CAMPIONATO GALEGO SUB 16 AO AIRE LIBRE

Pontevedra, 06 de xullo de 2024

    As pistas do CGTD de Pontevedra volven a ter unha actividade salientable, este pasado sábado acolleron o CAMPIONATO GALEGO SUB 16 AO AIRE LIBRE. Alí acudiron vari@s amarel@s que estiveron liderados pola medalla de BRONCE que acadou Hugo Collazo na proba de 3000 m.l., nesta carreira acompañouno Marcos Rial que rematou no posto 12º.



    Brais Paz non progresou a final de 100 m.l. co 6º lugar que acadou na semifinal. Antia Soto foi quen de colarse na final dos 100 m.l. e acadar un magnifico 6º posto, tamén rematou 9ª nos 300 m.l. Na mesma proba de 300 m.l. participou Antia Baqueiro rematando 15ª.



    Miguel Fernández concursou na lonxitude, finalizando 5º e no lanzamento de xavelina, onde rematou 6º. As remudas do 4X100 masculino poñian o punto e final do Campionato, alí estiveron Hugo Collazo, Marcos Rial, Brais Paz e Miguel Fernández  marcando un tempo de 53.06 ocuparon o 6º posto.



CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO AO AIRE LIBRE

Vigo, 15 de xuño de 2024

     Outra importante competición requería da nosa presenza nas Pistas de Balaidos. A proba máis importante a nivel autonomico en aire libre moveu un numeroso continxente de amarel@s. Imos comezar pola sección masculina que estivo encabezada pola medalla de BRONCE acadada por Mauro Vázquez nos 100 m.l., cun tempo na final de 10.71 s.



Pola mesma senda foi Diego Martinez que superou os 1,83 m. no concurso de salto de altura e rematou 3º. Na probas das remudas 4 X 100 m. participaron Mauro Vázquez, Diego Martínez, Carlos Corredoira e Martin Souto rematando nun tempo de 44,12 s na 3ª posición.



Nos 400 m.l. disputaronse varias finais das que foron participes Carlos López, 17º e Carlos Corredoira , 14º. Daní Calvar foi 5º na proba de 400 m.v. Tamén se presentou equipo nas remudas 4X400 m. composto por Dani Calvar, Carlos Corredoira, Carlos López e Diego Martínez que ao remate da proba foron descalificados.



    A sección feminina contou coa presenza de Marta Camaño nas probas de velocidade quedando na quenda das semifinais dos 100 m.l. sen progreso a final. Onde si progresou foi nos 200 m.l. acadando o 7 º posto na final. Gema Dacosta concursou no lanzamento de peso, rematando 4ª e tamén no lanzamento de disco, rematando 7ª.



    Presentouse equipo para as remudas 4 X100 m.  rematando no 5º posto con Agata Rodríguez, Leire Fonseca, Antia Soto e Marta Camaño. Na proba de 4X 400 m. correron Leire Fonseca, Iris Malvido, Nerea Malvido e Valentina Faye.  Parabens para atletas e adestradores por este magnifico Campionato.


 

 

 

CAMPIONATO GALEGO SUB 18 AO AIRE LIBRE

Vigo, 9 de xuño de 2024

    As pistas de Balaidos foron a sede do CAMPIONATO GALEGO SUB 18 A.L. Participaba na proba de 3000 m.l o atleta Raul Rial, quen cruzou a meta en segundo lugar e proclamouse SUCAMPION GALEGO na distancia.



