CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 16 AO AIRE LIBRE

Castellón,  30/06-01/07/018

 

    Na localidade de Castellón disputouse o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 16 AO AIRE LIBRE. Acadaron a clasificación para esta importante cita Lope Quinteiro e Ana Piñeiro. O primeiro participaba nos 1000 m.l. e no concurso de peso, e a súa compañeira nos 3000 mts. Marcha. A xornada do sábado Lope participou na semifinal dos 1000 m.l. e na final do concurso de peso. Na carreira acreditou un tempo de 2:36.83, co cal pasaba a final co mellor rexistro. No lanzamento de peso foise ata os 13,74 mts., marca que lle permitiu acadar o 10º posto.



     A xornada do domingo depara duas finais, 3000 m. marcha e 1000 m.l. Na proba da marcha Ana Piñeiro rematou 8ª, cun rexistro de  15:51.16. Que mal acostumados nos ten, noraboa por ese esforzo. Lope Quinteiro disputaba a final coa confianza da boa carreira na semifinal. Foi unha final rapidísima e o máis rápido foi Lope Quinteiro con 2:35.01, que ven a ser a mellor marca na distancia nesta tempada, de feito os sete primeiros pasaron a liderar o ranking nacional. Parabens a este grande atleta pola sua tempada, vai ser dificil de esquecer.



CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 AO AIRE LIBRE

Murcia, 23/24 de xuño de 2018

 

     Para Murcia se nos foi Daniel Armada. Disputabase nesa cidade o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 AO AIRE LIBRE. Este atleta lidera o ranking da tempada en Galicia nas probas de 100 m.l. e 200 m.l. Estas mesmas probas foron as que disputou no nacional. Nos 100 metros lisos acadou un rexistro de 11’35, co cal non progresou a semifinal. Na proba dos 200 metros lisos, estivo cerca da sua marca, rematou en 22’71, pero tampoco pasou a semifinal. 



CAMPIONATO GALEGO MASTER AO AIRE LIBRE

Pontevedra, 16 de xuño de 2018

 

     As pistas do CGTD de Pontevedra acolleron este pasado sábado o CAMPIONATO GALEGO MASTER AO AIRE LIBRE. Os nosos ilustres veterans xa son tratados coma mestres, sonche cousas da nomenclatura atlética. Este ano contabamos coa presenza de catro atletas, dos que todos acadaron premiación ao seu esforzo. Belen Lemat foi 1ª en 800 m.l., 2ª en 400 m.l. e 3ª en 1500 m.l., unha medalla de cada color. Manuel Lemos rematou SUBCAMPION GALEGO en triple salto e 5º en 800 m.l. Carlos Bernárdez acadou o 1º posto en martelo e foi 2º en disco. Juan Iglesias acadou o BRONCE na proba de 800 m.l. Unha aperta para estes MASTERS que ano tras ano son máis e mellores.



CAMPIONATO GALEGO SUB 20 e SUB 23 AO AIRE LIBRE.

Ferrol, 10 de xuño de 2018

 

     As pistas de A Malata acolleron o CAMPIONATO GALEGO SUB 20 e SUB 23 AO AIRE LIBRE. Participaban catro amarel@s. Na categoría SUB 20 Saray Amoedo rematou 1ª en triple salto e 1ª en salto de lonxitude. David Lorenzo venceu no concurso de pértega e foi 3º nos 400 m.v. Daniel Armada proclamouse CAMPION GALEGO en 100m.l. e 200 m.l.



     Na categoría SUB 23 contamos coa presenza de Raquel Villa que rematou 1ª nos concursos de lanzamento de peso e disco.



CAMPIONATO GALEGO CATEGORIAS MENORES AO AIRE LIBRE

Pontevedra, 09 de xuño de 2018

     Chegou o agardado 40 de maio e cumprindo co refrán nos quitamos o saio, máis o tempo non acompañou. Vaia xornada en Pontevedra, pola maña de maneira intermitente choveu e pola tarde de forma continua. As gradas estaban ateigadas de temeros@s da chuvia e os valentes estiveron na pista. Os amarel@s das categorías SUB 10, SUB 12 e SUB 14 que acadaron marca para este Campionato Galego, nos deleitaron cunha longa xornada de esforzo, sufrimento e premiacions. Acadaronse ao remate da proba un total de 20 medallas. Abril Entenza, foi Campioa en 80 m.v. e lonxitude, sumando a isto un RECORD GALEGO coa marca obtida nos valados, 12.81. Erea Bastón tamén fixo dobrete coma 1ª nos lanzamentos de peso e disco. Carmen Castro repetía BRONCE nos lanzamentos de xavelina e disco. A sua compañeira Rocio Novas acadou o BRONCE en martelo.  Nos homes da categoría SUB 14 obtiveronse dous BRONCES, un para Miguel Núñez en 220 m.v. e outro para Manuel Lemos en pértega.

