URXENTE! ESTA FIN DE SEMANANA COMPITEN BENXAMÍNS E ALEVÍNS

A última hora houbo cambios e, aínda que para este fin de semana estaban avisados os infantiles para competir en Vigo, agora resulta que os que compiten son os benxamíns e os alevíns en Pontevedra. ´Prégase que vos poñades en contacto có voso adestrador para confirmar a proba na que ides a participar.
Horario:Horarios PONTEVEDRA Benx alev.-1

«CARREIRA DO PAVO»

Vigo, 18 de decembro de 2011

O frío, os ecos da lotería de Nadal, os rapaces vendendo rifas para cestas con larpeiradas e, sobre todo, a “carreira do pavo” son o preludio de que remata un ano máis. E así, con esa alegría que nos da a proximidade das vacacións, os atletas do noso Club acudiron a Vigo para correr a penúltima carreira deste 2011.
O circuíto dos máis pequenos era o mesmo que o dos últimos anos, en torno a alameda. Pola contra, para os máis grandes houbo variacións no percorrido desta carreira que este ano cumpriu medio século de vida.
A mañá estaba moi fría, pero iso non foi impedimento para que a nosa coñecida Solange Pereira gañase a carreira absoluta de mulleres. O problema para ela veu no momento de recoller o premio, pois parece que non lle gustaba moito a idea de ter que volver para Cangas acompañada dun pavo.
Entre os homes o vencedor foi Hassan Lekhili, que gañou con facilidade.


Benxamín mulleres:
5ª Ana Piñeiro Piñeiro
12ª Sara Mallo Alfonso
17ª Ainoa Santos Piñeiro
21ª Alba Pardavila Antepazo

Seguir leyendo

“XI MEMORIAL ANDRÉS ABANQUEIRO – BOCATERÍA PAPO´S – DEP. ATHLETIC´S “

Vigo, 11 de decembro de 2011
Moitos abrigos e paraugas nesta fría e gris mañá de domingo de decembro, no parque de Castrelos. Ameaza de choiva, que de cando en vez refrescounos con unhas pingas .Sen embargo o deslumbrar da cor amarela das camisetas deu claridade o día, os atletas do Vila de Cangas fixéronse notar . Da gusto ver os atletas facer cara o mal tempo esforzándose o máximo con moita ilusión.Non en todos os casos con a recompensa merecida pero con perseveranza todo se andará .Grazas que ,a pesar da crises ,non faltou o bocadillo de salchicha, tamén houbo trofeos para os cinco primeiros e medallas. Este ano estivo a TVG2 gravando e entrevistando os atletas . Parabéns a todos e o próximo ano repetimos.
Resultados:
Pitufos mulleres:
1ª Iris Malvido Pardavila
6ª Nerea Malvido Pardavila
10ª Nerea Rial Piñeiro Seguir leyendo

XXXVIII TROFEO PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS

Cangas, 4 de decembro de 2011
Un ano máis, e xa van 38, as rúas do centro de Cangas foron pechadas ó tráfico rodado para ser recorridas por cerca de mil atletas.
O percorrido, aínda que contou con pequenas variacións, foi semellante o dos anos anteriores.
A recollida dos dorsais dos máis pequenos foi baixo a ameaza da choiva, pero chegadas as dez da mañá, as carreiras dos máis pequenos transcorreron sen problemas e en seco. Así foi como se celebraron as carreiras escolares; é dicir, as categorías minibenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete. Agora ben, en canto deron as doce e saíron os participantes máis maiores, empezou a chover, por aquilo de non perder a costume.  Nesta carreira, a absoluta, a participación foi moi grande. Daba gusto ven as rúas da vilas cheas de atletas de todas as idades e condicións, mesmo estaba algún dos nosos políticos.
A novidade deste ano é que contamos coa axuda de championchipnorte, polo que todos os da última carreira correron có seu respectivo chip. Uns remataron ó completar dos 6000 metros e outros seguiron ata finalizar nos dez quilómetros.
Outra das novidades foi que debido a crise, neste ano non houbo premios en metálico.
A carreira absoluta foi gañada por Daniel Bargiela Araujo, seguido do atleta cangués Alvaro Prieto Fervenza e a continuación José Manuel Fernandez Marquez.
Aquí podedes consultar os resultados das diferentes probas:
CP_CANGAS_ABSOLUTA
CP_CANGAS_ABSOLUTA_POR_CATEGORIAS
CP_CANGAS_ABSOLUTA_POR_SEXOS
CP_CANGAS_XUVENIS
RESULTADOS ESCOLARES

