TRES AMARELAS COA SELECCION GALEGA SUB 16

       A dirección técnica da FGA deu a coñecer o listado de atletas que conformarán o combinado SUB 16 que representará a Galicia no CAMPIONATO DE ESPAÑA EN IDADE ESCOLAR. Na sección feminina contamos coa representación de TRES atletas amarelas, Gema Dacosta e Helena Bello, a primeira competira no concurso de lanzamento de peso e a sua compañeira no salto de pértega. A última en ser convocada foi Marta Camaño que será parte do relevo 4X100. Este combinado ven de acadar a quinta posición no Campionato do ano pasado e non se descarta que loiten por achegarse aos caixons do podio.  Estaremos atentos ao Campionato que se vai celebrar en Pamplona os vindeiros días 8 e 9 de outubro.



RETOMAMOS OS ADESTRAMENTOS

     A partir do 12 de setembro retomamos a Tempada 2022. Tras o parón estival no mes de agosto comezan os adestramentos para os tramos de idade SUB 8, SUB 10, SUB 12 e SUB 14. Prestade atención a información dos HORARIOS nos que se detallan os días e categorías.  Finalmente os grupos de especialización serán conformados polos adestradores. Calquera dubida que se vos plantexe ao correo do club, at.viladecangas@gmail.com

     Ata o 31 de decembro a categoria SUB 8 son @s atletas nad@s en 2015 e anteriores. Categoria SUB 10 son dos anos 2014/13, SUB 12 de 2012/11 e na SUB 14 engloba 2010/09.



CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB16 AO AIRE LIBRE

Avilés, 24 de xullo  de 2022

 

   En terras asturianas disputouse o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB16 AO AIRE LIBRE. Alí tivemos a representación de Gema Dacosta, quen participaba en dous concursos de lanzamento, o peso máis o disco. Co historial desta cadete non para de sorprendernos o ben que compite. A final do lanzamento de peso foi un claro exemplo de superación, sacou un último lanzamento de 12,66 m. que lle daba acceso ao podio, en concreto a medalla de BRONCE, a cuarta clasificada lanzou 12,65 m., a cousa foi de infarto. Con esta medalla iguala a que obtivo no Campionato de España de Pista Cuberta. No lanzamento de disco mantivo un pérfil máis discreto, acadando o 10º posto cunha marca de 32,58 m. Pouco máis que dicir desta enorme atleta, que sempre achega o máximo a cada competición. Parabens Gema.



CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO AO AIRE LIBRE

A Coruña, 23 de xullo de 2022

 

    As instalacións universitarias de Elviña foron a sede do CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO AO AIRE LIBRE. Alí se deron cita unha boa representación de amarel@s coa misión de dar un digno remate a competición ao aire libre. Ariadna Gil, viña dunha lesión que lle obrigou a parar e non poder competir no Campionato de España Sub 23, neste Campionato quitouse a espiña e proclamouse CAMPIOA GALEGA Absoluta de Triple Salto, xa pode presumir de contar cos tres metales.



     Marta Camaño, foi quen de pasar a final dos 100 m.l., baixando dos 13 s e refrendando na fnal a sua marca, nesta ocasión con vento válido,  acadou o 6º posto nunha carreira repleta de grandes atletas. Agata Rodríguez plantouse na final dos 100 m.v. e unha vez alí acadou a medalla de BRONCE, confirmando unha excelente tempada.



   Na xornada da tarde Helena Bello concursou na final do salto de pértega acadando o 5º posto. Rematou a participación amarela coa final de salto de lonxitude, onde Juan Piñeiro pelexou o posto no podio ata o derradeiro salto, finalmente obtivo unha valiosa medalla de BRONCE. Parabens a atletas e adestradores polo esforzo, traballo e dedicación.



PREVIA DO PIRULI FEST

    Este vindeiro venres 22 de xullo na Alameda nova de Cangas , dentro do programa Piruli Fest, imos colaborar con varias probas adaptadas as idades convocadas (6 a 12 anos). Non se trata dunha proba competitiva e está pensado para realizar xogos relacionados coas distintas disciplinas atléticas. Para ter acceso a esta actividade non hai máis que apuntarse no correo at.viladecangas@gmail.com ou a partir das 18:30 horas na Alameda. Agardamos veros nesta festa do deporte na rua.