     Na categoría SUB 12 temos que destacar o triunfo de Gema Dacosta nos lanzamentos de peso e pelota. Obtiveronse tres BRONCES, Iris Malvido en marcha, Lara iglesias en pelota e Claudia Carcer en 60 m.l. Noa Nerga proclamouse SUBCAMPIOA GALEGA de lanzamento de peso.

     Alba del Valle foi CAMPIOA GALEGA de lanzamento de pelota e SUBCAMPIOA en salto de altura. Acompañouna no podio SUB 10 a sua compañeira Candela Castro cun BRONCE en pelota. Sabela Castelo e Hugo Collazo venceron na carreira de 1000 m.l. desta categoría. De seguido facemos mención a tod@s @s atletas que participarón no Campionato, moitos mellorando marca e outros acadando obxetivos. Gran culpa de ser un dos Clubs con máis medallas tamén foi dos adestradores, ou non?…



SUB 10 MULLERES

  • NOA QUINTEIRO, 9ª peso
  • CANDELA CASTRO, 3ª pelota e 6ª marcha
  • ALBA DEL VALLE, 1ª pelota e 2ª altura
  • LEIRE FERNANDEZ, 5ª pelota
  • SABELA DOMINGUEZ, 10ª pelota e 10ª altura
  • ANA CORDEIRO, 4ª lonxitude
  • LEIRE BRUN, 8ª 500 m.l.
  • SABELA CASTELO, 1ª 1000 m.l.


SUB 10 HOMES

  • PEDRO GONZALEZ, 15º marcha
  • HUGO COLLAZO, 1º 1000 m.l. e 13º lonxitude
  • MARCOS RIAL, 12º 1000 m.l.

SUB 12 MULLERES

  • IRIS MALVIDO, 3ª marcha
  • LARA IGLESIAS,, 3ª pelota e 5ª marcha
  • NEREA MALVIDO, 9ª marcha
  • GORETTI CARBALLAL, 13ª marcha
  • CLAUDIA CARCER, 3ª 60 m.l. e 4ª lonxitude
  • GEMA DACOSTA, 1ª peso e 1ª pelota
  • NOA NERGA, 2ª peso e 4ª pelota
  • LUCIA GIL, 10ª pelota e 11ª 2000 m.l.
  • MAIALEN FERNANDEZ, 13ª 500 m.l.


SUB 12 HOMES

  • HUGO DOMINGUEZ, 4º 2000 m.l.
  • RAUL RIAL, 6º 1000 m.l.

SUB 14 MULLERES

  • ABRIL ENTENZA, 1ª 80 m.v. e 1ª lonxitude
  • EREA BASTON, 1ª peso e 1ª disco
  • NURIA ARGIBAY, 5ª peso
  • ROCIO NOVAS, 3ª martelo e 6ª peso
  • CARMEN CASTRO, 3ª disco e 3ª xavelina
  • BLANCA PIÑEIRO, 12ª disco
  • CRISTINA TABOADA,  8ª xavelina
  • UXIA SANCHEZ, 9ª 2000 m.l.


SUB 14 HOMES

  • CARLOS CORREDOIRA, 9º marcha
  • MIGUEL NUÑEZ, 3º 220 m.v. e 6º 500 m.l.
  • CARLOS LOPEZ, 6º 1000 obs. e 15º 220 m.v.
  • JOEL CURRO, 8º lonxitude e 13º 1000 m.l.
  • ANTON NUÑEZ, 10 º lonxitude
  • DIEGO MARTINEZ, 7º disco e 9º xavelina
  • RUBEN LEMOS, 8º pértega e 11º disco
  • MANUEL LEMOS, 3º pértega
  • ELOY DOMINGUEZ, 5º xavelina e 9º martelo

 

CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 14.

San Fernando (Cádiz), 2 e 3 de xuño de 2018

     Despois de cruzar a península, as atletas Erea e Abril deron moita guerra e loitaron ata o final para achegarse ao ansiado podio. Esta claro que esa era a actitude, que se poda acadar é outro cantar. Erea Bastón remataba a primeira xornada no terceiro posto, tras lanzar 24.40 no disco e rematar 1ª no peso con 10.10. Coa proba final, os 80 m.l. rematou en 5ª posición no triathlon D, sumando 1354 puntos. 



