Campionato Galego de Marcha en Pista.

A Coruña 29 de novembro de 2014

Primeira proba oficial de Marcha da presente tempada. O lugar escollido foron as pistas de Elviña da cidade herculina. A proba comezou puntual e o tempo era agradable polo que os elementos nesta ocasión foron favorables. O Campionato foi elixido para estrear o regulamento do «Pit Lane» consistente en penalizar con parada en vez de eliminar os atletas que reciban os avisos pertinentes. É dicir que oficial xa é se o aplican nun Campionato Galego.
Da proba resaltar unha abundante participación, cada vez son máis Clubes que se suman á Marcha Atletica e iso é bo para a competición. No noso caso si que houbo bastantes debutantes que esperemos gocen con esta modalidade.
Para inaugurar a xornada os benxamíns realizaban o circuíto de 1000 metros., destacando entre os nosos representantes Carmen Fraga que conseguiu a medalla de bronce. Na competición da categoría alevin o percorrido era de 2000 metros e os destacados foron na categoría másculina, proclamándose Denis Fernández Campión Galego e Teo Iglesias, medalla de bronce.
A categoría infantil aumentaba o circuíto ata os 3000 metros, repetindo doblete no podio por parte de Ana Piñeiro que foi Subcampiona Galega e Valeria Fernández que obtivo a medalla de Bronce.
Para poñer fin á xornada a carreira absoluta de 5000 metros daba cabida ás demais categorías Xúnior-Promesa-Sénior e Veteranos. Tamén é de destacar a presenza de Esmeralda Corredoira que conseguiu finalizar terceira na categoría Xúnior.

RESULTADOS:

BENXAMINS:

Carlos Corredoira            6º

Carmen Fraga                   3ª

Gemma Dacosta              4ª

Lara Iglesias                     5ª

Lucia Gil                           6ª

 

ALEVINS:

Denis Fernández            1º

Teo Iglesias                     3º Seguir leyendo

PRESENTACION TEMPADA 2014/15

Cangas a 22 de novembro de 2014

Como xa é tradición o mes de novembro acolle a presentación da nova tempada do Club de Atletismo Vila de Cangas. Este ano tamén se pretendía recordar e celebrar os 20 anos de existencia do Club, os seus inicios ligados ao Club de Remo e as vivencias dalgún atleta, adestrador ou directivo que foron e son testemuñas da historia do Vila.
O que  xa esta instaurado son os pinchos para rematar a presentación, sobre as 17.00 horas a contorna do Concello xa empezaba a ter unha mestura de olores culinarios que facían sospeitar cal ía ser a guinda do acto.
Houbo ata retornos como o de Maria Gestido, quen volve para reforzar ese magnífico equipo feminino, que tantas alegrías nos está a dar ultimamente. Sorte nesa nova andaina e benvida de novo.
Unha vez dentro do Salon de Plenos ímonos dando conta de que case non cabemos, de que particularmente este ano hai moitos nenos novos. Van desfilando as categorías para sacar as fotos dos equipos. A tradicional foto de grupo sacámola na praza do Concello aproveitando un respiro que nos dá a chuvia.
Cando todos os equipos remataron a sesión de fotos prodúcese unha planeada homenaxe, con tarta incluída, a Mari e a Calvar. Púxose bastante emotiva a cousa, non é para menos. A quen lle amarga un doce, e sempre é bo ter un momento para poder agradecer moitas cousas e este era o momento de Mari e Calvar.
Da tarta non quedou nada, esperemos que o recoñecemento dure máis. Xa dixemos que o Salón se nos quedou pequeno se a iso lle sumamos a media de idade dos nosos atletas, estaba claro que a charla-coloquio non se podía dilatar moito, e así foi breve, clara e concisa. Estaba preparado no piso de arriba o superpincho estilo «Bueu», cada un leva ou seu, que unha vez emplatado e distribuído non tiña nada que envexar aos caterings profesionais.
Tanta présa tivo a xente en subir que algún se esqueceu a revista n.º 19, xa sabedes se vos pasou o empacho e a queredes, podedes pedila. Vémonos nas Pistas.

Acordo Colaboración con Trig Money

Novo beneficio para membros!
Grazas ao noso máis recente socio Trig Money poderás aforrar diñeiro cando compras en liña. Inscribíndote hoxe mesmo poderás ter acceso a ofertas en miles de tendas en todo o mundo así como tamén recibirás un regalito de benvida.
Ademais, o club tamén obterá ganancias por cada compra que fagas!
Como funciona?
Trig Money é un servizo gratuíto que che permite recibir devolucións («Cash back» como o chaman eles) cando compras en liña. Todo o que tes que facer é descargar a aplicación de Trig Money e seguir comprando como de costume.
Cando finalices unha compra nunha das tendas afiliadas, a devolución será depositada automaticamente na túa conta de Trig Money.
É así de doado e… é gratis!
Dáte de alta hoxe mesmo e comeza a recibir devolucións en tendas como: Fnac, Carrefour, Vodafone, Sony, eDreams, Zavvi, Iberia, Telepizza e moitas máis.

