Madrugón para coller o bus as 06:30 cara A Rua. Moitas familias xa aproveitaron para lidiar coas primeiras neves das montañas orientais. Desta volta deuse a circunstancia co mancado, que non puido acudir, foi o Adestrador. Botaron en falta @s nen@s os berros de «animo» de Calvar polas frias terras ourensas. Iso si, todo o seu esforzo e os logros acadados non tiveron dubida en dedicarllos, así coma unha pronta recuperación.
No terreo competitivo moi boa actuación das categorias menores no MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO-CAMPIONATO CROSS GALEGO MENORES, nun circuito que alguns xa coñecían do ano pasado. Neste caso a xustiza que impartiu a proba foi tal que así:
O equipo SUB 10 feminino rematou no 5º posto, composto por Nahia Pintos8ª, Aitana Broullón 22ª, Leire Fuentes 24ª, Zoe Fernández 26ª i Erica Novas 29ª. Os homes foron SUBCAMPIONS GALEGOS encabezados por Marcos Rial13º, Gabriel Fazanes 17º, Miguel Fernández18º, Pedro González 20º, Breo Fernández 21º e Iker Rial22º.
Na categoría SUB 12 ambos equipos acadaron o CAMPIONATO GALEGO. Os resultados individuais tamén ofreceron recompensa de podio no caso de Sabela Castelo finalizou 1ª e Hugo Collazo máis Hugo Dominguez 2º e 3º respectivamente. Na carreira feminina as demáis compoñentes foron Uxia Gil 10ª, Goretti Carballal 13ª, Leire Fonseca 17ª, LeireBrun 18ª, Helena Bello 23ª, Candela Castro 26ª, Estela Raña 29ª, Alba Del Valle 40ª e Leire Fernández 47ª. No equipo masculino acompañaron aos podios individuais o posto 13º de Brais Pintos, 27ª para Diego Garcia e 32ª para Rafael Vinicius.
O Memorial Alejandro Lorenzo pechabase coa categoría SUB 14. As mulleres acadaron o SUBCAMPIONATO coas aportacions de Maialen Fernández 5ª, Uxia Sánchez 8ª, Lucia Gil14ª, Agata Rodríguez17ª, Iris Malvido 30ª, Sara Nerga 35ª, Nerea Malvido 45ª, Cristina Taboada 51ª, Carmen González 56ª, Noa Piñeiro 79ª e Marta Rua 80ª. No caso dos homes, ainda que subiron ao podio coma terceiros e polo tanto BRONCE por equipos, máis tarde os resultados oficiais outorgabanlle a CUARTA praza. O equipo conformarono Carlos López 17º, Raúl Rial 28º, Yago Juncal 31º, Carlos Corredoira 32º, Manuel Lemos 40º, Ruben Lemos 53º e Diego Martínez 56º.
O vindeiro sábado 09 de febreiro de 2019 vaise celebrar en Chenlo- O Porriño o CAMPIONATO PROVINCIAL DE CROSS do programa XOGADE. Os equipos acadaron o pase a esta Fase no CAMPIONATO ZONAL que acolleu a localidade de Moaña o pasado día 23/12/2018. @s atletas teñen dereito ao transporte en autobús, está confirmado para as 09:15 horas, con saída da Estación de Autobús de Cangas . Coma toda competición por equipos, se alguen fai o viaxe pola sua conta, pregase que avisen e se atopen no lugar con antelación (45 minutos antes da proba).
