CAMPIONATO ESPAÑA UNIVERSITARIO

León, 22 de abril de 2023

     Participou na final do triple salto a nosa atleta Ariadna Gil, representando a Universidade de Santiago. Estreaba unhas pistas universitarias, recen remodeladas. O concurso de triple salto celebrouse as 10 horas do sábado, ainda facia un fresco considerable en León e o ceo lucía solleiro. Foi unha participación na que Ariadna foi en progresión, e xustamente o salto máis longo foi o que menos mediu, parece irónico pero non, simplemente foi un erro dos xuices. Isto privouna de pasar a mellora e tamén lle  supuso un pequeno enfado pola impotencia acumulada. Finalmente rematou 9ª pero cun sentimento de que, sen interferencias, hai moito marxe de mellora.



PREVIA XOGADE EN PISTA ALEVIN INFANTIL

     O domingo 23 de abril de 2023 as pistas do CGTD de Pontevedra acolleran unha nova xornada do programa XOGADE en Pista ao Aire Libre. As categorías implicadas son ALEVIN e INFANTIL. Saira un autobus da Estación de Cangas as 08:45 horas con volta ao remate das probas. Achegamos a LISTA DE SAIDA da competición e o detalle d@s atletas do Club e probas a disputar.


RESULTADOS EN DIRECTO



 

ALEVIN MULLERES

  • LENA CURRAS, 60 m.l. e Peso
  • EMMA COLLAZO, 60 m.l. e Lonxitude
  • ALBA ALVAREZ, 60 m.l. e Lonxitude
  • CARLA SALGADO, 60 m.l. e Lonxitude
  • NOA PEDRIDO, 60 m.l. e Lonxitude
  • ELODIE GRAÑA, 60 m.l. e Lonxitude
  • SOFIA CAPELO, 60 m.l. e Lonxitude
  • VERA BOUBETA, 60 m.l. e Lonxitude
  • CAMILA ENRIQUEZ, 60 m.l. e Lonxitude
  • VIOLETA BASCONCELLO, 60 m.l. e Lonxitude
  • SABELA MIRANDA, Peso
  • ISIS MARTINEZ, 60 m.l. e Lonxitude
  • VALERIA SUEIRO, 60 m.l. e Lonxitude
  • IRIA FERNANDEZ, 60 m.l. e Lonxitude

ALEVIN HOMES

  • ANGEL REFOJOS, 60 m.l. e Lonxitude
  • DANIEL CORDEIRO, 60 m.l. e Lonxitude
  • SAMUEL CORRALES, 60 m.l. e Lonxitude
  • BRAIS GARCIA, 60 m.l. e Lonxitude
  • ALAN MALVIDO,  Peso
  • ANXO CURRAS, 60 m.l. e Peso
  • ERIC SANTOS, 60 m.l. e Lonxitude
  • ALEJANDRO FERNANDEZ, 60 m.l. e Peso
  • XOEL OLIVEIRA, 60 m.l. e Lonxitude
  • EVAN MARIN, 60 m.l. e Peso

INFANTIL MULLERES

  • ANTIA SOTO, 80 m.l. e Altura
  • LEIRE FUENTES, 1000 m.l. e Xavelina
  • NOA LORENZO, 80 m.l. e Altura
  • NAHIA PINTOS, 80 m.l. e Xavelina
  • AITANA BROULLON, 80 m.l. e Xavelina
  • ANA OLIVEIRA , 1000 m.l. e Xavelina

INFANTIL HOMES

  • MIGUEL FERNANDEZ,1000 m.l. e Xavelina
  • MARCOS RIAL ,1000 m.l. 
  • SAUL SANTOS ,80 m.l. e Altura
  • ROI RIVAS, 80 m.l. 
  • PEDRO GONZALEZ , 1000 m.l. 

 

PREVIA DO CONTROL DE MENORES VILA DE CANGAS

       Este vindeiro sábado 22 de abril de 2023 imos organizar o I CONTROL DE MARCAS DE MENORES VILA DE CANGAS. A idea desta proba xurde para encher o valeiro de probas que non foron incluidas no programa XOGADE, co cal moitas das categorias implicadas apenás tiñan oportunidade de cara acadar unha marca. Vai ser no Estadio de Balaidos en Vigo. Agradecer ao Concello de Vigo e a Delegación da FGA de Vigo pola acollida e as xestións. Agardamos poder facer algunha outra, tampouco moitas porqué sería sintoma de que as Pistas de Atletismo de Cangas seguen igual, sen arranxar e sen homologar. Achegamos información dos HORARIOS e queremos pedir a colaboración d@s soci@s para efectuar labores de axuda na loxística da proba. Podedes confirmarnos polos canles habituais do Club.



