II Xornada Fase Zonal Escolar Benxamín – Alevín de Atletismo en Pista

Pontevedra a 16 de marzo de 2013

Segunda xornada do programa Xogade de Atletismo en Pista, nesta ocasión a ubicación elegida era Pontevedra dando remate as xornadas previstas para o presente mes. As categorías convocadas foron Benxamín e Alevín en xornada de mañá. Lembrar que o vindeiro mes de abril se desputaran para estas mesmas categorías outras dúas xornadas os días 13 e 20. As clasificacións foron as seguintes:

 

BENXAMIN MULLERES:

 

Katia González 7ª Peso e 15ª 500 m.l.

Sara Mallo 1ª 50 m.l. e 1ª Lonxitude

 

BENXAMIN HOMES:

 

Denis Fernández 1º Marcha  e 3º Altura

Carlos Menduiña 2º Peso e 5º Pelota

Eduardo Parcero 3º Pelota e 1º 1000 m.l.

Antón Núñez 13º Pelota e 7º Lonxitude Seguir leyendo

Fase Zonal Escolar Benxamín – Alevín de Atletismo en Pista

Vigo a 9 de marzo de 2013

 

 

Cita en Balaidos  coa Fase escolar de atletismo en pista o aire libre. Do tempo mellor non falar, mellor falamos dos tempos. Esta maña de sábado competían as categorías benxamín e alevin, como ben sendo costume na Fase Xogade de atletismo en pista cada neno pode desputar duas probas, sempre que non coincidan duas carreiras de fondo. Están previstas varias fases previas antes da desputa da final provincial do Campionato, polo cal os atletas teñen oportunidade de probar as disciplinas da pista. Este mes de marzo para as categorías benxamín e alevín teñen, ademaís de esta, unha posterior en Pontevedra o vindeiro 16 de marzo. Estes foron os resultados acadados  polos atletas:

BENXAMINS MULLERES:

 

Katia González 2ª Marcha e 5ª Peso

Mar Guimerans 4ª Marcha e 7ª Peso

Sara Mallo 3ª 1000 m.l. e 1ª Lonxitude

 

 

BENXAMINS HOMES:

 

Teo Iglesias 1º Marcha e 3º Altura

Aarón Otero 1º Peso e 8º Pelota

Carlos Menduiña 2º Peso e 1º Pelota

Antón Nuñez 11º Pelota e  14º Lonxitude Seguir leyendo

Campionato Galego Cross Escolar Xogade

Guitiriz a 23 de febreiro de 2013

 

Este pasado sábado viaxamos ata Guitiriz-Lugo na contorna do Balneario para desputar a fase final do campo a través escolar do programa Xogade. Alí levabamos catro equipos que cubrían todalas categorías exceptuando os cadetes. Eloy Guimerans competiu de manera individual na primeira carreira da maña, cadete másculino.  Foron os primeiros en pisar a coidada herba do campo de golf do balneario de Guitiriz,  seguindo unha orde hacia as categorias menores, que se atoparon con un terreo máis duro segun se ian desenrolando as probas. En cadete femenino, Noa Rouco, non disputou a súa proba. Obtivo a mínima para o Campionato de España de Pista Cuberta na proba de 300 m.l. e  gañou un merecido descanso para esta carreira. A categoría cadete era a única na que acudiamos sen representación de equipo, nas demaís conseguimos tres podios e un cuarto lugar, empatados cos terceiros. As infantís mulleres proclamaronse Campionas Galegas, as alevíns mulleres foron subcampionas e os infantis homes obtiveron un terceiro posto. Magoa dos alevíns homes que pese a quedar empatados cos terceiros,  foron finalmente cuartos por tan solo un posto na clasificación. Noraboa a todos eles por esta formidable labor de equipo.

