CONTINUAMOS CON PISTA

Este sábado 26 de febreriro terá lugar a segunda fase comarcal de pista ao aire libre clasificatoria para o campionato provincial.
Nesta ocasión os que farán combinadas serán os alevíns, mentres que os infantiles buscarán a clasificación por probas.
Por desición do Deporte Escolar, nesta segunda xornada iremos a Pontevedra. Sairá im autobús ás 8:45 horas de Cangas.
Para o campionato provincial clasificaranse as 16 mellores marcas das fases comarcais de cada proba, podendo participar en dito campionato os benxamíns, alevíns e infantiles, tanto homes como mulleres. Si ben, hai que dicir que para os benxamíns non hai probas combionadas.
Este sábado, os alevíns participarán nas probas combinadas, que están compostas por 60 m.l., lonxitude e lanzamento de peso.
Os infantiles poderán facer tres probas a escoller entre: 80 m.l., 150 m.l., 500 m.l., 1000 m.l., 3000 ml, 80 m.v., 220 m.v., 3 km marcha, lonxitude, triplo, altura, pértega, peso, disco, xavelina e martelo.
O horario é o seguinte: Pista 26 Excel.xls horario

…E SEGUIMOS CÓ CROSS

O vindeiro sábado 19 de febrerio, iremos a Portas. O que imos facer alí e disputar o campionato provincial escolar de campo a través.

Sairemos dende a estación de autobuses ás 9 da mañá nun transporte patrocinado polo Deporte Escolar.
O Vila de Cangas participa con 14 equipos, o que, posiblemente, o convirta no Club que máis atletas aporta á competición. Da zona do Morrazo tamén irán os clubs «Samertolameu» e «Atletismo Morrazo».
Como sabedes, para estar neste provincial, houbo que pasar as probas de cada zona da provincia: Morrazo, Pontevedra, Val do Salnés, Val Miñor, Deza, Vigo, Baixo Miño, a Estrada e alto Salnés.
Nas tempadas anteriores, clasificábanse para este campionato os dous mellores equipos de cada zona e os seis mellores individuais. Este ano, por primeira vez, pasarán os tres mellores equipos e os oito primeiros individuais. Este mesmo criterio será o que se teña en conta para a clasificación para o campionato galego escolar de campo a través.
As distancias varian desde os 700 metros asignados ós benxamíns ata os 4000 metros que terán que percorrer os cadetes homes.
triptico

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CROSS

Como xa vos tiñamos informados, o Vila de Cangas participou no campionato de España co equipo xuvenil masculino. A proba disputouse en Punta Umbría ( Huelva), no mesmo escenario que en moi poucas datas acollerá o campionato do mundo.
O equipo vencedor da proba foi A.D. Marathon. En canto a participación dos equipos galegos, os mellores resultados foron para o ADAS, que entrou no 16º posto. O Celta entrou no posto 20º.
Os atletas do Vila de Cangas conseguiron a posición nº 38 na clasificación por equipos. De todos eles, o que mellor se lle deu a proba, que contaba un percorrido de 6500 m., foi a Tomás Ocaña (posto 68). Máis atrás entraron Jesús Parcero (124º), Antón Menduiña (174º), Sergio Piñeiro (215º) e Aarón Misa.

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CAMPO A TRAVÉS POR CLUBS

O Vila de Cangas participará este domingo 13 de febreiro no campionado de España de cross cun equipo xuvenil masculino.

A proba será en Punta Umbria, na provincia de Huelva; ou sexa, aquí o lado, coas vistas no mesmo océano.
Os nosos atletas participantes son: Sergio Piñeiro, Jesús Parcero, Antón Menduiña, Aarón Misa, e Tomás Ocaña. Seguro que xa teñen a maleta preparada. Este equipo non é a primeira vez que participa nun campionato a nivel nacional, xa se estrenaron o ano pasado.
Ademais dos nosos xuveniles tamén irá Maikel Portela, formando parte do equipo do Celta.

ZONAL ESCOLAR DE ATLETISMO EN PISTA

Esta tempada empezamos o atletismo en pista sen rematar có cross. Así, este fin de semana será o zonal escolar de pista ó aire libre en Vigo e Pontevedra. A nós tócanos ir a Vigo.

As probas están destinadas as categorías alevín e benxamín, Tamén terá lugar o zonal de probas combinadas para os infantiles.

Para todos os que teñades interés podedes descargar aquí o horario:2010.02.12.horario

CAMPIONATO GALEGO XUVENIL – XUNIOR DE PISTA CUBERTA

A Coruña, a 5 de febreiro de 2011.
Este fin de semana é de pista cuberta. O sábado compiten as categorías xuvenil e xunior e o domingo a categoría cadete.
Tanto para un campionato coma para outro fixéronse importantes cribas a hora de admitir a inscrición, e logo resultou que se disputaron probas conxuntas entre xuveniles e xuniors, como o caso dos 3000 e dos 1500 entre outras, onde quedaron rapaces fora que non foron admitidos por falta de marca.
Entre os nosos xuveniles destacaron Simón Acuña no lanzamento de peso, acadando a segunda posición, sendo unicamente vencido polo seu eterno rival: Luis González, do San Narciso. Tamén Tinín destacou na proba dos 400 m.l. Brindounos unha carreira de infarto, manténdose case toda ela en terceira posición e na última volta pegando un acelerón que a piques estivo de proclamalo campión da proba.
Entre os xunior, o nosos único representante, Juanma, subiu o podio como subcampión galego nos 50 m. valados.
Pero sen dúbida, si algún ten merecido un aplauso, esta é Aida. Participou en tres probas e en ningunha delas tivo piedade das súas adversarias. Antes de que rematara a mañá xa era subcampiona dos 50 m.l. Pola tarde non se conformou coa prata e levou o ouro nas probas de 200 e 400 m.l.

