CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 AO AIRE LIBRE

Málaga, 06 de xullo de 2024

   Ata terras malagueñas viaxou Gema Dacosta para medirse coas mellores lanzadoras do territorio nacional. O estado de forma da amarela levouna ata unha final de lanzamento de peso onde mantivo as pobilidades de medalla ata o remate, cun mellor lanzamento de 13.98 m acadou finalmente a medalla de chocolate. Moitos parabens polos froitos que deron o esforzo e a constancia, tanto para Gema coma para @s adestradores.



CAMPIONATO GALEGO SUB 16 AO AIRE LIBRE

Pontevedra, 06 de xullo de 2024

    As pistas do CGTD de Pontevedra volven a ter unha actividade salientable, este pasado sábado acolleron o CAMPIONATO GALEGO SUB 16 AO AIRE LIBRE. Alí acudiron vari@s amarel@s que estiveron liderados pola medalla de BRONCE que acadou Hugo Collazo na proba de 3000 m.l., nesta carreira acompañouno Marcos Rial que rematou no posto 12º.



    Brais Paz non progresou a final de 100 m.l. co 6º lugar que acadou na semifinal. Antia Soto foi quen de colarse na final dos 100 m.l. e acadar un magnifico 6º posto, tamén rematou 9ª nos 300 m.l. Na mesma proba de 300 m.l. participou Antia Baqueiro rematando 15ª.



    Miguel Fernández concursou na lonxitude, finalizando 5º e no lanzamento de xavelina, onde rematou 6º. As remudas do 4X100 masculino poñian o punto e final do Campionato, alí estiveron Hugo Collazo, Marcos Rial, Brais Paz e Miguel Fernández  marcando un tempo de 53.06 ocuparon o 6º posto.



CAMPIONATO GALEGO SUB 14 AO AIRE LIBRE

Lugo, 23 de xuño de 2024

  Os derradeiros coletazos das competicions ao aire libre nos levaron ata Lugo onde se disputaba o CAMPIONATO GALEGO SUB 14 AO AIRE LIBRE. Longa xornada na que destacou a participación feminina cun BRONCE en 150 m.l. para Ana Oliveira e outro para Lena Currás en lanzamento de xavelina. No lanzamento de peso Alejandro Fernández tamén acadou o terceiro posto.



FEMININO

  • SABELA MIRANDA, 6ª disco e 4ª peso
  • CARLA SALGADO, 9ª disco e 13ª 150 m.l.
  • VERA BOUBETA, 14ª 2000 m.l.
  • MARIA MARCOS, 14ª 220 m.v. e 22ª 80 m.l.
  • IRIA FERNANDEZ, 23ª 220 m.v. e 11ª xavelina
  • ANA OLIVEIRA, 4ª triple, 3ª 150 m.l. e 6ª remudas 4X80 m.
  • NOA LORENZO, 17ª 80 m.l. e 6ª remudas 4X80 m.
  • EMMA COLLAZO, 15ª 150 m.l., 11ª 500 m.l. e  6ª remudas 4X80 m.
  • LENA CURRAS, 3ª xavelina e 6ª remudas 4X80 m.


MASCULINO

  • ALEJANDRO FERNANDEZ, 3º peso e 7º martelo
  • DANIEL CORDEIRO, 9º lonxitude e 5º 1000 m.l.
  • ANGEL REFOJOS,  4º 500 m.l.

 

CAMPIONATO ESPAÑA POR FEDERACIONS AUTONOMICAS SUB 18 A.L.

Pontevedra, 22 de xuño de 2024

       Posta de largo nas Pistas do CGTD de Pontevedra para acoller o CAMPIONATO ESPAÑA POR FEDERACIONS AUTONOMICAS SUB 18 AO AIRE LIBRE. Neste caso foi Gema Dacosta participe da gran actuación da selección galega que estivo loitando polo podio durante unha emocionate xoranda. Finalmente foron CUARTOS  e a atleta amarela aportou un 7º posto no lanzamento de disco. Este combinado mixto pelexou ata o final e non temos máis que darlle os PARABENS a atletas e adestadores.



CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO AO AIRE LIBRE

Vigo, 15 de xuño de 2024

     Outra importante competición requería da nosa presenza nas Pistas de Balaidos. A proba máis importante a nivel autonomico en aire libre moveu un numeroso continxente de amarel@s. Imos comezar pola sección masculina que estivo encabezada pola medalla de BRONCE acadada por Mauro Vázquez nos 100 m.l., cun tempo na final de 10.71 s.



Pola mesma senda foi Diego Martinez que superou os 1,83 m. no concurso de salto de altura e rematou 3º. Na probas das remudas 4 X 100 m. participaron Mauro Vázquez, Diego Martínez, Carlos Corredoira e Martin Souto rematando nun tempo de 44,12 s na 3ª posición.



Nos 400 m.l. disputaronse varias finais das que foron participes Carlos López, 17º e Carlos Corredoira , 14º. Daní Calvar foi 5º na proba de 400 m.v. Tamén se presentou equipo nas remudas 4X400 m. composto por Dani Calvar, Carlos Corredoira, Carlos López e Diego Martínez que ao remate da proba foron descalificados.



    A sección feminina contou coa presenza de Marta Camaño nas probas de velocidade quedando na quenda das semifinais dos 100 m.l. sen progreso a final. Onde si progresou foi nos 200 m.l. acadando o 7 º posto na final. Gema Dacosta concursou no lanzamento de peso, rematando 4ª e tamén no lanzamento de disco, rematando 7ª.



    Presentouse equipo para as remudas 4 X100 m.  rematando no 5º posto con Agata Rodríguez, Leire Fonseca, Antia Soto e Marta Camaño. Na proba de 4X 400 m. correron Leire Fonseca, Iris Malvido, Nerea Malvido e Valentina Faye.  Parabens para atletas e adestradores por este magnifico Campionato.


 

 

 

CAMPIONATO GALEGO SUB 18 AO AIRE LIBRE

Vigo, 9 de xuño de 2024

    As pistas de Balaidos foron a sede do CAMPIONATO GALEGO SUB 18 A.L. Participaba na proba de 3000 m.l o atleta Raul Rial, quen cruzou a meta en segundo lugar e proclamouse SUCAMPION GALEGO na distancia.



    A sección feminina tivo máis participación encabezada polo doblete acadado por Gema Dacosta, 1ª en lanzamento de peso e 2ª no disco. Nas remudas de 4×100 m. acadouse un magnifico 5º posto con Marta Camaño, Lucia Gil, Leire Fonseca e Sara Marcos. Nas demáis disciplinas tamén competiron Lucia Gil, que non progresou a final de 100 m.l., quedandose na semifinal e acadando o 7º posto na final do salto de lonxitude. Marta Camaño foi 5ª na final de 100 m.l. e 4ª na final dos 200 m.l. Nerea Malvido e Blanca Giraldez remataron 20ª e 22ª respectivamente nos 400 m.l



CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 PISTA CUBERTA

Salamanca, 9-10 de marzo de 2024

     A pista cuberta de Salamanca acolleu o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 DE PISTA CUBERTA. Dous amarelos eran participes desta importante cita, entrando en competición na tarde do sábado, primeiro foi Mauro Vázquez quen tras facer MMP, con 7,00 s pasou de rolda nos 60 m.l.. Impresionante o número de mellores marcas que se deron na velocidade neste Campionato. A sua compañeira Agata Rodríguez, con 9,66 s nos 60 m.v. finiquitou a sua participación.



     O día seguinte Mauro acadou unha marca de 7.07 que non lle permitiu estar na final dos 60 m.l., estar na mesma requería baixar de 7 s e non é tan doado. De feito o gañador da proba tamén se levou un novo record  de España.



