ZONAL BENXAMÍN – ALEVÍN DE PISTA AIRE LIBRE

Cangas, 20 de marzo de 2010

Despois dos últimos días en que parecía que por fin diexaramos atrás o inverno, precisamente no primeiro día da primavera, vai e volta a chover e ventar. Así foi como empezou o día de hoxe. As probas de marcha, lonxitude e altura masculina e peso feminina celebráronse en condicións verdadeiramente invernais. Logo o tempo deunos unha tregua e non volveu a chover ata case o final da mañá.

Como xa sabedes, cada atleta podía participar nun máximo de dúas probas. Sen dúbida a proba que contou con máis participantes foi a de lonxitude. Este ano houbo unha nova modalidade: o lanzamento de pelota, que consistía en lanzar a pelota a modo de xavilina.
Os resultados desta xornada non saberemos a importancia que teñen exactamente ata que non se faga a xornada seguinte o 17 de abril, que probablemente será en Vilagarcía, aínda que tamén pode ser en Pontevedra. Das marcas conseguidas nas dúas xornadas, clasificaranse as 16 mellores.
De momento, a próxima do deporte escolar será en Pontevedra, onde se celebrará a primeira xornada para a categoría infantil o vindeiro 27 de marzo.
Aquí podedes consultar os resultados:resultados-pista-cangas

Os nosos atletas quedaron como segue:
Alevín mulleres:
Noa García Prieto: 1ª en peso e 3ª en marcha
Alba Vidal Soliño: 1ª en 1.000 m.l. e 3ª en altura
Mª Jesús Corredoira Herbello: 2ª en 500 m.l. e 16ª en lonxitude Seguir leyendo

COMPETICIÓN ESCOLAR EN PISTA CUBERTA

Empeza a competición escolar en pista ó aire libre para as categorías benxamín, alevín e infantil.
Celebraranse como mínimo dúas xornadas previas á fase provincial, sendo a primeira delas este sábado 20 de marzo nas pistas de atletismo de Cangas. O horario será o seguinte: horario-cangas
De todos xeitos tedes que ter en conta que os rapaces deben chegar con antelación suficiente para quentar e acudir a cámara de chamadas.
Os benxamíns e alevíns poderán participar nun máximo de dúas probas. No caso de ser carreiras, somentes unha poderá superar os 250 m.
Os infantís poderán participar como máximo en tres probas: tres concursos, un concurso e dúas carreiras ou dous concursos e unha carreira, sempre tendo en conta que só poden facer unha carreira superior a 250 m.
Clasificaranse para o campionato provincial as 16 mellores marcas das fases comarcais en cada proba.
Ó campionato galego irán só as categorías alevín e infantil. Clasificaranse os tres primeiros atletas de cada proba do campionato provincial, así como os catro mellores atletas do ranking galego de cada proba, unha vez quitados os tres primeiros atletas clasificados directamente en cada provincia.
En cato a competición por equipos, esta está reservada ás categoría alevín e infantil. Os atletas participarán nas xornadas de competición individual acadando unha clasificación por estadillo para a competición por equipos.
Ó campionato galego irán 8 equipos clasificados por estadillo. Cada equipo terá un so representante en cada proba individual. Na categoría alevín un mesmo atleta só poderá tomar parte nunha proba e un relevo. Na categoría infantil cada atleta poderá participar en dúas probas e nun relevo, sempre tendo en conta as distancias antes indicadas.
Os equipos para puntuar están obrigados a cubrir todas as probas, agás na categoría infantil na que se eliminará a peor actuación realizada na competición.
Aquí podedes consultar as próximas citas:
atletismo-en-pista-al-aire-libre-calend

CROSS A RUA

A Rúa ( Cangas), 14 de marzo de 2010.
Felicidades á ANPA do colexio de A Rúa e a todos os seus colaboradores polo seu exitoso primeiro cross. O referido cross tivo unha numerosísima participación dos rapaces que representaban a todos os colexios da comarca. A participación foi tan numerosa que xa a quixeran moitos crosses cunha ampla tradición.
Ademais dos rapaces, tamen deron exemplo os pais e as nais, que correron baixo a atenta mirada e os ánimos dos seus fillos/as.
A continuación, podedes informarvos aquí sobre os resultados:clasificacion_1_cross_escolar_ceip_a_rua_14mar10

