PREVIA DO CAMPIONATO GALEGO SUB 16 POR EQUIPOS

    O vindeiro domingo 26 de xuño, en xornada de tarde, disputarase no Complexo Deportivo de Monterrei o CAMPIONATO GALEGO SUB 16 POR EQUIPOS. Está previsto facer os desprazamentos en vehículo particular, se isto supusera algún impedimento pedimosvos que o comuniquedes para buscarlle unha solución. Achegamos o listado de atletas inscritas e probas a disputar:


  • MARTA CAMAÑO, 100 m.l. e relevo 4X100 m.
  • NAIA CASAS, 300 m.l. e relevo 4X300 m.
  • ANTIA GIRALDEZ, 600 m.l. e relevo 4X100 m.
  • BLANCA GIRALDEZ, 1000 m.l. e relevo 4X300 m.
  • NEREA MALVIDO, 3000 m.l. e relevo 4X300 m.
  • IRIS MALVIDO, 3000 marcha e relevo 4X300 m.
  • SARA NERGA, altura e 1500 obst.
  • GEMA DACOSTA, 100 m.v.e martelo
  • MARTA RUA, 300 m.v.
  • HELENA BELLO, pértega e lonxitude
  • LUCIA GIL, triple  e relevo 4X100 m.
  • CLAUDIA CARCER, peso e relevo 4X100 m.
  • MAIALEN FERNANDEZ, xavelina e disco


 

PREVIA DA COPA MENUDOS ATLETAS

     Este sábado 25 de xuño terá lugar nas pistas de Balaidos un novidoso GRAN PREMIO CIDADE DE VIGO-COPA MENUDOS ATLETAS, enfocado no atletismo base. As probas se repartirán en xornada de mañá e tarde, cunha parada para comer A organización ten pensado un xantar no HOTEL COIA para @s participantes no Campionato. O desprazamento vaise realizar de xeito particular, polo cal, se alguen non tivera medios de transporte buscariase unha solución.


SUB 16 MULLERES

  • GEMA DACOSTA, 100 m.v. e disco
  • MARTA RUA, 100 m.v.
  • CLAUDIA CARCER , triple 
  • LUCIA GIL, triple e relevo 4X300 m.
  • IRIS MALVIDO, 1000 m.l. e relevo 4X300 m.
  • NEREA MALVIDO, 1000 m.l. e relevo 4X300 m.
  • NAIA CASAS, relevo 4X300 m.
  • MAIALEN FERNANDEZ, disco

SUB 14 HOMES

  • HUGO COLLAZO, 80 m.v. , triple e relevo 4X80 m.
  • MIGUEL FERNANDEZ, 80 m.v. , xavelina e relevo 4X80 m.
  • MARCOS RIAL, 1000 m.l.
  • SAUL SANTOS, 1000 m.l., xavelina e relevo 4X80 m.
  • UNAI FERRAL, triple e relevo 4X80 m.


SUB 14 MULLERES

  • ANTIA SOTO, 80 m.v. , triple e relevo 4X80 m.
  • ANTIA BAQUEIRO, 80 m.v. , triple e relevo 4X80 m.
  • ERICA SANTOS, 1000 m.l.
  • LEIRE FERNANDEZ, 1000 m.l. , xavelina  e relevo 4X80 m.
  • ANA CORDEIRO, xavelina e relevo 4X80 m.

SUB 12 HOMES

  • SAMUEL CORRALES, 60 m.l., lonxitude e relevo 4X60 m.
  • RUBEN FERNANDEZ, 60 m.l. , lonxitude e relevo 4X60 m.
  • GABRIEL FAZANES, 500 m.l. e relevo 4X60 m.
  • AMARO BASTON, peso
  • ALEJANDRO FERNANDEZ, peso
  • XABIER FERRAL, 500 m.l. e relevo 4X60 m.

