CARREIRA DO PAPO`S

Mañan fabulosa para a practica deportiva, de feito o parque de castrelos estaba cheo de corredores e ciclistas disfrutando do domingo. Calquera diria que era decembro, que se celebraba o X Memorial Andres Abanqueiro Bocateria Papo’s 2010, case todos os atletas equipados en manga corta, os que estaban en manga larga, non era polo frio, senon pola sobreprotección materna. A participación dos atletas do Vila de Cangas resultou moi exitosa con tres victorias e o color amarelo foi protagonista da maioria dos podios. Significar que este ano se entregaron trofeos en forma de buho os primeiros cinco clasificados, sendo xa un elemento identificativo desta carreira ademais do bocata de salchicha co que foron agasallados todos os participantes. En xeral un 11 para a voluntade dos nosos atletas, o demais vendra coa perseverancia.

                                                                                                             (ÓSCAR GIL)

Os nosos atletas quedaron como segue:
Pitufos mulleres:
7ª Iris Malvido Pardavila
8ª Nerea Malvido Pardavila
Putufos homes: Seguir leyendo

Campionato Galego de Marcha en Pista

Este Campionato celebrouse en Pontevedra, nas pistas do Estadio da Xuventude, que tamén é a sede da Escola de Marcha. Esta é a primeira proba a nivel galego que hai na tempada, e alégranos que esta vez non nos desprazaramos moito.
Aínda que había algún que pronosticaba moita chuvia, temos que decir que non caiu nin unha pinga, incluso o sol saiu a mirar a marcha que había nestas pistas. O Vila de Cangas fomos con 8 atletas. Suso Guimeráns non pudo facer o seu debut nesta disciplina por estar enfermo.

A primeira proba de 1 km, a dos benxamíns, terminou moi ben con dúas atletas do noso club, Valeria Fernández e Valeria Rodríguez, aupadas no pódium no 1º e no 2º posto respectivamente. O seguinte foi Andrés que fixo 2 km , terminou 4º e finalizada a proba enterouse de que estaba descalificado.

A proba máis disputada e emocionante, foi os 3 km das infantiles e cadetes con 20 participantes. As rapazas marcharon en bloque durante moitas voltas e pouco a pouco foronse descolgando as que non puderon seguir o ritmo. O pódium resolveuse nos últimos metros quedando Mar 2ª. Noa quedou 14ª na carreira e 6ª na súa categoría.

A última proba foi a dos 5 km na que tamén conseguimos 2 podiums, Rebeca que quedou 2ª e Iria que conseguiu o seu primeiro pódium de marcha quedando 3ª . Ángel acadou o 4º posto.

A próxima cita para os marchadores é o 13 de febreiro, no Campionato Galego de Marcha en Ruta que todavía está por designar. Hai tan poucos circuitos homologados, que sospeitamos que teremos que viaxar ata o norte.
Resultados

1 km                                                2 km
1ª Valeria Fernández                 Andrés Obenza Des.
2ª Valeria Rodríguez

3 km                                               5 km
2ª Mar Chillón                           2ª Rebeca Obenza
6ª Noa García                            3ª Iria Piedras
                                                       4º Ángel Menduiña

GALEGO DE MARCHA E MEMORIAL ANDRÉS ABANQUEIRO

Este vindeiro domingo 12 de decembro teremos que repartir os nosos atletas. Por unha banda celebrarase o campionato galego de marcha en pista no Centro de Tecnificación de Pontevedra, a onde se desprazarán os nosos marchadores. Podedes descargar información desa proba aqui: CIRCULAR 77-2010
Por outra banda, as categorías menores do Vila de Cangas desprazaranse ata Vigo, a Castrelos, onde terá lugar o X Memorial Andrés Abanqueiro-Bocatería Papo´s – Deportes Athletic’s. Aquí tamén tendes información desta proba: 2010.12.12.reglamento