UBICACION



CAMPIONATO GALEGO SUB 16 AO AIRE LIBRE

A Coruña, 02 de xullo de 2022

 

       En plena tempada de aire libre chegou o tempo do Campionato individual da categoría CADETE, fai unha escasa semana competían coma equipo e agora o facian nas «suas» probas. Ainda que a representación máis numerosa foi do lado feminino tamén houbo participación de tres atletas másculinos. Raúl Rial e Diego García remataron 7º e 13º respectivamente na carreira de 1000 m.l., no caso de Hugo Domínguez acadou a amarga medalla de chocolate, cun magnifico 4º posto nos 3000 m.l.



     A sección feminina contaba con 9 atletas que tiveron un intenso sábado de probas nas pistas de atletismo de Elviña. Nerea Malvido rematou 8ª nos 3000 m.l.. Helena Bello acadou a victoria no concurso de salto de pértega cun salto de 2, 77 m., nesta proba tamén participou Iris Malvido, rematando en 4º posto, ademáis foi 6ª nos 3000 m. marcha. Marta Camaño pasou a final de 100 m.l., tras unha semifinal que venceu con 12.94 s. Logo remataría 4ª cun tempo de 12.61 s, que suporía a sua mellor marca de non ser polo vento. Marta Rua participou en duas carreiras de valados, finalizando 7ª en 300 m.v. e 13ª en 100  m.v.



    Lucia Gil tiña a sua participación orientada nos concursos de saltos horizontais, acadando o BRONCE na lonxitude e o 8º posto no triple. Claudia Cárcer proclamouse SUBCAMPIOA Galega de peso e 15ª en lonxitude. O concurso de lanzamento de peso foi dominado por Gema Dacosta que ademáis foi SUBCAMPIOA no lanzamento de disco. Maialen Fernández foi SUBCAMPIOA en lanzamento de xavelina e 8ª no lanzamento de disco. Esta exitosa xornada deu remate co relevo 4X100 composto por Marta Camaño, Lucia Gil, Gema Dacosta e Claudia Cárcer , quenes computaron coma novenas no global das participantes. Parabens polo esforzo aos atletas e adestradores.



CAMPIONATO GALEGO DE CLUBES SUB 16

O Pereiro de Aguiar, 26 de xuño de 2022

 

     A sección feminina da categoría SUB 16 defendia o titulo no CAMPIONATO GALEGO DE CLUBES que tivo lugar no Complexo Deportivo de Monterrei. Quedaba unha proba sen cubrir e partiamos sextas no estadillo das marcas. Finalmente foi a suma dos puntos acadados na competición a que dispuso ao equipo no SEXTO posto, (74 puntos). Destacar algunhas marcas persoais que se melloraron e aportan un plus de confianza de cara o vindeiro Campionato Galego individual desta categoría.


  • MARTA CAMAÑO, 2ª 100 m.l. e 6ª relevo 4X100 m.
  • NAIA CASAS, 7ª 300 m.l. e relevo 4X300 m.
  • ANTIA GIRALDEZ, 8ª 600 m.l. e 6ª relevo 4X100 m.
  • BLANCA GIRALDEZ, 7ª 1000 m.l. e  6ª relevo 4X300 m.
  • NEREA MALVIDO, 7ª 3000 m.l. e 6ª relevo 4X300 m.
  • IRIS MALVIDO, 1ª 3000 marcha e 6ª relevo 4X300 m.
  • SARA NERGA, 7ª altura e 8ª 1500 obst.
  • GEMA DACOSTA, 4ª 100 m.v. e 3ª martelo
  • HELENA BELLO, 2ª pértega e 6ª lonxitude
  • LUCIA GIL, 5ª triple  e 6ª relevo 4X100 m.
  • CLAUDIA CARCER, 2ª peso e 6ª relevo 4X100 m.
  • MAIALEN FERNANDEZ, 3ª  xavelina e 4ª disco


 

GRAN PREMIO CIDADE DE VIGO-COPA MENUDOS ATLETAS

Vigo, 25 de xuño de 2022

    Interesante proposta para o atletismo base, na cal fomos invitados e nos encantados. Ata nos invitaron a xantar, quen dicia que do atletismo non se come. Fora bromas agradecer a organización unha xornada plena de convivencia e sana competividade. Ao remate das probas a taboa de puntos sumou 883 puntos a favor do Club, acadando un PRIMER posto froito do bo facer da nosa canteira.