 

SUB 12 MULLERES

  • ANA OLIVEIRA, 60 m.l., peso e relevo 4X60 m.
  • EMMA COLLAZO, 60 m.l. e relevo 4X60 m.
  • LENA CURRAS, 500 m.l. , lonxitude e relevo 4X60 m.
  • ALBA ALVAREZ, 500 m.l.
  • AITANA BROULLON, lonxitude
  • SABELA MIRANDA, peso
  • NAHIA PINTOS,  relevo 4X60 m.

SUB 10 HOMES

  • ALEX CARBALLO, 50 m.l. e relevo 4X50 m.
  • XOEL OLIVEIRA, 50 m.l. e relevo 4X50 m.
  • ADRIAN CALVAR, 500 m.l., lonxitude e relevo 4X50 m.
  • BRAIS GARCIA, 500 m.l., lonxitude e relevo 4X50 m.
  • ALAN MALVIDO, peso 
  • LUCA CAO, peso 

SUB 10 MULLERES

  • LUCIA CANCELAS, 500 m.l., peso e relevo 4X50 m.
  • SOFIA CORRALES, 500 m.l., lonxitude e relevo 4X50 m.
  • CAMILA ENRIQUEZ, 50 m.l., lonxitude e relevo 4X50 m.
  • DANIELA NOGUEIRA, 50 m.l., peso e relevo 4X50 m.

RESULTADOS EN DIRECTO


CAMPIONATO PROVINCIAL INFANTIL

Vigo, 12 de xuño de 2022

     O segundo domingo de xuño era a data elexida para disputar o CAMPIONATO PROVINCIAL XOGADE para a categoria SUB 14, ademáis da proba do triatlon para a categoria SUB 12. Unba boa colleita de premiacions que amosaron o traballo e a constancia d@s atletas e adestradores. Nas probas combinadas da categoría ALEVIN disputaron as probas de 60 m.l., e os concursos de lonxitude e peso. Nos homes Samuel Corrales foi 2º, Gabriel Fazanes 7º e Angel Refojos 9º. As mulleres estiveron representadas por Ana Oliveira 3ª, Lena Currás 5ª i Emma Collazo 6ª.  Na categoría INFANTIL acadaronse 6 Campionatos Provinciais, 5 Subcamponatos e 5 medallas de Bronce.  Esta fin de seman nos agarda un novedoso Campionato Provincial por equipos.



  • ANA CORDEIRO, 2ª 80 m.l. , 1ª 150 m.l. e 2ª relevo  4X80
  • ZOE FERNANDEZ, 8ª 80 m.v. e  11ª 500 m.l.
  • ERICA NOVAS,  5ª 1000 m.l., 11ª 80 m.l. e 11ª 150 m.l.
  • ANTIA SOTO, 2ª 220 m.v. , 1ª 80 m.l. e 2ª relevo  4X80
  • AISHA ALVAREZ, 6ª peso
  • LEIRE FERNANDEZ, 1ª xavelina, 11ª lonxitude e 2ª relevo  4X80
  • ANTIA BAQUEIRO, 1ª marcha, 3ª 150 m.l. e 2ª relevo  4X80
  • NOA QUINTEIRO, 3ª peso e  3ª martelo
  • SORAYA GONZALEZ, 5ª disco


  • HUGO COLLAZO,  3º 1000 m.l. ,  4º 220 m.v. e 2º relevo  4X80
  • MIGUEL FERNANDEZ,  2º 2000 m., 3º lonxitude e 2º relevo  4X80
  • MARCOS RIAL,  6º 150 m.l.  e 5º 1000 m.l.
  • SAUL SANTOS, 7º altura,  4º 500 m.l. e 2º relevo  4X80
  • IKER RIAL, 16º lonxitude , 11º 150 m.l. e 9º peso
  • BREO FERNANDEZ, 8º peso e 12º 500 m.l.
  • UNAI FERRAL, 3º 150 m.l., 1º triple e 2º relevo  4X80


 

