participo Aida Amoedo nos 200 m.l., onde quedou 2ª, e nos 400 m.l. (3ª). María Novo Pardavila encabezou a proba dos 400 m. valados, logrando superar a súa marca persoal .

ESCOLA DE ATLETISMO DE VERÁN

Un ano máis, o Club Atletismo Vila de Cangas pon en marcha a escola de atletismo de verán, onde poden participar, coa supervición de monitores titulados, en todas as modalidades deste deporte. A actividade estará dirixida a todas as personas maiores de cinco anos.
Será nas pistas municipais de atletismo de cangas todos os luns e xoves de 19 a 20:30 horas no mes de xuño; e os martes de xoves de 11 a 12:30 horas durante os meses de xullo e agosto.
As inscricións serán nas pistas no mesmo horario da escola ou nos teléfonos 660786803 e 628147702

CAMPIONATO GALEGO XUVENIL

Cangas, 13 de maio de 2012

Cangas volveu a vestirse da gala para acoller o campionato galego xuvenil en pista e o campionato galego de 5 e 10 km de marcha xunior – promesa.
O día presentouse moi caloroso. Empezou coa proba de marcha, onde caeron un par de medallas( Mar e Rebeca). Mentres se estaba disputando esta proba, no foxo de triplo Ana Peleteiro (Barbanza) fulminaba o record de España xuvenil e o record galego absoluto cun salto de 13.50 metros .
Dúas medalla máis non tardaron en chegar, foron as de pértega (Noelia) e a dos 400 m. valados (María) que, aínda que nun principio se ían a facer semifinais, pasaron directamente á final. Na xavelina faltaba Antía que está de baixa tras unha operación, pero Talía encargouse de subir o podio.
A Ana escapóuselle a medalla de ouro ó caer nun dos obstáculos , pero levantouse rapidamente e rematou a carreira.
Os 400 m.l. tamén foron directamente á final para os homes, onde nos representou Tinín. Entre as mulleres estaba Aida que, como non pasou á final que se disputou a última hora da tarde vencendo sen problemas.
Raque e Pablo non se conformaron con subir unha vez o podio e ambos repetiron nas probas de peso de disco.
Chegados á proba de 800 m.l., Jesús saíu con forza, pero quedou sen folgos por detrás de Antón, sen conseguiren metal ningún deles. Coas mulleres participaron María e Patricia, aínda que ningunha delas se achegou a súa propia marca. María estaba cansa pola proximidade dos 400 m. valados e Patricia acusou todo o tempo que estivo sen adestrar debido a unha lesión.
Na xornada de tarde, María participou na lonxitude, onde tampouco logrou a súa marca.
Tamén pola tarde debía participar Bouza, nos 1.500 m.l., pero estaba enfermo o non pudo participar.
No martelo, a nosa representante foi Iria, que rematou cuarta.

Resultados:
Faustino Maquieira Outeda: prata en 400 m.l.
Antón Menduiña Durán: 8º en 800 m.l.
Jesús Parcero Ríos: 10º en 800 m.l.
Angel Menuiña Gutiérrez: 4º en 10 km marcha xunior
Pablo Castro Chapela: 1º en peso e 2º en disco
Aida Amoedo Portabales: ouro en 400 m.l.
María Jesús Novo Pardavila: bonce en 400 m. valados, 5ª en lonxitude e 6ª en 800 m.l.
Patricia Abal Herbello: 8ª en 800 m.l.
Ana Bermúdez Méndez: prata en 2000 m. obstáculos
Mar Chillón Camaño: ouro en 5 km marcha
Rebeca Obenza Otero: ouro nos 5km marcha promesa
Noelia Cousiño Camaño: bronce en pértega
Raquel Villa Carracelas: prata en peso e bronce en disco
Talía García Prieto: bronce en xavelina, 4ª en disco, 5ª en peso
Iria Piedras Gómez: 4ª en martelo

XVIII XORNADA DE ATLETISMO BASE

Cangas, 11 de maio de 2012

Unha vez máis, e xa van 18, as pistas do estadio de atletismo de Cangas enchéronse de cor, risas, nervios e emoción dos rapaces máis pequenos do contorno. Seguramente, o tempo axudou que a participación fora moi numerosa. Participaron os nenos e nenas dos colexios do Hío, Espiñeira, San Roque, Compañía de María, Sagrada Familia, Castrillón, Nazaret, Reibón, Tirán, Virxe Milagrosa … Ata chegou un autobús cargado cós nenos/as de Vilaboa. A todos e a todas, moitas grazas. Para os organizadores, sempre é agradable que a participación sexa elevada e que todo saia ben.
Como sabedes, os atletas para puntuar tiñan que participar nun mínimo de tres probas, aínda que a maioría dos rapaces estaban a pasalo tan ben, que participaron nas catro.
O transcurso das probas foi indo ben, máis ou menos segundo o horario establecido, pero como estabamos a tratar con rapaces pequenos, se algún lle viña un apuro no momento de saír a carreira, pois non pasaba nada, todos esperabamos a que volvera do baño que para iso estaba o tempo agradable e todos de moi bo humor.

