Este vindeiro domingo 22 de marzo de 2015 celebrarase en Renteria o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE 20 KM. MARCHA ABSOLUTO E PROMESA. Paralelo o citado Campionato vaise disputar un Criterium de Marcha Atlética. Nesta proba imos ter representación de catro atletas do Vila de Cangas. Na categoría Alevín másculino Denis Fernández competira nos 2 kilómetros. En Infantil feminimo Ana Piñeiro e Valería Fernández faran o percorrido de 3 kilómetros. Esmeralda Corredoira completará o circuito de 10 kilómetros reservado para a categoría Junior. Moita sorte para todos eles e seguro que van amosar as suas dotes entre o mellorciño da Marcha Atlética nacional.
Archivo del Autor: Oscar
SARAY AMOEDO VIAXA A SABADELL.
A vixente Campiona Galega de triple salto en Pista Cuberta, Saray Amoedo, participará esta fin de semana no CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE DE PISTA CUBERTA. A final do triplo feminino esta prevista para o domingo 22 as 12:30 horas. Confiamos na solvencia de Saray Amoedo, quen xa participou o ano pasado no Campionato Nacional. Sorte na viaxe e disfruta da competición.
HORARIOS E INSCRITOS XOGADE BENXAMIN-ALEVIN.
Este vindeiro sábado 21 de marzo en Vilagarcia disputarase a II Fase de atletismo en pista ao aire libre do programa Xogade. Achegamos o horario da citada proba máis un enlace no que podedes consultar as probas as que foron inscritos @s nen@s.
INSCRITOS
II FASE ZONAL INFANTIL XOGADE PISTA AIRE LIBRE.
Vigo 14 de marzo de 2015.
Boa mañan de sol, con vento do norte que facia moi recomendable evitar a sombra. » E menos mal que non chovia» foi unha frase moi recurrida polos asistentes a xornada atlética. No tocante a competición, suliñar que na categoría infantil poden realizar nas xornadas previas ata tres probas por atleta, máis neste caso, que tamen houbo relevo, pois algun/unha foi para casa con catro probas o longo da mañan.
Nos 80 m.l. Daniel Iglesias foi 3º na súa serie cun tempo de 13.15. Lope Quinteiro impusose nos 500 m.l. cunha importante marca de 1:26.80, Daniel Iglesias acadou o posto 12º na mesma proba con 1:48.19. Martiño Nuñez aumentaba a distancia da carreira ata os 1000 m.l. parando o crono en 4:02.52, posto 8º. Aaron Dominguez competiu nos 100 mts. obstaculos (con ria), e mollouse, foi 2º con 3:54.15. Adrian Pastoriza e Gabriel Dacosta participaron no concurso de salto de altura e acadaron a mesma marca 1.30, quedando os dous no 5º posto.
O salto de lonxitude contou con Adrian Pastoriza ,Gabriel Dacosta que tamén empataron cun mellor salto de 3.76, Aaron Dominguez saltou 3.63 e Daniel Iglesias 2.67.
Aaron Domínguez foi o único representante no triplo, e foi 3º con 8.37. Na xavelina repetiu primeiro posto Lope Quinteiro, lanzando ata 22.59, Gabriel Dacosta foi 6º con 15.84, Adrian Pastoriza e Martiño Nuñez, foron 10º e 11º con 13.90 e 13.01 respectivamente.
Lope Quinteiro acadou o triplete co lanzamento de peso, 8.88 foi a súa marca. Martiño Nuñez fixo 2º con 6.55.
Remataron a xornada os homes co relevo 4X80. O equipo composto por Adrían, Lope, Aaron e Gabriel conseguiu o 2º posto cun tempo de 49.12.
Retomamos a xornada coas mulleres. Equipo infantil feminino no que destaca o seu número. A calidade tamén, de feito deu para facer dous equipos de relevos 4X80, unhas do ano 2002 que acadaron o 1º posto con 44.91 e outras do ano 2003 que foron segundas con 47.15.
