PLAN DE VIAXE A OURENSE

     Este vindeiro sábado 4 de febrero vai ter lugar na Pista Cuberta de Expourense o CAMPIONATO GALEGO SUB 10-12 e SUB 14 baixo teito. Temos previsto viaxar para a xornada de maña, que engloba aos SUB 10 e SUB 12, nun autobús que sairá da estación de Cangas as 08:00 horas con volta ao remate. Para a xornada de tarde a categoría SUB 14 faran a viaxe en coches particulares, avisando si carecen de transporte. A xornada rematará de maña sobre as 14:00 horas polo que se precisará levar algo de comer, tamén se recorda levar DOCUMENTACION ( DNI ou FICHA FEDERATIVA). Si alguen quere a ficha en formato dixital que a solicite polos grupos de whatsapp. Achegamos a continuación HORARIO provisional e @s atletas que participarán na competición. No autobús poderan viaxar os acompañantes d@s atletas, no hai que reservar, estimase que hai sitios para tod@s. 



SUB 10

  • HUGO LORENZO, 500 m.l.
  • ALEX CARBALLO, 50 m.l. e 500 m.l.
  • LUCA CAO, peso
  • EMMA SALGADO, lonxitude
  • SOFIA CORRALES, 1000 m.l.
  • LUCIA CANCELAS, 50 m.l. e 500 m.l.
  • DANIELA NOGUEIRA, peso
  • MAR FAZANES, peso

SUB 12

  • ANGEL REFOJOS, 60 m.l. e 1000 m.l.
  • BRAIS GARCIA, 1000 m.l.
  • DANIEL CORDEIRO, 500 m.l. e lonxitude
  • SAMUEL CORRALES, altura e lonxitude
  • ALEJANDRO FERNANDEZ, peso
  • CARLA SALGADO, 60 m.l.
  • NORA PARCERO, 1000 m.l. 
  • EMMA COLLAZO, 500 m.l. e lonxitude
  • LENA CURRAS, 1000 m.l. e lonxitude
  • ALBA ALVAREZ, 1000 m.l.
  • SABELA MIRANDA, peso 


SUB 14

  • SAUL SANTOS, 500 m.l.
  • MARCOS RIAL, 1000 m.l. 
  • MIGUEL FERNANDEZ, 2000 m.l. e lonxitude
  • GABRIEL FAZANES, 500 m.l.
  • AMARO BASTON, peso
  • ANTIA SOTO, 60 m.l. e triple salto


 

MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO

Ribadavia, 28 de xaneiro de 2023

     O complexo deportivo de A Veronza foi un digno anfitrión para o MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO, onde as categorías menores competían de forma indiviual e por equipos no Campionato Galego de Cross. Era de supoñer que o frio estaría presente, pero foi de agradecer un percorrido rápido e sen lama, no que @s amarel@s «templaron» os nervios propios da competición.  Moi boa actuación con catro podios individuais e tres por equipos, podese dicir que quitaron o frio de maneira efectiva.



     A categoria máis nova das mulleres acadou a medalla de BRONCE coa inestimable aportación das cinco atletas que foron lideradas por Lucia Cancelas que acadou o SUBCAMPIONATO GALEGO.

SUB 10 MULLERES  (BRONCE 101 puntos)

  • LUCIA CANCELAS, 2ª
  • SOFIA CORRALES, 22ª 
  • EMMA SALGADO, 25ª
  • MAR FAZANES, 52ª
  • CLAUDIA ROMERO, 57ª


     Os benxamins voaron pola beira do rio Avia, destacando Alex Carballo coa medalla de BRONCE, ainda que entraron todos nun puño na meta. Foi unha lástima non poder puntuar coma equipo, pero outra vez será.