ALEVIN MULLERES:

 

Ariadna Gil 6ª

Alba Campos 11ª

Ines Villamor  19ª

Sandra Souto 26ª

Naiara Curras 29ª

Valeria Fernández 42ª

 

ALEVIN HOMES:

 

Antón Iglesias  8º

Aarón Domínguez 14º

Lope Quinteiro 30º

Lois Rodas 36º

Adrián Pastoriza 39º Seguir leyendo

CAMPIONATO PROVINCIAL CROSS ESCOLAR XOGADE

Chenlo-Porriño 17-02-2013

 

Mañan de domingo de mes de febreiro, chuviosa e cita para o Campeonato Provincial de Cross do Xogade 2013. De Cangas partiu un Bus cargado de nenos/as de categorías benjamín ata cadete, detrás do autobús unha ringleira de coches cuantiosa, pais, nais e familia que non querían perderse o evento, nin perderse no camiño. Chegamos con tempo, en Chenlo tamén chovia e non parou en toda a mañan. O circuito, despois do inverno que levamos, estaba duro e pesado e según avanzaban as probas máis lama e máis chuvia. A saida e a meta era o campo de futbol de Chenlo, comenzando o Campionato por Benxamins mulleres, donde o equipo obtivo un 5º posto. En Benxamíns Homes proclamaronse Campions Provinciais por equipos. En alevíns mulleres obtiveron o pase o Campionato Galego o quedar subcampionas por equipos, se os xuices estuveran máis atentos sería máis xusto o primeiro posto, pero unha vez ocurrido o detalle é dificil que a reclamación sexa admitida. Chegados a este punto explicar que o Vila de Cangas clasificou en Alevins e Infantís dous equipos A e B, como tales se presentaron en Chenlo, por parte do Coordinador do Deporte Escolar se estableceu que os catro mellores atletas serían os que puntuaban, indistintamente foran do A ou B. Pois cando se imprimiron as follas dos resultados o Vila de Cangas resultou agraviado porque non seguiron ese criterio. A día de hoxe, tras a pertinente reclamación, os resultados foron definitivos segundo o criterio que en principio nos propuxeron. Asi decir que os Alevín homes se clasificaron como Campions Provinciais. As principias perxudicadas eran as infantis mulleres que agora son Campeonas Provincias, e como tal competiran no Galego de Guitiriz, pero o domingo as 14 horas eran terceiras e non participaban no Galego. Os infantis homes acadaron o primeiro posto como equipo e asistirán a Guitiriz como Campións Provinciais. En Cadetes as mulleres obtiveron o terceiro posto, pasando de maneira individual Noa Rouco. En cadetes homes non participou equipo pero si obtivo plaza individual para o Galego Eloy Guimerans. Noraboa a todos os que alí participaron, vemonos en Guitiriz.

 

 

 

Clasificacións:

 

BENXAMIN MULLERES

Sara Mallo 3ª

Katia González 38ª

Paula Escribano 42ª

Mar Guierans 50ª

 

BENXAMINS HOMES

 

Eduardo Parcero 4º

Teo Iglesias 9º

Pedro Verdeal 15º Seguir leyendo

Campionato Zonal Campo a Través-Xogade 2013

Cangas a 3 de febreiro de 2013

 

 

Segundo ano no que a cita co zonal de cross escolar ten lugar no circuito da Varalonga. As condicions do trazado eran duras de feito foi modificado algun tramo debido a cantidade de auga acumulada. A mañan foi abrindo o sol a medida que se ian desputando as carreiras e polo mediodía habia unha temperatura agradable coincidindo coa entrega dos trofeos. Por equipos na categoría benjamín obtiveron un primeiro posto en homes e un segundo en mulleres,  clasificándose sendos equipos para o vindeiro Campeonato Provincial. Na categoría alevín de homes pasarón os dous equipos, B en primeira posición e A en segunda. En mulleres foron polo seguinte orden A, B e C, obtendo plaza para o Provincial os dous primeiros. Na categoría infantil os dous equipos participantes en mulleres obtiveron o pase, sendo o A primeiro e o B segundo. En homes tamen pasaron os dous equipos presentados en orden inverso primeiro o B e segundo o A. Para rematar a xornada as cadetes femeninas foron primeiras por equipos e os dous cadetes másculinos non chegaron para formar equipo.

