CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVES ESCOLAR.

Pereiro de Aguiar-Ourense, 21 de febreiro de 2015

 

O circuito de Monterrei acollía o derradeiro Campionato do programa Xogade de Campo a Través. Por equipos clasificáronse os alevin e cadetes masculinos. Sara Mallo foi a representante na categoría alevin, acadando o posto 22º. Lope Quinteiro participou na carreira de infantís e finalizou no posto 31º. A representación individual quedou completada con Alba Vidal que obtivo un 7º posto na proba das cadetes mulleres.

A xornada comenzaba co terceiro lugar que conseguían os cadetes homes. O equipo composto  por Dani Calvar, 7º, Manel Iglesias, 12º, Juan Piñeiro, 29º, David Lorenzo, 33º e Dani Armada,  45º, sumou un total de 50 puntos.

O outro equipo , alevín masculino, quedou en quinto lugar sumando 108 puntos moi cerca dos requeridos para medalla.  Participaron Denis Fernández, 18º,  Teo Iglesias, 20º, Joel Curro, 32º, Eduardo Parcero, 38º e Daniel Quinteiro, 39º.

A semana que ven dan comenzo as probas de pista ao aire libre dentro do mesmo programa Xogade. As categorias benxamín e alevín teñen cita o vindeiro día 28 na localidade de Vigo.

 10407417_321561484699020_4240676722596531984_n

Horarios Campionato Galego Escolar de Campo a Través.

O sabado día 21 de febreiro de 2.015 disputarase, no Circuito de Campo a Través do Complexo Polideportivo de Monterrei – Pereiro de Aguiar – Ourense, o Campionato Galego Escolar de Campo a Través.  Para tal evento están clasificados os equipos alevin e cadete masculinos. De maneira individual a alevin Sara Mallo,  o infantil Lope Quinteiro e a Cadete Alba Soliño. De seguido, no enlace, deixamos detalle do circuito e horarios.

HORARIO e CIRCUITO.

CAMPIONATO DE GALICIA DE MARCHA EN RUTA

Marín, 15 de febreiro de 2015

Para completar a fin de seman de Entroido quedabanos o Campionato de Marcha en Ruta. Despois de dúas edicions celebradas no porto de Aldán este ano tocaba outra ubicación, a localidade de Marín. En xornada de maña, con resaca da competición do sábado en Pista Cuberta, celebrouse o autonómico con ampla participación dos marchadores amarel@s.

Os alevins homes, cun percorrido de 3kms,  coparon o podio. Denis Fernández foi primeiro, Teo Iglesias terceiro e Miguel Gallego cuarto.

Na mesma distancia os infantís homes nos deron a seguinte medalla, Jesús Guimerans foi bronce.

Na liña de saída da proba de alevín mulleres tiñamos tres representantes, Nerea Nogueira, 5ª. Nayara Pereira,  8ª e Katia Gonzalez, 10ª.

Ana Piñeiro e Valeria Fernández acadaron o primeiro e segundo posto da categoria infantil. Sendo esta unha das carreiras máis numerosas. Irene Menéndez e Lucia Riobo abandoaron por molestias.

Os benxamins reducían o circuito ata os 2 kms, Carlos Corredoira foi 5º e Lara Iglesias obtivo a medalla de bronce.

Mar Chillon disputou os 10kms e proclamouse Campiona Galega da categoria junior e Subcampiona absoluta. A outra atleta junior Esmeralda Corredoira foi descalificada.

 

CAMPIONATO DE GALICIA XUVENIL E JUNIOR EN PISTA CUBERTA

A Coruña, 15 de febreiro de 2015

 

Outro Campionato máis de nivel autonómico no Pazo dos Deportes de Riazor. Si o día de onte era a cita co futuro do atletismo galego, hoxe sen dubida era o presente. A maioria destes atletas xa compiten a nivel absoluto sin ningún tipo de complexos. Este era o Campionato de Pista Cuberta para xuvenil e junior. Domingo de entroido,  vacacións académicas e un formidable ambiente facían prever unha xornada inesquecible.

