TROFEO RECONQUISTA EN VIGO

    Este domingo 27 de marzo as pistas de atletismo de Balaidos en Vigo albergaran o XXIX RECONQUISTA-TROFEO ANTONIO FERNANDEZ. Vai ser un programa con probas para categorías desde infantil ata veterans. Na CIRCULAR podense consultar os detalles do regulamento.

     Habera que ter en conta que o domingo CAMBIA A HORA, adiantase o reló. Dormiremos unha hora menos.


LISTADO DE INSCRITOS


reconquistavigo2016-page-001


CONCENTRACION DE MARCHA SEMANA SANTA.

     Aproveitando as vacacions escolares estase a celebrar a CONCENTRACION DE MARCHA desde o pasado martes 22 ata o venres 25 de marzo. O responsable da concentración Carlos Morales máis os adestradores convocados terán a base en Noalla-Sanxenxo. A praia da Lanzada sera testemuña dos adestramentos.


12042777_1051432251561711_3769068462935317861_n


    Por parte do Vila de Cangas foron convocados Valeria Fernández-cadete, Ana Piñeiro-infantil e Denis Fernández-alevín. 

     Tamen esta a acompañar o tempo ao desenrolo da Concentración, PARABENS para atletas e adestradores.

GALA ANUAL DO ATLETISMO GALEGO

    O vindeiro día 1 de abril terá lugar na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela  a GALA ANUAL DO ATLETISMO GALEGO. Será a partir das 19:00 horas no Salón de Convencions do Edificio CINC. As premiacions xa están decididas en base a seguinte CIRCULAR Na categoría Junior  Raquel Villa Carracelas, vai ser recoñecida polo Subcampionato de España. Por clubes vai ser premiado o EQUIPO INFANTIL FEMININO que se proclamou Campión de España.

     Tamén salientar as premiacións de Laura Meira e Mar Chillón, que acadarón os podios baixo os colores do Vila de Cangas, ainda que nesta tempada xa non militan no Club. Parabens por estes e vindeiros logros, agradecendo a súa gran aportación a  familia amarela.

     Ainda nos deparará unha sorpresa a GALA.  O Vila de Cangas será elexido coma o MELLOR CLUB CATEGORÍAS INFERIORES.  Parabens a toda a familia amarela.


IMG-20160401-WA0005


 

 

CRITERIUM NACIONAL DE MARCHA EN CACERES

Caceres, 20 de marzo de 2016

     De modo paralelo o  CAMPIONATO DE ESPAÑA DE 20 KMS MARCHA ABSOLUTO E PROMESA desenvolveuse o CRITERIUM NACIONAL DE MARCHA «CACERES PATRIMONIO DE LA HUMANIDAD». Nesta última proba contamos con presenza nas categorías alevin, infantil e cadete. Polo orden exposto foron Denis Fernández no circuito de 1000 metros quen resultou vencendor da proba na categoría alevin masculino, mellorando o rexistro galego da distancia cun tempo de 4:57 . Ana Piñeiro repetiu o mesmo posto acadando a victoria nos 3000 metros infantil feminino  cun tempo de 15:41.  Na proba de 5 Kms Valería Fernández rematou no 7º posto da categoría cadete feminino cun crono de 28:48. 


RESULTADOS CRITERIUM


12795008_1047285625309707_7760252743009654750_o


 

CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR DE PISTA CUBERTA.

Sabadell, 19 de marzo de 2016

     Tras a recompensa obtida por Paula Martínez coa clasificación para o CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR DE PISTA CUBERTA, chegaba o hora da verdade na maña do sábado 19 de marzo. O nivel da proba dos 60 metros valados non deixaba dubida que sería dificil acceder as fases finais.  O corte para o pase as semifinais, nas mulleres, estivo en 9,38 s. No caso de Paula acadou 9,96 na súa serie, co cal no puido pasar a semifinal. Agardamos nos siga acostumando a sua presenza en citas de tanta magnitude.


12778964_1304685092891797_4395480005360044079_o


RESULTADOS DO VII CROSS CEIP A RUA.

     Este pasado domingo 13 de marzo celebrouse o VII Cross Escolar CEIP A RúaUnha xornada primaveral axudou a encher o entorno do Ceip de A Rua de deportistas de todalas idades. Noraboa o ANPA por chegar ata este 7º cross e de seguro serán moitos máis. Achegamos a CLASIFICACION da carreira e un video con imaxes da xornada. Foi todo un pracer.



 

I XORNADA EN PISTA BENXAMIN-ALEVIN XOGADE EN PONTEVEDRA.

     O sábado 19 de marzo as pistas do CGTD de Pontevedra albergaran a I XORNADA EN PISTA BENXAMIN-ALEVIN do programa Xogade. Cada atleta poderá participar nun máximo de 2 probas. No caso de ser carreiras, somentes unha poderá superar os 250m. Achegamos o LISTADO DE INSCRITOS que desenrolaran o programa de probas co seguinte HORARIO:


hp190316-page-002


CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE PISTA CUBERTA

Oviedo 13 de marzo de 2016

     Disputouse en Oviedo o CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE PISTA CUBERTA.  En duas xornadas de sábado e domingo o Pazo dos Deportes de Oviedo foi testemuña do rendemento da categoría cadete. Unha das nosas atletas estreabase en competicións nacionais, no ámbito individual. Valería Rodriguez tras acadar o Subcampionato Galego de Pista Cuberta en lanzamento de peso, acudía a Oviedo a amosar a súa valía no Campionato de España

     Na final do concurso de peso acadou un mellor lanzamento de 10,33 m., foi no derradeiro intento. Con esta marca non obtivo o pase a mellora e rematou en 12º posto na final. De seguro que para vindeiros campionatos esta experiencia será positiva. Para a seguinte máis e mellor.


IMG-20160315-WA0002

pc_cadete-page-037

IMG-20160315-WA0001