VIII TROFEO VILA DE CANGAS DE ATLETISMO EN PISTA

O Club Atletismo Vila de Cangas, co patrocinio do Ilmo. Concello de Cangas e a Fundación Cangas Deporte, organiza o VIII Trofeo Atletismo Vila de Cangas en Pista, a celebrar no Estadio Municipal de Cangas de Morrazo o día 30 de abril de 2011
1.VIII Trofeo Club Atletismo Vila de Cangas en Pista Aire Libre 30 Abril 2011
2.Horario previsto das probas

HORARIO-CANGAS
13:30
Entrega de trofeos
3.Na lonxitude masc. e fem. colocarase unha única táboa de batida a 3m.
4.A competición está reservada a atletas con licencia federativa ou do deporte escolar en vigor.
5.Cada atleta poderá participar como máximo en dúas probas.
6.As inscripcións deberán ser entregadas en secretaría media hora antes da sinalada para o inicio de cada proba.
7.Concederase trofeo o gañador de cada proba.
8.O ilmo. Concello de Cangas, A Fundación Cangas deporte, o Club Atletismo Vila de Cangas e os seus colaboradores, non se fan responsables sobre os posibles danos que con motivo da competición poidan corresponder ante o seguro deportivo ou outra entidade.
9.As reclamacións e todo o non previsto neste regulamento, resolverase dacordo co regulamento en vigor da Federación Internacional de Atletismo.
10.O control e dirección das carreiras e concursos estará a cargo do Comité de xuices da Delegación de Atletismo de Vigo.
11.A inscripción neste evento deportivo, implica a aceptación deste regulamento

GRANDE PREMIO DE MARCHA DE RIO MAIOR

Execelente actuacións dos nosos marchadores/as no Gran Premio de Marcha de Rio Maior 2011. Partíamos cun certo medo ás temperaturas, pois adoita facer moita calor nesta vila portuguesa, unha lixeira brisa e un ceo con algunhas nubes fixeron levadeira a competición.
Competimos en dúas categorías:
2 km na que Andrés Obenza foi 6º alevín homes
5 km Angel Menduiña 9º en homes absoluto 5º junior.
5km Mar Chillón campiona da proba feminina 1ª mulleres absoluta
Rebeca Obenza 5º mulleres.
Iria Piedras 18ª muleres e 7ª na súa categoría
3º por equipas nos 5 km marcha mixto.
Na proba internacional disfrutamos vendo subir ao pódium en segunda posición a Bea Pascual, e fixemos unas cantas fotos co ruso campión da proba Valeriy Borchin
No entorno do circuito os nenos dispoñian de xogos gratuitos co motivo do día da saúde, tirolina, futbol, tiro con arco,etc.

CAMPIONATO GALEGO DE CLUBES DE PISTA AIRE LIBRE

O vindeiro sábado 16 de abril celebrarase en Ourense o campionato galego de clubs ó aire libre.
O vila de Cangas participará tanto na categoría masculina como na feminina.
Entre as mulleres, ademais do Vila de Cangas, estarán Ourense Atletismo Academia Posta, Ría Ferrol, Atletismo Celta, San Fernando Lucus, Adas e a Gimnástica de Pontevedra.
Cós homes competirán Atletismo Academia Postal, Gimnástica, Celta, Narón, Adas e Lucus.
Nós desprazarémonos ata Ourense en autobús, que sairá de Cangas ás 8 da mañá.
Aquí podedes convocar ós convocados. Si alguén non figura na lista, debe comunicarse có seu adestrador por si hai algún erro.

galego de clubes mulleres

cto de clubes homes

CAMPIONATO GALEGO BENXAMÍN, ALEVÍN E INFANTIL DE PISTA CUBERTA

Nun pricipio este campionato íase celebrar o sábado 19 de marzo, pero como era o día do pai, decidiron desprozalo para o domingo 20 de marzo.
Máis abaixo podedes atopar a circular na que se conteñen as bases do campionato e o horario.
Sairemos o domingo de Cangas, as 7.45 horas en autobús. Os atletas viaxarán por conta do Club, pero todos aqueles pais que queiran facer uso do autobús terán que pagar unha cota de sete euros e reservar a praza con anterioridade. Como o campionato é de xornada de mañá e tarde, comeremos en A Coruña. Os atletas axudarán a pagar o seu xantar cunha aportación de cinco euro, o resto será aportado polo Club.
Todos aqueles pais que queiran comer connosco, terán que avisalo para facer a reserva correspondente. Por suposto, os pais/nais e acompañantes terán que pagar a sua propia comida.