En canto as clasificacións  individuais, foron estas:

 

Benxamin Mulleres:

Sara Mallo 1ª

Katia González 6ª

Mar Guimerans 9ª

Enma Fernández 11ª

 

Benjamín Homes.

Eduardo Parcero 1º

Teo Iglesias 2º

Denis Fernández 3º

Pedro Verdeal 5º

Carlos Menduiña 7º Seguir leyendo

Memorial Alejandro Lorenzo / Campionato Galego Cross Xuvenil-Cadete

Santiago a 20 de Xaneiro de 2013

 

Este ano o Memorial Alejandro Lorenzo para as categorías Benjamín, Alevín e Infantil disputabase no Monte do Gozo. Os cadetes xa disputaban o Campionato Galego de Cross. O circuito discurria por unha das ladeiras do monte, estaba moi pesado debido a cantidade de auga caida estes días e foi convertíndose o longo da mañan nunca autentica lameira. O inicio das probas foi polos máis pequenos, sobre as dez da mañan disputouse a carreira de Benxamíns mulleres a única categoría donde o Club non pudo presentar equipo. Explicar que as clasificacións eran individuais e por equipos puntuando os catro mellores atletas do mesmo. Unha vez aclarado isto salientar que na carreira de Benxamins homes os catro primeiros clasificados pertencian o Vila de Cangas facendo o mínimo de puntos para conseguir a victoria. A cousa prometía pero o posterior foi máis do mesmo,  conseguindose os primeiros postos por equipos en todalas categorías presentadas no Memorial, Benjamín homes, Alevín mulleres e homes e Infantil mulleres e Homes. No tocante as cadetes mulleres lograron un meritorio noveno posto por equipos no posterior Campeonato Galego de Cross.   Parabens para todos eles que de forma individual contribuiron o éxito do equipo. Os atletas clasificaronse da seguinte forma:

Benxamín mulleres:

 

Sara Mallo 2ª

Katia González 19ª

 

Benxamín homes:

 

Eduardo Parcero 1º

Denis Fernández 2º

Teo iglesias 3º

Pedro Verdeal 4º Seguir leyendo

Campionato Galego Pista Cuberta Benxamín-Alevín e Infantil

A Coruña a 13-01-2013

Unha semana despois do remate das festas do Nadal e tendo moi preto os propósitos do ano novo parece que toca voltar a rutina. Este ano o Campionato Galego para as categorías menores en pista cuberta adiantouse, e alí nos presentamos en Riazor co noso autobús cargado de amarel@s. Se o proposito dos entrenadores para este ano era conseguir podios, parece que se cumpliu de sobra. A pobre VICA creo que saiu mareada de tanto subir e baixar do podio.  En total foron 28 podios  conseguidos nas tres categorias,  nove para benxamíns, nove para alevíns e os infantís leváronse dez podios. A competición daba opción aos atletas a disputar dúas probas,  sempre que non coincidisen as dúas como carreiras de fondo. Significar que dous atletas do Vila fixeron dobre no primeiro posto Eduardo Parcero (500 m.l. e 50 m.l benxamín)  e Ariadna Gil en (500m.l. e Salto de Lonxitude alevín) . Aínda que non foi en primeira posición tamén fixeron podio nas dúas probas  Teo Iglesias  (2º altura e 3º 1000 m.l. benxamín) Pedro Verdeal  (2º 500 m.l. e 1º longuitud benxamín); Antón Iglesias (2º 50 m.l.y 3º 500 ml. alevín ); SandraSouto (3º 50 m.l. e 2º longuitud alevín); Adrián Outeiral (2ºlonguitud e 2º 500 m.l. infantil infantil) David Lorenzo (1º pertiga e 2º altura infantil)  Os outros atletas con podio foron Denis Fernández 1º 1000 m.l. benxamín, Carlos menduiña 3º peso benxamín, Sara Mallo 3ª Lonxitude Benxamín, Aaron Domínguez 3º 1000 m.l. alevín, Lope Quinteiro 1º peso alevín , Nuria Villa 1ª peso alevín, Valería Rodríguez 2ª peso alevín, Daniel Calvar 2º triple salto infantil, Alejandro Mariño 1º triple salto infantil, Raul Barreiro 2º peso infantil, Mauro Maquieira 3º peso infantil,  Alba Vidal 1ª 2000 m.l. infantil e Saray Amoedo 1ª triple salto infantil. En total as medallas 12 de ouro, 10 de prata e 6 e bronce. Casi temos que contratar outro bus para volver, parabens para todos eles.