     No tocante ao triathlon C, Abril Entenza rematou no posto 11º, sumando 1556 puntos. No salto de altura chegou ata 1.43 e rematou os 80 m.v. en 13.38. Na proba de lonxitude acadou un mellor salto de 4.46.



     Noraboa a ambas atletas e agardamos que sumen máis probas deste nivel ao seu currículo.



PREVIA DO CAMPIONATO GALEGO DE CATEGORIAS MENORES

     Este sábado 9 de xuño vaise disputar o CAMPIONATO GALEGO SUB 10-SUB 12 e SUB 14 nas pistas do CGTD de Pontevedra. Clasificaranse as 16 mellores marcas da actual tempada dos atletas inscritos. Cada atleta poderá participar nun máximo de 2 probas do programa e categoría. No caso de ser carreiras, somentes unha poderá superar os 250m. Achegamos os listados definitivos d@s atletas clasificad@s


LISTADO SUB 10

LISTADO SUB 12

LISTADO SUB 14


     Para esta competición NON hai autobús, ao ser desprazamentos por conta propia pregase chegar con antelación as probas (UNHA HORA) polo menos. Lembrar que hai cámara de chamadas e tamén hai que facer o quecemento.


RESULTADOS EN DIRECTO



 

PREVIA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 14

     Esta vindeira fin de semana, 2 e 3 de xuño, vai ter lugar en San Fernando (Cádiz) o CAMPIONATO DE ESPAÑA INDIVIDUAL SUB 14.  O formato do mesmo son probas de triathlon nas que se premia a versatibilidade d@s atletas. Duas amarelas acadaron o pase a esta importante proba. Abril Entenza participará no Triathlon C (80 m.v.- altura e lonxitude) e Erea Bastón no Triathlon D (80 m.l.- peso e disco). Desexamolle unha boa viaxe e unha mellor experiencia.


RESULTADOS EN DIRECTO



     Tamén nos e grato informar que Ariadna Gil foi seleccionada coma compoñente da selección Galega para o Campionato de España de Federacións Autonómicas Sub 18, a celebrar en Ciudad Real o 9 de xuño, disputará a proba de Triple Salto. No mesmo Campionato da categoría Sub 16 irán tamén Lope Quinteiro (1000 m.l.) Ana Piñeiro (Marcha), será o 16/17 de xuño en Avilés. Noraboa a tod@s eles/as.


CAMPIONATO GALEGO SUB 16 AO AIRE LIBRE

O Barco, 27 de maio de 2018

     Longo desprazamento ata O Barco de Valdeorras para disputar o CAMPIONATO GALEGO SUB 16 AO AIRE LIBRE. A volta tamén se fai longa, pero son cousas da xeografia. Tres CAMPIONATOS GALEGOS acadaron @s amarel@s, Ana Piñeiro en 3000 mts marcha e Lope Quinteiro en 1000 m.l. e lanzamento de peso. Houbo varias medallas de chocolate, dese que amarga, foi o caso de Ainoa Santos e Aaron Otero, ambos en sendos concursos nos que participaron. Sabela López tamén foi cuarta no salto de pértega, nun empate que implicou da 2ª ata 5ª posición. Claro que mellorou a sua marca alcanzando os 2.32 mts.  Pechabase unha fin de semana moi activa, pero a tempada continua, de feito xa temos en mente o Campionato de España SUB 14.



  • NOELIA VILLAVERDE,  5ª semifinal 100 m.l.
  • COLOMBA CARBALLAL, 5ª semifinal 100 m.v. e  9ª martelo
  • MARIA RIAL,  5ª triple salto
  • AINOA SANTOS,  4ª peso e 4ª disco
  • ANA CERQUEIRA, 4ª semifinal 100 m.v. e 6ª semifinal 100 m.l.
  • SABELA LOPEZ, 4ª  pértega e 4ª semifinal 100 m.v.
  • ANA PIÑEIRO,  1ª 3000 marcha
  • ADAN DACOSTA, 4º semifinal 100 m.l.
  • DANIEL IGLESIAS,  11º 1500 obstáculos
  • IVAN IGLESIAS,  14º 600 m.l.
  • MANUEL OTERO, 6º  martelo e 10º  peso
  • LOPE QUINTEIRO, 1º1000 m.l. e  1º peso
  • GABRIEL DACOSTA,  9º xavelina
  • AARON OTERO,  4º martelo e  4º peso