Na sección másculina Oscar Broullón era o representante en peso na categoría xuvenil, acadando o Subcampionato cun lanzamento de 13,00 metros. O junior Pablo Castro quedou Campión Galego na mesma disciplina. Vaia estadísticas dous de dous.

As mulleres debutaron na velocidade , 50 m.l, as xuvenis Noelia Graña subcampiona galega e Noa Rouco que non obtivo pase a final cun tempo de 7,22.  Nos 200 m.l. Noa Rouco obtivo o bronce e Noelia Graña non pasou da semifinal. Paula Martínez quedou cuarta na final dos 50 metros valados. No concurso junior de altura Alexia Vidal proclamouse subcampiona galega ao igual que no salto de lonxitude. Na pértega xuvenil Martina Paramos completou o mellor concurso e acadou o primeiro posto. Patricia Torres fixo bronce no lanzamento de peso xuvenil. No peso junior acadou o Campionato Galego Raquel Villa.  En resumo o presente do Club goza de boa saúde, noraboa a tod@s.

CAMPIONATO GALICIA PISTA CUBERTA BENXAMIN-ALEVIN E INFANTIL. CADETES 1000 E 3000 M.L.

A Coruña 14 de febreiro 2015

 

Pois ali fomos o sábado de entroido, esperabanos unha longa xornada de maña e tarde no Pazo dos Deportes de Riazor. O mal tempo fora era típico das datas en que nos atopamos. Atípico foi que se cumpriran os horarios, e así aconteceu durante toda a competición. No computo global foron un total de doce medallas as que se conseguiron, merecido premio para o esforzo d@s amarel@s. Na categoría benxamín Noa Nerga acadou o bronce en peso e Guillermo Alonso foi subcampión na mesma disciplina. A alevin Sara Mallo proclamouse Campiona de salto de lonxitude, mentras Aaron Otero era Campión en peso, Eduardo Parcero acadou o bronce en 500 m.l. A categoria infantil foi a máis participativa, conseguindo Valeria Rodríguez e Ariadna Gil sendos Campionatos en peso e lonxitude. Laura Campos e Lara Fernández acadaron o subcampionato en 50 metros valados e pértega. Irene Menéndez fixose co bonce en lonxitude. En homes Anton Iglesias quedou Campión en altura e Lope Quinteiro subcampión en peso. A xornada rematouse co 1000 e 3000 m.l. para os cadetes. O día seguinte temos o Campionato Xuvenil e Junior no mesmo emplazamento…deicalogo.

BENXAMIN MULLERES:

 

  • Carmen Fraga             6ª50 m.l.
  • Agata Rodríguez        10ª500 m.l.
  • Lara Iglesias               11ª1000 m.l.
  • Noa Nerga                   3ª peso e 11ª altura
  • Gema Dacosta            4ª peso

 

BENXAMIN HOMES: Seguir leyendo

CAMPIONATO PROVINCIAL CROSS ESCOLAR (XOGADE)

Cesantes-Redondela 07 de febreiro de 2015.

 

A localidade de Cesantes acolleu o Campionato Provincial de Campo a través do programa Xogade. O circuito atopabase na contorna da praia da Punta. Non facia mala maña, iso si, foi indo a peor. Así que correron os cadetes levantouse unha brisa que alí non parou ninguen. Pois iso os cadetes comenzaron ben, os homes Campions Provinciais e as mulleres en cuarto posto. Dende alí marcharon Dani Calvar e David Lorenzo cara as Probas Combinadas que disputaban en Lugo durante a fin de seman. As mulleres infantis tamen subiron o podio o acadar o terceiro posto, os homes quedaron cuartos. O tipo de terreo do circuito era totalmente chan pero tiña un par de tramos de area de praia esgotadores. A categoria alevin obtivo o subcampionato en homes e un cuarto posto en mulleres. Ata esta categoría se xogaban o pase o Campionato Galego que se disputará en Ourense o vindeiro 21 de febreiro. Alí veremos os Cadetes e Alevins masculinos. O remate do Provincial era para os benxamins, proclamándose Campions en homes e Subcampionas en mulleres.