SAN MARTIÑO DE BUEU

13 de novembro de 2011
O vento, a chuvia, os tronos, os raios; é dicir, o mal tempo en xeral, facía pensar na posibilidade de que se suspendera a carreira prevista para este día en Bueu. Pero o caso é que a xornada presentouse bastante mellor do esperado. Había vento, pero a chuvia respetou a todos os participantes.
O Vila de Cangas participou con cerca de 100 atletas de todas as categorías.
O evento contou cunha boa organización e todas as carreiras foron no horario máis ou menos establecido, e iso que a carreira de minibenxamín feminino fíxose dúas veces, pois a primeira vez deuse a saída sen chamar previamente ás participantes. En certo modo, foi mellor para elas, porque a organización considerou que se lle debía entregar trofeos as tres primeiras de cada carreira.
Na carreira absoluta venceu Robertas Geralivicius entre os homes e Cristina Estévez entre as mulleres.
Os nosos atletas pintaron de amarelo os seguintes podios:
Benxamín homes:
1º Gabriel Dacosta
2º Teo Iglesias
3º Lois Rodas
Alevín masculino:
1º Antón Iglesias
2º Simón Pereira
Infantil masculino:
2º Martín Souto
Cadete feminino:
2ª Noa Rouco
Minibenxamín masculino:
2º Denís Fernández
Veteranas A:
2ª Belén Lemat
Xuvenil feminino:
1ªMaría Jesús Novo
Xunior feminino:
2ª Ainara Rodríguez
Senior feminino:
3ª Marina Caballero
Xuvenil masculino:
2º Tomás Ocaña
3º Jesús Parcero

CAMPIONATO DE ESPAÑA PROMESA

Andujar, 2,3 de Xullo de 2011.

Este ano o campeonato promesa levounos a terras de Jaén, concretamente a localidade de Andujar, lugar xa coñecido doutras competicións.

Tivemos calor, moita calor, o noso termómetro non tiña números davondo para marcar a temperatura. Auga: consumíamos as botellas de dous litros en dous litros; o río Guadalquivir quedou case en seco.

A competición de 10 km marcha, na que participaba a nosa atleta Rebeca Obenza Otero, foi algo atípica: unha carreira nocturna que comezou as 21:45, e rematou as 22:40; ainda estaban as atletas na pista competindo e xa tiña todo recollido a organización, e entregados todolos premios.

O nivel da competición foi moi elevado, por unha parte estaba a Campiona de España Absoluta, JuliaT. que é de categoría promesa, e por outra parte tres atletas máis xogandose unha praza para as Competicións Europeas, e logo o resto. A campiona levaba un ritmo” moi alegre”.

A partir da segunda volta notouse a calor, a pesar de ter escurecido, e o consumo de auga polas atletas foi constante volta a volta, casi esgotan a provisión.

Rebeca Obenza rematou a competición nun exelente 5º posto, sendo o seu mellor resultado nuns campionatos de España, o ano pasado acadara a 7ª posición no campionato junior

CAMPIONATO GALEGO XUNIOR E PROMESA EN PISTA

Vigo, 18 de xuño de 2011.
Tres foron as medallas conseguidas polos atletas que representaban ó Vila de Cangas neste campionato, repartidas comosegue:

Rebeca Obenza Otero trouxo un ouro pola sua participación nos 5km marcha; Mónica Cabirta Gutiérrez e Juanma Novo Pardavila trouxeron cadansúa medalla de prata nas probas de 100e 110 m. valados, respetivamente.
Tamén meritoria foi a participación de Carlos Fraga Lemos que rematou no 4º posto nos 100 m.l.

 Angel Menduiña Gutiérrez foi  o que máis metales trouxo para a casa, pois consegui a prata en altura e o bronce en marcha .

Daniel Choren Castro chegou 5º nos  200 m.l.