    A sección feminina tivo máis participación encabezada polo doblete acadado por Gema Dacosta, 1ª en lanzamento de peso e 2ª no disco. Nas remudas de 4×100 m. acadouse un magnifico 5º posto con Marta Camaño, Lucia Gil, Leire Fonseca e Sara Marcos. Nas demáis disciplinas tamén competiron Lucia Gil, que non progresou a final de 100 m.l., quedandose na semifinal e acadando o 7º posto na final do salto de lonxitude. Marta Camaño foi 5ª na final de 100 m.l. e 4ª na final dos 200 m.l. Nerea Malvido e Blanca Giraldez remataron 20ª e 22ª respectivamente nos 400 m.l



CAMPIONATO GALEGO SUB 10 E SUB 12 AO AIRE LIBRE

A Coruña, 8 de xuño de 2024

 

   As pistas do Campus de A Elviña acolleron o CAMPIONATO GALEGO SUB 10 E SUB 12 AO AIRE LIBRE, ao longo de toda a xornada foron competindo nas diferentes disciplinas atleticas. Por categorias imos resumir a participación amarela comezando pola categoria SUB 10 masculina.

    Xose González foi 11º nos 50 m.l., 15º na lonxitude e 9º no relevo 4×50 m., Lucas Figueroa rematou 25º nos 50 m.l. e 9º no relevo 4×50 m., Samuel Lorenzo foi 10º nos 1000 m.l. e 9º no relevo 4×50 m. completou a sección masculina Adrián Capelo participando do 9º posto do relevo 4×50 m.



     A sección feminina SUB 10 estivo representada por Claudia Romero, 9ª 50 m.l., 7ª lonxitude e 6ª no relevo 4×50 m, Elba Cordeiro, 22ª 50 m.l., 14ª 500 m.l. e no relevo 4×50 m., Anxela Caballero, 9ª nos 1000 m.l., 16ª na lonxitude e no relevo 4×50 m. Martina Sotelo pechou a perticipación feminina cun posto 16º no peso e no relevo 4×50 m.



    A participación na categoria SUB 12 foi sensiblemente máis numerosa destacando na sección masculina o SUBCAMPIONATO GALEGO en lanzamento de peso acadado por Alan Malvido. Brais Garcia foi 6º nos 1000 m.l. 12º en pelota e 9º no relevo 4×60 m., Hugo Lorenzo 28º nos 1000 m.l. e 9º no relevo 4×60 m., Adrián Calvar foi 4º nos 500 m.l., 19º na lonxitude e 9º no relevo 4×60 m., para rematas cos homes Alex Carballo foi 23º nos 60 m.l., 15º na lonxitude e 9º no relevo 4×60 m.



   A sección feminina foi a que acadou máis premiacións destacando a atleta Elodie Graña, que subiu ao podio nas tres probas nas que participou, sendo CAMPIOA GALEGA nos 60 m.l., SUBCAMPIOA GALEGA en lonxitude e nos relevos 4x 60 m. Sofia Capelo foi 41ª nos 60 m.l., 30ª nos 500 m.l. e 2ª no relevo 4x 60 m.l., Camila Enríquez foi 51ª nos 60 m.l. e 5ª en altura, Noa Pedrido foi 8ª 500 m.l., 7ª en peso e 2ª no relevo 4x 60 m.l., Mar Fazanes foi 31ª en 500 m.l. e 14ª en peso, Nora Parcero foi 7ª en 1000 m.l., 6ª en lonxitude e 2ª no relevo 4x 60 m.l.,  Sara Barros rematou 17ª en pelota e Sofia Corrales 23ª na mesma proba.



 

CAMPIONATO GALEGO SUB 12 EQUIPOS

O Barco, 17 de maio de 2024

 

     A capital da comarca de Valdeorras acolleu o Campionato por equipos para as categorias menores contando coa participación da sección feminina na categoria SUB 12.  Agardaba unha longa viaxe ata a Pista de Calabagueiros onde o combinado alevín realizou un notable traballo de equipo. Finalmente acadouse un 6º posto con 89 puntos, pero de poder puntuar en todas as probas o podio sería unha realidade. Ainda con baixas poñer en valor o traballo feito por  Camila Enriquez rematando o salto de altura en 5º lugar. Sara Barros foi 9ª no lanzamento de pelota, Nora Parcero rematou 5ª en 1000 m.l. e 3ª nas remudas, Noa Pedrido foi 4ª en 500 m.l. e 3ª nas remudas, Elodie Graña rematou 1ª nos 50 m.l. e 3ª nas remudas, Sofia Capelo foi 7ª e 3ª nas remudas, Mar Fazanes pechou a representación amarela cun 5º posto no lanzamento de peso.  Parabens pola loita, disto saimos máis fortes.