PEDESTRISMO – MEMORIAL PEPE CORDEIRO

 Cangas, 5 de decembro de 2010.
Baixo un diluvio correron todas e cada unha das categorías citadas nesta nova edición do Pedestrismo de Cangas e Memorial Pepe Cordeiro.
Como sabedes, este ano non correron os máis pequenos, só o fixeron a partir da categoría xuvenil. Había máis de 500 atletas inscritos e aínda que non correron todos, si foron moitos os que se citaron no centro de Cangas.
O tempo mantívose máis ou menos estable ata que empezaron a quentar os da primeira carreira. Logo, xa non escampou.
Na primeira carreira foron as das categorías xuvenil, xunior e veteranas femininas.
Na segunda carreira correron os das categorías xuvenil, xunior e veteranos homes, así como a categoría absoluta feminina. Nesta última as primeiras en chegar a meta foron: Doroteia Peixoto, Joana Vanesa Martins e Filomena Costa.
A terceira e última carreira foi a absoluta dos homes, na que se proclamou campión Gustavo Platas Vidal, seguido de Marco Morgado e Robertas Geralavicius.
Noraboa a todos eles.
O Club Atletismo Vila de Cangas, organizador desta proba, quere agradecer a todos os que colaboraron na mesma, xa fora aportando algún “tenteenpé”, xa fora traballando para limitar o circuíto ou de calquera outro xeito.

resultados pedestrismo

Xuvenil mulleres:

1ª Jenny Fernández Massó ( Val Miñor)

2ª Victoria Rodríguez Freiria ( Val Miñor) Seguir leyendo

MEMORIAL BELARMINO ALONSO

Vigo, 28 de novembro de 2010.
Este ano non nos acompañou a chuvia. Cousa rara, porque nos últimos anos era falar do Belarmino Alonso e falar de chuvia, lama, caidas …
Para os máis novos, (e para os non tan novos tamén), estreamos circuíto. Ó parecer, hai xa bastantes anos, xa se celebrou nese lugar a proba.
O certo é que para a maioría dos que estabamos alí o percorrido era novo. Os atletas agradeceron a falta de lama dos outros anos, sobre todo os máis pequenos que foron os últimos en correr. O frío intenso facía que moitos espectadores buscaran as zonas mortas do que parecía un labirinto, a fin de acadar un raio de sol, claro que primeiro había que asegurarse que non estabamos dentro do espacio por onde tiñan que correr.
Na carreira absoluta dos homes houbo unha gran participación. Os tres primeiros postos foron para portugueses: Carlos Costa, Ricardo Dias e Daniel Pinheiro. Na carreira absoluta das mulleres, a participación foi bastante menor, pero tamén se impuxo unha portuguesa, Filomena Costa. A segunda foi Patricia Mendes, do Comesaña.
En canto ós nosos atletas, os que mellores postos acadaron foron os máis pequenos. Impuxéronse como campións por equipos os benxamins (tanto homes como mulleres), os alevíns (homes), os infantís (mulleres). Subcampións foron os xunior (mulleres) e os infantís (homes). A terceira posición por equipos foi a que conseguiron as mulleres alevíns.


Os resultados dos nosos foron os que seguen:
Xuvenil homes:
13º Tomás Ocaña Pazos
14º Arón Misa García
Xunior homes:

Seguir leyendo

XXXVII TROFEO PEDESTRISMO DE CANGAS

O domingo 5 de decembro terá lugar unha nova edición do Trofeo Pedestrismo Concello de Cangas.
O evento está organizado por este Club, Atletismo Vila de Cangas, e patrocinado polo Ilmo Concello de Cangas e a Fundación Cangas Deporte.
Este ano trae como principal novidade a exclusión das categorías menores. Haberá catro únicas carreiras:
– ás 11.00, xuvenil, xunior e veteráns feminino. (3.000 m)
– ás 11:20, xuvenil, xunior e veterans masculino, xunto coas participantes na categía absoluta (5.000 m)
– ás 11:50 h, absoluta masculina (9.000 m.)
Os tres primeiros clasificados de cada categoría levarán trofeo. Tamén haberá premios en metálico para os tres primeiros das carreiras absolutas. serán de 500, 350 , 200 e 100 euros para o 1º, 2º ,  3º e 4º, respectivamente, tanto en homes coma en mulleres .

Aquí tedes toda a infomación:PEDESTRISMO

«UN CLUB QUE É MÁIS QUE UN CLUB»

Cangas, 13 de novembro de 2010.