SUB 10 HOMES

  • ALEX CARBALLO, 3º
  • ADRIAN CALVAR, 5º
  • HUGO LORENZO, 11º


    A categoria máis numerosa foi participe da carreira máis numerosa, e non faltou calidade. Subiron duas amarelas ao podio Lena Curras como CAMPIOA GALEGA i Emma Collazo como BRONCE. Detrás delas un gran traballo do equipo que acadaron o SUBCAMPIONATO GALEGO.

SUB 12 MULLERES (SUBCAMPIOAS 82 puntos)

  • LENA CURRAS, 1ª
  • EMMA COLLAZO, 3ª
  • NORA PARCERO,40ª
  • ALBA ALVAREZ, 38ª
  • CARLA SALGADO, 57ª
  • NOA PEDRIDO,63ª
  • VERA BOUBETA, 71ª
  • VIOLETA BASCONCELLO, 75ª
  • IRIA FERNANDEZ, 87ª
  • ELODIE GRAÑA, 108ª
  • ISIS MARTINEZ, 119ª
  • VALERIA SUEIRO, 134ª


 Os alevins masculinos sumaron 65 puntos e subiron ao caixón de SUBCAMPIONS GALEGOS.

SUB 12 HOMES (SUBCAMPIONS 65 puntos)

  • ANGEL REFOJOS, 5º
  • DANIEL CORDEIRO, 10º
  • SAMUEL CORRALES, 23º
  • BRAIS GARCIA, 27º
  • ANXO CURRAS, 66º
  • ERIC SANTOS, 89º
  • ALEJANDRO FERNANDEZ, 90º

 As compoñentes femininas da categoría Infantil mantiveron o tipo nunha proba de moito nivel.

SUB 14 MULLERES (19ª 397 puntos)

  • ANTIA SOTO, 58ª
  • NAHIA PINTOS, 67ª
  • NOA LORENZO, 115ª
  • LEIRE FUENTES,157ª

 Medalla de chocolate para o equipo infantil coa lectura positiva de que o podio está moi preto.

SUB 14 HOMES ( 108 puntos)

  • MIGUEL FERNANDEZ, 14º
  • MARCOS RIAL, 20º
  • SAUL SANTOS, 36º
  • GABRIEL FAZANES, 38º
  • ROI RIVAS, 49º


  Na disputa do CAMPIONATO GALEGO DE CROSS SUB 16 e SUB 18 participaron tres cadetes e dous xuvenís masculinos.

SUB 16 HOMES

  • HUGO COLLAZO, 15º
  • DIEGO GARCIA, 27º
  • BRAIS PINTOS, 45º

SUB 18 HOMES

  • RAUL RIAL, 25º
  • SERGIO VALLADARES, 36º

 

DATA PRESENTACION TEMPADA 2023

    Voltamos ao formato de presentación no Concello. Deixamos atrás a tempada 2022, pero non a esquecemos. Quedará impresa na revista nº 27 do Club. Xa temos data para a PRESENTACION oficial dos equipos do Vila de Cangas. Será o vindeiro sábado 11 de febreiro no salón de Plenos do Concello de Cangas. A partir das 17:00 horas (atletas) e 17:30 (socios e invitados).

O programa do evento estará composto por:

  • Presentación e sesión fotografica dos diferentes Equipos para a presente tempada.

  • Charla-coloquio cos INVITADOS.

  • Entrega da revista nº 27 do Club.

  • PINCHO coas aportacións d@s soci@s*

*(Procuraremos sexa unha comida saudable,  para non xuntarnos con moitos postres ou bollería industrial. Por exemplo tortilla ou empanada. Coma sabedes doutros anos tamén se pode aportar bebida, refrescos ou agua. )



CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO E SUB 23 PISTA CUBERTA

Ourense, 21 de xaneiro de 2023

    Coa estrea da tempada chegou a competición de máis nivel no ámbito galego, estamos a falar do CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO E SUB 23 PISTA CUBERTAA sede para disputar o Campionato foi a pista cuberta de Expourense, paralelo ao programa do Campionato Absoluto tamén se realizou un control de marcas. Marta Camaño correu os 60 m. en 8,20 e pasou a final B, onde realizou a mesma marca que lle deu o posto 14º das duas finais.