CAMPIONATO GALEGO CATEGORIAS MENORES AO AIRE LIBRE

Lugo, 05 de xuño de 2022

     Despois da xornada maratoniana do sábado, agardaba outra para o domingo en Lugo, neste caso para disputar o CAMPIONATO GALEGO CATEGORIAS MENORES AO AIRE LIBRE. Durante xornada de maña e tarde pasarían polo Estadio Gregorio Pérez Rivera @s clasificad@s das categorías SUB 10, SUB 12 e SUB 14.  A nosa andaina foi, por categorias, a seguinte:

     Categoria BENXAMIN na sección feminina destacar a medalla de BRONCE que acadou Nora Parcero nos 1000 m.l., que ademáis participou na final de 50 m.l. acadando o 6º posto. Outra medalla de BRONCE foi para Camila Enriquez no concurso de salto de altura. Sofia Corrales rematou 5ª na proba de marcha. A sección masculina da categoria SUB 10 estivo representada por Brais Garcia 4º e Adrián Calvar 5º na carreira de 1000 m.l.



     A categoría SUB 12 feminina contou co doblete de Lena Currás, que se proclamou CAMPIOA GALEGA de 2000 m.l. e SUBCAMPIOA de salto de Lonxitude. Ana Oliveira venceu no concurso de lanzamento de pelota e foi 5ª no salto de lonxitude. Emma Collazo rematou 7ª nos 500 m.l., Alba Alvárez foi 6ª na carreira de 1000 m.l.. Sabela Miranda concursou no lanzamento de peso, 11ª e no lanzamento de pelota, 12ª. Nahia Pintos quedou preto do podio na marcha, cun 4º posto e foi 5ª no lanzamento de pelota. Leire Fuentes quedou por detrás da sua compañeira na marcha finalizando 5ª.



      Os homes alevíns obtiveron premiación no concurso s salto de altura, Samuel Corrales foi BRONCE. Angel Refojos rematou 4º na proba de 1000 m.l. Na carreira de 2000 m.l. participaron Gabriel Fazanes, 6º e Xabier Ferral, 9º. O concurso de peso contou coa presenza de Amaro Bastón, 5º e Alejandro Fernández, 7º.  Na marcha competiu Anxo Sotelo, rematando 6º e Anxo Currás foi 13º no lanzamento de pelota.



   A categoria INFANTIL feminina achegounos aos dous OUROS acadados por Ana Cordeiro, ambos en probas de velocidade, 80 m.l. e 150 m.l. Leire Fernández foi CAMPIOA GALEGA de lanzamento de xavelina. Antia Soto, previa participación nas combinadas o día anterior, ainda tivo folgos para ser SUBCAMPIOA na carreira de 220 m.v. e 4ª nos 80 m.l.. Antia Baqueiro acadou o BRONCE na proba de marcha. Noa Quinteiro rematou 6ª no peso e 8ª  no martelo. Alejandra Rios acadou o posto 16º no lanzamento de disco.



      Os homes da categoría SUB 14 estiveron encabezados por Hugo Collazo, BRONCE na carreira de 1000 m.l., Unai Ferral foi 5º no triple salto e 7º na xavelina. Miguel Fernández rematou 9º en 1000 m. obstáculos e 11º na xavelina. Saúl Santos acadou o posto 15º na carreira de 500 m.l.

      No tocante as remudas a participación amarela foi a seguinte:

  • SUB 10 feminino (4X50), Lucía Cancelas/ Nora Parcero/ Sofia Corrales/ Camila Enríquez  (7ª Posición)
  • SUB 12 feminino (4X60), Emma Collazo/ Lena Currás/ Ana Oliveira/ Nahia Pintos (6ª Posición)
  • SUB 14 feminino (4X80), Antia Baqueiro/ Leire Fernández/ Ana Cordeiro/ Antia Soto (7ª Posición)
  • SUB 12 masculino (4X60), Gabriel Fazanes/ Samuel Corrales/ Rubén Fernández/ Ángel Refojos (9ª Posición)
  • SUB 14 masculino (4X80), Hugo Collazo/ Miguel Fernández/ Unai Ferral/ Saúl Santos (9ª Posición)


 

