CRITERIUM GALEGO DE PROBAS COMBINADAS CADETE ATA SENIOR-CONTROL DE MARCAS

Pontevedra 12 e 13 de abril de 2014.

O Sábado daba comenzo en Pontevedra o Critérium de Probas Combinadas dende Cadetes ata Senior.  Angel Menduiña participou no Decathlon conseguindo un segundo posto cunha puntuación de 5441, parabens para o noso atleta que era o máis xoven dos participantes e tamen primeiro clasificado na súa categoría. Para coller o relevo de Angel xa se esta preparando Dani Calvar, quen na categoría cadete disputou o Octathlon acadando o primeiro posto,  salientar a novidade da pértiga para Dani que afrontou cun salto de 2.27 que o final foi decisivo para a victoria con 2941 puntos.

Engadir que si sábado e domingo foron para as probas combinadas, tamén quedou oco o primeiro día para un Control de Marcas. Nos 200 metros lisos Alvaro Lorenzo acadou un tempo de 25.91. Na proba de 3000 metros lisos participaron Maikel Portela con 9.20 e Angel Ferrari con 9.41. Na sección feminina a representación estaba nos 200 metros lisos con Noelia Graña, Estela Crespo e Ana Antepazo que pararon o crono por este orde en 26.82, 27.19 e 28.59. En resumo a fin de seman de Pontevedra estuvo cargada de probas atléticas, non todo vai ser correr.

FASE CLASIFICATORIA BENXAMIN-ALEVIN EN PISTA – XOGADE

Pontevedra, 05 de abril de 2014

 

Dabamos a benvida o mes de abril coa Fase clasificatoria para as categorias Benxamín e Alevín. Foi unha maña fría e chuviosa con moita afluencia de nenos, certo é que estas son as categorias raiñas cando de participación se fala. Suliñar que na proba de 500 m.l. alevín foron tres quendas. As probas de velocidade seguen sendo as máis participativas, boa elección tendo en conta que a chuvia foi unha constante no desenrolo da xornada.  Xa esta máis preto o Campionato Provincial e agardemos que o tempo nos de unha tregua. Saudos e parabens para os nosos grandes atletas.

 

RESULTADOS:

BENXAMINS:

Katia González              1ª marcha e 2ª peso

Nerea Nogueira           16ª 50 m.l. e 7ª lonx.

Carmen Fraga               13ª 50 m.l.

Agata Rodríguez           7ª 500 m.l. e 6ª lonx.

Carlos Corredoira        10º 1000 m.l e 15º 50 m.l.

Carlos López                   5º 1000 m.l. e 9º lonx.

Yago Juncal                    7º 1000 m.l. e 18º 50 m.l.

Carlos Menduiña           1º peso

Guillermo Alonso          9º peso e 10º 50 m.l. Seguir leyendo

CAMPIONATO DE ESPAÑA XUNIOR PISTA CUBERTA.

San Sebastián 22-23 de marzo de 2014.

 

Na localidade de Donostia disputabase o Campionato de España Xunior de pista Cuberta, os dous representantes de Peso pola nosa Comunidade eran Pablo Castro e Raquel Villa. Pablo acadou a 6ª posición e Raquel a 10ª. Outro logro máis destes dous Campions que se afianzan nas competicións a nivel nacional. Parabens e a seguir asi.

XXVII TROFEO DA RECONQUISTA

Vigo a 30 de marzo de 2014

 

Domingo, cambio de hora, choiva e frio. Todo animaba a quedar na cama. Pero xa o sabedes a vida do atleta e moi sacrificada. A 27ª edición do Trofeo da Reconquista era a cita e as pistas de Balaidos o lugar. A xornada comenzou coa proba dos 100 m.l..Cesar Antonio Gonzalez parou o crono en 12,23 quedando 6º na súa serie, tamén contamos cos cadetes Dani Calvar  13,42, David Lorenzo 14,43 e Daniel Armada 15,14 que se misturaron sen complexos coas outras categorías. Na seguinte proba dos 400 m.l. foi a final B a que contou coa presenza de Cesar Antonio González, Angel Menduiña e Daniel Dasilva, quenes acadaron por esta orde as primeiras posicións con tempos de  54,14, 54,33 e 54,42. Nas outras finais, con tempos máis discretos, participaron Kevin Alvarez e Alejandro Alvarez 4º e 5º na sua final, Diego Pérez e Jorge Castro acadaron o 5º posto nas respectivas finais.

Nos 3000 m.l. tamen se fixeron duás finais, na primeira participou Rodrigo Bermúdez que obtivo un tempo de 10:06 quedando no posto 11, o seu compañeiro Angel Ferrari con 09:48 foi 5º na súa serie. Para a categoría cadete estaba reservada a proba de 300 metros valados, sendo David Lorenzo 1º e Daniel Armada 5º. O cadete Dani Calvar quedou 5º con 5,04 no concurso de Lonxitude Absoluto.

As masiva participación de mulleres nos 100 m.l. obligou a organización a realizar seis finais, como temos poucas mulleres no Vila de Cangas creo que nos vai tocar repasar o abecedario, pois imos aló, na primeira final Noa Rouco e Noelia Graña quedaron 1ª e 2ª separadas por una centesima, Estela Crespo foi 4ª e Paula Martínez 7ª, boa serie en que todas baixaron dos 14 segundos. Alexia Vidal gañou a Final B e Ines Piñel foi 6ª. Na Final C as cadetes Paula Santos foi 6ª e na seguinte Ana Fandiño acadou a 8ª posición. Mª Jesús Corredoira obtivo o 4º lugar na final E.  Para rematar o repaso as finais Saray Amoedo foi 3ª e Martina Paramos 5ª na derradeira Final F.

Ana Antepazo foi 6ª na serie que abria os 400 m.l.  Chegou a proba dos 1500 m.l. e Lucia Piedras obtivo un 12ª posto na final. Nos 3000 m.l. había cinco representantes do Club, Alba Vidal 5ª, Isaura Framil 6ª, Eva Piñel 9ª, Iria Piedras 11ª e  Noemi Crespo 14ª. Maria Jesús Novo Obtivo a victoria nos 400 metros valados. Para rematar faremos mención das que máis se mollaron, claro esta foron os concursos, neste caso en Lonxitude a cadete Saray Amoedo acadou o 2º posto  con 4,66, acompañada de Ines Piñel 6ª, Paula Santos 7ª i Eva Piñel 8ª.  En Lanzamento de disco Nerea Garcia foi 3ª con 17,59.  O lanzamento de martelo foi dominado por Johana Villar quen gañou con 34,52, Abril Fernández 4ª, Andrea Conde 5ª, Sara Núñez 7ª e Ana Fandiño 8ª. En resumo boa mañan de atletismo con boas marcas e ambiente.

 

OFERTA AUTOESCUELA ALI

     Temos a ben informarvos que existe un convenio de colaboración coa Autoescola Ali de Cangas polo cal fan un desconto do 25% na tárifa da teórica dos permisos de coche, moto ou  ciclomotor. Esta oferta é para os socios e atletas do Club Vila de Cangas. Para calquera duda podedes poñervos en contacto cos teléfonos 986161565 ou 603427160.



 

XORNADA PISTA AIRE LIBRE ESCOLAR-INFANTIL

Pontevedra 29 de marzo de 2014

 

Vai avanzando o programa Xogade de Atletismo en Pista ao Aire Libre. Pese a ser Vigo a nosa sede no zonal de Pista tamen Pontevedra nos ofrece proximidade e Xornadas clasificatorias. Ali nos plantamos o sábado pola mañan, no que comenzou sendo una xornada primaveral tornouse co tempo en ceo nubrado e aire frio, bo día para coller un resfriado, dou fe. Como a xornada anterior cada atleta tiña ocasión de probar en tres modalidades, as máis cuantiosas foron a velocidade e o concurso de salto de lonxitude.  De xustiza é de engadir  que de non ser polos clubes do sur da provincia esta xornada estaría algo orfa de participación.  Gran volumen de participación no equipo femenino infantil, iso non é un equipo, é un equipón, un total de 16 mulleres por 6 homes.  O día seguinte aínda houbo algunha que foi a correr o trofeo da Reconquista en Vigo. Xa o dí o refrán «O palleiro non se fai sen palla». Deica a próxima.

 

 

 

 

 

 

RESULTADOS:

HOMES:

Jesús Guimerans           3º marcha-3º triplo-7º altura

Antón Iglesias                1º triplo-3º 220 m.v.-1º 1000 m.v.

Mauro Maquieira          3º disco-2º peso-3º xavalina

Carlos Pérez                   4º disco-11º altura-1º xavalina

Raul Barreiro                 1º martelo-9º 150 m.l.-1º peso Seguir leyendo

ZONAL XOGADE BENXAMIN-ALEVIN EN PISTA.

Vigo a 22 de marzo de 2014

As categorías menores comezan coa actividade na pista ao aire libre.  A seman pasada foron os infantís e agora tocaballe os benxamíns e alevíns. Preto de cuarenta atletas participaban polo Vila de Cangas,  para completar un máximo de dúas probas o longo da xornada. A máxima da xornada era acadar marcas e aclimatarse a competición.  Engadir que a primaveira nos acolleu cun día frio que fixo que non solo os atletas se moveran nas pistas de Balaidos. Xa pensando na vindeira xornada para estas categorias, en Pontevedra ó día 5 de abril, Vemonos alí.

 

 

 

RESULTADOS:

Benxamín:

Carlos López           5º 1000 m.l. e 13º lonx.

Yago Juncal            4º 1000 m.l. e 11º pelota

Denis Fernández    1º marcha    e 2º altura

Anton Núñez          15º 50 m.l.  e  6º lonx.

Carlos Corredoira 23º 50 m.l. e 13º 500 m.l.

Guillermo Alonso 11º  50 m.l. e 6º peso

Yoel Curro               12º 50 m.l. e 5º lonx.

Marco Tenorio       22º 50 m.l. e 24º lonx. Seguir leyendo

Xornada Zonal Pista Aire Libre Escolar-Categoria Infantil.

Vigo, 15 de marzo de 2014

 

Primeira xornada do programa Xogade de Pista en xornada de maña nas instalación de Balaidos.  Toma de contacto coa competición en pista e boa oportunidade para evaluar as marcas. A categoría infantil tivo a oportunidade de competir nun máximo de tres probas por atleta. Os clubes e colexios da zona sur da provincia estaban invitados para a presente xornada, na que non había podios nin trofeos, simplemente a posibilidade de obter marcas nas diferentes modalidades para optar o pase o Campionato Provincial. O vindeiro sábado 22 de marzo tocalle as categorías benxamín e alevín.

 

CLASIFICACION:

MULLERES:

Isaura Framil             2ª 3000 m.l.- 8ª 150 m.l.  e 3ª xavalina

Valeria Fernández   2ª marcha e 19ª 150 m.l.

Ariadna Gil               2ª Triplo-  2ª 500m.l. e 1ª lonxitude.

María Rodríguez     3ª Triplo- 7ª 80 m.l.  e 4ª 80 m.v.

Sandra Souto          8ª triplo- 11ª 150 m.l. e 11ª xavalina

Lara Fernández      2ª pértiga-7ª 80 m.v. e 7ª altura

Valeria Rodríguez  1ª martelo- 1ª peso e 5ª xavalina Seguir leyendo

Campionato de España Xuvenil en Pista Cuberta.

Valencia 8-9 de marzo de 2014

A segunda fin de seman de marzo estaba marcada na axenda para a disputa no Palau Velodrom Luis Puig do Campionato de España Xuvenil en Pista Cuberta. As 18:20 horas estaba prevista a semifinal de 400 m.l. para mulleres, ali estaba Noa Rouco, quen correu na segunda quenda e acadou o terceiro posto cun tempo de 1:00:74.  Non foi suficiente para pasar a final. Parabens para Noa porque xa foi un grande logro chegar ahí.

Homenaxe as mulleres no deporte.

Cangas a 8 de marzo de 2014

 

Dentro dos actos do día da muller, por parte da corporación municipal,  recibiron unha homenaxe no Auditorio de Cangas as mulleres no deporte. A nosa Presidenta Mª Carmen Parada foi unha das elexidas para tal evento. Parabens para ela e agradecer as Entidades que promoveron a homenaxe polo seu apoio a muller e o deporte.