VOLTAMOS A ADESTRAR

    Este luns 12 de setembro VOLTAMOS OS ADESTRAMENTOS.  A partir das 18:00 horas vaise recuperar a secuencia de HORARIOS que levávamos antes do parón do mes de agosto. Para as CATEGORIAS MENORES (benxamin ata infantil) de luns a venres en duas sesions (18:00 e 20:00 hrs), excepto o martes, só as 20:00 horas. Os nen@s pre-benxamins (nados ata o 2010) teran adestramento os luns e xoves as 18:00 horas.  Tanto nas categorías superiores coma nos diferentes módulos de especialización seguirán os horarios establecidos polos seus adestradores. 

     Recalcar novamente que calquera rapaz/@ que desexe probar no atletismo, pode facelo sen compromiso. Se queredes consultar algunha dubida estaremos nese horario nas pistas de atletismo. Tamén a través do correo at.viladecangas@gmail.com ou as redes sociais. 


portada


 

CARREIRA SOLIDARIA CANINA MORRAZOCAN

    Este vindeiro domingo 11 de setembro vaise estrear na comarca do morrazo unha nova carreira solidaria. Neste caso,  a favor da Protectora de Animais do Morrazo.  O programa contará tamén con actividades o sábado 10.  Na xornada do domingo, a partir das 11.00 horas terá lugar unha ANDAINA. Para as 11.30 esta prevista a saída da CARREIRA canina, tamén se poderá participar sen can. Os prezos oscilaran entre os 5 € para adultos e 2€ para nenos.


     REGULAMENTO E INSCRICIONS


22Cartel-Morrazocan-g (1)


CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE

Granollers, 9 e 10 de xullo de 2016

     A localidade de Granollers acolleu o CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE.  Dúas atletas do Club, no seu primeiro ano nesta categoria, acadaron mínima para disputar as probas de lanzamento de peso e 3000 metros marcha. Ambas da categoría feminina. Valería Rodriguez rematou 7ª na final de peso, cun mellor lanzamento de 10.89. Pola súa parte Valeria Fernández, non puido rematar a proba dos 3000 mts marcha, debido a problemas fisicos.



CAMPIONATO DE ESPAÑA PROMESA

Toledo, 25 e 26 de xuño de 2016

     Durante a primeira fin de semana do veran, os mellores atletas nados entre os anos 1994 e 1996 tiñan unha cita en Toledo para disputar o CAMPIONATO DE ESPAÑA PROMESA.  Entre os mellores sub-23 do ambito nacional estivo Raquel Villa.  Partía cunha mellor marca (A.L.) esta tempada de 12.09, acadada en Vigo no CAMPIONATO DE GALICIA XUVENIL,JUNIOR E PROMESA AIRE LIBRE.  En Toledo rematou no posto 10º, tras un mellor lanzamento de 11.28.


MILLA URBANA ORGULLO DE CANGAS

    Dentro das actividades do día ORGULLO DE CANGAS non se esqueceron da practica deportiva. Este vindeiro sábado 20 de agosto  nos Xardins da Palma terá lugar a saída dunha Milla Urbana. Para este percorrido (1609 m) están implicadas as categorías de cadete ata veterán. Nas categorías menores (mini-benxamin ata infantil) disporan  doutros percorridos no mesmo circuito urbano. No programa esta previsto o comezo as 10:30 horas, polo cal unha hora antes tomarase nota dos interesad@s en participar nas diferentes probas.

  • 10:30.-  MINIBENXAMIN (200 mts)
  • 10:40.-  BENXAMIN (500 mts)
  • 10:55.-  ALEVIN (800 mts)
  • 11:10.-  INFANTIL (1000 mts)
  • 11:25.-  3 ANOS (80 mts)
  • 11:35.-  4 ANOS (100 mts)
  • 11:45.-  5 ANOS (120 mts)
  • 12:00.-  CADETE-XUVENIL-JUNIOR-ABSOLUTO (milla)

 