CAMPIONATO PROVINCIAL XOGADE BENXAMIN E ALEVIN

Pontevedra, 04 de xuño de 2022

     O primeiro sábado de xuño tiña lugar o CAMPIONATO PROVINCIAL XOGADE BENXAMIN E ALEVIN do programa XOGADE, ademáis de ter probas combinadas para a categoría INFANTIL, apartado no que Antia Soto acadou o 6º posto . Todo elo condicionado pola disputa do Galego de Menores ao día seguinte en Lugo.  Despois das xornadas previas chegaron as premiacions nunha longa xornada que se disputou nas pistas do CGTD de Pontevedra. Foron un total de 26 medallas repartidas en 5 ouros, 15 pratas e 6 bronces. Parabens para tod@s, @s que acadaron medalla e @s que quedaron preto dela,  pola constancia e o esforzo amosados.



BENXAMIN FEMININO

  • CAMILA ENRIQUEZ ,2ª altura,3ª  lonxitude e 2ª relevo 4X50 m. (A)
  • SOFIA CORRALES,13ª  lonxitude, 3ª 1000 m. marcha e 4ª relevo 4X50 m. (B)
  • NORA PARCERO,2ª 50 m.l., 2º  1000 m.l. e 2ª relevo 4X50 m. (A)
  • LUCIA CANCELAS, 1ª 500 m.l.,8ª  lonxitude e 2ª  relevo 4X50 m. (A)
  • EMMA SALGADO,7ª lonxitude,11ª  50 m.l. e 2ª relevo 4X50 m. (A)
  • MAR FAZANES,10ª peso,14ª  pelota e 4ª  relevo 4X50 m. (B)
  • DANIELA NOGUEIRA, 7ª pelota, 13ª peso e 4ª relevo 4X50 m. (B)
  • ISIS MARTINEZ,10ª  lonxitude, 9ª 50 m.l. e 4ª relevo 4X50 m. (B)
  • DANIELLA ALVAREZ, 13ª peso
  • MARTA VEGA,11ª  lonxitude e 8ª peso

BENXAMIN MASCULINO

  • ADRIAN CALVAR,12º 50 m.l. , 3º 1000 m.l. e 4º relevo 4X50 m. (A)
  • ALEX CARBALLO, 7º 50 m.l. , 9º 500 m.l. e 4º relevo 4X50 m. (A)
  • THIAGO RESILLE, 8º  altura 
  • HUGO LORENZO,10º pelota ,14º  500 m.l.e 5º relevo 4X50 m. (B)
  • ALAN MALVIDO, 2º 1000 m. marcha, 1º peso e 5º relevo 4X50 m. (B)
  • BRAIS GARCIA, 6º 50 m.l. , 8º 500 m.l. e 4º relevo 4X50 m. (A)
  • LUCA CAO, 6ºpelota,2º  peso e 5º  relevo 4X50 m. (B)
  • MATEO JALDA,3º  peso e 5º  relevo 4X50 m. (B)
  • XOEL OLIVEIRA, 13º 50 m.l.. e 4º relevo 4X50 m. (A)


ALEVIN FEMININO

  • LENA CURRAS, 3ª lonxitude,1ª 500 m.l. e 2ª relevo 4X60 m. (A)
  • EMMA COLLAZO, 6ª 60 m.l.,2ª 500 m.l. e 2ª relevo 4X60 m. (A)
  • NAHIA PINTOS, 3ª 2000 m. marcha, 2ª pelota e 2ª relevo 4X60 m. (A)
  • ALBA ALVAREZ,11ª lonxitude , 2ª 1000 m.l. e 4ª relevo 4X60 m. (B)
  • AITANA BROULLON, 12ª 60 m.l. 9ª 500 m.l. e 4ª relevo 4X60 m. (B)
  • NOA LORENZO, 14ª  pelota
  • CARLA SALGADO, 15ª peso, 15ª 60 m.l. e 4ª relevo 4X60 m. (B)
  • SABELA MIRANDA, 4ª  peso e 6ª pelota
  • LEIRE FUENTES, 7ª 2000 m. marcha e 4ª relevo 4X60 m. (B)
  • ANA OLIVEIRA, 1ª pelota, 2ª lonxitude e 2ª relevo 4X60 m. (A)
  • SABELA FERNANDEZ,11ª  peso