Para máis información: http://trigurl.com/viladecangas

Fase Provincial III Liga Escolar Federada.

Vigo 15 de novembro de 2014.

 

Primeira competición oficial da nova tempada.  As pistas de Balaidos acollían a Fase Provincial da III Liga Escolar Federada. Clubes de toda provincia acudiron para completar esta competición pensada para equipos, segundo a normativa o primeiro clasificado acadaba o pase a fase final, despois dependendo da puntuación pasarían oito equipos máis de toda Galicia. O autobús partiu de Cangas cargado con representación en todalas categorías, eran as 09:15 horas da mañan e chovia de manera cuantiosa.

Unha vez en Vigo a mañan portouse, caiu algún chuvasvo pero de maneira puntual. As dez horas comenzouse a repartir os dorsais para ter tempo a quentar, sobre as 10:45 horas estaba programado o inicio das probas. Podían acudir dous atletas por proba e puntuar para os equipos.  Para alguns benxamins tamen era a sua estrea nas competicións oficiais, esperemos disfruten co atletismo e manteñan esa ilusión intacta. Claro esta que a peor parte levarona os entrenadores xa que tiveron que estar atentos do desenvolvemento de todalas probas, e eran unhas poucas.

No tocante os resultados, que tamén é importante, a xornada para os equipos foi de maneira global un éxito. Os esforzos dos atletas e o seu traballo en equipo alzaron o Vila de Cangas como mellor equipo da provincia nas tres categorías. En benxamins homes acadaron o primeiro posto, as mulleres segundas,  con 192 puntos na suma dos dous. En alevins os homes repetiron o primeiro posto e as mulleres foron cuartas, sumando 239 puntos. En Infantis os homes quedaron segundos o non poder completar o relevo, mentras que as mulleres conseguiron o primeiro posto, sumando os equipos 211 puntos.

Estes foron os resultados individuais:

BENXAMINS:

Guillermo Alonso            2º 50 m.l. e 2º peso

Yago Juncal                      5º 50 m.l. e 4º lonxitude

Sergio Valladares            5º 500 m.l. e 2º relevos

Raúl Rial                           7º 500 m.l.

Carlos López                    1º 1000 m.l. e 2º relevos Seguir leyendo

PRESENTACION TEMPADA 2014/15

A xunta directiva do Clube Atletismo Vila de Cangas ten a honra de invitarvos á presentación pública dos seus atletas para a tempada 2014/15.  Feito que terá lugar o vindeiro Sábado 22 de Novembro ás 17:00 na Sala de Plenos do Concello de  Cangas. Este novembro cumprimos 20 ANOS, e algo se falará do tema.

Detalle do acto:

– Presentación dos equipos por categorías  e sesión fotográfica.

– Charla-coloquio.

– Entrega do Nº 19 da revista do clube.

Como ven sendo costume remataremos con un pincho consistente nas aportacions culinarias de todos e todas. Xa sabedes Chefs do morrazo,  tedes un reto.

Esperando con ilusión a vosa asistencia á acto,aproveitamos a ocasión para enviarlles un cordial saúdo.

 

CROSS ESCOLAR AGRUPACIÓN DEPORTIVA CASTRO – SAN MIGUEL

Vigo 12 de outubro de 2014

 

O parque de Castrelos foi outra vez esceario do multitudinario Cross escolar da Agrupación Castro-San Miguel.  Esta foi a 19ª edición dun evento que deu cabida a nenos nacidos entre o 1999 e 2011, prácticamente faltaron os que ainda van en silla. Tampouco faltaron os país e nais dos nenos participantes. O circuito xa tiña algún que outro charco, choveu a primeira hora do día e no momento da proba as nubes respetaron e non descargaron auga. Evidentemente este fin de tempada vai coincidir co comenzó da tempada de cross. Moitos nenos tomaron contacto coa competición en camiños de terra, facelo en Castrelos é todo un luxo. Este outono se presume vai ser chuvioso facendo que os vindeiros circuitos fagan acopio de lama e sumen dureza o trazado.

No tocante as carreiras os primeiros en estrear o circuito foron os cadetes, sobre un trazado de 4000 metros os homes foron encabezados por Dani Calvar que fixo 5º, Manel Iglesias 8º, David Lorenzo 13º e Alejo Fernández 18º. As mulleres recortaban o circuito ata os 2.585 metros, acadando Alba Vidal ó 3º posto e Paula Santos ó 6º. Os infantis másculinos tiñan idéntico recorrido que as mulleres cadetes, Aaron Domínguez foi o único representante e acadou o 13º posto. As mulleres da mesma categoría daban dúas voltas o circuito B completando 2000 metros Isaura Framil e Valeria Fernández foron 13ª e 14ª seguidas por Irene Menéndez no posto 20º.

A partires dos infantís homes foi a participación medrando acadando os seguintes resultados:

Lope Quinteiro              2º

Teo Iglesias                     8º

Daniel Iglesias              10º

Martiño Núñez             33º

Miguel Gallego             40º Seguir leyendo

Campionato Galego de Milla e 1 km en ruta

Marin 27 de setembro de 2014.

