MILLA SOLIDARIA ANEDIA

Pontevedra, 14 de novembro de 2020

     As Pistas do CGTD en Pontevedra acolleron a VII MILLA SOLIDARIA ANEDIA. Para as categorías menores programaronse probas de 500 e 1000 m. De cara a limitación na participación foi realizado un sorteo que perfilou definitivamente as probas. Na categoria SUB 10 de mulleres, Emma Collazo foi 1ª, Nahia Pintos 3ª, Aitana Broullon 7ª e Leire Fuentes 12ª. Na categoria masculina Gabriel Fazanes foi 3º e Samuel Corrales 7º. Con estes tempos acadados nos 500 m.l. escalan postos no ranking galego da proba.

     Na categoria SUB 12, repetiron distancia, as mulleres lideradas por Sabela Castelo 1ª, Noah Pinto 10ª e Zoe Fernández 12ª. Hugo Collazo venceu a carreira masculina, con Miguel Fernández 6º e Iker Rial 10º. Neste caso, aos vencedores, tamén lle supon liderar o ranking galego na distancia. Pechouse a participación coa carreira de 1000 m.l. na categoria SUB 14, onde Lucia Gil foi 9ª en feminas e os homes estiveron representados por Hugo Domínguez 1º e Brais Pintos 10º



CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 14

Madrid, 24 e 25 de outubro de 2020

     Esta pasada fin de semana, 24 e 25 de outubro, tivo lugar no Estadio de Vallehermoso en Madrid o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 14 . O formato do mesmo son cinco tipos de triatlon, nomeados coas primeiras letras do abecedario. Por parte do noso Club competiron tres atletas. As pupilas de Calvar participaron en duas probas na xornada do sábado e o domingo remataron coa terceira. Tiveron unha temperatura fresca e a choiva apenás afectou as probas.

     Destacar a medalla de Bronce acadada por Gema Dacosta no Triatlon D (80 m.l., peso e disco) cunha puntuacion total de 1514. Marcas (11.97 s -80 m.l., 11.14 mts- peso e 30.67 mts. no disco)

     Iris Malvido foi 10ª no Triatlon E con 1449 ptos. As suas marcas foron (12.08 s nos 80 m.l., 18.45 mts na xavelina e 11:09.51 en 2000 m. marcha)

     Claudia Carcer acadou o posto 19º no Triatlon A , sumando 1255 puntos  (12.10 s en 80 m.l., 14.83 s nos 80 m.v. e 8.64 mts no peso )

   Parabens polo Campionato, agardamos que sexa o primeiro de moitos.



PREVIA CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 14 AO AIRE LIBRE

 A partir de mañan, sábado 24 e ata o domingo 25, estaremos atentos a celebración do CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 14 AO AIRE LIBRE. Seran participes do mesmo tres amarelas, Claudia Carcer no triatlon A (80 m./ 80 m.v. e peso), Gema Dacosta no tiratlon D ( 80 m./ peso e disco) e Iris Malvido no triatlon E (80m./xavelina e marcha). O Estadio de Vallehermoso en Madrid será testemuña da evolución das probas, onde se premiará a versatibilidade d@s atletas. Achegamos ligazons para facer un seguimento da competición.


RESULTADOS EN DIRECTO

COMPETICION EN DIRECTO



CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 AO AIRE LIBRE

Tarragona, 17 e  18 de outubro de 2020

        Moi interesante se presentaba a participación de Lope Quinteiro no CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 AO AIRE LIBRE. A proba na que ia participar, os 800 m.l., faise unha proba aberta a estratexia. O sábado 17 disputouse a semifinal, na que Lope partía co 3º mellor tempo. Pasaban os dous primeiros e os dous mellores tempos das quendas. Lope accedeu a final chegando no segundo posto, antes fixo unha lectura intelixente da carreira e progresou na recta final adiantando ata acadar o pase directo.

      O domingo disputou a final, onde se topou cunha primeira volta moi conservadora. Foi quen de iniciar un ataque vertixinoso a falta de 400 metros. Estivo en postos de podio ata os derradeiros metros, finalmente foi 5º. ¿Mereceu máis? claro que si, nada que obxectar a unha estratexia, que de sair ben, sería encomiable.