ALEVIN MASCULINO

  • SAMUEL CORRALES, 2º altura, 1º pelota  e 2º relevo 4X60 m. (A)
  • AMARO BASTON, 2º peso, 6º pelota e 8º relevo 4X60 m. (B)
  • ANXO SOTELO, 3º 2000 m. marcha
  • ALEJANDRO FERNANDEZ,11º pelota, 4º  peso e 8º relevo 4X60 m. (B)
  • ERIC SANTOS, 15º peso , 12º 1000 m.l.  e 8º relevo 4X60 m. (B)
  • XABIER FERRAL,  1º 2000 m. marcha, 7º altura e 8º relevo 4X60 m. (B)
  • RUBEN FERNANDEZ, 11º 60 m.l., 4º lonxitude e 2º relevo 4X60 m. (A)
  • EVAN MARIN, 9º peso e 8º pelota
  • ANXO CURRAS, 2º pelota e 10º lonxitude
  • GABRIEL FAZANES, 2º 2000 m.l.,4º  pelota e 2ºrelevo 4X60 m. (A)
  • ANGEL REFOJOS,  5º 60 m.l. ,3º 1000 m.l. e 2º relevo 4X60 m. (A)


 

PREVIA DO CAMPIONATO PROVINCIAL XOGADE BENXAMIN E ALEVIN

      As pistas do CGTD de Pontevedra serán a sede do CAMPIONATO PROVINCIAL XOGADE BENXAMIN E ALEVIN, os menores en xornada de tarde e a categoría SUB 12 pola maña. Achegamos o HORARIO para a categoría BENXAMIN, con saida do autobús da Estación de Cangas as 15:15 horas. Tamén vai participar no tetratlon feminino a atleta SUB 14 Antia Soto, nas probas de 80 m.l., 80 m.v., lonxitude e peso.



BENXAMIN FEMININO

  • CAMILA ENRIQUEZ ,altura, lonxitude e relevo 4X50 m. (A)
  • SOFIA CORRALES, lonxitude, 1000 m. marcha e relevo 4X50 m. (B)
  • NORA PARCERO, 50 m.l., 1000 m.l. e relevo 4X50 m. (A)
  • LUCIA CANCELAS, 500 m.l., lonxitude e relevo 4X50 m. (A)
  • EMMA SALGADO, lonxitude, 50 m.l. e relevo 4X50 m. (A)
  • MAR FAZANES, peso,  pelota e relevo 4X50 m. (B)
  • DANIELA NOGUEIRA, pelota,  peso e relevo 4X50 m. (B)
  • ISIS MARTINEZ, lonxitude, 50 m.l. e relevo 4X50 m. (B)
  • DANIELLA ALVAREZ,  peso
  • MARTA VEGA, lonxitude e peso

BENXAMIN MASCULINO

  • ADRIAN CALVAR, 50 m.l. , 1000 m.l. e relevo 4X50 m. (A)
  • ALEX CARBALLO, 50 m.l. , 500 m.l. e relevo 4X50 m. (A)
  • THIAGO RESILLE,  altura 
  • HUGO LORENZO, pelota , 500 m.l.(reserva) e relevo 4X50 m. (B)
  • ALAN MALVIDO, 1000 m. marcha, peso e relevo 4X50 m. (B)
  • BRAIS GARCIA50 m.l. , 500 m.l. e relevo 4X50 m. (A)
  • LUCA CAO, pelota, peso e relevo 4X50 m. (B)
  • MATEO JALDA, peso e relevo 4X50 m. (B)
  • XOEL OLIVEIRA, 50 m.l.. e relevo 4X50 m. (A)

      Na categoría ALEVIN se disputará o Campionato en horario de mañá e con saida do autobús da Estación de Cangas as 08:45 horas.



