Archivo del Autor: Oscar
VOLTA DAS COMPETICIONS
Hoxe, 7 de agosto de 2020, volta a competición oficial de atletismo a Galicia. No Estadio do CGTD de Pontevedra, a partir das 17 horas, disputarase o I CONTROL DE VERAN FGA «A VOLTA DO ATLETISMO GALEGO». Deste evento serán participes vari@s amarel@s. Ariadna Gil e Saray Amoedo retoman a competición no concurso de Triple Salto. Juan Piñeiro tamén concursará en Triple e máis nos 200 m.l. Martín Souto e Ana Cerqueiro participarán nos 100 m.l. Finalmente a atleta SUB 16 Noa Piñeiro competirá nos 300 m.v. Cumpre lembrar que esta competición esta precedida dun protocolo de medidas contra a propagacion do COVID 19, que son as seguintes:
MEDIDAS DE ACTUACION
Tamén estará restrinxido o acceso as Pistas e @s atletas teñen que achegar unha declaración responsable. Agardamos que estas medidas sirvan para dar continuidade a competición, de seguido amosamos un enlace para o seguimento desta proba.
RESULTADOS EN DIRECTO
ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
O vindeiro sábado dia 08 de agosto tera lugar no Salon de Plenos do Concello de Cangas a partir das 17:00 horas en primeira convocatoria e as 17:30 en segunda o acto do Club de Atletismo Vila de Cangas. Para tal evento están invitados todol@s soci@s. Abordarase na ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA un tema de sumo interese, como é, a elección da nova Xunta Directiva , coa seguinte ORDE DO DIA:
-
– Lectura e aprobación (si procede) da acta da Asamblea anterior.
-
– Elección de nova Xunta Directiva.
-
– Volta das competicions oficiais, tras ser aprobado o protocolo da FGA.
-
– Rogos e preguntas.
ELECCION NOVA XUNTA DIRECTIVA
Temos a ben informarvos que a actual Xunta Directiva cumpre este mes de xullo 4 anos no cargo, por tal motivo e segundo os estatutos:
O Club Atletismo Vila de Cangas abre o prazo para presentar as candidaturas a Xunta Directiva do Club.
O prazo para presentación de candidaturas será dende o día 08 de xullo ata ó 08 de agosto. Este último día, 08 de agosto, celebrarase unha Asamblea Xeral Extraordinaria no Salón de Plenos do Concello de Cangas, para elexir a nova directiva entre as propostas. O prazo de reclamacións será do 09 ó 11 de agosto.
É requisito imprescindible para presentar a candidatura ser socio e estar ao corrente nas cuotas.
Na candidatura farase constar o nome completo e o seu respectivo D.N.I. e enviaranse ao Apdo. de Correos 179 cp. 36940. Publicaranse na páxina web do club, no tablón da Concelleria de Deportes e enviarase á prensa.
FASES DA VOLTA AOS ADESTRAMENTOS
O luns 25 de maio comeza a FASE 2. Nesta fase o número de integrantes dos grupos dos deportes permitidos ascende a 15, pero sempre respectando a natureza do deporte sen contacto. O deporte ao aire libre sofre un gran cambio xa que desaparecen as franxas horarias. Deste xeito, poderemos adestrar en rúas e parques a calquera hora, excepto nas franxas horarias reservadas para os maiores de 70 anos (de 10:00 a 12:00 da mañá e de 19:00 a 20:00 da tarde). No tocante ao Estadio Municipal de Atletismo de Cangas estan pendientes, por parte do Concello, de pasarnos información de cando e como se fará esa reapertura. Se presume que elaboraran unha normativa especifica para o desenrolo da actividade.