GALEGO ESCOLAR ALEVÍN-INFANTIL DE PISTA CUBERTA

A Coruña, 13 de marzo de 2010.
O sábado viaxamos ata A Coruña para celebrar o campionato galego, onde só podían participar para cada proba, as 16 mellores marcas de Galicia.
Aínda que participamos con moitos nenos, nos se pode dicir que estiveran moi acertados, máis ben habería que dicir que estaban moi apáticos. A outros como David e Noa García, tivieron que deixar de lado a proba na que estaban competindo, altura e lanzamento de peso, para ir a correr os 1000 m.l. o que lles perxudicou á volta, para seguir participando ó mesmo nivel que os outros nenos.

O paseo ata a univeresidade de Elviña, onde fomos comer, parece que os despexou un pouco e a tarde foi un pouco mellor que a maña

Aínda que non houbo a chuvia de pódiums de outros anos, temos que felicitar a Adrian, David, Carla, Alexia e Eva polos que acadaron, sen olvidarnos de felicitar a quenes mellorando a suas marcas non acadaron recoñecemento publico pero si o persoal.
Aquí podedes comprobar os resultados xerais:c130310
Os resultados dos nosos atletas foron:
Alevín homes:
Gabriel Fernández González: 10º en 50 m.l.
Julián Villa Carracelas: 4º de 50 m.l. Seguir leyendo

CAMPIONATOS DE ESPAÑA

Seis dos nosos atletas participaron este fin de semana coa selección galega nos campionatos de España por autonomías de marcha e de campo a través.
Por unha banda, os de marcha desprazáronse ata Ibiza. Entre eles estaban Mar Chillón, Ángel Menduiña e Rebeca Obenza.
Na categoría cadete feminino, categoría na que participaba Mar, Galicia conseguiu o cuarto posto. Entre as galegas, a primeira en chegar foi Marisol Diz (7ª), seguida de Mar Chillón (11ª) e María Naveiras(23ª).
Angel Menduiña participou cós xuveniles, entrando na 17ª posición. Nesta categoría, Galicia conseguiu a medalla de bronce, entrando Fabio Pereira (11º), Francisco José Durán (12º) e Armando Pereira (15º).
A xunior Rebeca Obenza entrou no posto 19ª entre xuveniles e xuniors. Antes dela, no 8º posto, entrou Rocio Carbia. Miriam Costas entrou na 33ª posición. Galicia conseguiu, nesta categoría o 6º posto.

Por outra banda, moito máis cerca, na Coruña, disputouse o campionato de España por autonomías de campo a través.
Cristina Gil participou na categoría xunior, onde Galicia quedou 7ª. As galegas entraron por esta orde: Melina Alonso (15ª), Raquel Rodríguez (25ª), Cristina Gil (46ª), Andrea Montero (56ª) e Catuxa Segade (66ª).
Sergio Iglesias e Brais Misa correron cós promesas e axudaron a conseguir a 9ª posición para Galicia.
Entraron como segue: Óscar Vicente (13º9, Sergio Iglesias (37º), Nicolás Arrojo (50º), Diego Barreiro (59º), Francisco Iglesias (64º) e Brais Misa (66º).

CLASIFICADOS PARA O CAMPIONATO GALEGO DE PISTA CUBERTA

O Club Atletismo Vila de Cangas clasificou a 27 dos seus atletas para o campionato galego de pista cuberta das categorías alevín e infantil.
A final autonómica será na pista de atletismo cuberta do Pazo dos Deportes da Cidade Deportiva de Riazor en A Coruña o vindeiro sábado 13 de marzo. Clasificáronse para este Campionato as 16 mellores marcas galegas, realizadas nas xornadas previas provinciais.
A competición será en xornadas de mañá e tarde. Podedes consultalo aqui:
horario-pc

Os atletas clasificados do Vila son:
1 ALONSO GIL, SAMUEL: PESO
2 AMOEDO PORTABALES, SARAY: 500 e LONXITUDE
3 BERNARDEZ MIRANDA, CARLA: LONXITUDE e PESO Seguir leyendo

cross A RUA


A Asociación de Nais e Pais do Ceip A Rúa, coa colaboración do Clube de Atletismo Vila de Cangas e o propio centro, pon no seu coñecemento que o vindeiro día 14 de marzo, a partir das 10:30 horas da mañá, celebrarase o noso I Cross Escolar.