CAMPIONATO GALEGO SUB 14 E SUB 16 AO AIRE LIBRE

Pontevedra, 10 e 11 de outubro de 2020

 

     As pistas do CGTD de Pontevedra deron cabida ao CAMPIONATO GALEGO SUB 14 E SUB 16 AO AIRE LIBRE. A categoría SUB 16 ocupou a xornada do sábado, nela destacou Agata Rodríguez que sumou unha medalla de bronce nos 100 m.v., completou a sus participación cun 4º posto na semifinal dos 100m.l., polo que non progresou a final. A mesma sorte correu Carmen Fraga, ao rematar 6ª na semifinal dos 100 m.l. Noa Piñeiro achegouse ao podio cun 4º posto nos 300 m.v. Uxia Sánchez foi descalificada nos 600 m.l. por pisar a línea.



    Os SUB 16 masculinos estiveron representados por Carlos López, 13º nos 600 m.l., Diego Martínez 8º nos 300 m.v. e 9º en altura e Manuel Lemos 5º en pértega e 7º en xavelina.



    A xornada do domingo, coa categoría SUB 14, resultou máis cuantiosa, tanto en participación amarela coma en premiacions. As feminas encheron o podio de amarelo, na proba de pértega Helena Bello foi Campiona Galega e Iris Malvido bronce, ademáis de 4ª na marcha. Gema Dacosta fixo das suas probas dous ouros, 1ª en lanzamento de peso e 1ª en lanzamento de disco. Claudia Carcer acompañouna, cun bronce, no peso e acadou outro na final dos 80 m.v.  Goretti Carballal foi bronce en altura e 15ª en 500 m.l. Lucia Gil foi 5ª no triplo e 8ª nos 500 m.l. Marta Rua rematou 6ª nos 220 m.v. e Nerea Malvido finalizou 13ª nos 1000 m.l.



     Hugo Domínguez proclamouse Campión Galego na carreira de 1000 m. obstáculos e 6º na proba dos 150 m.l. Diego Garcia rematou 4º na marcha e Brais Pintos foi 10º en 150 m.l. e 14º nos 500 m.l. Fin de semana completo de atletismo, que agardamos teña continuidade.

PREVIA CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 AO AIRE LIBRE

    Nesta vindeira fin de semana, 17 e 18 de outubro, o estadio Natalia Rodríguez de Tarragona vai acoller o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 AO AIRE LIBRE. Desta volta, será Lope Quinteiro quen acadou a participación na proba dos 800 m.l. O sábado disputará a semifinal, polo que, agardamos pase a final que se celebra o domingo. Achegamos enlaces de interés desta importante competición.


RESULTADOS EN DIRECTO

COMPETICION EN DIRECTO



CAMPIONATO ESPAÑA SUB 20 AO AIRE LIBRE

Madrid, 4 de outubro de 2020

    Os dous protagonistas desta crónica non tiñan moi claro a celebración do Campionato, nin eles nin nos. Os antecedentes, ala polo mes de marzo, eran totalmente negativos. A escasas horas da celebración do Campionato de España de Pista Cuberta en Sabadell, foi suspendido. Daquela ainda non estaba claro o que nos enfrentabamos. Seria a COVID 19 unha proba de velocidade ou máis ben de fondo. Co tempo estamos a ver, que hai que medir os ritmos e non precipitarse. Vai a ser unha carreira longa e  con obstaculos.

     Desta foi a vencida, o Estadio de Vallehermoso acolleu aos atletas, rodeados dun reducido público. Durante a fin de semana vivimos un Campionato sen incidencias, no que dous amarel@s foron participes desta agardada volta as competicions nacionais. E importante ter obxectivos, máis nestes momentos de incerteza. Desta volta, era o CAMPIONATO ESPAÑA SUB 20 AO AIRE LIBRE. O domingo competían Juan Piñeiro en salto de lonxitude e Ariadna Gil en triplo salto. Ambos acadaron a mellora nos seus concursos para rematar en 7ª posición na final. Juan Piñeiro saltou 6,98 e Ariadna Gil 10,84. Non melloraron as suas marcas, pero loitaron cos mellores. Moita sorte no vindeiro obxectivo.