    Ariadna Gil e Saray Amoedo participaban na final do concurso de triple salto, a primeira proclamouse Campioa Galega Sub 23 e BRONCE no Absoluto, a sua compañeira estreaba a categoria senior e acadaba o 7º posto na final do triplo.


     Diego Martínez participou na final de salto de altura, onde obtivo unha marca persoal de 1,81 e supuso un posto 5º no concurso. Uxia Sánchez correu os 400 m.l. en 1:04,62 acadando un posto 14 nas series disputadas. Agata Rodriguez progresou a final dos 60 m.v. cun tempo de 9,67 s. na clasificatoria, na carreira final non rematou a proba. Gema Dacosta foi 6ª na final do concurso de lanzamento de peso, cun lanzamento de 10,21.



 

PLAN DE VIAXE A RIBADAVIA

     O vindeiro sábado 28 de xaneiro vai ter lugar en Ribadavia (Ourense) o Memorial Alejandro Lorenzo-Campionato Galego de Cross Menores. Nesta proba clásica no calendario de Campo a Través foron inscritos @s atletas que se detallan. Loitaran pola clasificación individual e por equipos. O circuito será na contorna de A Veronza no  Complexo Deportivo Xestal. Vaise habilitar un autobus con saida da Estación de Cangas as 08:30 horas e volta ao fin das probas da Categoria SUB 18. As plazas vacantes do transporte poderan ser ocupadas por adultos que acompañen aos menores. IMPORTANTE levar unha muda para despois de correr, tanto de roupa coma calzado. Levar algo de comida e no caso de facer a viaxe por conta propia ESTAR NO CIRCUITO CUNHA HORA DE ANTELACION a proba disputar. Achegamos HORARIO provisional e ubicación do circuito



SUB 10 MULLERES

  • EMMA SALGADO
  • ZOE BAMIO
  • SOFIA CORRALES
  • MAR FAZANES
  • LUCIA CANCELAS
  • CLAUDIA ROMERO
  • VERA ESTEVEZ

SUB 10 HOMES

  • ADRIAN CALVAR
  • HUGO LORENZO
  • ALEX CARBALLO
  • LUCA CAO
  • XOSE GONZALEZ
  • BREIXO GONZALEZ
  • OLIVER GAYO

SUB 12 MULLERES

  • LENA CURRAS
  • EMMA COLLAZO
  • NORA PARCERO
  • ALBA ALVAREZ
  • CARLA SALGADO
  • NOA PEDRIDO
  • ELODIE GRAÑA
  • SOFIA CAPELO
  • VERA BOUBETA
  • CAMILA ENRIQUEZ
  • VIOLETA BASCONCELLO
  • VALENTINA GEENEN
  • ISIS MARTINEZ
  • VALERIA SUEIRO
  • IRIA FERNANDEZ

SUB 12 HOMES

  • ANGEL REFOJOS
  • DANIEL CORDEIRO
  • SAMUEL CORRALES
  • BRAIS GARCIA
  • XABIER FERRAL
  • ANXO CURRAS
  • ERIC SANTOS
  • ALEJANDRO FERNANDEZ

SUB 14 MULLERES

  • ANTIA SOTO
  • LEIRE FUENTES
  • NOA LORENZO
  • NAHIA PINTOS

SUB 14 HOMES

  • MIGUEL FERNANDEZ
  • MARCOS RIAL
  • SAUL SANTOS
  • GABRIEL FAZANES
  • ROI RIVAS
  • IGNACIO V. BOENTE

SUB 16 HOMES

  • HUGO COLLAZO
  • DIEGO GARCIA
  • BRAIS PINTOS

SUB 18 HOMES

  • RAUL RIAL
  • SERGIO VALLADARES



 