ALEVIN FEMININO

  • LENA CURRAS, lonxitude, 500 m.l. e relevo 4X60 m. (A)
  • EMMA COLLAZO, 60 m.l.,500 m.l. e relevo 4X60 m. (A)
  • NAHIA PINTOS, 2000 m. marcha, pelota e relevo 4X60 m. (A)
  • ALBA ALVAREZ, lonxitude ,1000 m.l. e relevo 4X60 m. (B)
  • AITANA BROULLON, 60 m.l. 500 m.l. e relevo 4X60 m. (B)
  • NOA LORENZO,  pelota
  • CARLA SALGADO, peso, 60 m.l. e relevo 4X60 m. (B)
  • SABELA MIRANDA, peso e pelota
  • LEIRE FUENTES, 2000 m. marcha e relevo 4X60 m. (B)
  • ANA OLIVEIRA, pelota, lonxitude e relevo 4X60 m. (A)
  • SABELA FERNANDEZ, peso

 

ALEVIN MASCULINO

  • SAMUEL CORRALES, altura, pelota  e relevo 4X60 m. (A)
  • DANIEL CORDEIRO, 1000 m.l. , 60 m.l. e relevo 4X60 m. (A)
  • AMARO BASTON, peso,  pelota e relevo 4X60 m. (B)
  • ANXO SOTELO, 2000 m. marcha
  • ALEJANDRO FERNANDEZ, pelota,  peso e relevo 4X60 m. (B)
  • ERIC SANTOS, peso (reserva) e 1000 m.l. 
  • XABIER FERRAL, 2000 m. marcha, altura e relevo 4X60 m. (B)
  • RUBEN FERNANDEZ, 60 m.l.,  lonxitude e relevo 4X60 m. (A)
  • EVAN MARIN, peso e pelota
  • ANXO CURRAS, pelota e lonxitude
  • GABRIEL FAZANES, 2000 m.l., pelota e relevo 4X60 m. (B)
  • ANGEL REFOJOS, 60 m.l. ,1000 m.l. e relevo 4X60 m. (A)

P.D.  Deixade algo de forza para o domingo 5 que temos o Galego de menores en Lugo…

MEMORIAL JOSEFINA ROMERO

A Coruña, 28 de maio de 2022

     Se temos que elexir unha proba TOP da marcha en ruta non temos dubida que o MEMORIAL JOSEFINA ROMERO sería a proba de referencia a nivel Galicia. Se temos que falar de marcha no Club teremos que falar d@s irmans Malvido Pardavila. O máis novo, Alan Malvido, disputou o kilometro na categoría Sub 10, rematando 6º cun tempo de 7:35. Iris Malvido foi 7ª nos 3kms da categoria Sub 16, seguida pola sua irmá Nerea Malvido, que chegou 13ª. Na carreira de 5 kms foi descalificado Diego Garciacando xa tiña percorrido dous tercios da proba.



CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 14

Torrevieja, 28-29 de maio de 2022

     A disputa do CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 14 foi nesta tempada ata a localidade alacantina de Torrevieja. Ali representounos o atleta Hugo Collazo, quen disputaba a modalidade de triathlon B ( lonxitude, 1000 m.l. e xavelina). No concurso de salto de lonxitude deu comezo a sua andaina no Campionato, cun mellor salto de 4,19 m. e unha suma de 237 puntos. A carreira dos 1000 m.l. achegoulle un total de 666 puntos, cunha marca de 2:59.78 que o consolida coma segundo no ranking galego. Unha magoa que no concurso de xavelina non acadase ningun lanzamento válido,  o cal mermou a suma global de puntos . Agardamos que este pequeno contratempo non empañe os logros conseguidos e os que quedan por vir. Parabens por loitar cos mellores.