CAMPIONATO GALEGO DE CLUBS DE PROBAS COMBINADAS

Vigo, 20 e 21 de abril de 2024

 

     Intensa fin de semana nas Pistas de Balaidos para acoller o CAMPIONATO GALEGO DE CLUBS DE PROBAS COMBINADAS. O equipo amarelo estivo composto por tres atletas da categoria SUB 20 que fixeron fronte as dez probas do decathlon, 100 m.l., lonxitude, peso, altura, 400 ml., 110 m.v., disco, pértega, xavelina e 1500 m. Diego Martínez capitaneou o rumbo do equipo acadando unha puntuación final de 5713 puntos, a segunda mellor de todos os competidores. Cunha liña bastante regular, salientamos un concurso de altura moi completo.



Carlos Corredoira viña de estrearse nunha modalidade na que ten marxe de mellora, destacando xa en varias probas. A suma global achegouno aos 4419 puntos. Manuel Lemos competiu coa idea de completar o equipo, non está adestrando regularmente, pero ainda así sumou 3258 puntos. Finalmente o equipo amarelo foi 4º cunha suma de 13.390 puntos.




 

CAMPIONATO GALEGO SUB 10 E SUB 12 PISTA CUBERTA

A Coruña 10 de marzo de 2024

 

     Case nun exercicio de nostalxia voltabamos a Pista Cuberta de Riazor. Tendo en conta as idades d@s atletas se pode concluir que pouc@s sabian da existencia desta pista e menos competiron nela. Estamos a falar da época previa a Expourense, non fai tanto, e que deixou relegada a pista herculina. Longa xornada de domingo que implicaba as categorias SUB 10 e SUB 12. Comezamos pola categoria SUB 10 que estivo representada na sección feminina por duas atletas. Anxela Caballero acadou o BRONCE na proba de 1000 m.l. e Claudia Romero progresou a final dos 50 m.l. e rematou 9ª, na proba de 500 m.l. foi 14ª.



    Na competición masculina Xose González non puido progresar a final dos 50 m.l., pese a ser segundo na  semifinal, acadou o posto 14º no global dos 500 m.l. Lucas Figueroa obtivo o posto 24º nos 500 m.l. Samuel Lorenzo foi 16º nos 1000 m.l. e Adrián Capelo rematou 24º no concurso de lonxitude.



     A xornada de tarde reservouse para a categoria SUB 12. Na sección feminina competiron Sofia Capelo, que non progresou a final de 50 m.l. tras quedar 4ª na sua rolda. Nora Parcero tampouco pasou de rolda nos 50 m.l. e foi 17ª nos 1000 m.l. Noa Pedrido quedou na rolda previa a final de 50 m.l. e foi 12ª en 500 m.l Elodie Graña si que pasou a final dos 50 m.l., e faciao co mellor tempo, na carreira das máis rápidas proclamouse SUBCAMPIOA GALEGA. Alternou esta proba co salto de lonxitude, onde rematou 14ª



        Moita participación nestas categorias o que pon en valor, máis si cabe,  os logros conseguidos.

CAMPIONATO GALEGO SUB 14 PISTA CUBERTA

Ourense, 09 de marzo de 2024

    Primeiro asalto ao remate da Pista Cuberta nas categorias menores, neste caso era en Expourense para a categoria SUB 14. Unha longa xornada que tivo un paron para xantar para logo darlle continuidade pola tarde. A sección feminina contaba con seis participacions que estiveron encabezadas pola carreira de Lena Currás nos 1000 m.l. onde cun tempo de 3:12, 75 proclamouse CAMPIOA GALEGA de Pista Cuberta.



