CAMPIONATO ESPAÑA SUB 20 AO AIRE LIBRE

Madrid, 4 de outubro de 2020

    Os dous protagonistas desta crónica non tiñan moi claro a celebración do Campionato, nin eles nin nos. Os antecedentes, ala polo mes de marzo, eran totalmente negativos. A escasas horas da celebración do Campionato de España de Pista Cuberta en Sabadell, foi suspendido. Daquela ainda non estaba claro o que nos enfrentabamos. Seria a COVID 19 unha proba de velocidade ou máis ben de fondo. Co tempo estamos a ver, que hai que medir os ritmos e non precipitarse. Vai a ser unha carreira longa e  con obstaculos.

     Desta foi a vencida, o Estadio de Vallehermoso acolleu aos atletas, rodeados dun reducido público. Durante a fin de semana vivimos un Campionato sen incidencias, no que dous amarel@s foron participes desta agardada volta as competicions nacionais. E importante ter obxectivos, máis nestes momentos de incerteza. Desta volta, era o CAMPIONATO ESPAÑA SUB 20 AO AIRE LIBRE. O domingo competían Juan Piñeiro en salto de lonxitude e Ariadna Gil en triplo salto. Ambos acadaron a mellora nos seus concursos para rematar en 7ª posición na final. Juan Piñeiro saltou 6,98 e Ariadna Gil 10,84. Non melloraron as suas marcas, pero loitaron cos mellores. Moita sorte no vindeiro obxectivo.



PREVIA CAMPIONATO GALEGO SUB 14 E SUB 16 AO AIRE LIBRE

As pistas do CGTD de Pontevedra acollen esta fin de semana o CAMPIONATO GALEGO SUB 14 E SUB 16 AO AIRE LIBRE. Acabase de publicar o listado definitivo de admitid@s nas probas a celebrar. Achegamos as listas de saida e os HORARIOS da camara de chamadas, non vos depistedes:


HORARIO CAMARA CHAMADAS SUB 14

RESULTADOS EN DIRECTO SUB 14


SUB 14 MASCULINO

  • HUGO DOMINGUEZ, 150 m.l. e 1000 m. obst.
  • BRAIS PINTOS, 150 m.l. e 500 m.l.
  • DIEGO GARCIA,  3kms marcha.

SUB 14 FEMININO

  • LUCIA GIL,  500 m.l. e triplo salto
  • GORETTI CARBALLAL, 500 m.l. e salto de altura
  • NEREA MALVIDO, 1000 m.l.
  • SARA NERGA, 1000 m. obst.
  • CLAUDIA CARCER,  80 m.v. e lanzamento de peso 
  • MARTA RUA,  220 m.v.
  • HELENA BELLO, salto de lonxitude e salto de pértega
  • IRIS MALVIDO,  salto de pértega e 3kms marcha
  • GEMA DACOSTA,  lanzamento de peso e disco

HORARIO CAMARA CHAMADAS SUB 16

RESULTADOS EN DIRECTO SUB 16


SUB 16 MASCULINO

  • CARLOS LOPEZ, 600 m.l.
  • DIEGO MARTINEZ, 300 m.v. e salto de altura
  • RUBEN LEMOS, salto de pértega
  • MANUEL LEMOS,  salto de pértega e xavelina

SUB 16 FEMININO

  • AGATA RODRIGUEZ, 100 m.l. e 100 m.v.
  • CARMEN FRAGA,  100 m.l.
  • UXIA SANCHEZ, 600 m.l.
  • NOA PIÑEIRO, 300 m.v.


 

PREVIA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20

    Nesta vindeira fin de semana vaise disputar no Estadio de Vallehermoso o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 AO AIRE LIBRE. Os protagonistas Juan Piñeiro e Ariadna Gilxa estiveron clasificados para o Nacional en Pista Cuberta, daquela en Sabadell polo mes de marzo foi das competicions canceladas pola pandemia. Teñen oportunidade de desquitarse na xornada do domingo 4 de outubro, Juan Piñeiro no concurso de lonxitude e Ariadna Gil no triplo. Parabens polo froito da constancia, e por suposto ao seu adestrador Ramilo.


RESULTADOS EN DIRECTO

COMPETICION EN DIRECTO



CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO-SUB23-SUB20 E SUB18 AO AIRE LIBRE

A Coruña, 28-29 e 30 de agosto de 2020

     O Estadio Universitario de Elviña foi testemuña da volta dos Campionatos Autonomicos. Durante tres días, de venres a domingo, disputouse o CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO-SUB23-SUB20 E SUB18 AO AIRE LIBREEra importante materializar os adestramentos nunha cita desta calibre, @s amarel@s deixaron atrás atrancos varios, protocolos rixidos e imperdoables cambios de horario. Hai que tratar de voltar a normalidade e o Atletismo tiña que ser un exemplo. A colleita dos campionatos foi a seguinte:



     Juan Piñeiro Campión Galego triple salto e lonxitude SUB 20, Ariadna Gil 1ª en triple salto e 2ª en lonxitude SUB 20.



    Saray Amoedo Subcampioa Galega en lonxitude e triple salto SUB 23, Martin Souto 1º en 200 m.l. SUB 23, Daniel Calvar Campión Galego de pértega SUB 23.



     Lope Quinteiro 2º 800 m.l. SUB 18. Ana Piñeiro 7ª na final de 200 m.l. e non pasou da semifinal nos 100 m.l. SUB 18 e Ana Cerqueira 5ª nos 100 m.v.  e 4ª en 100 m.l. SUB 18 .