 

 

RESULTADOS:

BENXAMIN MULLERES

  • Agata Rodriguez              2ª
  • Gemma Dacosta            14ª
  • Lucia Gil                          17ª
  • Noa Nerga                       18ª
  • Lara Iglesias                   19ª
  • Sara Nerga                      31ª Seguir leyendo

CAMPIONATO DE GALICIA DE PROBAS COMBINADAS.

Lugo 7-8 de febreiro de 2015

Sin movernos de Lugo, outro Campionato Galego de Probas Combinadas, neste caso. Para iso son moi versatiles as instalacións da cidade da muralla.

Os cadetes de mañan corrían a primeira hora en Cesantes-Redondela o Provincial de Cross escolar, quedando Campions por equipos, e logo Dani Calvar e David Lorenzo emprenderon viaxe a Lugo para participar no Hexathlon. Debeu ser que viñan quentes que  fixeron doblete no podio con sendas medallas de prata e bronce. Dani sumou 2448 puntos e David 2280.

Angel Menduiña foi subcampion promesa e  bronce no heptathlon absoluto masculino cunha puntuación total de 4332. As marcas foron de 7,52 nos 60 m.l.; 6,01 na lonxitude; 10,58 no peso; 1,74 en altura; 9,40 en 60 m.v. e 2:58.26 en 1000 m.l.

Polo que se mira non foron facer turismo a Lugo.

CAMPIONATO DE GALICIA ABSOLUTO DE 60 ML E 60MV.

Lugo, 07 de febreiro de 2015

A velocidade tiña por primeira vez un Campionato adicado,neste caso, os 60 metros lisos e valos. O módulo de Lugo foi o lugar elexido para desenvolver as quendas,  que foron numerosas . Na categoria feminina Noelia Graña pasou cun tempo de 8.21 a primeira serie. Para o pase a final fixo o tercer mellor tempo da súa seminfinal. Alí a  pesares de facer o mellor tempo de toda a xornada, 8,11, quedou en 6º posto. A outra representante feminina, tamén xuvenil, Paula Martínez  voltou para Cangas cunha medalla de bronce na proba de 60 metros valos. Proba absoluta na que as dúas atletas xuvenís souberon estar a altura do Campionato. Non esperábamos menos,  moitos parabens.

CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO E PROMESA PISTA CUBERTA.

A Coruña 31 de enero de 2015.

Nova parada no Pazo dos Deportes de Riazor para o Campionato Galego Absoluto e Promesa.  A pista cuberta encheuse dos mellores atletas da Comunidade e con bastantes xuvenís e junior nos primeiros postos.  Falando de categorías tempranas a nosa cadete Saray Amoedo foi quen de acadar o cuarto posto no triplo, para conseguilo fixo un salto de 10,97, con mellor marca persoal,  magnifico concurso con seis saltos por riba dos dez metros e medio. O mellor concurso en peso foi para Raquel Villa cun lanzamento de 11,57, cun total de seis marcas por riba dos once metros.

Na categoría masculina o xuvenil Pedro Acuña foi cuarto, con 54,49, na sua semifinal de 400m. En 1500 m.l. Rodrigo Bermúdez foi  9º cun tempo de 4:32.13.

As mulleres completaron a participación con Noelia Graña nos 50 m.l. quen tras pasar dúas quendas foi  5ª na final. Noa Rouco non pudo pasar da semifinal dos 400 m.l. acadando o segundo lugar na sua serie. Sara Villar e Paula Martínez tampouco conseguiron posto na final dos 50 m.v. cuns tempos de 8,78 e 9,04 respectivamente.

No concurso de altura Alexia Vidal quedou  5ª cun mellor salto de 1,49 e acadou o decimo posto en lonxitude. Martina Paramos foi cuarta en pértega.

Con todo isto rematar cun ata pronto Coruña, penso que o 14 de febreiro voltamos.