CATEGORIAS
PITUFOS 3, 4 E 5 ANOS: 2006, 2005 e 2004
MINIBENXAMÍN: 2003 e 2002
BENXAMÍN: 2001 e 2000
ALEVÍN: 1999 e 1998
PAIS E NAIS
Cada delegado encargarase de facer e repartir os dorsais coa suficiente antelación, usarase o mesmo nº de dorsal para todos os participantes do mesmo centro.
No dorsal poráse o nº e categoría, nome do nen@ e colexio.
RELACION DE DORSAIS POR ORDE ALFABETICO
1.- CEIP A GUÍA
2.- CEIP A PEDRA-BUEU
3.- CEIP A RÚA
4.-CEIP CASTRILLÓN
5.- CEIP DA LAXE
6.- CEIP DA TORRE-CELA
7.- CEIP DE ABELENDO
8.- CEIP DE ARDAN
9.- CEIP DE CANGAS-NAZARET
10.- CEIP DE QUINTELA
11.- CEIP DE REIBÓN
12.- CEIP DE SEARA
13.- CEIP DE SEIXO
14.- CEIP DE SEQUELO-MARIN
15.- CEIP DO CARBALLAL
16.-CEIP DO HÍO
17.- CEIP DOMAIO
18.- CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN
19.- CEIP MONTEMOGOS
20.- CEIP SAN ROQUE
21.- CEIP TIRAN
22.- CEP RIOMAIOR
23.- CPR CASA DE LA VIRGEN
24.- CPR COMPAÑÍA DE MARÍA
25.- CPR EDUARDO PONDAL
26.- CPR LA INMACULADA
27.- CPR SAGRADA FAMILIA
28.- CPR SAN NARCISO
29.- CPR VIRGEN MILAGROSA
INSCRIPCIÓNS: A inscripción poderase facer vía fax no 986303918 ou vía e-mail na seguinte dirección: anpa.arua@gmail.com ata o día 8 de marzo ás 12:00h. Ou no mesmo centro ata as 09:30h da mañá do mesmo día. Rogamos notifiquen na inscripción se o nen@ ten algún tipo de alerxia alimentaria, os nen@s que teñan algunha alerxia terán que decir o seu nome na recollida da merenda.
Para facilitar a nosa labor agradeceriamoslles que a inscripción fose vía e-mail.
ORDE DE PROBAS

ALEVÍN FEMININO 700m
ALEVÍN MASCULINO 700m
BENXAMÍN FEMININO 450m
BENXAMÍN MASCULINO 450m
MINIBENXAMÍN FEMININO 245m
MINIBENXAMÍN MASCULINO 245m
PITUFOS 5 ANOS FEMININO 120m
PITUFOS 5 ANOS MASCULINO 120m
PITUFOS 4 ANOS FEMININO 100m
PITUFOS 4 ANOS MASCULINO 100m
PITUFOS 3 ANOS FEMININO 80m
PITUFOS 3 ANOS MASCULINO 80m
NAIS E PAIS 900m

CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR DE CROSS

Pobra do Caramiñal, 6 de marzo de 2010.

A xornada empezou coas mulleres alevíns, onde se proclamaron vencedoras por equipos as atletas do Vila de Cangas. Tanto Mª Jesús Corredoiras como Alba Vidal fixeron unha boa carreira, rematando en 5º e 6º lugar, respectivamente. A terceira do equipo, Noa García, tampouco tardou en chegar, entrando en 11º lugar. A puntuación completouna Saray Amoedo en 25º posición.
Os homes alevíns tivéronno máis difícil. Oss de AD Limia deron a sorpresa e proclamáronse campións seguidos dos do Val Miñor. O Vila de Cangas acadou o terceiro posto, sendo o primeiro do equipo en chegar David Lorenzo (7º), seguido de Jorge Piñeiro (11º), Adrián Outeiral (21º) e Martín Souto (38º).
Entre os infantiles non tiñamos ningún atleta, pero sí os nosos filiais do Suárez Marquiér, sendo o máis destacado Javier Costas, que acadou o 15º posto.