13880345_1066383350083977_3406661554551124142_n


ACTOS DE FIN DE TEMPADA

     O vindeiro sábado dia 30  de xullo  tera lugar no Salon de Plenos do Concello de Cangas a partir das 17:00 horas o acto de peche de tempada do Club de Atletismo Vila de Cangas. Para tal evento están invitados todolos socios e simpatizantes. No mesmo premiarase os atletas destacados cun agasallo. Despois de esta homenaxe ós atletas convócase a tódolos socios/as a ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA  que terá lugar no mesmo lugar  as 18:00 horas , coa seguinte ORDE DO DIA:

  • – Lectura e aprobación (si procede) da acta da Asamblea anterior.
  • – Memoria  dos resultados da tempada 2015/16.
  • – Lectura e aprobación do estado de contas.
  • – Elección de nova Xunta Directiva.
  •  Rogos e preguntas.

     Gran parte da tarde estará ocupada co acto anterior, pero para a noite deixamos a Cea de fin de tempada. A mesma esta previsto se faga no Restaurante O Areeiro, a partir das 22:00 horas. O menú da cea estará composto por  entrantes de polvo, empanada e tortilla, para elexir entre churrasco ao forno ou merluza a cazola. Postre, bebida e café. O precio por persoa serán 20 euros. Para confirmar asistencia a través do correo at.viladecangas@gmail.com ou no teléfono 600821023 (Isaura).


Presentacion Vila de Cangas 2015_2016 (44)


VIAXE AO AQUAPARK DE CERCEDA.

     O vindeiro luns 4 de xullo imos facer o tradicional viaxe o parque acuatico de Cerceda. O autobús sairá da estación de Cangas as 10:00 horas dese mesmo día. O coste da actividade será para os  ATLETAS DESTACADOS (podio galego, España…) de 5 euros.  Para o resto, entre 5 e 12 anos, 15 euros A partir de 13 anos son 18 euros.  Ide avisando para RESERVAR asentos no autobus. Xa contamos coa xente que se apuntou polos grupos de whatsapp. 


43856558


 

RAQUEL VILLA ACUDE AO NACIONAL PROMESA

     Os días 25 e 26 de xuño terá lugar en Toledo o CAMPIONATO DE ESPAÑA PROMESA AO AIRE LIBRE. Esta clasificada para esa cita a lanzadora Raquel Villa, que esta previsto dispute a final do lanzamento de peso as 20:00 h. do sábado 25.  Raquel xa disputou en febreiro o Campionato Nacional de Pista Cuberta, onde rematou 7ª.  Nada máis que desexarlle MOITA SORTE e BOA VIAXE.


RESULTADOS EN DIRECTO


al_promesaG


ELECCION DE NOVA XUNTA DIRECTIVA

     Temos a ben informarvos que a actual Xunta Directiva cumpre este vindeiro mes de xullo 4 anos no cargo, por tal motivo e segundo os estatutos:

     O Club Atletismo Vila de Cangas abre o prazo para presentar as candidaturas a Xunta Directiva do Club.

    O prazo para presentación de candidaturas será dende o día 01 ata o 30 de xullo. Este último día, 30 de xullo, celebrarase unha Asamblea Xeral Extraordinaria coincidindo cos actos do PECHE DE TEMPADA. O prazo de reclamacións será do 01 ó 03 de agosto.

     É requisito imprescindible para presentar a candidatura ser socio e estar ao corrente nas cuotas.

      Na candidatura farase constar o nome completo e o seu respectivo D.N.I. e  enviaranse ao Apdo. de Correos 179 cp. 36940. Publicaranse na páxina web do club, no tablón da Fundación Cangas Deporte e enviarase á prensa.


Presentacion Vila de Cangas 2015_2016 (1)


CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL POR EQUIPOS

Castellón, 18-19 de xuño de 2016

     Este ano o CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL POR EQUIPOS celebrouse en Castellon. Supoñía un gran esforzo desprazar os dous equipos da categoría infantil. Tamén era a primeira vez que mulleres e homes acadaban o pase ao Campionato.  A empresa era bonita, pero nada facil. Comezaba de maneira épica, con doce horas de viaxe en autobus. Coa chegada ao mediodía do venres daba tempo a unha boa aclimatación, e tamén para facer un pouco de turismo xa postos.


13482866_500770220111478_1922146065444535283_o


     A maioria dos atletas debutaban nun Campionato de España. Ainda que non fora así, os nervios previos da competición eran inevitables. A xornada inaugural foi o sábado a partir das 17:30 horas.