CAMPIONATO GALEGO XUVENIL

O Barco de Valdeorras, 14 de maio de 2011

Os mellores resultados femininos da xornada foron para Aida Amoedo Portabales que se proclamou campiona nos 200 m.l., conseguindo desta maneira praza na selección galega. A outra fémina que conseguiu medalla, neste caso a de bronce, foi Ariana Martínez Lorenzo nos obstáculos. Sen dúbida a peor decepción tívoa Nerea Outeiral, pois foi descalificada nos 400 m.l. por, ó parecer, pisar a línea de separación das rúas, algo do que ela manifesta non ser consciente. Ainara Rodríguez rematou sexta nos 800 metros lisos. María Novo mellorou a súa marca nos 2000 obs e rematou cuarta. Nas demais probas non conseguiu chegar a súa marca e rematou 6ª en lonxitude e 5ª en triplo.
En canto ós homes, os mellores resultados foron para Simón Acuña, que se proclamou subcampión galego en peso e disco. Tomás Ocaña estivo durante case toda a carreira dos 3000 m.l. loitando pola medalla de bronce, pero o final rematou cuarto. Nos 800 m.l. participou Antón Menduiña, pero tivo que retirarse por causa dun tirón.

XVII XORNADA DE ATLETISMO BASE

O Club Atletismo Vila de Canagas organiza a XVII XORNADA DE ATLETISMO BASE coa colaboración da DEPUTACIÓN PROVINCIAL.

Será o 13 de maio do ano que corre, a partir das17:30 horas, no estadio Municipal de atletismo de Cangas.

Tátase dunha competición en modalidade de probas combinadas; é dicir, os rapaces terán que participar en 3 ou 4 probas para poder puntuar. Os atletas que participen deberán ter o seu ano de nacemento entre o 2000 e o 2006, ambos incluidos.

Haberá trofeos  para os tres primeiros de cada categoría e medallas e bocatas para todos os participantes.

Os nenos/as poderán inscribirse como representantes do seu colexio ou a título individual, pero non coma representante dun Club.

Pregamos a inscrición previa, que será no correo do Club: at.viladecangas@terra.es.

Para o caso de non ser posible a inscrición previa, tamén poderán inscribirse o mesmo día ata media hora antes do comenzo das probas.

Podedes descargar o regulamento complero e o horario aquí:

XORNADA B Maio2011

CAMPIONATO GALEGO DE CLUBS

Ourense, 16 de abril de 2011
Este ano tampouco puido ser. Todos sabiamos que o Vila de Cangas non estaba entre os favoritos, pero a ilusión non no la quitaba ninguén. Os nosos atletas fixeron máis ou menos o que se esperaba deles, pero a competencia era moi forte.
O día estivo cheo de incidencias, boas e malas: a pouco de empezar a competición un dos favoritos no salto con pértega, Luis Moro, mandouse unha man ó partir en tres cachos a pértega que estaba a usar; Ana Peleteiro logrou o record de España en triplo; Angel Ferrari fixo unha verdadeira carreira de obstáculos ó caer dúas veces; Daniel Chorén tivo a súa primeira experiencia dentro dunha ambulancia, con sirena e todo; Aida Amoedo consegue marca para o campionato de España, pero non lle mediron o vento…
O próximo ano seguiremos intentándoo. Seguro que seguiremos sen ser favoritos, pero si melloramos a posición deste ano, xa será un éxito. Nesta tempada acudimos ó campionato sen os nosos atletas máis destacados, xa fora por lesión ou por outras cuestións alleas ó Club.
Os pronósticos non fallaron e entre as mulleres venceron as do Ría Ferrol, seguidas das do Ourense-Academia Postal e do Celta feminino. As nosas quedaron oitavas, pero a só un punto das sétimas e a cinco das sextas.

Nos homes proclamáronse campións os do Ourense – Academia Postas, seguidos dos da S. G. de Pontevedra e dos do ADAS. Os do Vila de Cangas remataron sextos .
Estes son os atletas do Vila de Cangas e os do seu filial Suárez Marquier que competiron e o resultado do posto acadado:
HOMES:
Miguel González : 6º en triple
André Castelo: 5º en 400 m.v. e 7º en 400 m.l.
Brais Otero: 6º en peso
Juanma Novo: 3º en pértega e 6º en 110 m.v.

Seguir leyendo