O resto dos resultados foron:

Benxamíns:

Carlos Menduiña 8º 500 m.l.

Sara Mallo 7ª 1000 m.l.

Alevíns: Seguir leyendo

51º Gran Premio Pedestre do Nadal Carreira do Pavo 2012

Vigo a 23 de decembro de 2012.

A carreira do pavo en Vigo deu o pistoletazo de saída ás festas do Nadal, este ano foi colocada no calendario » in extremis», pero por outro lado a cidade olívica recibiunos cun espléndido día e unhas temperaturas moi agradables no recén estreado inverno. A asistencia de categorías menores este ano viuse algo resentida, cousa que tamén é de agradecer debido ao non moi grato costume que ten a organización de realizar carreiras mixtas nas citadas categorías. O horario de probas foise cumprindo segundo o previsto a partir das 10:30 horas da mañá con carreiras de Benxamíns,Alevins , Infantís e Cadetes. A partir de Xuvenís mesturáronse coas demais categorías realizando as voltas grandes do circuíto. De seguido o detalle da clasificación dos nosos atletas. Felices Festas a tod@s e a agardar o próximo ano que veña moi cargado de competicións.

 

 

BENXAMINS:

 

Sara Mallo 2º

Katia Gonzalez 18º

Eduardo Parcero 3º

Denis Fernández 7º

 

ALEVINS:

 

Ariadna Gil 4º

Sandra Souto 9º

Valeria Fernández 12º

Ana Piñeiro 15º Seguir leyendo

II FASE DA I LIGA FEDERADA ESCOLAR.

Vigo, 1 decembro de 2012

Comezamos o mes de decembro coa segunda Fase da Primeira Liga Federada Escolar a celebrar en Vigo en Xornada de mañá e coa participación das categorías benxamín, alevín e infantil. Aclarar que esta liga se concibiu para o seu desenvolvemento en pista cuverta, pero a carencia ou déficit destas instalacións en Galicia fixo que se reconvertese a pista ao aire libre. A ubicación en Vigo da segunda e última xornada restou participación dos clubs do norte de Galicia que si acudiron á anterior celebrada na cidade herculina. Nós si acudimos ás dúas Xornadas e polo tanto optamos á clasificación final por equipos. As probas disputadas o sábado eran pértega, triplo salto e 60 metros valados para infantís, 50 metros lisos para benxamíns e 60 metros lisos para alevíns. Comúns para as tres categorías foron salto de lonxitude e peso. O desenvolvemento das probas foi cumprindo o horario previsto ata que chegou a hora de sumar os resultados e definir a posición dos equipos. Sorpresa que os alevíns masculinos ocuparon o segundo lugar, máis aínda cando os resultados reflicten cero puntos en salto de lonxitude, proba na cal os dous primeiros clasificados Aaron e Adrián pertencen ao Vila. Engadir que a data de hoxe foron reclamados este e outros resultados que nos prexudicaron e para nada foron fieis ao acontecido. Tendo en conta que algúns dos nosos atletas participaron fóra de concurso os que si puntuaron para o equipo o fixeron así.

 

BENXAMÍNS:
Eduardo Parcero 1º 50 m.l.
Pedro Verdeal 3º 50 m.l. e 1º lonxitude
Borja López 10º lonxitude e 7º 50 m.l.
Seguir leyendo