ATLETAS E PROBAS A DISPUTAR:

 

SUB 10 MULLERES

  • EMMA SALGADO, 500 m.l. e Lonxitude
  • ZOE BAMIO, 500 m.l. e Lonxitude
  • SOFIA CORRALES, Marcha e Lonxitude
  • MAR FAZANES, 500 ml. e Peso
  • LUCIA CANCELAS, 10000 ml. e Lonxitude
  • CLAUDIA ROMERO, 500 m.l. e Lonxitude
  • GAIA MARTINEZ, Lonxitude e Peso
  • DANIELA NOGUEIRA, Pelota e Peso
  • DANIELLA ALVAREZ, 500 ml. e Altura

SUB 10 HOMES

  • ADRIAN CALVAR, 1000 m.l. e Lonxitude
  • HUGO LORENZO, 500 m.l. e Lonxitude
  • ALEX CARBALLO, 500 m.l. e Pelota
  • LUCA CAO, Pelota e Altura
  • XOSE GONZALEZ, 500 m.l. e Lonxitude
  • BREIXO GONZALEZ, 500 m.l. e Lonxitude

SUB 12 MULLERES

  • LENA CURRAS, 1000 m.l.
  • EMMA COLLAZO, 1000 m.l.
  • ALBA ALVAREZ, 1000 m.l.
  • CARLA SALGADO, 1000 m.l.
  • NOA PEDRIDO, 1000 m.l.
  • ELODIE GRAÑA, 1000 m.l.
  • SOFIA CAPELO, 1000 m.l.
  • VERA BOUBETA, 1000 m.l.
  • VIOLETA BASCONCELLO, 1000 m.l.
  • VALERIA SUEIRO, 1000 m.l.
  • IRIA FERNANDEZ, Marcha 

SUB 12 HOMES

  • ANGEL REFOJOS, 1000 m.l.
  • DANIEL CORDEIRO, 1000 m.l.
  • SAMUEL CORRALES, 1000 m.l.
  • BRAIS GARCIA, Marcha
  • ANXO CURRAS, 1000 m.l.
  • ERIC SANTOS, 1000 m.l.
  • XABIER FERRAL, 1000 m.l.
  • XOEL OLIVEIRA, 1000 m.l.

SUB 14 MULLERES

  • ANTIA SOTO, 220 m.v. , Triple Salto e 150 m.l.
  • LEIRE FUENTES, 500 m.l. e 150 m.l.
  • NOA LORENZO, 500 m.l. e 150 m.l.
  • NAHIA PINTOS, 500 m.l. e 150 m.l.
  • AITANA BROULLON, 500 m.l. e 150 m.l.
  • ANA OLIVEIRA , 220 m.v. e 150 m.l.

SUB 14 HOMES

  • MIGUEL FERNANDEZ, 500 m.l. e 150 m.l.
  • MARCOS RIAL ,2000 m.l.
  • SAUL SANTOS ,220 m.v. e 500 m.l.
  • ROI RIVAS, 500 m.l. e 150 m.l.
  • PEDRO GONZALEZ , 500 m.l. e 150 m.l.

 

XORNADA XOGADE EN PISTA PONTEVEDRA

     Este vindeiro domingo 16 de abril en xornada de tarde vaise disputar no Estadio de Atletismo do CGTD en Pontevedra unha nova Xornada do XOGADE en Pista ao Aire Libre. O autobús sairá da Estación de Cangas as 15:00 horas con volta ao remate das probas. Achegamos a LISTA DE SAIDA para o seguimento dos horarios e resultados.



RESULTADOS EN DIRECTO


BENXAMIN MULLERES

  • EMMA SALGADO, 400 m.l. e Altura
  • ZOE BAMIO, 400 m.l. e Altura
  • SOFIA CORRALES, 400 ml. e Pelota
  • MAR FAZANES, 400 ml. e Pelota
  • LUCIA CANCELAS, 400 ml. e Pelota
  • CLAUDIA ROMERO, 400 m.l. e Altura
  • GAIA MARTINEZ, 400 m.l. e Altura
  • DANIELA NOGUEIRA, Pelota
  • DANIELLA ALVAREZ, 400 ml. e Pelota

 

BENXAMIN HOMES

  • ADRIAN CALVAR, 400 m.l. e Altura
  • HUGO LORENZO, 400 m.l. e Pelota
  • ALEX CARBALLO, 400 m.l. e Altura
  • LUCA CAO, Pelota
  • XOSE GONZALEZ, 400 m.l. e Pelota
  • BREIXO GONZALEZ, 400 m.l. e Pelota