OURENSE TERMAL ATHLETICS MEETING

     O venres 21 de agosto terá lugar o OURENSE TERMAL ATHLETICS MEETING. Será na Pista de Atletismo do Campus Universitario, a partir das 18:00 horas. Nesta importante proba competiran atletas dun nivel destacado e mesmo internacionais. Contaremos coa presenza de vari@s amarel@s nas seguintes disciplinas:

     Saray Amoedo en lonxitude,  Ariadna Gil lonxitude e 200 m.l., Martin Souto nos 200 m.l., Juan Piñeiro en lonxitude e 200 m.l., Lope Quinteiro en 800 m.l. e Ana Cerqueira nos 100 m.l.


RESULTADOS EN DIRECTO



VOLTA DAS COMPETICIONS

     Hoxe, 7 de agosto de 2020, volta a competición oficial de atletismo a Galicia. No Estadio do CGTD de Pontevedra, a partir das 17 horas, disputarase o I CONTROL DE VERAN FGA «A VOLTA DO ATLETISMO GALEGO». Deste evento serán participes vari@s amarel@s. Ariadna Gil e Saray Amoedo retoman a competición no concurso de Triple Salto. Juan Piñeiro tamén concursará  en Triple e máis nos 200 m.l. Martín Souto e Ana Cerqueiro participarán nos 100 m.l.  Finalmente a atleta SUB 16 Noa Piñeiro competirá nos 300 m.v. Cumpre lembrar que esta competición esta precedida dun protocolo de medidas contra a propagacion do COVID 19, que son as seguintes:


MEDIDAS DE ACTUACION


    Tamén estará restrinxido o acceso as Pistas e @s atletas teñen que achegar unha declaración responsable. Agardamos que estas medidas sirvan para dar continuidade a competición, de seguido amosamos un enlace para o seguimento desta proba.


RESULTADOS EN DIRECTO



CAMPIONATO GALEGO DE INVERNO DE LANZAMENTOS SUB 16 / SUB 18

Vilagarcia, 09 de febreiro de 2020

     As Pistas do Complexo Deportivo de Fontecarmoa acolleron o CAMPIONATO GALEGO DE INVERNO DE LANZAMENTOS SUB 16 / SUB 18. Durante toda a xornada os participantes evidenciaron as suas habilidades no manexo do lanzamento de disco, xavelina e martelo. Probas técnicas que requiren dun continuo adestramento e aprendizaxe. Neste contexto se moven, desde hai anos, os nosos representantes. Na categoría SUB 16 participou Erea Bastón, quen rematou SUBCAMPIOA GALEGA no lanzamento de disco cun rexistro de 30.20 m.



    Estreaba categoria SUB 18 Aaron Otero cun lanzamento de 38.23 m. no martelo, supusolle proclamarse SUBCAMPION GALEGO. So nos queda felicitalos polos logros acadados, sodes GRANDES lanzadores.



PLAN DE VIAXE PARA CONTROL MARCAS A POBRA

     Achegamos HORARIO provisional das probas previstas no control federado de marcas o vindeiro domingo 9 de febreiro no Estadio da Alta (Cabío, A Pobra do Caramiñal). Para esta competición o adestrador Calvar conta con levar o maior numero de atletas posible. A idea e mellorar ou facer marcas de cara ao vindeiro Campionato Galego de Pista Cuberta para as categorias menores. Vai sair un autobus da Estación de Cangas as 08:15 horas e con volta ao remate das probas. E importante CONFIRMARLLE ao adestrador a asistencia a citada competición, o xoves 6 as 22:00 h. remata a inscrición.



CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN PISTA DE INVERNO

A Pobra do Caramiñal, 23 de novembro de 2019

 

     O Estadio de A Alta acolleu este pasado sábado o CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN PISTA DE INVERNO. Como xa coñecedes, esta tempada alargase ata o final do ano. Será a derradeira co formato antigo. A partir do 2020, as tempadas, coincidirán cos anos naturais. Por esta particularidade, repetiamos Campionato nesta tempada, e non será o último.



   Impresionante estivo Sabela Casteloquen rematou o percorrido da categoria SUB 12 nun tempo de 10:04.19. Ademáis de proclamarse CAMPIOA GALEGA mellorou o rexistro da distancia en 30 segundos, acadando un novo RECORD GALEGO.



     Na categoria SUB 14, as irmans Iris e Nerea Malvido seguen dando guerra na marcha atletica e remataron 5ª e 19ª respectivamente na súa proba.


 

 

XORNADAS PREVIAS DA LIGA ABANCA

     A Federación Galega de Atletismo organizará a VIII Liga Galega ABANCA DE CATEGORÍAS MENORES DE INVERNO para as categorías Sub10, Sub12 e Sub14 integrada por varias xornadas previas clasificatorias a celebrar en varias zoas e unha final por equipos. No caso de Pontevedra vanse celebrar tres probas. Adiantamos toda a información da Liga de cara a conformar os equipos e a premura na inscrición d@s atletas.


REGULAMENTO LIGA



     O domingo 03 de novembro será en Vilagarcia, co seguinte programa de probas:


RESULTADOS EN DIRECTO



     A seguinte xornada vai ter lugar o sábado 09 de novembro   no CGTD de Pontevedra con este detalle de probas:


RESULTADOS EN DIRECTO



     A derradeira xornada clasificatoria será o sábado 30 de novembro nas pistas de Balaidos: