Campionato Galego Campo a Traves Escolar 2014.

A Pobra do Caramiñal 08 de marzo de 2014

 

A praia de Cabio era o escenario elexido para a fase final do Xogade de Campo a Través. Para alí partiu de Cangas un autobus con tres equipos que lograron a clasificación para o Galego, alevin homes e infantil homes e mulleres. De maneira individual en cadetes mulleres tamen participaba Alba Vidal. Nos atopamos no bus coa primeira sorpresa, unha reporteira do Canal Via nos estaría a grabar durante a nosa xornada no Campionato.  Pois parece que a presión mediatica mermou os recursos dos nosos atletas, porque foi unha xornada pobre, en canto a resultados. O primeiro equipo en participar, os alevins masculinos, obtiveron o octavo posto con 147 puntos. As infantís mulleres quedaron quintas con 108 puntos e os homes septimos con 150 puntos. Na proba de cadetes foi de maneira individual Alba Vidal e acadou o 13º posto.  A partir de agora nos espera a pista ao aire libre e un pouco de bo tempo que xa tocaba.

RESULTADOS:

ALEVIN HOMES:

Lope Quinteiro   28º

Gabriel Dacosta  34º

Teo Iglesias          38º

Adrián Pastoriza 47º

Martiño Núñez     50º Seguir leyendo

CAMPEONATO GALEGO ABSOLUTO DE COMBINADAS

Lugo 25-26 de xaneiro de 2014.

Disputouse no Módulo cuberto de Lugo, o Campeonato Galego de Combinadas para as categorías de cadete a senior, e na cal tomaron parte os mellores especialistas Galegos desta atractiva disciplina atlética. Na categoría cadete o gañador foi Dani Calvar cunha marca de 2.255 puntos. Na categoría absoluta Angel Menduiña foi cuarto con 4.102 puntos, sendo subcampeón Galego na súa categoría Promesa.

Campionato Galego Xúnior/Xuvenil en Pista Cuberta

A Coruña 08-02-2014

 

O día anterior os cadetes disputabase O Campionato Galego de Pista Cuberta para as categorías Xúnior e Xuvenil.  Para estreala xornada a xuvenil Noelia Graña clasificouse nos 50 m.l. como primeria da sua serie cun tempo de 7:05. Alvaro Lorenzo acadou un cuarto posto na pértega Junior. Na semifinal de 400 m.l. Noa Rouco pasou a final con 1:04 e Ainoa Fernández non logrou o pase con 1.13.  Na final conxunta xuvenil-junior dos 3000 ml. Lucia Piedras, Iria Piedras e Noemi Crespo acadaron o 7º,8º e 9º posto da clasificación.  Na final dos 50 m.l. chegou a medalla de prata de Noelia Graña cun magnifico tempo de 6.98. Suerte dispar na semifinal de 200 m.l. donde Estela Crespo pasou con 27.83 e Ana Antepazo quedou fora da final con 29.90. Oscar Broullon obtivo outra medalla de prata en Peso, na final tamen acadou o cuarto posto Anxo Rodas.

Pablo Castro quedou Campión Galego de peso na categoría Xunior. Na pértiga xuvenil Noelia Cousiño foi 6ª.  Paula Martínez superou a semifinal de 50 m.v. cun tempo de 8.27. Estela Crespo acadou a medalla de prata na final dos 200 m.l.  Nos 400 m.l. foi Noa Rouco a encargada de obter o subcampionato galego na final xuvenil. Patricia Torres proclamouse subcampiona en peso xuvenil acompañada de Carla Bernárdez que foi cuarta. Na final Junior de peso tamen tivemos duas representantes Raquel Villa que foi Campiona Galega e Talia Garcia que rematou cuarta.

A final de 50 metros valados daba por rematado  o Campionato con medalla de bronce para Sara Villar e cuarto posto para Paula Martínez, ambas con 8.42.

 

CAMPIONATO GALEGO CADETE PISTA CUBERTA

A Coruña 09-02-2014

 

Disputouse no Pazo dos deportes de Riazor o Campionato Galego Cadete de Pista Cuberta.  Acadaronse duas medallas no mesmo, una medalla de prata en Triplo para Saray Amoedo e outras duas de bronce para David Lorenzo en salto de altura e pertega. A xornada comenzaba coas series de 50 m.l. donde Saray Amoedo pasaba de rolda cunha marca de 7.70. No Salto de lonxitude Adrián Outeiral quedaba en decimo lugar saltando 4.41, marca que non lle deu o pase a mellora. Na  primeira rolda mascúlina dos 50 m.l. Dani Calvar obtivo o pase con 7.11 e Adrian Outeiral quedou as portas con 7.49.

Nos 600 m.l. Maria J. Corredoira reamtou a carreira na posición 11.  Proseguía a competición coa semifinal de 50 m.l., na cal Saray Amoedo non acadou o pase a final cun tempo de 7.72. Dani Calvar na semifinal de homes fixo 7.21 e tampouco obtivo praza.

No lanzamento de peso Dani Calvar foi 6º e Juan Gregorio 8º. No concurso de lonxitude Saray Amoedo e Paula Santos fixeron 7ª e 9ª respectivamente. Martina Paramos quedou preto da medalla o empatar coa terceira en pértiga o final os nulos a relegaron a cuarta posición. David Lorenzo pasou a final dos 50 metros valados e obtivo o 5º lugar. Dani Calvar obtivo o 6º lugar no triplo salto. Alba Soliño rematou a participación das mulleres cun 5º lugar nos 3000 m.l. Tamén foi esta a derradeira proba para os homes cun 7º  lugar para Manel Iglesias.

Campionato Galego de Pista Cuberta para Veteranos.

A Coruña a 2 de marzo de 2014.

 

Tras a xornada das categorías menores o domingo foi o día dos veteranos na Pista Cuberta. O Vila contou coa representación de Belen Lemat, que o sábado andaba por ali cerca, en Guitiriz facendo un duatlón. Pois iso o domingo completou a fin de seman no Campionato de Veteranos de Pista Cuberta,  e parece que non acusou o cansancio. Conseguiu dous Subcampionatos Galegos en 400 ml. e 1500 m.l. e un terceiro posto en 50 m.l. Parabens para esta incombustible atleta.

Campionato Galego Pista Cuberta 2014 para Benxamin- Alevín e Infantil.

A Coruña 01 de marzo de 2014

 

O primeiro sábado do recen estreado mes de marzo,  coincidindo co entroido e as vacacións escolares parecía un bo dia para disputar na cidade herculina o Campionato de Pista Cuberta.  Ollando a chuvia que nos viña enriba non se pudo escoller mellor día. Non parou de chover en toda a xornada, e foi longa,  de maña e tarde con parada para xantar e volta a pista de Riazor. Este ano houbo unha participación moi importante por parte dos clubes de toda Galicia. O Vila presentouse con 40 nenos/as que lograron acreditar marca para participar nun máximo de dúas probas por atleta. Tendo en conta o nivel de participación o resultado global do Campionato podese considerar de moi positivo, acadaronse 11 medallas. Destas foron 5 ouros, 2 pratas e 4 bronces. Salientar que Denis Fernández logrou batir o record galego de 1000 m.l. da categoría benxamín.  Unha longa xornada moi ben aproveitada para congratularse coa pista cuberta, esta ben iso de non mollarse de vez en cando.

 

 

 

 

RESULTADOS:

Benxamíns:

Guillermo Alonso     5º semif.  50m.l.

Joel Curro                  4º lonxi.

Denis Fernández       1º 1000 m.l. e 1º altura

Yago Juncal                15º  1000 m.l.

Eloy Domínguez        8º altura e 9º peso

Carlos Menduiña       6º peso

Agata Rodríguez        14º 500 m.l. Seguir leyendo

Campionato Provincial Cross Xogade 2014

A Guarda 22 de febreiro de 2014

 

Para disputar o Campionato Provincial de Cross Escolar desprazamonos ata o Camping de Santa Tecla en Salcidos-A Guarda. Ollando as fotos do circuito, cheo de auga , de fai duas semanas e a suspensión do pasado sabado 15 de febreiro, sorprende a capacidade de drenaxe do terreo nesta marxe do rio Miño. Ali nos atopamos cun percorrido en moi boas condicións, calquera diria que por alí pasou o longo e chuvioso inverno. Pois iso, bo terreno e bo día tamen nunha contorna espectacular, a desembocadura do Miño. Xa no plano deportivo o Vila presentouse no Provincial con sete equipos clasificados, o rematar a mañan os sete obtiveron podio. De maneira individual  Denis Fernández  foi Campión Provincial na Categoria Benxamín. De feito o Equipo Benxamín de Homes acadou o Campionato Provincial. Na categoria alevín os homes foron subcampions e as mulleres terceiras. Os infantís obtiveron o Subcampionato en ambalas categorias, asi coma os cadetes que repetiron a terceira praza en homes e mulleres. No tocante o próximo Campionato Galego de Cross Xogade engadir que esta previsto se dispute na localidade de A Pobra do Caramiñal o vindeiro 08 de marzo, ali estarán os oito primeiros da clasificación individual e os dous primeiros equipos.

Clasificacións:

BENXAMINS:

Denis Fernández      1º                    Agata Rodríguez         11ª

Yoel Curro                 5º

Abraham Sotelo     11º

Anton Nuñez           19º

Carlos Menduiña  20º

Brais Cortegoso     23º

Yago Juncal            24º

Eloy Dominguez    36º

Carlos Corredoira 49º Seguir leyendo

Horario e Planos do Campionato Provincial Escolar.

Boas Tardes,  achegamos  información sobre o horario, planos do circuito e localización do Campionato Provincial de Campo a Través Xogade que se disputará este Sábado 22 de febreiro na localidade de A Guarda. O autobús partirá da estación de Cangas as 08:30 horas da mañan.  Moita sorte e non olvidar levar unha muda.    Horario DEFINITIVO        COMO CHEGAR

 

Memorial Alejandro Lorenzo-C. Galego Xuvenil-Cadete e C. Galego Cross Corto 2014.

Friol-Lugo a 26 de xaneiro de 2014

Madrugón a golpe de Domingo, as sete da mañá todos preparados para encamiñarnos cara a Friol, un pequeno pobo non moi lonxe de Lugo, imos camiño do campionato Alejandro Lorenzo, así como o campionato galego de cros corto por clubes.

O frío prima no lugar do percorrido, a choiva non tarda en facer acto de presenza, ainda que de forma suave e sin incordiar demasiado. Dentro do horario previsto comezan as probas, que van transcurrindo a unha velocidade bastante rápida, considerando o mal estado do terreo. Os nosos pequenos teñen que loitar con todas as súas forzas, pois o nivel dende as categorías menores é moi forte e se implantan uns ritmos considerables.
Rematado o Alejandro Lorenzo, donde conseguimos os podios nas categorías benxamín masculino primeiros, infantil feminino segundas, infantil masculinos terceiros, e o resto da clasificación quedou do seguinte xeito: alevíns homes cuartos, alevíns mulleres quintas, non tendo representación feminina na categoría de benxamín feminino.
As cadetes femininas estreáronse no campionato de cros corto quedando na sexta posición. As nosas xuveniles puntuaron para un séptimo posto.
Tamén contamos con representación no equipo de homes absoluto que obtiveron un meritorio 17º posto no Campionato Galego de Cros Corto.
Ao remate de toda unha mañá axetreada o regreso foi cando menos merecido cun sorriso por todos, a festa continuou no autobús. Estes rapaces non se cansan nunca.
                                                                                                                                                                                                                                                                                                             (Carmen Soliño)
Asi remataron por categorías:
BENXAMIN:
Denis Blanco   2º
Joel Curro      13º
Carlos Menduiña  29º
Carlos López       32º
Eloy Domínguez 35º
Yago Juncal     39º
Carlos Corredoira 41º Seguir leyendo

CROSS ZONAL XOGADE

Moaña a 19 de xaneiro de 2014

 

Para dar comenzo o programa Xogade de Campo a Traves nos desprazamos a localidade de Moaña para competir no Campionato Zonal.  Esta proba supon a clasificación para o Campionato  Provincial, tanto de maneira individual coma por equipo. Sobre as 10:30 horas estaba previsto o inicio, no parque da Ribeira-Meira, das probas que compoñian a Competición. O circuito era totalmente chairo pero bastante pesado pola acción da chuvia. As primeiras en estrealo foron as alevins mulleres, categoria na cal o Vila de Cangas presentaba dous equipos A e B, resultando finalmente o A vencedor con 19 puntos e o B segundo con 26 puntos. Estas posicións danlle a clasificación para o Provincial os dous equipos. Chegaba a quenda dos alevins homes que acadaron o primeiro posto no equipo A e un terceiro co B, neste caso será o primeiro o que nos represente no Campionato Provincial. As benxamíns mulleres non puideron obter o pase o Provincial, quedando en terceiro lugar. Nesta mesma categoria pero en homes o dominio foi total obtendo o Vila A 18 puntos e Vila B 33 puntos.

Para as mulleres infantís o resultado final foi Vila A 11 puntos, primeiras clasificadas, e Vila B 41 puntos, terceiras. Na sección masculino presentouse un solo equipo que acadou o primeiro posto con 14 puntos. Os encargados de pechar a xornada foron os cadetes que obtiveron o primeiro posto en ambalas categorias.

 

 

Os resultados dos nosos atletas foron:

BENXAMIN MULLERES———-HOMES:

 

Agata Rodríguez   1ª              Denis Fernández       1º

Katia González    11ª               Carlos Menduiña       3º

Irene Del Rio       13ª               Yoel Curro                5º

Saleta Fernández 16ª             Carlos López             6º Seguir leyendo