EQUIPOS CONVOCADOS:
SUB 10 HOMES
MARCOS RIAL
GABRIEL FAZANES
MIGUEL FERNANDEZ
PEDRO GONZALEZ
IKER RIAL
BREO FERNANDEZ
SUB 10 MULLERES
NAHIA PINTOS
ERIKA NOVAS
AITANA BROULLON
LEIRE FUENTES
ZOE FERNANDEZ
MARINA CARRACELAS
SUB 12 HOMES
HUGO DOMINGUEZ
HUGO COLLAZO
BRAIS PINTOS
DIEGO GARCIA
RAFAEL VINICIUS
HUGO MALVIDO
SUB 12 MULLERES(A+B)
SABELA CASTELO (A)
GORETTI CARBALLAL (A)
UXIA GIL (A)
LEIRE FONSECA (A)
LEIRE BRUN (A)
HELENA BELLO (A)
ALBA DEL VALLE (B)
LEIRE FERNANDEZ (B)
CANDELA CASTRO (B)
SABELA DOMINGUEZ (B)
ANA CORDEIRO (B)
SUB 14 HOMES
CARLOS LOPEZ
RAUL RIAL
YAGO JUNCAL
CARLOS CORREDOIRA
MANUEL LEMOS
DIEGO MARTINEZ
SUB 14 MULLERES
MAIALEN FERNANDEZ
UXIA SANCHEZ
LUCIA GIL
AGATA RODRIGUEZ
IRIS MALVIDO
SARA NERGA
SUB 16 HOMES
JOEL CURRO
MIGUEL NUÑEZ
XIAN A. FERNANDEZ
IVAN IGLESIAS
AARON OTERO
ANTON NUÑEZ
SUB 14 MULLERES
ANAIS SANTAMARINA
PAULA AMIGO
BLANCA PIÑEIRO
CARMEN CASTRO
SOFIA NUÑEZ
NEREA PIÑEIRO
Achegamos a ubicación do CIRCUITO, para os que viaxen pola sua conta:
Unha ducia de amarale@s acadaron marca para participar no CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO E SUB 23 DE PISTA CUBERTA. Ata Expourense tocaba desprazarse para participar na competición de máis nivel na pista cuberta da nosa Comunidade. Amplo foi o contraste entre as idades d@s participantes, se ben ao soar o pistoletazo tod@s eran atletas. O primeiro en entrar en competición foi Daniel Armada, quen pasou a primeira dos 60 m.l. e non progresou a final por un par de postos. Tamén disputou a semifinal dos 200 m.l., onde andivo preto do pase a final, cuestión de décimas de segundo. Ao mesmo tempo Aaron Domínguezsaltaba na final do Triple Salto, non puido rematar o concurso ao mancarse no primeiro salto. Saray Amoedo e Ariadna Gilinauguraban a participación feminina no concurso de triple salto. Ambas fixeron unha competición moi regular, loitando ata o final polos postos de podio. Ao remate foron medalla de BRONCE e 5ª respectivamente. Paula Martínezfoi 7ª na final dos 60 m.v. o que lle supuso o titulo de CAMIPOA GALEGA da categoría SUB 23, no camiño quedaron Mª Jesús Novo e Ariadna Gilquen foi eliminada da final polas milésimas, tras o empate na semifinal.Paula Martínez tamén foi participe nas series de 60 m.l. pero non pasou as semifinais.
Sabela López e Noelia Villaverdecorreron os 200 m.l. rematando en 28.76 e 29.57. Non progresaron a final con estes tempos, pero hai mellora e xuventude. Na final do salto de pértega Sabela López acadou o 5º posto. A xornada de tarde comezaba coa final do salto de lonxitude, alí se colou Juan Piñeiro, rematando nun magnifico 6º posto cun salto de 6,28. Daniel Calvar rematou os 400 m.l. en 52.70 situandose 8º no ranking galego SUB 20 desta tempada. Lope Quinteiroe Alex Iglesiasacadaron nos 800 m.l. tempos de 1:59.19 e 2:05.80. Con estas marcas ocupan os postos 1º e 6º do ranking SUB 18.
O vindeirodomingo 27 de xaneiro vai ter lugar en A Rua de Petín (Ourense) o MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO-CAMPIONATO GALEGO CROSS DE CATEGORIAS MENORES. Con motivo deste importante evento vaise dispor dun autobús que sairá da Estación de Cangas as 06:30 horas. Nos interesa saber @s nen@s que van facer a viaxe por conta propia xa que as prazas vacantes do autobús poderan ser ocupadas pol@s nais/pais. Estes últimos tamén poden ir apuntándose polos medios habituais (persoalmente, whatsapp, correo etc…). Lembrar que @s nen@s que vaian sen adultos, terán que levar unha muda de roupa e calzado ademáis de algo para comer. Esta prevista a volta ao remate da competición. IMPORTANTE avisar o antes posible de calquera baixa.
Este sábado o circuito urbano de A Pobra do Caramiñal acolleu o CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA. Voltou a chuvia, que lle aportou un punto máis de dureza a esta proba de Ruta. Na proba de 1 km correspondente a categoría SUB 10 masculina Pedro Gonzalez rematou 4º cun tempo de 7:28.