En canto ás cadetes, notouse a ausencia de mar Chillón (concentrada coa selección en Ibiza). O equipo non pudo superar o 5º posto, puntuando para iso Patricia Abal (15ª), María Jesús Novo (16ª) e Aida Amoedo (32ª).
Sen dúbida, a carreira máis emocionante foi a dos cadetes homes. Sabían que os cinco primeiros atletas en chegar a meta conseguirían o pase directo para formar parte da selección galega. Jesús Parcero era un claro favorito para ser un dos escollidos e non nos defraudou, acadando a medalla de bronce e, polo tanto, o pasaporte para Albacete o 28 de marzo. Pero si a alguén hai que felicitar é a Tomás Ocaña, que, a pesar da súa curta experiencia no atletismo, conseguiu tamén o equipamento da selección entrando nun 4º posto. Tampouco foi nada despreciable a actuación de ántón Menuiña, quen entrou 8º.
Como non podía ser doutro modo, o equipo de cadetes masculino recibiu o título de campión galego por equipos.
Os do Suárez Marquier quedaron séptimos.

CRITERIOS PARA FORMAR A SELECIÓN GALEGA

Podedes consultar a Circular 24-2010 correspondente aos Criterios a seguir para configurar ás seleccións galegas nos distintos campionatos nacionais.

circular_24-2010
Pese a o que pon na circular, en canto á selección de cadetes de campo a través, terase en conta o seguinte:
«SECTOR DE FONDO
(Responsable, Alfonso Ortega Casasnova)
1-2 – CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE E XUVENIL POR AUTONOMÍAS (CDS) 28 DE
MARZO (ALBACETE).
Segundo a Normativa aprobada pola Xunta de Galicia e o Comité Escolar da FGA, recollida
no Programa dos Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar (XOGADE), a Selección que
representará a Galicia neste campeonato estará formada por:
Categoría Cadete
a) Os cinco primeiros/as atletas clasificados/as no Campionato Galego Escolar a celebrar en A Pobra
do Caramiñal (A Coruña) o 6 de Marzo.
O resto dos atletas serán designados polo Comité Técnico da Federación Galega de Atletismo,
tendo en conta:
a) As actuacións dos atletas nas competicións da actual tempada, tendo predominancia o Cto.
Galego Cadete celebrado o 17 de Xaneiro en Ourense.
b) Os resultados das confrontacións entre atletas similares.
c) A resposta do atleta ante competicións relevantes a estos niveis.»

CITAS AUTONÓMICAS E NACIONAIS

Os atletas do Vila de cangas das categorías alevín e cadete, tanto homes como mulleres, teñen este sábado unha cita na Pobra do Caramiñal. Trátase do campionato galego escolar de campo a través que estaba sinalado para o pasado fin de semana, pero que se suspendeu por mor do mal tempo.
A primeira proba está previsto que empece ás 11:30, e será a de alevín feminino. A competición rematará coa categoría cadete masculino sobre áss 13:15 h.
As mulleres cadete convocadas son: María Jesús Novo, Patricia Abal, Aida Amoedo, Iria Piedras, Alicia Dacruz e Ana Bermúdez.
Os homes cadete: Jesús Parcero, Antón Menduiña, Tomás Ocaña, Rafael Curro, Rubén Lorenzo e Sergio Piñeiro.
Alevín mulleres: María Jesús Corredoira, Alba Vidal, Saray Amoedo, Noa García, Paula Santos e Raquel Otero.
Alevín homes: Jorge Piñeiro, David Lorenzo, Adrián Outeiral, Julián Villa, Martín Souto e Daniel Armada.
Sairá un autobús o sábado ás nove da mañán cara á Pobra. O autobús será compartido con outros atletas da zona de Vigo, como son os do Coutada- Beade e os do Comesaña.

Por outra banda, este fin de semana os nosos atletas marchadores (Mar Chillón, Rebeca Obenza e Ángel Menduiña) parten para Ibiza a fin de formar parte da selección galega no campionato nacional por autonomías.
Outros tres dos nosos atletas ( Sergio Iglesias, Brais Misa e Cristina Gil) foron chamados para formar parte da selección galega de campo a traves a celebrar en terras de A Coruña.