CAMPIONATO GALEGO SUB 18 AO AIRE LIBRE

Pontevedra, 22 de maio de 2022

   As pistas do CGTD de Pontevedra tiñan unha cita importante coa disputa do CAMPIONATO GALEGO SUB 18 AO AIRE LIBRE. Un nutrido grupo de amare@s competiron, cada cual coa sua meta e Ramilo coa de tod@s. Da sección masculina destacar o Subcampionato Galego que acadou Diego Martínez no lanzamento de disco. Ibrahim Aga non pasou das semifinais nas carreiras de 100 m.l. e 200 m.l. Carlos Corredoira foi 10º na proba de 400 m.l. Carlos López rematou 5º nos 400 m.v. e Yago Juncal foi 8º no conturso de triple salto.



    Na sección feminina Agata Rodríguez acadou outra medalla de prata na final dos 100 m.v., sendo 5ª na proba dos 400 m.v. Uxía Sánchez finalizou 7ª nos 400 m.l., Cristina Taboada 11ª nos 800 m.l. Noa Piñeiro non pasou da semifinal de 100 m.v. e rematou 12ª nos 400 m.v. Carmen Fraga foi 8ª na final do concurso de lonxitude.



     Para dar clausura a competición Uxia, Cristina, Agata e Carmen ainda tiveron folgos para facer unha remuda de 4X100 m., na que remataron en 6ª posición.



XORNADA DE ATLETISMO BASE

Cangas, 17 de maio de 2022

 

     Este martes 17 de maio, festivo polo día das letras galegas, desenrolouse no Estadio Municipal de Cangas a XXVII XORNADA DE ATLETISMO BASE. Xa fora aprazada polo mal tempo e, neste caso, tivemos un día de choiva e vento.  Cousas do directo que non impediron que a participación fora numerosa, o cal e de agradecer. Finalmente entre chuvasco e chuvasco fomos sorteando o mal tempo. No transcurso da mañá premiouse a versatilidade d@s atletas cun grupo de probas que englobaban a velocidade, os saltos horizontais, os lanzamentos e as carreiras de medio fondo. Tamén resaltar o acercamento da competición as categorias tempranas que non contan con moita oferta no calendario federado.



     Por categorias este foi o detalle dos cinco primeiros clasificad@s:

MINIBENXAMIN MULLERES

  • ZOE BAMIO (1ª)
  • CLAUDIA ROMERO (1ª).- CEIP Nazaret
  • GAIA MARTINEZ (3ª).- CEIP Nazaret
  • ANTIA IGLESIAS (4ª)
  • AINARA RIOS (5ª)

MINIBENXAMIN HOMES

  • ADRIEL TABOADA (1º).- CEIP A Rua
  • XOSE GONZALEZ  (2º).- CEIP Nazaret
  • MARCOS NUÑEZ  (3º)
  • IAGO PEREZ ( 4º)
  • IAN RIVAS (5º)


BENXAMIN MULLERES

  • LUCIA CANCELAS (1ª).- CEIP S. Roque
  • NORA PARCERO (2ª)
  • DEVA PALLAS (3ª)
  • AROA RIOBO  (4ª).- CEIP A Guia
  • NAIARA RODRIGUEZ  (5ª)

BENXAMIN HOMES

  • BRAIS GARCIA (1º).- CEIP  S. Roque
  • BRAIS RODRIGUEZ (2º)
  • ALEX CARBALLO  (3º)
  • XOEL OLIVEIRA ( 4º)
  • LUCA CAO (5º)


ALEVIN MULLERES

  • LENA CURRAS (1ª).- CEIP Reibon 
  • ALBA ALVAREZ (2ª).-CEIP Nazaret
  • EMMA COLLAZO (3ª) CIA. MARIA
  • AITANA BROULLON (4ª)
  • NAHIA PINTOS  (5ª) .- CEIP Montemogos

ALEVIN HOMES

  • SAMUEL CORRALES (1º).- CEIP  Tiran
  • GABRIEL FAZANES (2º).–CEIP A Pedra
  • ANGEL REFOJOS  (3º).- CEIP Nazaret
  • JOSEP BASTOS ( 4º).- CEIP A Coutada
  • DANIEL CORDEIRO (5º).- CEIP Reibon