Circular 16-2011

CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS

Chega o campionato galego de campo a través escolar. Será o vindeiro sábado 12 de marzo no complexo deportivo de Monterrei (Ourense).
Neste campionato teñen dereito a participar os tres primeiros equipos de cada campionato provincial das categorías alevín , infantil e cadete. Nun primeiro momento díxose que tamén participarían os benxamíns, pero logo decidiron que non. O Vila de cangas participará con tres equipos: alevín masculino, infantil feminino e infantil masculino. A nivel individual participan os oito primeiros atletas. Nesta condición irán as alevíns María Jesús Corredoira e Alba Vidal, as que terán que recorrer unha distancia de 1.500 metros. Ós homes desta mesma categoría espéranlle 2000 metros, igual que as infantiles. Os homes desta mesma categoría atoparán a meta despois de 2.500 metros.
As probas empezarán ás 11:30 horas, pero os dorsais xa hai que recollelos case unha hora antes.
O Deporte Escolar facilitará o transporte cun autobús que sairá de Cangas ás 8:00 h. da mañá. A viaxe non será directa, senón que irá recollendo a outros atletas doutros clubs.
circuito_galego_escolar

RECEPCIÓN OFICIAL

Este mércores, 9 de marzo, terá lugar unha recepción oficial ós atletas do Vila de Cangas da categoría cadete que acadaron medallas nacionais en datas recentes. Trátase de Raquel Villa Carracelas, Pablo Castro Chapela e Mar Chillón Camaño. Será no Salón de Plenos do Concello de Cangas, a partir das 13:00 horas. Están invitados ó acto os pais, familiares e adestradores dos atletas.

MAR CHILLÓN, SUBCAMPIONA DE ESPAÑA EN MARCHA

Benicassin ( Castellón) , 6 de marzo de 2011.

A selección galega de marcha desprazouse esta fin de semana ata Benicassin (Castellón). Entre os seleccionados viaxaban tres atletas do Vila de Cangas: Mar Chillón, Iria Piedras e Ángel Menduiña.

A actuación dos galegos foi, en xeral , bastante boa. O equipo xunior- xuvenil conseguiu o segundo posto na clasificación. Angel Menuiña entrou na meta no posto 14 da sua categoría, a moi escasos segundos de conseguir a marca para o campionato de España individual.

Nesa mesma categoría, as mulleres conseguiron o 5º posto. Aquí participaba a nosa atleta Iria Piedras, quen pasou estes últimos días apartada dos adestramentos por culma dunha lesión. Entrou na meta no posto 21 da sua categoría.

E, por último, quédanos resaltar a actuación de Mar Chillón.  Ela mesma veu invadida pola emoción ó comprobar que se facía coa segunda praza, pasando a ser a actual subcampiona de España de marcha en ruta. Pero iso non é todo o que hai que dicir con respeto a Mar. Parou o crono en 25 minutos e 38 segundos , o que significa que rebaixou en 15 segundos o rexistro que Lorena Luaces tiña nesta mesma categoría dende o ano 1999. Noraboa!

ZONAL INFANTIL INCIVIDUAL E ALEVÍN COMBINADAS

Pontevedra, 26 de febreiro de 2011

Este ano dividiron os zonais en dúas sedes; unha en Vigo e outra en Pontevedra.
O Vila de Cangas, nesta ocasión, a pesares de depender da Delegación de Vigo, foi competir a Pontevedra. O motivo foi que na sede de Vigo había moitos atletas competindo e por decisión do Deporte Escolar, a nós mandáronnos para á capital.
A mañá estivo estupenda, nin moito frío nin demasiado calor,
Ó iniciar a competición, algúns atletas tiveron que facer dúas probas ó mesmo tempo. Este foi o caso de Óscar Broullón, que tivo que correr polo estadio de atletismo dunha punta a outra, pois coincidiulle o lanzamento de peso có lanzamento de martelo. Estresouse un pouco de principio, pero logo demostrou a súa valía clasificándose en 1ª posición nas dúas probas, e máis tarde tamén repetiu posto có lanzamento de disco.
Moitos dos nosos atletas conseguiron primeiros postos con moi boas marcas.
En combinadas alevín había moitos atletas, tanto en masculino como en feminino. Habilitaron tres fosos de lonxitude e tres de lanzamento de peso, o que axudou a que se cumprira o horario e volvéramos á casa á hora prevista.

                                                                                        (Carmen Parada)

Infantil homes:

Óscar Broullón: 1º en disco, 1º en martelo, 1º en peso

Raúl Dacosta : 1º en 80 m.l., 1º en lonxitude, 1º en triplo Seguir leyendo

PLATA PARA PABLO CASTRO E OURO PARA RAQUEL VILLA

Oviedo, 26 e 27 de febreiro de 2011.
Pablo Castro Chapela non conseguiu lanzar a súa marca na tarde do sábado. Empezou cun lanzamento de 13.85. O segundo lanzamento foi mellorando, superando en case un metro ó primeiro, 14.83. A continuación viñeron tres nulos e o seu mellor lanzamento agardou a última oportunidade, lanzando 14.86 e valendolle a prata.

Raquel Villa Caracelas competiu hoxe domingo e as felicitacións para ela deben ser dobres, pois superou a súa mellor marca, situada en 11’99 da pista ó aire libre e  proclamouse campiona de España cunha marca de 12.17 m.

Sopoñemos que os méritos destes dous atletas valgan para ser tidos en conta na Gala do Deporte deste concello na presente tempada.

CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE DE PISTA CUBERTA

Dous dos nosos atletas, Pablo Castro e Raquel Villa, irán este fin de semana a Oviedo a fin de participar no campionato de España cadete de pista cuberta.
Raquel xa sabe o que é subirse o podio a nivel nacional, pois na tempada anterior conseguiu o bronce neste mesmo campionato e repetiu logo na pista ó aire libre. Pablo está a pasar por un dos seus mellores momentos. Nesta tempada superou o record galego tres veces. Ambolos dous presentaranse en Oviedo con marcas que poderían ser merecedoras de podio. Todos confiamos en que así sexa.