Do bo facer de Sabela Castelo chegou a medalla de ouro na proba de 2kms da categoría SUB 12. Empregou un tempo de 10:36 para rematar o percorrido.
A proba dos 3kms para a categoria SUB 14 pechaba a participación amarela. Iris Malvido acadou o 5º posto e Nerea Malvido rematou no 15º. Carlos Corredoira foi 7º na proba masculina.
O domingo 20 de xaneiro a pista cuberta de Expourense acollerá o CAMPIONATO ABSOLUTO E SUB 23. Para tal evento acadaron marca unha ducia de amarel@s. Achegamos o HORARIO definitivo das probas:
O vindeiro sábado 19 de xaneiro de 2019 terá lugar na localidade coruñesa de A Pobra do Caramiñalo XXX CAMPIONATO DE GALICIA DE MARCHA EN RUTA. En xornada de tarde marcharan polo circuito urbano con distancias comprendidas entre os 1 e 10 kms. Pedro Gonzálezpercorrera a distancia de 1km da categoría SUB 10. Carlos Corredoira e as irmás Iris e Nerea Malvidomarcharan nos 3 kms da categoría SUB 14. Sabela Castelo pecha a participación d@s amarel@s cos 2 kms da categoría SUB 12. Moita sorte a tod@s nesta esixente disciplina.
A axenda atlética deixou para o domingo 23 de decembro o CROSS ZONAL DO MORRAZO. Ainda estaba presente a «resaca» da pista cuberta e parece co mellor para curala sería unha dose de cross. O tempo acompañou e o terreo estaba nun estado optimo. Esta proba e fundamental para pasar a seguinte competición de campo a través do programa XOGADE, estamos a falar do CAMPIONATO PROVINCIAL.
Na categoría SUB 10 o equipo de mulleres integrado por Erika Novas 2ª, Nahia Pintos4ª, Aitana Broullon 5ª e Zoe Fernández 6ª, acadaron o 1º posto sumando un total de 17 puntos. Os homes foron segundos , con 20 puntos, liderados por Marcos Rial 2º, Miguel Fernández 5º, Pedro González 6º, Iker Rial 7º e Breo Fernández 8º.
A sección feminina SUB 12 presentaba dous equipos, o Vila A con Sabela Castelo 1ª , Goretti Carballal 2ª, Helena Bello3ª, Leire Brun 5ª e Leire Fernández 12ª, que remataron primeiras ao sumar 11 puntos. O Vila B estivo composto por Uxia Gil 4ª, Alba Del Valle 8ª, Candela Castro 9ª e Sabela Domínguez13ª, acandando o 2º posto con 34 puntos. Os homes gañaron a sua carreira cunha suma de 12 puntos do equipo encabezado por Hugo Domínguez 1º, Hugo Collazo 2º, Brais Pintos 4º, Hugo Malvido 5º, DiegoGarcia 7º, Rafael Vinicius 8º e Brais Rodríguez 11º.
Na carreira SUB 14 feminina concurriron dous equipos amarelos, o Vila A rematou 1º coa aportacion de Maialen Fernández 1ª, Uxia Sánchez 3ª, Lucia Gil 4ª, Iris Malvido 5ª e Sara Nerga 6ª. No caso do Vila B, remataron en 3º Posto, sen opción a pase, coa suma de Nerea Malvido 9ª, Carmen González 10ª, Noa Nerga 12ª, Marta Rua 13ª, Noa Piñeiro15ª e Claudia Carcer18ª. A sección masculina copou o podio con Carlos López 1º, Raul Rial 2º, Carlos Corredoira 3º, Yago Juncal 4º, Eloy Domínguez 8º, ManuelLemos 9º, Diego Martínez 10º e Ruben Lemos 11º. Sumaron 11 puntos que lles supuso o 1º posto por equipos.
Restaba a categoria SUB 16 para completar a idade escolar. As mulleres remataron primeiras con Anais Santamarina 1ª, Paula Amigo 2ª, Sofia Núñez4ª e Carmen Castro 5ª. Os homes clasificaron os dous equipos que presentaron, polo Vila A Joel Curro 1º, Xian Fernández 2º e Juan Iglesias 3º. No Vila B foron Miguel Núñez 4º, Aaron Otero, 5º e Miguel Gallego 7º.