Estes foron os RESULTADOS das mulleres:
- Ines Villamor 1ª 80 m.l. (serie), 4ª 80 m.v.(serie), 3ª lonxitude e 1ª relevos.
- Colomba Carballal 5ª 80 m.l. (serie), 3ª altura, 11ª lonxitude e 2ª relevos.
- María Rial 5ª 500 m.l. (serie), 7ª triplo, 17ª lonxitude e 2ª relevos.
- Sandra Souto 2ª 80 m.l (serie), 5ª 80 m.v. (serie) e 8ª triplo.
- Sabela López 2ª 80 m.l (serie), 9º 500 m.l. (serie), 6ª lonxitude e 2ª relevos
- Ana Piñeiro 1ª marcha e 13ª lonxitude e 12ª xavelina.
- Laura Campos 1ª 80 m.v.(serie), 5ª peso, 7ª xavelina e 1ª relevos.
- Alba Campos 1ª 150 m.l. (serie), 1ª 80 m.v. (serie), 6ª xavelina e 1ª relevos.
- Verónica Núñez 1ª 80 m.l (serie ), 1ª altura e 6ª 1000 m.l.
- Lara Fernández 2ª 80 m.v. (serie), 6ª peso e 2ª pértega.
- Irene Menéndez 2ª 80 m.l (serie), 2ª altura e 2ª lonxitude.
- Ariadna Gil 1ª 220 m.v., 1ª Triplo, 5ª 1000 m.l. e 1ª relevos
- Valeria Rodríguez 1ª peso, 1ª martelo e 7ª 1000 m.l.,
- Naiara Villar 2ª 220 m.v. (serie), 7ª altura e 9ª xavelina.
- Valeria Fernández 4ª 500 m.l. (serie) e 5ª xavelina
- Ainoa Santos 3ª martelo, 4ª peso e 2ª relevos
- Ines Pardavila 11ª 1000m.l.
- Laura Valladares 2ª xavelina.
CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL DE PISTA CUBERTA.
NOA ROUCO ACUDE AO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE PISTA CUBERTA.
Este vindeiro fin de semana, 14 e 15 de marzo, vaise disputar en San Sebastian o CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL DE PISTA CUBERTA. Na proba de 400 m.l. femininos contaremos coa presenza de Noa Rouco Baqueiro, quen acadou a mínima para o Campionato o pasado 11 de xaneiro de 2015 en Vigo. Parte cunha marca de 59.96 s. Pode ser unha boa ocasión para mellorar esta marca. Esperemos que así sexa e moito animo neste longo desprazamento.
HORARIO XORNADA INFANTIL E CROSS CEIP A RUA.
Salvo modificacións, este vai ser o horario da segunda xornada do XOGADE EN PISTA AO AIRE LIBRE a disputar o sábado 14 en Vigo.
Para o domingo 15 de marzo lembrar que se celebrará o VI Cross Escolar do CEIP A Rua. Un verdadeiro pracer para nos poder colaborar no fomento do deporte base, alí vos esperamos.
RAQUEL VILLA SUBCAMPIONA DE ESPAÑA DE PESO.
As esperanzas estaban postas na nosa especialista en lanzamento de peso, e non defraudou. Raquel Villa disputou este sábado 07 de marzo o CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR EN PISTA CUBERTA, acadando o Subcampionato de España cun mellor lanzamento de 12.14. Dende o Club queremos mandarlle unha forte aperta e esperamos disfrute de este e vindeiros logros. Moitos Parabens Raquel.
20 ANOS DE VILA DE CANGAS.
RAQUEL VILLA ACUDE AO CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR
Nesta fin de semana disputarase en Valencia no Palau Velódrom LLuís Puig o CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR EN PISTA CUBERTA, entre a representación galega contaremos coa presenza da nosa especialista en lanzamento de peso, Raquel Villa. Esperemos disfrute do Campionato e tamén, de paso, do ambiente festivo das fallas. Moita sorte Raquel.
Debe estar conectado para enviar un comentario.