PREVIA CAMPIONATO SUB-23 E SERIES VIGO.

     Este vindeiro domingo 21 de xaneiro de 2018,  vai ter lugar no Pazo dos Deportes de Riazor o CAMPIONATO DE GALICIA SUB-23 DE PISTA CUBERTA.  A cidade herculina volta un Campionato de Pista Cuberta no que estaremos representados por Raquel Villa, no lanzamento de Peso. Paula Martínez nos 50 m.l. e 50 m.v., Noelia Cousiño en 50 m.l. e pértega. David Lorenzo participará no concurso de pértega.


RESULTADOS EN DIRECTO



     Na mesma data en Vigo esta programada a II XORNADA do III CIRCUITO CONCELLO DE VIGO DE ATLETISMO EN PISTA – SERIES MUNICIPAISSerá en xornada de maña e co seguinte HORARIO de probas:



 INSCRITOS

RESULTADOS EN DIRECTO


CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO AO AIRE LIBRE

Pontevedra, 15 de xullo de 2017

 

     Agora si, xa demos remate a tempada. Un sábado moi caluroso, na localidade de Pontevedra, acolleu o CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO AO AIRE LIBRE . O primeiro en saltar a pista foi o xuvenil David Lorenzoquen acadou a medalla de bronce nos 400 m.v.  máis outro bronce no concurso de pértega. O seu compañeiro de categoria Daniel Calvar progresou a final dos 100 m.l. e na mesma acadou o 8º posto.



     Raquel Villa comezou a súa andaina no Campionato cun 5º posto no lanzamento de disco, logo no concurso de peso proclamouse Subcampiona Galega. Saray Amoedo rematou 3ª no concurso de triple salto.



     Paula Martínez pechou a participación d@s amarel@s no Campionato, participou na final B dos 100 m.l. e acadou o posto 10º. Agora teñen unhas merecidas vacacions, que iso tamén forma parte do adestramento.

PAULA VIAXA A GRANOLLERS

     A localidade de Granollers vai acoller, os días 8 e 9 de xullo, o CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR AO AIRE LIBRE. A atleta junior Paula Martínez  acadou marca para participar nas probas de 100 m.l. e 100 m.v. Con esta participación completa unha tempada notable,  na que tamén conseguira mínima para o Nacional de Pista Cuberta. Agora só nos queda desexarlle unha BOA VIAXE.


INSCRITOS



CAMPIONATO DE ESPAÑA PROMESA AO AIRE LIBRE

Torrent,  01 de xullo de 2017

 

   A nosa promesa máis prometedora viaxou a Torrent co gallo do CAMPIONATO DE ESPAÑA PROMESA AO AIRE LIBRE.  Non quiso faltar e acadaou a mínima «in extremis». O sabado 1 de xullo, Raquel Villa  disputou a final do lanzamento de peso, na mesma acadou o pase a mellora e rematou en 7º posto cun mellor lanzamento de 12.18 m.



CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE AO AIRE LIBRE

Murcia, 01 e 02-xullo-2017

     Parece que lle colleron gusto as terras murcianas Ana e ValeríaFai apenás 15 días formaban parte da selección galega que competía en Lorca, e agora a cita era na cidade de Murcia, que acolleu o CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE AO AIRE LIBRE.  O sábado día 1 de xullo estreouse Valeria Rodríguez no Campionato, disputaba o Lanzamento de Martelo. Nesta final lanzou o artefacto ata os 39.37 m., non puido entrar na mellora e rematou no posto 17º.



     Na xornada de maña do domingo foi cando disputou Ana Piñeiro os 3 kms marcha, e anda se os disputou, ata case a derradeira volta andivo no grupo de cabeza. Ao remate foi quinta cun tempo de 15:06.79. Para outro día máis fresco deixará baixar dos 15 minutos. Poñia o punto e final Valeria Rodríguez coa final de lanzamento de peso,  nun concurso bastante discreto que rematou con 10.17 no posto 19º. Nos tiña acostumados a superar os 11 metros, pero cando non sae non hai que facerlle



CAMPIONATOS DE ESPAÑA DA FIN DE SEMANA

      Esta vindeira fin de semana, do 1 e 2 de xullo, imos ter tres amarel@s en dous Campionatos de España. En Murcia vaise disputar o CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE AO AIRE LIBRE,  no mesmo estarán Ana Piñeiroparticipando nos 3kms marcha e Valeria Rodrígueznos concursos de peso e martelo.  Por outra parte, Raquel Villavai participar no CAMPIONATO DE ESPAÑA PROMESA AO AIRE LIBREna proba de lanzamento de peso. A localidade valenciana de Torrent será a sede do Campionato.


RESULTADOS EN DIRECTO PROMESA

RESULTADOS EN DIRECTO CADETE



CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL AO AIRE LIBRE

Getafe, 24 e 25 de xuño de 2017

    Todo un luxo poder contar con tres amarelos no   CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL AO AIRE LIBREDurante a fin de semana do 24 e 25 de xuño disputaron un total de cinco probas na localidade madrileña de Getafe. As probas de velocidade, 100 e 200 m.l. foron as que realizou Dani CalvarNon puido progresar a semifinal dos 100 m.l. cun rexistro de 11.70 s, tampouco pasou da primeira rolda nos 200 m.l. con 23.29 s. 



     No concurso de pértega estreouse na competición David Lorenzo, rematou no posto 17º con 3,92 m. Disputou tamén a semifinal dos 400 m.v.  acadando o 4º lugar na mesma con 56.41 s. Non obtivo praza na final.

     A final do lanzamento de xavelina contou coa presenza de Manel IglesiasCun mellor lanzamento de 48,73 m. rematou no posto 15º. En xeral foron marcas discretas, lonxe das que viñan acadando. Noraboa rapaces, xa que esta feito o camiño a por outro obxectivo.



CAMPIONATO GALEGO JUNIOR E PROMESA AO AIRE LIBRE

Pontevedra, 24 de xuño de 2017

 

    O calendario oficial da FGA non entende de festas, o día de San Xoan disputouse en Pontevedra o CAMPIONATO GALEGO JUNIOR E PROMESA AO AIRE LIBREFoi moi propicia a xornada para Raquel Villaquen ademáis de resultar Campioa Galega no lanzamento de peso e disco, acadou a marca mínima para o Campionato de España gracias os 12,73 mts que mandou a bola. A cita será en Torrent (Valencia) a primeira fin de semana de xullo.



     Tamén alcanzou o podio por partida dobre Paula Martínezacadando o 2º posto nas probas de 100 m.l. e 100 m.v., serán as dúas probas que vai disputar no Campionato de España Junior, previsto para a segunda fin de semana de xullo en Granollers.



    O noso experto en deportes de inverno Martin Souto foi quen de progresar a final dos 100 m.l., rematando 7º na mesma con 12.46. Na final dos 200 m.l. rematou en 8º posto.  Nos 5000 metros da marcha Esmeralda Corredoira foi descalificada.