Tanto esforzo tiña que ser recompensado e todos e cada un dos participantes levaron unha medalla. Ademais os tres primeiros de cada categoría foron agasallados cun trofeo.
Os tres primeiros clasificados de cada proba foron:
Benxamín mulleres:
1ª Laura Magdaleno
2ª Alba Pardavila
3ª Sara Mallo
Benxamín homes:
1º Lope Quinteiro
2º Gabriel Dacosta
3º Pedro Verdeal
Alevín mulleres:
1ª Ariadna Gil
2ª Sandra Souto
3ª Irene Menéndez
Alevín homes:
1º Raúl Cortizo
2º Simón Pereira
3º Borja Fernández
Minibenxamín homes: Nesta categoría houbo un erro á hora de entregar os trofeos, pero unha vez correxido, os tres primeiros son:
1º Denís Fernández
2º Bran Núñez
3º Adrián Piñeiro
Minibenxamín mulleres:
1ª Amira Pérez
2ª Inés Bernárdez
3ª Natalia Costas

CAMPIONATO GALEGO DE CLUBS Ó AIRE LIBRE

O Barco de Valdeorras, 14 de abril de 2012

Cun tempo fatal atravesamos toda Galicia para chegar a O Barco de Valdeorras, onde este ano se disputou o campionato galego de Clubs. Entre os homes participaban o Ourense, o Gimnástica, , o Narón, o Adas, o Celta o Lucus e o Vila de Cangas. Estes mesmos clubs participaron tamén coas mulleres, pero engadindo ademais o Ria Ferrol.
Os mellores resultados foron acadados polo Ourense Academia Posta, que se proclamaron vencedores tanto en homes como en mulleres.
En canto a loita do Vila de Cangas, era bastante diferente a que tiña o club de Ourense. Mentres que eles loitaban polos primeiros postos coa Gimnastica ou o Lucus, nós loitabamos por non quedar nos últimos postos, e case o conseguimos. Fomos sétimos en ambas categorías. Como vedes, faltounos un pouquiño para acadar o podio, pero seguirmos intentándoo.
ob140412
HOMES:
Daniel Choren Castro: 5º en 100 m.l. e 4º en 200 m.l.
Faustino Maquieira Outeda: 4º en 400 m.l.
Maikel Portela Portela: 7º en 800 m.l.
Adrián Bouza Diaz: 6º en 1500 m.l.
Tomás Ocaña Pazos: 7º en 3000 m.l.
Juanma Novo Pardavila: 6º en 110 m.v. e 5º en pértega
Antón Menduiña Durán: desc. en 400 m.v.
Remigio Fandiño Boubeta: 6º en 3000 m. obs.
Angel Menduiña Gutiérrez. 2º en 5 km marcha
Iván Rodríguez Maceiras: 4º en altura e 4º en lonxitude
Mauro Martínez Fernández: 7º en triplo e 7º en xavelina
Francisco Rodal Abla: 7º en peso
Carlos Bernárdez Piñeiro: 5º en disco e 7º en martelo
7º en 4×400(Angel, Remi, Maikel e Fran)
MULLERES:
Noa Rouco Baqueiro: 7º en 100 m.l.
Aida Amoedo Portabales: 3ª en 200 m.l.
María Novo Pardavila: 7ª en 400 m.l.
Marina Caballero Iglesias: 3ª en 800 m.l.
Ainara Rodríguez Nogueira: 4ª en 1500 m.l.
Iria Piedras Gómez: 8ª en 3000 m.l.
Antía Freijomil del Rio: 6ª en 100 m.v. e 5ª en peso
Mónica Cabirta Gutiérrez: 5ª en 400 m.v.
Mar Chillon Camaño: 3ª en marcha
Alexia Vidal Martínez: 4ª en altura
Carlota Choren Castro: 6ª en lonxitude e 6ª en triplo
Noelia Graña Casas: 8ª en pértega
Talía Garcia Prieto: 7ª en disco
Ibonne Martínez Calvar: 7ª en xavelina e 7ª en martelo
Descalificáronnos no 4×100 ( Estela Costas, Paula Martínez, Sara Villar e Lucía Piedras)
5ª en 4×400 (Marina, Mónica, Nerea Outeiral e Ainara)