 

ALEVIN MULLERES

  • LENA CURRAS, 500 m.l. e Altura
  • EMMA COLLAZO, 500 m.l. e Altura
  • NORA PARCERO, 500 m.l. e Pelota
  • ALBA ALVAREZ, 500 m.l. e Altura
  • CARLA SALGADO, 500 m.l. e Pelota
  • NOA PEDRIDO, 500 m.l. e Pelota
  • ELODIE GRAÑA, 500 m.l. e Altura
  • SOFIA CAPELO, 500 m.l. e Altura
  • VERA BOUBETA, 500 m.l. e Pelota
  • CAMILA ENRIQUEZ, Altura
  • VIOLETA BASCONCELLO, 500 m.l. e Pelota
  • SABELA MIRANDA, Pelota
  • ISIS MARTINEZ, 500 m.l. e Pelota
  • VALERIA SUEIRO, 500 m.l. e Pelota
  • IRIA FERNANDEZ, Marcha e Pelota

ALEVIN HOMES

  • ANGEL REFOJOS, 500 m.l. e Pelota
  • DANIEL CORDEIRO, 500 m.l. e Pelota
  • SAMUEL CORRALES, 500 m.l. e Pelota
  • BRAIS GARCIA, Marcha e Pelota
  • ALAN MALVIDO, Pelota
  • ANXO CURRAS, 500 m.l. e Pelota
  • ERIC SANTOS, 500 m.l. e Pelota
  • ALEJANDRO FERNANDEZ, 500 m.l. e Pelota
  • XOEL OLIVEIRA, 500 m.l. e Pelota
  • EVAN MARIN,  Pelota

INFANTIL MULLERES

  • ANTIA SOTO, 80 m.v. Lonxitude e Relevos
  • LEIRE FUENTES, Marcha e Peso
  • NOA LORENZO, Marcha, Lonxitude e Relevos
  • NAHIA PINTOS, Marcha, Lonxitude e Relevos
  • AITANA BROULLON, Marcha e Lonxitude
  • ANA OLIVEIRA , 80 m.v. Lonxitude e Relevos

INFANTIL HOMES

  • MIGUEL FERNANDEZ, 80 m.v. Lonxitude e Relevos
  • MARCOS RIAL ,Lonxitude e Relevos
  • SAUL SANTOS ,Lonxitude e Relevos
  • ROI RIVAS, Lonxitude e Relevos
  • PEDRO GONZALEZ , Lonxitude

 

XORNADA XOGADE EN PISTA

     Este vindeiro sábado 25 de marzo dan comezo as probas do programa XOGADE para pista ao aire libre. Será en xornada de maña na Pista de Balaidos. O autobús sairá da estación de Cangas as 08:50 h., con volta ao remate das probas. Achegamos horario das probas máis o listado de atletas e probas a disputar.




CAMPIONATO GALEGO SUB 16 DE PISTA CUBERTA

Ourense, 11 de marzo de 2023

 

    Penúltima visita a Pista Cuberta de Expourense para disputar o CAMPIONATO GALEGO SUB 16. Moi concorrida estivo a proba dos 1000 m.l. para os homes, onde se correron tres series, participando dous amarelos con Hugo Collazo acadando o posto 12º e Diego Garcia o 19º.  Boas marcas en xeral e para eles dous en concreto. Brais Pintos fixo un concurso de salto de altura reseñable acadando o 7º posto na final. Tamén mellorou a su marca no triplo Unai Ferral rematando 12º.



     Helena Bello proclamouse CAMPIOA GALEGA de salto de pértega e non progresou a final dos 60 m.l. pese a vencer a sua serie cun tempo de 8,52 s. Ana Cordeiro tamén liderou a serie de 60 m.l. na que participou, neste caso o tempo de 8,60 s. non foi suficiente para entrar na final. Noa Quinteiro pechou a participación amarela cun 7º posto na final do concurso de lanzamento de peso.



CAMPIONATO GALEGO DE LANZAMENTOS LONGOS

Vigo, 04 de marzo de 2023

     O Estadio de Balaidos acolleu o CAMPIONATO GALEGO DE LANZAMENTOS LONGOS, Tiñamos presenza nas categorías SUB 16 e SUB 18,  sendo a máis madrugadora Leire Fernández que participou no lanzamento de xavelina SUB 16, rematando en 6ª posición con 21,37 m. Xa pola tarde competiron na categoria SUB 18 para lanzar disco, acadando ambos a victoria, Diego Martínez achegou o disco ata os 36,34 m. e Gema Dacosta lanzou ata 31,55 m.