PREVIA CAMPIONATO GALEGO SUB 14 E SUB 16 AO AIRE LIBRE

As pistas do CGTD de Pontevedra acollen esta fin de semana o CAMPIONATO GALEGO SUB 14 E SUB 16 AO AIRE LIBRE. Acabase de publicar o listado definitivo de admitid@s nas probas a celebrar. Achegamos as listas de saida e os HORARIOS da camara de chamadas, non vos depistedes:


HORARIO CAMARA CHAMADAS SUB 14

RESULTADOS EN DIRECTO SUB 14


SUB 14 MASCULINO

  • HUGO DOMINGUEZ, 150 m.l. e 1000 m. obst.
  • BRAIS PINTOS, 150 m.l. e 500 m.l.
  • DIEGO GARCIA,  3kms marcha.

SUB 14 FEMININO

  • LUCIA GIL,  500 m.l. e triplo salto
  • GORETTI CARBALLAL, 500 m.l. e salto de altura
  • NEREA MALVIDO, 1000 m.l.
  • SARA NERGA, 1000 m. obst.
  • CLAUDIA CARCER,  80 m.v. e lanzamento de peso 
  • MARTA RUA,  220 m.v.
  • HELENA BELLO, salto de lonxitude e salto de pértega
  • IRIS MALVIDO,  salto de pértega e 3kms marcha
  • GEMA DACOSTA,  lanzamento de peso e disco

HORARIO CAMARA CHAMADAS SUB 16

RESULTADOS EN DIRECTO SUB 16


SUB 16 MASCULINO

  • CARLOS LOPEZ, 600 m.l.
  • DIEGO MARTINEZ, 300 m.v. e salto de altura
  • RUBEN LEMOS, salto de pértega
  • MANUEL LEMOS,  salto de pértega e xavelina

SUB 16 FEMININO

  • AGATA RODRIGUEZ, 100 m.l. e 100 m.v.
  • CARMEN FRAGA,  100 m.l.
  • UXIA SANCHEZ, 600 m.l.
  • NOA PIÑEIRO, 300 m.v.


 

PREVIA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20

    Nesta vindeira fin de semana vaise disputar no Estadio de Vallehermoso o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 AO AIRE LIBRE. Os protagonistas Juan Piñeiro e Ariadna Gilxa estiveron clasificados para o Nacional en Pista Cuberta, daquela en Sabadell polo mes de marzo foi das competicions canceladas pola pandemia. Teñen oportunidade de desquitarse na xornada do domingo 4 de outubro, Juan Piñeiro no concurso de lonxitude e Ariadna Gil no triplo. Parabens polo froito da constancia, e por suposto ao seu adestrador Ramilo.


RESULTADOS EN DIRECTO

COMPETICION EN DIRECTO



CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO-SUB23-SUB20 E SUB18 AO AIRE LIBRE

A Coruña, 28-29 e 30 de agosto de 2020

     O Estadio Universitario de Elviña foi testemuña da volta dos Campionatos Autonomicos. Durante tres días, de venres a domingo, disputouse o CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO-SUB23-SUB20 E SUB18 AO AIRE LIBREEra importante materializar os adestramentos nunha cita desta calibre, @s amarel@s deixaron atrás atrancos varios, protocolos rixidos e imperdoables cambios de horario. Hai que tratar de voltar a normalidade e o Atletismo tiña que ser un exemplo. A colleita dos campionatos foi a seguinte:



     Juan Piñeiro Campión Galego triple salto e lonxitude SUB 20, Ariadna Gil 1ª en triple salto e 2ª en lonxitude SUB 20.



    Saray Amoedo Subcampioa Galega en lonxitude e triple salto SUB 23, Martin Souto 1º en 200 m.l. SUB 23, Daniel Calvar Campión Galego de pértega SUB 23.



     Lope Quinteiro 2º 800 m.l. SUB 18. Ana Piñeiro 7ª na final de 200 m.l. e non pasou da semifinal nos 100 m.l. SUB 18 e Ana Cerqueira 5ª nos 100 m.v.  e 4ª en 100 m.l. SUB 18 .