CAMPIONATO ZONAL XOGADE DE CROSS

Moaña, 15 de xaneiro de 2022

     Primeira competición oficial da recen estreada tempada 2023, e tamén primeira proba do programa XOGADE de campo a través. O parque da Xunqueira en Moaña acolleu os circuitos que determinarían as clasificacións para o Campionato Provincial. A maña, en canto ao metereolóxico, foi boa pero os percorridos estaban con moita auga, dandolle un plus de dureza as carreiras, noutras palabras cross puro e duro. No tocante a participación, tiñamos un total de 70 atletas inscritos dos que finalmente competiron 50, desta forma poidéronse  completar os equipos propostos para as diferentes categorías.



       A categoria máis madrugadora foron @s CADETES que inauguraban as carreiras cun percorrido de 2000 m. para ambos sexos. O equipo masculino estivo encabezado por Hugo Collazo, que rematou 1º, Diego Garcia 2º, Brais Pintos 3º e Unai Ferral 4º, acadando 6 puntos que os clasifican coma primeiros por equipos. A sección feminina rematou con Ana Cordeiro 2ª, Blanca Giraldez 5ª e Celia González 6ª, cun total de 13 puntos progresan ao Provincial coma segundas.


 Na categoría INFANTIL os homes estiveron liderados por Miguel Fernández 1º, Marcos Rial 2º, Saul Santos 4º, Roi Rivas 5º e  Gabriel Fazanes 6º. Cun total de 12 puntos acadaron o primeiro posto de cara ao Provincial. As mulleres entraron na seguinte orde, Nahia Pintos 5ª, Antia Soto 6ª, Noa Lorenzo 7ª e Leire Fuentes 8ª, sumando 26 puntos que lles daban o segundo posto.



            Sobre un percorrido de 1000 m. disputou a categoria ALEVIN as suas carreiras. O equipo masculino rematou primeiro, cun total de 11 puntos sumados por Angel Refojos 1º, Daniel Cordeiro 2º, Samuel Corrales 3º, Brais Garcia 5º, Xabier Ferral 7º, Anxo Curras 10º,  Eric Santos 11º e Alejandro Fernández 12º. As mulleres igualaron a puntuación e o posto con Lena Curras 1ª, Emma Collazo 2ª, Nora Parcero 3ª, Alba Alvárez 5ª, Carla Salgado 6ª, Elodie Graña 7ª, Sofia Capelo 8ª, Noa Pedrido 9ª, Violeta Basconcello 10ª, Vera Boubeta 11ª, Valentina Geenen 14ª, Valeria Sueiro 15ª, Camila Enriquez 16ª e Isis Martínez 17ª


      Remataba a proba coas carreiras de 500 m. previstas para a categoría BENXAMIN, onde tanto homes coma mulleres remataron en primeiro lugar por equipos. O masculino foi con Adrián Calvar 1º, Alex Carballo 2º, Hugo Lorenzo 4º, Luca Cao 5º e Xose González 9º. O feminino composto por Lucia Cancelas 1ª, Emma Salgado 2º, Sofia Corrales 3ª, Mar Fazanes 5ª, Claudia Romero 7ª, Zoe Bamio 9ª e Vera Estévez 11ª



RESULTADOS


 

PREVIA DO CAMPIONATO ZONAL XOGADE

     O vindeiro 15 de xaneiro vaise disputar en Moaña o CAMPIONATO ZONAL DE CROSS do programa XOGADE. A proba está destinada para as seguintes categorías, BENXAMIN (2014-1015), ALEVIN (2012-2013), INFANTIL (2010-2011) e CADETE (2008-2009). As carreiras organizáranse por categoría e sexo. A ubicación dos circuitos será na contorna da Pista de Atletismo da Xunqueira en Moaña. Realizarase unha clasificación individual, según a orde de chegada, e outra por equipos cun mínimo de catro atletas nas categorias BENXAMIN,ALEVIN, INFANTIL e tres para @s CADETES.