PRESENTACION EQUIPOS TEMPADA 2024

Cangas, 02 de marzo de 2024

 

    Tivemos que chegar ata marzo para facer cadrar as datas e de xeito adecuado darlle unha digna PRESENTACION aos  nos@s atletas. Este pequeno respiro entre competicions, adestramentos e concentracions achegounos o primeiro sábado de marzo ata o Salón de Plenos do Concello de Cangas. As Autoridades  que nos acompañaron foron a Alcaldesa de Cangas, a Concelleira de Deportes, a Deputada polo Morrazo da Deputación de Pontevedra, O Presidente da Federación Galega de Atletismo, O Delegado da FGA de Vigo e representantes dos diferentes grupos politicos do Concello de Cangas. A tod@s eles un sincero agradecemento por arrouparnos neste acto tan simbólico para a familia amarela.



   O atleta invitado era Jacobo Soler, o recente plusmarquista de 400 m.l., quen representa o presente do atletismo galego e serio aspirante no contexto nacional. Tiñamos a familia reunida so nos quedaba presentala. Fomos chamando aos atletas e realizando instantaneas para que perduren no tempo, adestradores e xunta directiva deron remate a sesión fotográfica.



      Cedeuse a palabra as Autoridades presentes e nese uso escoitamos boas intencions e agarimosos comentarios sobre o Vila de Cangas. A tod@s nos toca aportar un pouco para mellorar e poder continuar co legado dun Club que está a piques de cumplir os 30 anos de existencia. 

        Jacobo pasou a palestra e detallounos unha corta pero intensa vida no atletismo, deu conta de como vindo de outros deportes foi coincidir en Pontevedra e iniciar unha practica deportiva que asume coma un reto e unha paixon. O debate foi comenzando miudo, e como unha boa carreira, progresou de menos a máis. Finalmente puidemos disfrutar dunha conversa animada e participativa. De feito, tivemos que cortar a rolda de preguntas porque quedabamos sen comer. 

       O remate ao acto foi un pincho para confraternizar coa familia amarela, reiteramos as GRACIAS a tod@s, vemonos nas Pistas.



CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 DE PISTA CUBERTA

Sabadell, 25 de febreiro de 2024

 

     Gema Dacosta foi a representante amarela no CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 DE PISTA CUBERTA. O domingo disputou a final do lanzamento de peso, resultando un concurso no que as marcas foron de menos a máis, cun ultimo lanzamento que achegou a bola ata os 13,07 m. Previamente acadaou o pase a mellora, asegurando estar entre as oito mellores, e finalmente remataba en 7º posto. Sabor agridoce deixoulle que o valor da medalla de bronce estaba ao seu alcance, de seguro que será unha aprendizaxe positiva para o vindeiro reto.



CAMPIONATO GALEGO SUB 18 PISTA CUBERTA

Ourense, 11 de febreiro de 2024

 

    A xornada do domingo de entroido daba acollida en Expourense ao CAMPIONATO GALEGO SUB 18 DE PISTA CUBERTA. A categoria xuvenil tocaballe amosar na competición os valiosos adestramentos que @s levaron ata alí. Comezou o Campionato coa presenza de Brais Pintos no concurso de salto de altura, quen tras superar o liston en 1,51 m. acadou un prometedor 8º posto. Raul Rial participou na proba de 3000 m.l. e cruzou a meta en 6º lugar cun tempo de 9:51.68.



     A participación másculina completouna Sergio Valladares correndo na proba de 400 m.l., quen finalizou 7º na suma global de tempos.

     Na sección feminina chegaron recompensas en forma de premiacions, foi Marta Camaño quen sumou dous BRONCES, o primeiro nos 60 m.l. e outro na proba de 200 m.l. , con mellora das marcas que tiña en ambas probas.



     Lucia Gil tamen acadou mellora nas probas que disputou, no 60 m.l. achegouse aos 8,38 s. que lle supuso o 17º lugar e no concurso de lonxitude afastarona do podio no último salto, quedandose cunha mellor marca de 4,96 m. Blanca Giráldez competiu na proba de 400 m.l. e finalizaba en 1:11.82 as duas voltas a pista rematando no posto 18º. Rematabamos a participación amarela coa victoria de Gema Dacosta no concurso de lanzamento de peso. Parabens para atletas e adestradores, ben feito.