Neste día de gala para o Club Atletismo Vila de Cangas, reunímonos no Concello de Cangas personalidades tan importantes como:
• Isidoro Hornillos, presidente da Federación Galega de Atletismo.
• Eleuterio García, presidente da Delegación de Atletismo de Vigo.
• Toñi Queimaño, Concellal de deportes deste Concello.
• Enrique Sotelo, Concellal de grupo popular en Cangas.
• David Cal, afamado deportista olímpico de Cangas.
• Daniel Benavides, Xefe do Servizo de Deporte escolar.
• Francisco Rodal, Director Técnico do Vila de Cangas
• Mª Carmen Calvar, nutricionista que colabora có Club.
• E os atletas do Club Atletismo Vila de Cangas, os mellores atletas do mundo mundial.

O acto empezou coa foto de familia de todos. Logo, fóronse presentando cada un dos equipos, empezando polos máis pequeniños e rematando polos máis velliños.

A continuación iniciouse unha charla – coloquio . O primeiro dos invitados que falou foi David Cal. Admirou a intensa actividade do Club e animounos a seguir así. Tamén desvelou o seu desexo de ir ás próximas Olimpiadas, para o que ten que quedar entre os seis primeiros do mundial. ¡Animo, David! Ti podes.
Daniel Benavides agradeceu a colaboración prestada polo Club na tempada anterior, na que se estreaba no cargo. Manifesta que leva a impresión de que somos unha familia e un exemplo . Nós tamén lle agradecemos estas verbas.
Isidoro Hornillos agradece a invitación feita polo Club para estar este día aquí. Da os parabéns ós atletas, adestradores, directivos e familias. Di que o noso é un Club que é máis que un club.
Fran Rodal anima ós atletas a que sigan adestrando. É certo que non sempre se acadan os resultados esperados, pero o importante é sentirse satisfeito có esforzo realizado. O atletismo é un deporte individual e do traballo individual  dos atletas saen os equipos. Está contento polos resultados acadados na tempada anterior. Soña con que un día o Vila de Cangas compita na 1ª División. O principal obstáculo para logralo son os cartos, pois atletas hai no Morrazo, e moi bos.


De seguido ábrese o turno de preguntas do público que os invitados contestan.
Remata o acto facendo entrega da revista nº XV do Club, que non acadará ningún premio literario nin de ningún outro tipo, pero é a nosa revista.

SAN MARTIÑO DE BUEU

Bueu, 7 de Novembro de 2010

O tempo aliouse coa organización desta 15ª edición da carreira pedestre de San Martiño de Bueu, pois a chuvia non fixo acto de presenza ata que remataron todas as carreiras.
A organización da proba estivo a cargo do club de atletismo Corredoiras de Bueu, a cal estaba hoxe moi satisfeita, pois superaron a participación de todos os anos anteriores, e mesmo se bateron os tempos ata agora establecidos na carreira absoluta masculina. Robertas Geralavicius impúxose ós aproximadamente 180 atletas que participaron na proba reina. Por outra banda, na categoría feminina impúxose Sandra Mosquera, seguida da atleta do noso Club Andrea García.
Como anécdota, contar a impaciencia dos atletas máis pequenos, que protagonizaron unha saía nula, sen que ninguén foxe quen de paralos. Algúns chegaron ata a meta esquivando ós adultos que se poñían no medio para indicarlles que pararan.
Entre os nosos atletas destacaron:
Alevín masculino: Jorge Piñeiro foi o campión e David Lorenzo conseguiu a medalla de bronce.

Alevín feminino: Saray Amoedo levou a medalla de prata e o bronce foi para Alba Vidal.
Infantil feminino: Prata para Noa Rouco.
Infatil masculino: magnífica carreira a feita por Óscar Broullón, quen, acostumado a subir o podio polos lanzamentos, hoxe estreouse no podio dunha carreira longa cun 3º posto.
Cadete Feminino: Alexia Vidal levou o trofeo correspondente ó terceiro posto.
Benxamín feminino: Este foi todo el amarelo. Ouro para Sandra Souto, prata para Irene Menéndez e bronce para Valeria Fernández.
Benxamín masculino: Simón Pereira foi o que chegou primeiro á meta nesta categoría.
Minibenxamín masculino:Pedro Verdeal foi guiando ós demais e conseguiu o ouro.
Xuvenil feminino:Esta categoría correu coa absoluta, así que non soubemos exactamente os postos ata o momento de entregar os premios. A vencedora foi María Jesús Novo , seguida de Ainara Rodríguez que entrou segunda.
Senior feminino: A orde de entrada desta categoría foi a mesma que a absoluta, polo que Andrea García foi segunda.