     E importante estar no lugar cunha HORA, polo menos, de antelación a carreira, hai que facer o quecemento e recoñecer o circuito. Para esta proba estan CONVOCAD@S tod@s @s atletas das categorías implicadas, se houbera algunha incidencia que vos impida acudir pregamos que o comuniquedes canto antes.


 


FIN DE TEMPADA 2022

Cangas, 30 de decembro de 2022

 

     O venres previo a noitevella foi a data elexida para o desenrolo dos actos do FIN DE TEMPADA, Pouco quedaba deste ano e tocaba lembrar a tempada, cos protagonistas en clave de ATLETAS DESTACADOS, nas suas variantes, individuais e por equipos. A choiva fixo acto de presenza e coa compañia do vento tentou quitar protagonismo aos atletas. Tamén foi momento para facer un merecido recoñemento aos adestradores, peza clave para o engranaxe dun Club de Atletismo. So nos queda desexarvos unha feliz e boa tempada, afastada de lesións e chea de boas competicions.



ACTOS FIN DE TEMPADA

    Xa estamos preto de finalizar o ano e con él tamén remata a tempada 2022. Para dar unha digna despedida tanto ao ano como a tempada vos invitamos a xuntarnos o vindeiro venres 30, as 11:30 horas no Estadio Municipal de Cangas. Alí vaise premiar aos ATLETAS DESTACADOS TEMPADA 2022tamén se fara mención da labor d@s adestradores e adestradoras. En canto aos incentivos polos logros na tempada, as marcas premiadas serán os 7, 18 metros de Juan Piñeiro en salto de lonxitude, equivalentes a 961 puntos hungaros e no tiplo salto feminino Ariadna Gil acadou 11,90, que son 904 puntos hungaros.



TROFEO ABANCA DE PISTA CUBERTA

Ourense, 11 decembro de 2022

     Metidos de cheo no mes de decembro as competicions de Pista Cuberta comezan a aflorar. Falar de competicions Indoor en Galicia nos leva a Expourense, onde se disputou o TROFEO ABANCA DE PISTA CUBERTA. Foron tres os equipos que acadaron o pase para disputar esta importante competición. No caso das máis novas, SUB 10 feminino, andiveron toda a mañá loitando nas posicions de podio para rematar en 5ª posición, empatadas coas cuartas, Sumaron un total de 28 puntos .



SUB 10 FEMININO

  • LUCIA CANCELAS, 4ª 500 m.l. e 8ª relevo
  • SOFIA CORRALES7ª 1000 m.l.
  • CAMILA ENRIQUEZ, 2ª altura e 8ª relevo
  • EMMA SALGADO, 8ª lonxitude e 8ª relevo
  • DANIELA NOGUEIRA, 4ª peso
  • NORA PARCERO, 3ª 50 m.l. e 8ª relevo

      A categoría alevin contaba con equipo masculino e feminino, as mulleres sumaron un total de 23 puntos, acadando o 7º posto e os homes con 28 puntos remataron no 6º posto.

SUB 12 FEMININO

  • EMMA COLLAZO, 4ª 500 m.l. e 7ª relevo
  • ALBA ALVAREZ, 7ª 1000 m.l. e 7ª relevo
  • LENA CURRAS, 5ª lonxitude e 7ª relevo
  • SABELA MIRANDA, 4ª peso
  • CARLA SALGADO, 7ª 60 m.l.  e 7ª relevo
  • NOA LORENZO, 7ª altura


SUB 12 MASCULINO

  • ANGEL REFOJOS, 3º 60 m.l. e 6ª relevo
  • GABRIEL FAZANES,  3º 500 m.l. e 6ª relevo
  • DANIEL CORDEIRO, 6º 1000 m.l. e 6ª relevo
  • XABIER FERRAL, 8º altura
  • RUBEN FERNANDEZ, 7º lonxitude e 6ª relevo
  • AMARO BASTON, 2º peso