 

Primeira competición oficial tralo parón do verán. Coincidindo coa festa do «San Migueleiro» este ano a Milla de Marín ascendeu un escalón máis e foi sede do Campionato Galego de Milla e de 1000 metros en ruta para as categorías dos pequenos. Non foron moitos os amarelos que se acercaron ata Marín, parece que a pereza do verán ainda vai levar un tempo botala do corpo. Certo é que levamos apenas duas semans de adestramentos e a tempada case que quedou rematada en xullo. No tocante os resultados en Benxamins homes acadouse o Subcampionato Galego por parte de Denis Fernández.  As nenas alevíns foron Sara Mallo 17ª, Sabela López 18ª, Ana Piñeiro 28ª e Anais Santamaría 29ª.  Na mesma categoría os nenos que participaron foron Lope Quinteiro 8º,  Teo Iglesias 10º i Eduardo Parcero 14º. Na categoría infantil feminina Valeria Fernández acadou o posto 21. En homes Juan Piñeiro foi 11º e Aaron Domínguez 26º. Cos cadetes, tamen sobre a distancia de 1000 mts, estivemos representados por Alba Vidal 10ª e Saray Amoedo 16ª.  Manel iglesias foi o único representante en homes acadando o posto 16.

No Campionato Galego de Milla tivemos representación en ambalas categorías. As mulleres estiveron encabezadas por Laura Garcia que acadou o 3º posto en Senior, Iria Piedras 6ª en Xunior e Noemi Crespo 8ª.  Alvaro Lorenzo acadou o 8º posto na categoría Xunior.  Unha boa xornada para dar portazo o verán.

I MILLA URBANA FESTAS DO CRISTO

Tratase da primeira Milla Popular de Cangas do Morrazo, que cadra co final das Festas do Cristo.
A data da proba e o día 30 de Agosto a partir das 17:00
Organiza: Concello de Cangas, Fundación Cangas Deporte e Club Atletismo
Vila de Cangas.
Consta de 3 voltas de 536m nun circuito totalmente chan.
O circuito situase no centro de Cangas.
Conta coas seguintes categorias:
BENXAMIN  (2005/06) 1 volta e 1/2 (804m)

ALEVIN (2003/04) 2 voltas (1072m)

INFANTIL (2001/02) 3 voltas (1609m)

CADETE (99/2000) 3 voltas (1609m)

XUVENIL (1997/98) 3 voltas (1609m)

XUNIOR (1995/96) 3 voltas (1609m)

PROMESA (1994/93/92) 3 voltas (1609m)

SENIOR (1992 en adelante) 3 voltas (1609m)

VETERANS (35 anos en adiante) 3 voltas (1609m)

ELITE (Do 1992 en diante)

O coste das inscripcións seran de 2 euros apartir da categoría xunior, o resto das categorías estará exenta de coste algún.
A milla esta amadrinada pola  campiona Galega de 1500m y 800m, actual campiona de  España de Milla, Subcampiona de España absoluta de 1500m pista cuberta e Subcampiona de España de 1500m o aire libre , Andrea Solange Pereira.

 

CAMPIONATO ESPAÑA XUNIOR 2014

Castellon 5-6 de xullo de 2014

No Campionato de España Xunior tiñamos un valor seguro, moito máis co IBEX 35, e por suposto non defraudou. Pablo Castro acadou o Subcampionato de España en lanzamento de Peso, para elo non tuvo máis que batir  o record galego cun lanzamento de 15,89 m. Claro que isto non foi froito da casualidade, case que perdemos a conta dos records que foi acadando Pablo esta tempada. Gran recompensa para un gran traballo.

Na categoría femenina foi Raquel Villa a nosa representante en lanzamento de peso. Foi 5ª cun mellor lanzamento de 11,84. Ainda contamos con Mar Chillon quen participou en 10 km marcha, acadando o 5º posto cun tempo de 53:02,17 e Aida Amoedo que non puido pasar a final dos 400 m.l. quedando 7ª na  semifinal. Nada que engadir a estes sacrificados atletas que levan o nome do Club por toda España, sodes grandes.

CAMPIONATO ESPAÑA PROMESA 2014

Durango 5-6 de xullo de 2014

 

Mes de Xullo e dan comenzó os Campionatos nacionais. Gran ledicia o poder contar con representantes a este nivel. Neste caso imos relatar o paso do noso especialista en combinadas Angel Menduiña. As probas do decathlon disputabanse o longo das dúas xornadas, nelas Angel conseguiu un meritorio 7º posto no Campionato cun total de 5781 puntos. Acadou as seguintes marcas nas probas 11,83 s nos 100 m.l; 6,23 m. en lonxitude; 9,83 m. no peso; 1,74 no salto de altura; 53,20 s en 400 m.l.; 17,26 s  110 m.v.;  30,62 m no lanzamento de disco; 3,70 m no salto de pertega; 41,20 m na xabalina e para rematar 4:42, 37 nos 1500 m.l. Parabens para Angel polo nivel acadado nesta dura disciplina.