INFORMACION DO ZONAL XOGADE DE MOAÑA.

     Este vindeiro domingo 10 de xaneiro tera lugar en Meira-Moaña o CAMPIONATO ZONAL DE CAMPO A TRAVES. O circuito estara situado no mesmo lugar co ano pasado. A competición dará comezo as 10:30 horas. Os atletas estarán no circuito cunha hora de antelación a súa carreira, é importante nestas probas por EQUIPOS.


cross_zonal_info-page-001


     Amosamos a UBICACION do circuito:


NOMEADOS GALA DO DEPORTE DE CANGAS

     Temos o pracer de comunicarvos o nomeamento das persoas que se detallan máis abaixo como candidato/as os premios da GALA DO DEPORTE DE CANGAS – 2015, que vai ter lugar o vindeiro venres, día 15 de xaneiro de 2016, a partires das 20.00 h no Auditorio Municipal do Concello de Cangas.


Mar Chillon.- MELLOR PROMESA FEMENINA


11816255_10204730968139662_4702727999983936393_o


  • Campiona  Galega de Marcha en Ruta (Marín 15.02.2015)

    Subcampiona Absoluta de Marcha en Ruta (Marín 15.02.2015)

    Compoñente Selección Galega de Marcha (Jumilla 01.03.2015)

    Campiona de España coa Selección Galega de Marcha (Jumilla 01.03.2015)

    Subcampiona de España  de Marcha en Ruta  (Jumilla 01.03.2015)

    Campiona Galega Marcha en Pista A.L. (Pontevedra 30.05.2015)

    Bronce Cto. España Marcha Pista A.L. (Valladolid, 04.07.2015)

    Record Galego 10.000Mts Marcha Pista A.L. (Valladolid, 04.07.2015)

    Compoñente Selección Galega Absoluta (Gijón, 25.07.2015)


    Francisco Rodal.–       MELLOR ADESTRADOR


    936040_189629951225508_129247396_n


    Equipo Feminino Infantil.- MELLOR PROMESA FEMENINO


    infantil


    Record Galego Relevo 4 X 1 Volta P.C. (A Coruña 17.01.2015)

    Campionas Galegas III Liga Federada (A Coruña 17.01.2015)

    Campionas Galegas Pista A.L. (Riveira, 23.05.2015)

    Campionas de España Pista A.L. (Valladolid, 20-21.06.2015)

    Record Galego Relevo 5X80 A.L. (Valladolid,  21.06.2015)


     

    Raquel Villa.- MELLOR DEPORTISTA FEMENINA


    Raquel_Villa,_junio_2008


    Campiona Absoluta Peso en P.C. (A Coruña 31.01.2015)

    Subcampiona de España de Peso (Valencia 08.03.2015)

    Campiona Galega Peso A.L. (A Coruña 07.06.2015)

    Campiona Galega Disco A.L. (A Coruña 07.06.2015)

    Bronce Galego ABSOLUTO en Pista A.L. (P. de Aguiar 18.07.2015)


     CLUB ATLETISMO VILA DE CANGAS.- MELLOR CLUB


    escudo_vila


FELICES FESTAS

     Entramos de cheo no nadal. Con tal motivo, imos ter unha actividade a hora de adestrar adaptada as festividades que nos depara o calendario. Para as categorías menores informar que os días 24 e 31 de decembro non adestraremos. Para as categorias maiores, a partir de cadetes, vaise solicitar o adestramento de mañan nas pistas estes dous días (24 e 31). De cara o ano novo tampouco se adestrará o 5 de xaneiro. Aproveitamos tamén para desexarvos unhas moi FELICES FESTAS


14507253275a1279ebbb8060490aee


 

RESULTADOS TROFEO SOLIDARIO DE NADAL CELTA ATLETISMO

     Esta mañan disputouse en Vigo o TROFEO SOLIDARIO DE NADAL CELTA ATLETISMO. As pistas de Balaidos foron testemuña dunha alta participación que implicaba as categorias MINIBENXAMIN ata CADETE.  Moi satisfactoria foi a participación dos @marel@s no torneo. Estes foron os RESULTADOS acadados na xornada. 


10354827_849904571774202_683175784682321146_n


TROFEO SOLIDARIO DE NADAL CELTA ATLETISMO

    Este vindeiro sábado 19 de decembro vaise celebrar en Vigo o TROFEO SOLIDARIO DE NADAL CELTA ATLETISMOAs pistas de atletismo de Balaidos acolleran esta competición de pista ao aire libre para categorías dende MINIBENXAMIN ata CADETE. De cara a vindeiras probas de Pista Cuberta será unha boa oportunidade para acadar marcas. Para o desprazamento NON se vai habilitar autobus, polo cal precisamos da implicación dos pais e nais.


Horario


No tocante a competición @s nen@s poderan apuntarse a unha carreira e un concurso como máximo. No REGULAMENTO podedes consultar outros detalles da proba, como por exemplo a APORTACION SOLIDARIA que se pide efectuen os participantes. Ata o sábado entón.


 hv191215-page-001


V CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MARCHA PROMOCION E G.P. VILA DE CUNTIS MEMORIAL JOSEFINA ROMERO DE MARCHA.

Cuntis, 06 de decembro de 2015

     O domingo 06 de decembro Cuntis converteuse na Capital Nacional da marcha atletica. As pistas de atletismo de As Canteiras acollían o V CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MARCHA PROMOCION  e paralelo a este gran evento tamén se celebrou o G.P. VILA DE CUNTIS MEMORIAL JOSEFINA ROMERO DE MARCHA.  No Campionato de España estivemos representados pola cadete Valeria Fernandez, quen recorreu os 3000 metros nun tempo de 16:38.7- acadando o posto 20 desta categoría.


 12307551_1135472639820796_2998976111634261247_o


No G.P. VILA DE CUNTIS MEMORIAL JOSEFINA ROMERO DE MARCHA contamos coa presenza do alevín Denis Fernández, quen rematou en 1ª posición o percorrido dos 1000 metros para a súa categoría. A todo isto hai que engadirlle un tempo de 5:14.7-, polo que obra na web da FGA suporía un novo RECORD GALEGO


12309915_1135470996487627_603689079396570772_o