CAMPIONATO GALEGO CROSS XOGADE

A Pobra do Caramiñal, 4 de marzo de 2023

    Pechábase o circulo do Campo a Través do programa XOGADE co CAMPIONATO GALEGO que tivo lugar na contorna da Praia de Cabio. Ata a localidade coruñesa achegáronse dous equipos de amarel@s da categoría ALEVIN e dous atletas que de maneira individual correrían na categoría INFANTIL e CADETE.



     O percorrido, con varias zonas de area, foi facenllo mella n@s participantes ata definir os postos de entrada en meta. A carreira feminina ALEVIN proclamou CAMPIOA GALEGA a Lena Curras, seguida por Emma Collazo 10ª, Alba Álvarez, 44ª, Nora Parcero , 49ª, Vera Boubeta, 56ª e Carla Salgado ,58ª. Os 104 puntos sumados polo equipo deronlle o SUBCAMPIONATO GALEGO.



     Os homes da mesma categoria non quiseron ser menos e tamén acadaron o SUBCAMPIONATO por equipos coa suma dos puntos aportados por Ángel Refojos, 4º, Daniel Cordeiro, 9º, Brais Garcia, 45º, Anxo Currás, 58º, e Alejandro Fernández,74º. Nas participacions individuais Miguel Fernández rematou 23º na carreira de INFANTIL e Hugo Collazo entrou no posto 20º na proba CADETE. Parabens pola fabulosa actuación que poñen en valor o traballo de atletas e adestradores.



 

CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 16 DE MARCHA POR AUTONOMIAS

Cieza, 26 de febreiro de 2023

 

    Ata a localidade murciana de Cieza tivo que desprazarse Diego Garcia para disputar o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 16 DE MARCHA POR FEDERACIONS AUTONOMICAS. Despois da longa  viaxe competiría nun percorrido de 5km no que fixo a su mellor marca persoal, 28 minutos 41 segundos.  Con este tempo entrou na meta no posto 22º. Parabens polo tempo, entrega e determinación.



CAMPIONATO GALEGO SUB 18 DE PISTA CUBERTA

Ourense, 26 de febreiro de 2023

     Para darlle remate ao mes de febreiro chegaba o CAMPIONATO GALEGO SUB 18 DE PISTA CUBERTA. A Pista Cuberta de Expourense permaneceu ocupada pola maña para o adestramento do equipo de relevos 4 X 400 do equipo nacional. Xa de tarde nos quedou un horario moi complicado para facer cadrar as comidas antes ou despois das probas a disputar. O primeiro en sufrir estas impertinencias foi Ibrahim Aga que correu os 60 m.l. cun 7º posto na sua semifinal e  nun par de horas disputaria outra semifinal de 200 m.l. rematando 5º sen progreso a final. Lucia Gil disputou tamén dous concursos, nutrindose algo entremedias, rematando preto do podio cun 4º posto na lonxitude e un 5º posto no triplo, Carmen Fraga calcou estas probas cun 7º posto na lonxitude e un 9º no triplo.



     Diego Martínez obtivo a primeira premiación da tarde cun BRONCE na lonxitude, completando a competición cunha victoria no salto de altura.    Raúl Rial tras 15 voltas a pista rematou 10º nos 3000 m.l..



     Os valados achegaron para Agata Rodríguez unha MMP e tamén o SUBCAMPIONATO GALEGO, cun tempo de 9,22 nos 60 m.v. Na mesma clasificatoria quedouse Noa Piñeiro, sendo 4ª na sua semifinal.  Marta Camaño completou unha xornada de catro carreiras, duas de 60 m.l. e outras duas de 200 m.l., na proba corta mellorou marca e foi 6ª na final. Nos 200 m.l. proclamouse SUBCAMPIOA GALEGA.



     Iris Malvido participou na final do concurso de pértega, acadando o 7º posto e tamén correu os 800 m.l. finalizando 8ª. Nesta distancia tamén participaron, en mulleres, Nerea Malvido, 11º e Sara Nerga, 14ª. En homes Carlos López foi 10º seguido de Sergio Valladares 11º.

     No concurso de lanzamento de peso Gemma Dacosta foi CAMPIOA GALEGA achegando a bola aos 12,71 m.

     Na proba de 400 m.l. masculino participou Carlos Corredoira, 8º e Uxia Sánchez 9ª, Naia Casas 19ª no feminino. En xeral unha notable participación do grupo xuvenil que vai ter continuidade coa participación de Agata e Gemma no Campionato de España de Pista Cuberta.