    A outra premiación viu da man de Emma Collazo cun BRONCE na proba de 500 m.l., ademáis rematou no posto 12º no concurso de Lonxitude. Maria Marcos rematou 20ª nos 500 ml. e foi 18ª no salto de lonxitude. Nahia Pintos rematou 32ª na probra de 1000 m.l. seguida por Alba Alvárez no posto 33º. Carla Salgado tamén participou en duas probas, sendo 19ª no salto de lonxitude e descalificada na proba dos 60 m.l.



    No tocante aos homes Angel Refojos acadou un magnifico pero amargo 4º posto na proba de 500 m.l. e rematou 13º nos 60 m.l. Daniel Cordeiro acadaba o posto 8º na esixente proba dos 1000 m.l. e foi 12 º no salto de lonxitude. Pechamos a participación amarela con Alejandro Fernández que acadou o posto 6º no concurso de peso.



CAMPIONATO GALEGO SUB 20 DE PISTA CUBERTA

Ourense, 24 de febreiro de 2024

 

     Outro sábado nos tocaba viaxar ata a Pista Cuberta de Expourense, o plan para a xornada era o CAMPIONATO GALEGO SUB 20 DE PISTA CUBERTA. Un total de sete amarel@s serían parte e protagonistas do evento indoor que poñia peche a tempada nesta categoría en Galicia, tamén unha ocasión para acadar as minimas e achegarse ao Campionato Nacional.



     Diego Martínez facendo gala da versatilidade que o caracteriza foi SUBCAMPION GALEGO en salto de altura, con 1,82 m. e repetiu en salto de pértega, chegando ata 3, 35 m. Mauro Vázquez liderou a velocidade, tanto na semifinal coma na final onde se proclamou CAMPION GALEGO con 7,05 nos 60 m.l., a vindeira fin de semana medirase cos mellores de España en Salamanca.



     Ibrahim Aga non puido progresar a final dos 60 m.l. cos 8, 07 s. que acadou nas previas, tampouco pasou da semifinal dos 200 m.l. cun crono final de 26,80 s. Carlos Corredoira superouse nos 400 m.l. e  co tempo de 51,88 s. acadou a medalla de BRONCE. A participación masculina deu remate co 5º posto de Carlos López nos 800 m.l nun magnifico crono de 1:59, 49. As mulleres tiveron a representación na categoría cun 7º posto de Uxia Sánchez nos 400 m.l. e a victoria de Agata Rodríguez na proba de 60 m.v.  Parabens para atletas e adestradores por un enorme Campionato que sen traballo e dedicación non houbera resultado tan satisfactorio.



CAMPIONATO GALEGO SUB 18 PISTA CUBERTA

Ourense, 11 de febreiro de 2024

 

    A xornada do domingo de entroido daba acollida en Expourense ao CAMPIONATO GALEGO SUB 18 DE PISTA CUBERTA. A categoria xuvenil tocaballe amosar na competición os valiosos adestramentos que @s levaron ata alí. Comezou o Campionato coa presenza de Brais Pintos no concurso de salto de altura, quen tras superar o liston en 1,51 m. acadou un prometedor 8º posto. Raul Rial participou na proba de 3000 m.l. e cruzou a meta en 6º lugar cun tempo de 9:51.68.



     A participación másculina completouna Sergio Valladares correndo na proba de 400 m.l., quen finalizou 7º na suma global de tempos.

     Na sección feminina chegaron recompensas en forma de premiacions, foi Marta Camaño quen sumou dous BRONCES, o primeiro nos 60 m.l. e outro na proba de 200 m.l. , con mellora das marcas que tiña en ambas probas.



     Lucia Gil tamen acadou mellora nas probas que disputou, no 60 m.l. achegouse aos 8,38 s. que lle supuso o 17º lugar e no concurso de lonxitude afastarona do podio no último salto, quedandose cunha mellor marca de 4,96 m. Blanca Giráldez competiu na proba de 400 m.l. e finalizaba en 1:11.82 as duas voltas a pista rematando no posto 18º. Rematabamos a participación amarela coa victoria de Gema Dacosta no concurso de lanzamento de peso. Parabens para atletas e adestradores, ben feito.