Xuvenil homes:
Faustino Maquieira: subcampeón galego nos 400 m.l.
Antón Menduiña: 7º nos 800 m.l.
Tomás Ocaña: 5º nos 3000 m.l.
Simón Acuña: subcampeón galego en lanzamento de peso
Xunior homes:
Juan Manuel Novo: subcampeón galego nos 50 m. valados
Xuvenil mulleres:
Aida Amoedo: Subcamiona galega en 50 m.l., campiona galega en 200 m.l.e campiona galega en 400 m.l.
Ariana Martínez: 5ª nos 1500 m.l.
María Jesús Novo:7ª nos 1.500 m.l., 5ª en lonxitude e 5ª en triplo

CIRCUÍTO GALEGO DE MARCHA

O domingo 23 de xaneiro tivo lugar a primeira xornada do circuíto galego de marcha Josefina Romero,, que coincidiu no tempo có zonal de cross a celebrar en Domaio; debido a esta coincidencia as categorías inferiores non contaron coa presencia dos nosos atletas, o que tamén se notou nas probas destas catagorías.
O circuíto de marcha constará de dúas probas de pista aire libre e dúas de ruta;coincidindo a final có gran premio de marcha de A Coruña.
En 3km, Mar Chillón foi segunda, mantendo desde o principio un duelo épico coas dúas Carmens, a partir do segundo quilómetro, a proba foi cousa de dúas, decidíndose a proba por un pequeno marxe.
Nos 5km competían xuntas as mulleres xuveniles, xunior, promesa e senior pola rúa 1 e os homes pola rúa 4.
Angel Menduiña chegou en 6ª posición, o mellor foi que por fin consegue mellorar a súa marca na distancia; foi durante o primeiro km que perdeu distancia cós compañeiros de proba, pero que esta vantaxe non aumentou, manténdose durante os restantes 4 km.
Pola rúa 1, Rebeca Obenza e Iria saíron cun ritmo semellante, sendo acompañadas por Mirian. A partir do primeiro km, Rebeca e Mirian desglosáronse un pouco, logo do 3º km Rebeca foise adiante ata alcanzar a atleta que ía diante dela, o que lle permitiu acadar a 5ª posición absoluta, sendo a 2ª na categoría promesa. Iria entrou en 8ª posición, sendo a 2ª xuvenil.
Nesta mesma proba nos enteramos que o campionato galego de marcha en ruta vaise celebrar na cidade de Pontevedra, polas rúas do centro; có cal non teremos que darnos uns madrugóns para chegar a A Coruña ou a Narón.

(José Obenza)

RECORD GALEGO

O noso atleta cadete, Pablo Castro Chapela, superou o pasado sábado 22 de xaneiro a  non so a súa marca, senon tamén a dos demais lanzadores da sua categoría.  O acontecemento sucedeu en Braga ( Portugal), onde Pablo lanzou unha bola de catro quilos ata unha distancia de 15’45 metros. Isto supón que Pablo ostenta agora non so o record de lanzamento de peso en pista ó aire libre, senon temén en pista cuberta. ¡Noraboa, Pablo!

CAMPIONATO ZONAL ESCOLAR DE CROSS

Despois do galego federado, cambiamos de competición, aínda que non de modalidade. Este fin de semana empeza o campionato escolar de cross.
Como cada ano, o primeiro de todo é o campionato zonal, que será no mesmo lugar dos últimos anos, en Domaio, o lado do club de xubilados.
A competición será o domingo 23, a partir das 10:30 horas. Non hai un horario establecido para cada unha das carreiras, pero si un orden, que é o seguinte:
1º alevín feminino
2º alevín masculino
3º infantil feminino
4º infantil masculino
5º benxamín feminino
6º benxamín masculino
7º cadete feminino
8º cadete masculino.
As mulleres benxamíns percorreran unha distancia de 500 m; os homes desta mesma categoría, 667 m. Un pouco máis, ata 873 metros será a distancia para as mulleres alevíns. Os homes alevíns e as mulleres infantiles percorreran a mesma distancia, que será de 1246 m. A categoría infantil masculina chegará a meta despois de correr 1953 metros. Para os cadetes sera de 2120 metros para as mulleres e 3740 metros para os homes.
Quedamos na alameda de Cangas ás 9:00 horas para ir todos xuntos cara a Domaio. Os que queirades ir directamente, tende en conta que tendes que chegar con tempo, pois ademais de quentar, temos que confirmar os equipos a primeira hora.
Esta competición, é moi importante pois pode supoñer o pase á campionato provincial e despois ó campionato galego.
Nesta tempada hai novidades en canto a clasificación para os campionatos provinciais e galego, pois serán tres os equipos que pasen a fase superior e oito os atletas individuais. Nas anteriores tempadas pasaban dous equipos e seis atletas individuais.
Moita sorte.