PLAN DE VIAXE A OLEIROS

     O vindeiro sábado 5 de maio a localidade de Oleiros vai acoller o CAMPIONATO GALEGO POR EQUIPOS SUB 16 e SUB 20. A pista de atletismo da Facultade de Ciencias do Deporte e Educación Física será a sede deste importante Campionato, ao longo de toda a xornada do sábado. Da estación de Cangas sairá un autobús as 07:00 horas, con volta ao remate da competición.  Tendo en conta que vai ocupar todo o día, aconsellase levar algo de comida para picar. O xantar vai proporcionalo o CLUB, no Restaurante da Facultade.


RESULTADOS EN DIRECTO SUB 16

RESULTADOS EN DIRECTO SUB 20


     Nesa mesma data, vai ter lugar en Balaidos a última xornada participativa do XOGADE en pista para SUB 10 e SUB 12. O autobús sairá as 08:30 horas da estación de Cangas.


RESULTADOS EN DIRECTO


 


NOVAS XORNADAS XOGADE

     Chegamos ao ecuador das xornadas do XOGADE en pista ao aire libre. O sábado 28 o CGTD de Pontevedra acollera a 3ª xornada para as categorías SUB 10 e SUB 12. Achegamos as probas nas que se inscribiron @s atletas máis o HORARIO das mesmas.


RESULTADOS EN DIRECTO



     Para o domingo 29 esta prevista a xornada da categoría SUB 14. Será en Vigo, nas pistas de Balaidos. Da Estación de Cangas sairá o autobus as 08:30 horas. 


RESULTADOS EN DIRECTO



ACTIVIDADE ATLETICA DA FIN DE SEMANA

     Esta vindeira fin de semana o programa XOGADE volta a Pontevedra. Concretamente o CGTD acollerá ao longo  do sábado 14 de abril duas xornadas . Pola maña será a xornada SUB 10 e SUB 12, deixando para a tarde a categoria SUB 14. Lembrar que nas xornadas de Pontevedra non temos dereito a autobús. 


RESULTADOS EN DIRECTO



RESULTADOS EN DIRECTO



     Nas pistas de Balaidos vaise disputar a III XORNADA DO CIRCUITO DO CONCELLO DE VIGO, achegamos o HORARIO e INSCRITOS para a xornada do domingo 15.


HORARIO SERIES VIGO

RESULTADOS EN DIRECTO


COMEZA O XOGADE DE PISTA AO AIRE LIBRE

     Esta vindeira fin de semana dará comezo o programa XOGADE de Atletismo en Pista ao Aire Libre. As sedes das diferentes xornadas serán Vigo e Pontevedra. De cara a categoría SUB-14 teñen a primeira xornada, o sábado 7 de abril,  nas pistas do CGTD de Pontevedra.


RESULTADOS EN DIRECTO



     Lembrar que no tocante ao transporte escolar, que sufraga os desprazamentos, só nos incluen as xornadas de VigoNas pistas de Balaidos tendrá lugar a primeira xornada para as categorías SUB-10 e 12, o domingo 8 de abrilNeste caso, sairá o autobus da estación de Cangas as 08:30 horas.


RESULTADOS EN DIRECTO



CAMPIONATO GALEGO DE LANZAMENTOS DE INVERNO (SUB-16 /18)

Lugo, 17 febreiro 2018

 

     A capital lucense acolleu o I CAMPIONATO GALEGO DE LANZAMENTOS DE INVERNO para as categorias SUB-16 e SUB-18. Ainoa Santos participou no lanzamento de disco (800grs.) e cun lanzamento de 27.41 mts acadou a medalla de BRONCE. No concurso de martelo (4kgs),  Aaron Otero foi 3º con 30.47 e Manuel Otero rematou 8º con 18.31.



RESULTADOS


CAMPIONATO DE GALICIA ABSOLUTO E SUB 20 DE LANZAMENTOS LONGOS DE INVERNO

     O Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, foi o esceario elexido para disputar o CAMPIONATO DE GALICIA ABSOLUTO E SUB 20 DE LANZAMENTOS LONGOS DE INVERNOEsta competición abrangue os concursos de martelo, disco e xavelina. Na categoría ABSOLUTA feminina participou Raquel Villaquen rematou 5ª cun mellor lanzamento de 31.28 mts.



     No tocante a sección masculina estivo representada por Manel IglesiasLanzou a xavelina ata os 48.77 mts. e acadou o SUBCAMPIONATO GALEGO da  categoría SUB 20, na ABSOLUTA rematou 6º. Salientar que se coloca no Ranking Nacional no posto 7º.



LANZAMENTOS LONGOS E CONTROL DE INVERNO

     Este sábado 10 de febreiro no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, terá lugar o I CTO. GALICIA JUNIOR – VII ABSOLUTO DE LANZAMENTOS LONGOSNo lanzamento de xavelina participara Manel Iglesias e no concurso de disco Raquel Villa


RESULTADOS EN DIRECTO


     No mesmo emplazamento, aproveitando a loxística, vaise celebrar o I CONTROL DE INVERNO S.G. PONTEVEDRA.  Conta co seguinte detalle de probas:


RESULTADOS EN DIRECTO