Achegamos o teletraballo de Calvar para esta quinta semana:
Luns
15 minutos trote+mobilidade+ costas de 50 metros , recuperación 2′ e 6′ (infantis 2 x 7- alevins 2 x 6+ benxamins 2 x 5) + 5′ soltar+ estirar
Mércores
15 minutos trote+mobilidade+ cambios 30» rápido e 1′ suave – infantis (15) alevins (12) benxamins (10)+ 5′ soltar+estirar
Venres
15 minutos trote+mobilidade+ infantis (3 x 300 + 3 x 200) alevins (2 x300 + 3 x 200) benxamins (1 x 300 + 2 x 200 ) recuperación 4 ‘ + 5 ‘ soltar+estirar
COMUNICADO DE CALVAR
Achegamos comunicado do adestrador Jose Calvar. Pensábades que vos iba deixar oxidar, pero non, estivo teletraballando. Nesta mensaxe marca unhas pautas para ir retomando as rutinas deportivas:
PLAN SEMANA 1
Luns
15 minutos trote+mobilidade+abdominais+lumbares+sentadillas-flexions+5 progresivos (50m)+2 minutos soltando+estirar
Mércores
15 minutos trote+mobilidade+skipping e multisaltos+saltos de rá+5 progresivos (50m)+2 minutos soltando+estirar
Venres
15 minutos trote+mobilidade+15 minutos de rodaxe de menos a máis+ 5 minutos de recuperación+5 progresivos (50m)+2 minutos de recuperación+estirar
CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 DE PISTA CUBERTA
Valencia, 7-8 de marzo de 2020
O noso atleta xuvenil Lope Quinteiro viaxou ata Valencia para disputar o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 DE PISTA CUBERTA. Sería das últimas competicions antes de entrar de cheo no Estado de Alarma. Lope participou na segunda quenda dos 800 m.l., estaba reñido o pase a final máis ainda nesta serie. Ao remate da carreira foi 5º cun tempo de 1:59.19, co cal, non progresou a final. Disto seguro que aprendeu moitas leccions, cabeza ben alta que estamos nun Campionato de España.
CAMPIONATO GALEGO SUB 16 E SUB 20 PISTA CUBERTA
Ourense, 07 de marzo de 2020
A pista cuberta de Expourense acolleu o CAMPIONATO GALEGO SUB 16 E SUB 20 PISTA CUBERTA. Na primeira categoría, a Sub 16, competiron nove atletas. Todos eles eran noveles nesta categoría e afrontaron de maneira valente as dificultades da mesma. Carlos López e Yago Juncal quedaron afastados da competición nas semifinais dos 60 m.l., rematando 6º e 5º respectivamente nas suas series. Diego Martínez acadou o 8º posto na final do concurso de altura e 5º na semifinal dos 60 m.v. Os irmans Manuel Lemos e Ruben Lemos participaron na final do concurso de pértega, acadando o 6º e 8º posto. Miguel Nuñez participou na semifinal de 300 m.l. e a pesar de rematar 3º, non puido progresar a final.
As mulleres protagonizaron a xornada de tarde. Contamos coa presenza de Uxia Sánchez na final B dos 1000 m.l., onde rematou no posto 6º. Agata Rodríguez foi 5ª na semifinal dos 60 m.v., sen pase a final. Ariadna Becerra disputou a final de pértega, na cal obtivo un 8º posto.
Foi un Campionato con sabor agridoce. Na categoría Sub 20 participaron dous atletas e coparon as premiacións da xornada. Juan Piñeiro foi CAMPION GALEGO no triple salto (13,68 m) e SUBCAMPION GALEGO en lonxitude (6,70 m). Esta última marca aseguralle a participación no Campionato de España Sub 20. Ariadna Gil rematou CAMPIOA GALEGA en triple salto (11,25 m) e SUBCAMPIOA GALEGA en 60 m.v. (9,70 s)
PREVIA DO CAMPIONATO GALEGO SUB 16 E SUB 20 DE PISTA CUBERTA
Este vindeiro sábado 07 de marzo vaise disputar na Pista Cuberta de Expourense o CAMPIONATO GALEGO SUB 16 E SUB 20 DE PISTA CUBERTA. O horario das probas repartirase en xornada de maña e tarde.
Na categoría SUB 16 participaran @s seguintes atletas:
-
YAGO JUNCAL, 60 m.l.
-
CARLOS LOPEZ, 60 m.l e 600 m.l.
-
MIGUEL NUÑEZ, 300 m.l.
-
DIEGO MARTINEZ, 60 m.v. e altura
-
RUBEN LEMOS, pértega
-
MANUEL LEMOS, pértega
-
CARMEN FRAGA, 60 m.l. e lonxitude
-
UXIA SANCHEZ, 1000 m.l.
-
AGATA RODRIGUEZ, 60 m.v.
-
ARIADNA BECERRA, pértega
Debe estar conectado para enviar un comentario.