     EQUIPO MASCULINO

13415447_500771990111301_1999478484683463658_o

     Adrián Pastoriza saltou 1’42 en altura e Jacobo Díaz 1’36 aportando os primeiros 92’5 ptos. para o equipo. Gabriel Dacosta e Pedro Verdeal participaron na lonxitude, o primeiro alcanzou os 4,53 m. e Pedro chegou os 4,20 m. Seguiamos co concurso de xavelina, Anxo Camaño lanzou 12,79 m. e o seu compañeiro Eduardo Parcero 16,16 m.

     O lanzamento de peso supuso a primeira medalla individual para Lope Quinteiro, quen lanzou a bola ata os 12,67 m. Foi medalla de prata e coa suma do concurso de Aaron Otero, 10,43 m., acadaron 110 ptos. As probas do sábado deron remate co relevo 5×80 m. (Aaron O.-Anxo C. – Jacobo D. Gabriel D.- Lope Q.). Cun tempo de 55,72 s. acadaron o posto 14º. O equipo remataba a primeira xornada no posto 8º.

     O domingo comezaba coas series de velocidade. Nos 80 m.v.  Adrián Pastoriza fixo 14.85 s e Pedro Verdeal, 16.10 s. con estes tempos non puideron pasar a final. Jacobo Díaz Anxo Camaño participaron nos 80 m.l. e finalizaron en 12.30 s. e 11.55 s. respectivamente. Tampouco lle valeu para acceder a final.

     As derradeiras probas de fondo, 2 kms marcha e 1000 m.l. foron previstas para o mediodía do domingo. Eduardo Parcero rematou en 12:40.64 e Gabriel Dacosta en 13:33.94, ambos sumaron 59 ptos. Nos 1000 m.l.  Lope Quinteiro proclamouse Campión de España rematando a carreira en 2:51.18.  Aaron Otero completou a proba en 3:21.10. A suma de todo esforzo do equipo levounos a 9ª posicion final,  rubricando unha fantastica tempada.

EQUIPO FEMININO

13497582_500771996777967_2490814638810578772_o

     O equipo das mulleres tiña o listón moi alto, nada menos que defender o titulo acadado fai un ano. Non se arrugaron e conseguiron outras dúas medallas, en marcha e peso. A orde das probas era contraria a dos seus compañeiros. Todo comezou coa velocidade con Colomba Carballal e Alba Pardavila, rematando os 80 m.v. en 15.20 s. e 16.91 s. Ainoa Santos e Maria Rial acadaron nos 80 m.l. 11.89 s. e 11.25 s. Estas marcas non lle permitiron chegar a final.

     Para os 1000 m.l. correron Anais Santamarina, en  3:54.81 e Ines Pardavila, en 3:52.72. Na marcha foi Ana Piñeiro, quen por segundo ano consecutivo acadaba a victoria. Ademáis rebaixaba a súa marca ata os 9:59.93, novo RECORD GALEGO. Sabela López completou esta proba nun tempo de 12:39.17.

     Os concursos foron disputados na xornada do domingo, co remate na proba dos relevos. No salto de altura participaron Colomba Carballal, cun salto de 1’26 e Anais Santamarina que superou os 1’10. A lonxitude estivo cuberta por Alba Pardavila Maria Rial con saltos de 4,04 m. e 4,34 m. 

     Un lanzamento de 9,46 m. permitiulle a Ainoa Santos proclamarse Subcampiona de EspañaInes Pardavila acompañouna cun mellor lanzamento de 4,97 m. A xavelina daba remate as probas individuais, alí estiveron Ana Piñeiro Sabela López, lanzando ata 16,61 m. e 14,78 m. O relevo 5X80 m. (Ainoa S.- Alba P. – Colomba C.- Sabela L. – Maria R.) puso fin o Campionato. Foi cun tempo de 56,84 s. e supuso o posto 21º. O equipo acadou un posto 24º no computo final.


13495323_1626147921035514_694081205589170209_n


     Coa perspectiva do tempo conven valorar estes logros d@s amarel@s. Que mal acostumados nos teñen. Noraboa EQUIPOS!!!