Despois da Fase previa disputaba en Pontevedra chegamos a Pista Cuberta de Ourense. Catro equipos acadaron o pase a FINAL LIGA ABANCA DE CATEGORIAS MENORES. Inmellorable ambiente para acoller unha competición por equipos con maiusculas. A sede luciu impecable, dando cabida en xornada de maña e tarde as categorías SUB-10, SUB-12 e SUB-14. Testemuñas activas desta VII edición foron os equipos feminino e masculino das categorias SUB 12 e SUB 14. @s primeir@s competiron de maña e @s outr@s pola tarde.
O equipo masculino SUB 12, con tan só seis compoñentes, plantou cara ata o final sumando 83 puntos que o levaron ao 7º posto.
SUB 12 HOMES(7º posto.- 83 ptos)
HUGO DOMINGUEZ, 1º 1000 m.l. e 9º 60 m.l.
HUGO COLLAZO, 6º 500 m.l. e 10º salto lonxitude
BRAIS RODRIGUEZ, 14º salto de altura e 16º salto de lonxitude
BRAIS PINTOS, 4º 1000 m.l. e 9º peso
DIEGO GARCIA, 13º 500 m.l. e 12º 60 m.l.
RAFAEL VINICIUS, 10º peso e 15º salto de altura
A sección feminina SUB 12 quedou fora do podio por un punto, de seguro que non será problema para a moral do grupo. Este equipo promete moitas tardes de gloria, estase madurando.
SUB 12 MULLERES(4º posto.- 110 ptos)
GORETTI CARBALLAL, 11º 60 m.l. e 4ª peso
LEIRE FONSECA,10ª 500 m.l. e 2º relevos
LEIRE BRUN, 15ª 500 m.l.
SABELA CASTELO, 1ª 1000 m.l. e 2ª relevos
UXIA GIL, 15ª 1000 m.l.
NOA QUINTEIRO, 6ª peso
LEIRE FERNANDEZ, 2ª relevos
HELENA BELLO, 2ª salto de lonxitude e 2ª relevos
ANA CORDEIRO, 12ª 60 m.l. e 6ª salto de lonxitude
ALBA DEL VALLE, 8ª salto de altura
SABELA DOMINGUEZ, 11ª salto de altura
Pola tarde, nove valentes nos tiveron en vilo ata o final, outro cuarto posto que supo a victoria. Nada que engadir, e se algo hai será positivo.
SUB 14 HOMES ( 4º posto.- 150 ptos)
MANUEL LEMOS, 12º 60 m.l. e 4º pértega
LUCA PIÑEIRO, 14º 60 m.l. e 14º salto de lonxitude
RAUL RIAL, 7º 500 m.l. e 13º salto de lonxitude
CARLOS CORREDOIRA, 12º 500 m.l. e 13º triple salto
CARLOS LOPEZ, 4º 1000 m.l. e 8º 60 m.v.
YAGO JUNCAL,12º 1000 m.l. e 9º triple salto
DIEGO MARTINEZ, 10º 60 m.v. e 2º salto de altura
ELOY DOMINGUEZ, 1º peso e 3º salto de altura
RUBEN LEMOS, 5º pértega e 13º peso
O equipo feminino SUB 14, amosou o potencial disposto para esta tempada. Gañaron con solvencia, teñen calidade e cantidade. Con 193 puntos deixaron moi atrás as subcampioas.
SUB 14 MULLERES (1º posto.- 193 ptos)
CLAUDIA CARCER, 5ª 60 m.l. e 7ª salto de lonxitude
O mesmo circuito co ano pasado, en Meira-Moaña, dará cabida, este domingo 23/12/2018, ao CROSS ESCOLAR ZONAL-O MORRAZO. A ubicación é sinxela, unha vez pasamos Moaña desviarse cara o Porto de Meira. Tendo en conta que se trata dunha competición por equipos, pregase chegar con antelación (45 mts) a proba e comunicar, canto antes, calquera baixa.
Conforme aos criterios da Competición, os equipos formaranse dun mínimo de 4 ata SUB-14 e 3 compoñentes en SUB-16. Para o pase o CAMPIONATO PROVINCIAL, serán os DOUS primeiros equipos por categoría máis de xeito individual os OITO primeiros clasificados.
Debe estar conectado para enviar un comentario.