SUB 10 HOMES

  • ALEX CARBALLO, 1º 50 m.l. e 1º relevo 4X50 m.
  • XOEL OLIVEIRA, 2º 50 m.l., 5º peso e 1º relevo 4X50 m.
  • ADRIAN CALVAR, 2º  500 m.l.,4º  lonxitude e 1º relevo 4X50 m.
  • BRAIS GARCIA, 5º  500 m.l., 6º  lonxitude e 1º relevo 4X50 m.
  • ALAN MALVIDO, 1º peso 


SUB 10 MULLERES

  • LUCIA CANCELAS, 1ª 500 m.l., 4ª peso e 1ª relevo 4X50 m.
  • SOFIA CORRALES,  2ª 500 m.l., 4ª  lonxitude e 1ª  relevo 4X50 m.
  • CAMILA ENRIQUEZ, 2ª 50 m.l., 2ª lonxitude e 1ª relevo 4X50 m.
  • DANIELA NOGUEIRA, 4ª  50 m.l.,2ª peso e 1ª relevo 4X50 m.


SUB 12 HOMES

  • SAMUEL CORRALES, 3º 500 m.l., 1º  lonxitude e 2º relevo 4X60 m.
  • ERIC SANTOS, 6º 60 m.l. e 2º relevo 4X60 m.
  • GABRIEL FAZANES, 2º 500 m.l., 2º  lonxitude  e 2º relevo 4X60 m.
  • AMARO BASTON, 2º peso
  • ALEJANDRO FERNANDEZ, 3º peso , 7º 60 m.l. e 2º relevo 4X60 m.


SUB 12 MULLERES

  • ANA OLIVEIRA, 2ª  60 m.l., 5ª  peso e 1ª relevo 4X60 m.
  • EMMA COLLAZO, 3ª 60 m.l. e 1ª relevo 4X60 m.
  • LENA CURRAS, 1ª 500 m.l. , 1ª lonxitude e 1ª relevo 4X60 m.
  • AITANA BROULLON, 4ª lonxitude e 5ª  500 m.l.
  • SABELA MIRANDA, 2ª peso
  • NAHIA PINTOS, 1ª  relevo 4X60 m.

SUB 14 HOMES

  • HUGO COLLAZO, 4º  80 m.v. ,2º  triple e 1º relevo 4X80 m.
  • MIGUEL FERNANDEZ, 1º 80 m.v. , 5º xavelina e 1º relevo 4X80 m.
  • MARCOS RIAL, 4º 1000 m.l.
  • SAUL SANTOS, 6º  1000 m.l., 6º xavelina e 1º relevo 4X80 m.
  • UNAI FERRAL,1º  triple e 1º relevo 4X80 m.

SUB 14 MULLERES

  • ANTIA SOTO, 3ª 80 m.v. , 1ª triple e 1ª relevo 4X80 m.
  • ANTIA BAQUEIRO, 8ª 80 m.v. ,5ª  triple e 1ª relevo 4X80 m.
  • ERICA NOVAS, 6ª 1000 m.l.
  • LEIRE FERNANDEZ, 5ª 1000 m.l. ,1ª  xavelina  e 1ª relevo 4X80 m.
  • ANA CORDEIRO,2ª  xavelina e 1ª relevo 4X80 m.

SUB 16 MULLERES

  • GEMA DACOSTA,1ª  100 m.v. e 1ª disco
  • MARTA RUA, 2ª  100 m.v.
  • LUCIA GIL, 2ª triple e 2ª relevo 4X300 m.
  • IRIS MALVIDO,  4ª 1000 m.l., 4ª  triple e 2ª relevo 4X300 m.
  • NEREA MALVIDO, 3ª  1000 m.l. e 2ª relevo 4X300 m.
  • NAIA CASAS, 2ª  relevo 4X300 m.
  • MAIALEN FERNANDEZ, 4ª disco


 

CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 AO AIRE LIBRE

Jerez de la Frontera, 18 de junio de 2022

 

     Agata Rodríguez participou no CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 AO AIRE LIBRE que se celebrou na localidade gaditana de Jérez de la Frontera. Tomou parte na semifinal dos 100 m.v. que rematou en 16,35 s  ocupando a 8ª praza, non acadando o pase a final. Parabens e a seguir mellorando.



CAMPIONATO GALEGO SUB 23 AO AIRE LIBRE

Pontevedra, 18 de xuño de 2022

 

A categoría promesa afrontou esta pasada fin de semana  o  CAMPIONATO GALEGO SUB 23 AO AIRE LIBRE nas pistas do CGTD de Pontevedra. Reapareceu coa camisola amarela Daniel Calvar, acadando un SUBCAMPIONATO no concurso de pértega e un 6º posto nos 200 m.l. Tampouco competira regularmente Juan Piñeiro esta tempada, polo que os dous BRONCES obtidos nos concursos de lonxitude e triple salto saben a ouro.