Ourense, 23 de febreiro de 2020
Archivo del Autor: Oscar
PREVIA DO CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO DE PISTA CUBERTA
Este vindeiro domingo 23 de febreiro terá lugar na pista de Expourense o CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO DE PISTA CUBERTA. Contaremos coa presenza de vari@s amarel@s. No tocante a sección masculina competiran Martin Souto ( 60 ml e 200 ml), Lope Quinteiro (800 ml) e Juan Piñeiro (Lonxitude). A representación feminina sera por parte de Ana Cerqueira (60ml), Ariadna Gil (60 mv e Triplo) Saray Amoedo (Lonxitude e Triplo) e Sabela López (Pértega). Este será o punto álxido da Pista Cuberta na presente tempada a nivel autonómico.
CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23 PISTA CUBERTA
Salamanca, 15 de febreiro de 2020
A Pista Cuberta Carlos Gil Pérez acolleu o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23 DE PISTA CUBERTA. Neste evento participou a nosa promesa Saray Amoedo, concretamente na final de triple salto. Realizou un concurso moi regular no que rematou en 7º lugar, cun mellor salto de 11,20 m. Parabens para ela e para o seu adestrador por este gran posto.
CAMPIONATO GALEGO CROSS XOGADE
Portas, 15 de febreiro de 2020
Pechabase o circulo no programa XOGADE de Campo a Través. Moito nivel no autonomico, estivo a crema das categorías escolares. Os amarelos solventaron notablemente o trámite, algún ou algunha correu de máis para rematar canto antes coa tempada de Cross. Tres equipos corrían e tres equipos subiron ao podio, de xeito individual duas victorias na categoria Sub 12 masculina e feminina. Os púpilos de Calvar deron o callo e cumpliron na competición. So nos queda felicitalos por ese gran traballo de equipo e agora a continuar coa pista cuberta, isto é un non parar.
SUB 12 FEMININO ( subcampioas galegas ) 36 puntos
SABELA CASTELO 1ª – LEIRE BRUN 7ª – ANA CORDEIRO 27ª- LEIRE FERNANDEZ 33ª – ESTELA RAÑA 34ª – ERICA NOVAS 37ª
SUB 14 MASCULINO ( campions galegos) 46 puntos
HUGO DOMINGUEZ 10º –– SAUL CASAS 15º – OSCAR CASAS 16º – BRAIS PINTOS 40º – DIEGO GARCIA 42º.
SUB 14 FEMININOS ( bronce galego) 58 puntos
MAIALEN FERNANDEZ 5ª – LUCIA GIL 29ª –– GORETTI CARBALLAL 30ª – IRIS MALVIDO 35ª– NEREA MALVIDO 44ª – SARA NERGA 54ª
SUB 12 MASCULINO
HUGO COLLAZO 1º
SARAY VIAXA AO NACIONAL SUB 23
A vindeira fin de semana, 15-16 de febreiro disputase en Salamanca o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23 DE PISTA CUBERTA. A nosa promesa Saray Amoedo vai competir na final do Triple Salto, engrosando as once mellores marcas nacionais. A data da proba será o sábado 15 sobre as 19:50 horas. So nos queda desexarlle unha boa viaxe e moita sorte na competición.
CAMPIONATO GALEGO DE INVERNO DE LANZAMENTOS SUB 16 / SUB 18
Vilagarcia, 09 de febreiro de 2020
As Pistas do Complexo Deportivo de Fontecarmoa acolleron o CAMPIONATO GALEGO DE INVERNO DE LANZAMENTOS SUB 16 / SUB 18. Durante toda a xornada os participantes evidenciaron as suas habilidades no manexo do lanzamento de disco, xavelina e martelo. Probas técnicas que requiren dun continuo adestramento e aprendizaxe. Neste contexto se moven, desde hai anos, os nosos representantes. Na categoría SUB 16 participou Erea Bastón, quen rematou SUBCAMPIOA GALEGA no lanzamento de disco cun rexistro de 30.20 m.
Estreaba categoria SUB 18 Aaron Otero cun lanzamento de 38.23 m. no martelo, supusolle proclamarse SUBCAMPION GALEGO. So nos queda felicitalos polos logros acadados, sodes GRANDES lanzadores.
PLAN DE VIAXE A PORTAS
O vindeiro sábado 15 de febreiro vai ter lugar no circuito de A Azucareira en Portas (Pontevedra) a fase final do Campo a Través do programa XOGADE. Alí se mediran @s clasificad@s nas fases prevías e pugnaran polo CAMPIONATO GALEGO DE CROSS XOGADE, tanto de maneira individual coma por equipos. Pola nosa parte acudirán tres equipos e individualmente HUGO COLLAZO da categoría SUB 12. O autobús partirá da estación de Cangas as 09:15 h.
- ALEVIN (sub 12) FEMININO.- SABELA CASTELO- LEIRE BRUN- ESTELA RAÑA- ERICA NOVAS- LEIRE FERNANDEZ- ANA CORDEIRO.
- INFANTIL (sub 14) MASCULINO.- HUGO DOMINGUEZ- OSCAR CASAS- BRAIS PINTOS- SAUL CASAS- DIEGO GARCIA- JUAN GALLEGO.
- INFANTIL (sub 14) FEMININO.- MAIALEN FERNANDEZ- LUCIA GIL- IRIS MALVIDO- GORETTI CARBALLAL- SARA NERGA- NEREA MALVIDO.
CAMPIONATO GALEGO SUB 18 DE PISTA CUBERTA
A Coruña, 08 de febreiro de 2020
O Pazo dos Deportes de Riazor acolleu o CAMPIONATO GALEGO SUB 18 DE PISTA CUBERTA. Duas atletas femininas foron as representantes nesta importante cita. Ana Cerqueiro deulle coma catro voltas a recta de velocidade, dito doutra maneira disputou 3 carreiras de 50 m.l., unha ronda previa, a semifinal e a final, onde rematou nun magnifico 6º posto. O mellor tempo acadouno na semifinal cun rexitro de 7.26 s. Ainda lle quedaba por diante unha semifinal de 50 m.v., onde non progresou a final, rematando nun tempo de 9.34 s.
Sabela López centrouse no salto de pértega e rematou SUBCAMPIOA GALEGA, cun mellor salto de 2.46 m. Este rexistro tamén a situa no segundo lugar do ranking galego da actual tempada. Fora de concurso tamen participou Helena Bello, quen lidera o ranking galego da categoria SUB 14 con 2.20 m., neste concurso andivo preto desta marca e rematou cun salto de 2.16 m.
PLAN DE VIAXE PARA CONTROL MARCAS A POBRA
Achegamos HORARIO provisional das probas previstas no control federado de marcas o vindeiro domingo 9 de febreiro no Estadio da Alta (Cabío, A Pobra do Caramiñal). Para esta competición o adestrador Calvar conta con levar o maior numero de atletas posible. A idea e mellorar ou facer marcas de cara ao vindeiro Campionato Galego de Pista Cuberta para as categorias menores. Vai sair un autobus da Estación de Cangas as 08:15 horas e con volta ao remate das probas. E importante CONFIRMARLLE ao adestrador a asistencia a citada competición, o xoves 6 as 22:00 h. remata a inscrición.
CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA
Marín, 01 de febreiro de 2020
Debe estar conectado para enviar un comentario.