Archivo del Autor: Oscar
CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO EN PISTA AO AIRE LIBRE
Pontevedra, 20 de xullo de 2019
O CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO EN PISTA AO AIRE LIBRE, marcaba no calendario o peche dos adestramentos para alguns dos pupil@s de Ramilo. A xornada do sábado foi inusualmente calurosa para un verán fresco coma o deste ano. As pistas do CGTD de Pontevedra gozaron dun ambiente atletico do que foron participes vari@s amarel@s. De maña, na proba dos 800 m.l. Lope Quinteiro rematou en 1.57.10 acadando o 5º posto e mellorando o seu rexistro . Alex Iglesias cruzou a meta en 2:03.93, moi preto da sua marca e acadando o posto 15º. A participación matinal completouna Juan Piñeiro, quen acadou o 8º posto na final do salto de lonxitude cunha marca de 6,51 m.
De tarde chegou o turno para Aaron Domínguez, quen cun salto de 12;05 acadou o 6º posto na final do triple salto. Na final feminina deste concurso participaron Ariadna Gil e Saray Amoedo, rematando en 6º e 7º posto respectivamente. Os saltos que lle deron estas posicions foron de 11,16 e 11,15 m. Ariadna Gil tamen acadou o pase a final de 100 m.v., proba que non disputou finalmente debido a un malentendido a hora de computar as clasificadas.
CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 PISTA AIRE LIBRE
CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 16 PISTA AIRE LIBRE
Gijón, 6-7 xullo de 2019
Aaron Otero viaxou ata Asturias para disputar o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 16 PISTA AIRE LIBRE. Magnifico 6º posto na final do lanzamento de peso, cunha marca de 13,61. Na final do lanzamento de martelo rematou en 8º posto cunha marca de 47,09 m. Estivo acompañado de Erea Bastón, que foi 8º na final do lanzamento de disco, con 32,83 m.
ACTOS DE FIN DE TEMPADA
O vindeiro sábado dia 03 de agosto tera lugar no Salon de Plenos do Concello de Cangas a partir das 17:00 horas o acto de peche de tempada do Club de Atletismo Vila de Cangas. Para tal evento están invitados todolos socios e simpatizantes. No mesmo premiarase aos atletas destacados cun agasallo. Despois desta homenaxe @s atletas convócase a tódol@s socios/as a ASAMBLEA XERAL ORDINARIA que terá lugar no mesmo lugar as 18:00 horas en primeira convocatoria e as 18:30 na segunda, coa seguinte ORDE DO DIA:
-
– Lectura e aprobación (si procede) da acta da Asamblea anterior.
-
– Memoria dos resultados da tempada 2018/19.
-
– Lectura e aprobación do estado de contas.
-
– Ampliación Xunta Directiva.
-
– Rogos e preguntas.
Gran parte da tarde estará ocupada co acto anterior, pero para a noite deixamos a CEA FIN DE TEMPADA. A mesma esta reservada no Restaurante Plaza de Cangas, sito na Rua Méndez Núñez 37 no baixo das Galerias en Cangas. O menú serán entremeses variados (empanada, tortilla,croquetas e calamares) e codillo asado, inclue pan,bebida postre e café por 20 €. Precisamos confirmar o número de xente que acudirá, por iso, ata o 01 de agosto poderedes apuntarvos. Agardamos a vosa asistencia para darlle un digno remate a tempada.
CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 AO AIRE LIBRE
Castellón, 22-23 de xuño de 2019
Lope Quinteiro participou no CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 AO AIRE LIBRE. Engadir que este mes de xuño foi esgotador para él, coas viaxes das ligas, competicions, fin de curso… Desta volta corría os 800 m.l. , o que se presume a sua proba. Partía dunha marca de 1:58.15 e voltou con 1:57.30. Cousas do azar fixeron que non puidera pasar a semifinal, o que da tamen idea do nivel da competición. Para o ano máis e millor.
CAMPIONATO GALEGO SUB 14 /20 E 23 AO AIRE LIBRE
Lugo, 22 de xuño de 2019
Na xornada do sábado 22 de xuño, disputouse en Lugo o CAMPIONATO GALEGO SUB 14 AO AIRE LIBRE. Durante toda a maña @s amarel@s competiron coas mellores marcas galegas desta categoría. A suma global das premiacions, ao remate das probas, foi de tres ouros, unha prata e cinco bronces. Competían de maneira individual, nun máximo de duas probas e un relevo de 4 x 80 m.l. Pola tarde agardabanos o CAMPIONATO GALEGO SUB 20 E SUB 23 AO AIRE LIBRE. No mesmo Juan Piñeiro proclamouse Campion Galego SUB 20 de salto de lonxitude e Saray Amoedo Subcampioa en triple salto, completou a participación Daniel Calvar cun 7º posto nos 400 m.l.
Sub 14 Mulleres
- NOA NERGA, 2ª martelo e 3ª peso
- IRIS MALVIDO, 6ª marcha e 6ª pértega
- NEREA MALVIDO, 15ª marcha
- GEMA DACOSTA, 1ª peso, 1ª disco e 5ª relevos
- SARA NERGA, 3ª 1000 obts.
- CLAUDIA CARCER, 11ª 80 m.l. , 12ª lonxitude e 5ª relevos
- CARMEN FRAGA, 7ª onxitude e 5ª relevos
- CRISTINA TABOADA, 3ª xavelina e 4ª disco
- LUCIA GIL, 12ª 1000 m.l. e 14ª triple salto
- MAIALEN FERNANDEZ, 3ª 2000 m.l.
- AGATA RODRIGUEZ, 5ª relevos
Sub 14 Homes
- CARLOS CORREDOIRA, 7º marcha e 9º relevos
- CARLOS LOPEZ, 7º 1000 obts., 8º 2000 m.l. e 9º relevos
- DIEGO MARTINEZ, 1º altura, 3º disco e 9º relevos
- YAGO JUNCAL 14º 1000 m.l. e 9º relevos
TROFEO VILA DE CANGAS DE ATLETISMO EN PISTA
Cangas, 14 de xuño de 2019
Debe estar conectado para enviar un comentario.