PREVIA CAMPIONATO GALEGO CADETE E JUNIOR

     Achegase a data do CAMPIONATO GALEGO CADETE E JUNIOR POR EQUIPOS. Este vindeiro sábado 06 de maio imos viaxar ata Lugo cos equipos feminino e masculino da categoría CADETE. Tamén partiparán varios amarel@s coma compoñentes dos equipos JUNIOR do Celta.

      Detallamos @s atletas convocados, máis as probas a realizar. Pregamos PUNTUALIDADE para a saída do autobús. As 06:30 horas da Estación de Cangas. Neste mesmo transporte estase dando cabida @s nais/pais que desexen facer a viaxe con nos. A competición abrangue toda a xornada polo cal teremos a COMIDA no Restaurante do Campus da Universidade, ainda así recomendase os atletas levar algo para picar, xa que voltaremos de tarde-noite.


RESULTADOS EN DIRECTO


PROBA MULLERES HOMES
100 ml Noelia Villaverde Alex Iglesias
300 ml Naiara Villar Manuel Otero
600 ml Sabela López Alex Iglesias
1000 ml Inés Pardavila Lope Quinteiro
3000 ml Valeria Fernández Daniel Iglesias
1500 obstáculos Sandra Souto Aarón Domínguez
3000 marcha Ana Piñeiro
100 m valados Ariadna Gil Adrian Pastoriza
300 m valados Ariadna Gil Anxo Camaño
Altura Colomba Carballal Adrian Pastoriza
Pertega Sabela López
Lonxitude Alba Pardavila Aaron Domínguez
Triple María Rial Gabriel Dacosta
Peso Valeria Rodriguez Lope Quinteiro
Disco Ainoa Santos Anxo Camaño
Martillo Valeria Rodriguez Manuel Otero
Xavelina Laura Valladares Gabriel Dacosta
4×100 Ines V.-Ainoa-Colomba-Noelia
4×300

Ines V.-Maria R.-Naiara-Alba P.


XORNADA MAÑA (STREAMING)

XORNADA TARDE (STREAMING)


 


 

CAMPIONATOS PROVINCIAIS XOGADE

     Achegamos información IMPORTANTE, que modifica as datas que constan no calendario da FGA. Sendo as DATAS DEFINITIVAS dos Campionatos Provinciais as seguintes:



06 de maio: Campionato Provincial de Atletismo en Pista Benxamín Individual e Relevos e Alevín Combinadas (CGTD – Pontevedra)

14 de maioCampionato Provincial de Atletismo en Pista Alevín Individual e Relevos e Infantil Combinadas (Balaídos – Vigo).

20 de maioCampionato Provincial de Atletismo en Pista Infantil Individual e Relevos  (CGTD – Pontevedra).




PREVIA DA FASE ZONAL XOGADE

     Esta fin de semana rematan as fases zonais do programa XOGADE. No vindeiro mes de maio xa teñen data varios Campionatos Provinciais. O sábado 29 de abril, a categoría INFANTIL contará coa cuarta xornada de probas para pista ao aire libre. Ao celebrarse en Vigo temos dereito ao transporte escolar, o cal sairá da estación de Cangas as 08:45 hrs.


RESULTADOS



     O domingo 30 de abril sera a xornada para as categorías BENXAMIN e ALEVIN. O CGTD de Pontevedra acollerá a derradeira fase. Dase a circunstancia que na mesma data vai ter lugar o Cross Escolar do CEIP Castrillon.


RESULTADOS


TERCEIRA XORNADA DO XOGADE EN PISTA

     Esta vindeira fin de semana terá lugar a III Xornada do Xogade en Pista ao Aire Libre. As pistas do CGTD de Pontevedra acolleran o sábado 22 de abril a xornada para a categoría INFANTIL.


RESULTADOS


 


     O domingo 23 de abril, nas pistas de Balaidos, vaise disputar a xornada para as categorías BENXAMIN e ALEVIN. Neste caso vaise contar co servizo dun autobús do transporte escolar. A saída do mesmo será da Estación de Cangas as 08:45 hrs. 


RESULTADOS



DANI E MANEL CONSEGUEN MINIMA PARA GETAFE

     Esta mañá na disputa da III Xornada II Circuito Concello Vigo Atletismo Pistadous atletas da categoría XUVENIL acadaron marca mínima para participar no CAMPIONATO DE ESPAÑA AO AIRE LIBRE.  O mesmo se disputará en Getafeos días 24 e 25 de xuño. Manel Iglesias participará no lanzamento de xavelina, andaba preto da marca e hoxe superou os 50,50 esixidos e lanzou ata os 51,20 mts. Daniel Calvar rematou os 200 m.l. en 23.10 s. Con esta magnífica marca consegue mellorar e situarse na élite nacional desta distancia. NORABOA a ambos atletas, e a tod@s que andan na procura dun obxetivo, sexa cal sexa.



RESULTADOS


FIN DE SEMANA ATLETICO

     Coa bonanza climática asemella ca primaveira xa se instaourou. Coas vacacións escolares sobra  para o tempo de lecer. Nesta vindeira fin de semana descargamos, un pouco, as actividades para @s máis pequen@s, centramonos nas categorías VETERANS,  con Juan Iglesias  competindo no CAMPIONATO GALEGO DE MILLA, que vai acoller o Concello de O Pino.



     O domingo 9 de abril, en Balaidos, estaremos no III JORNADA del II CIRCUITO SERIES MUNICIPAIS DE ATLETISMO EN PISTA CIDADE DE VIGOcon probas destinadas desde a categoria INFANTIL ata SENIOR.



RESULTADOS EN DIRECTO


     Lembrarvos, que a día de hoxe, sobre as 19:00 horas terá lugar en A Pobra do Caramiñal a X GALA ANUAL DO ATLETISMO GALEGOalí estaremos tamén, por si cae algún recoñecemento, pensamos que si.


COMPETICIONS DA FIN DE SEMANA

    Comezamos o mes de abril en pleno auxe das competicións en pista ao aire libre. Nas de Balaidos vaise disputar o sábado 01 de abril, en xornada de mañá a II Xornada do Zonal Escolar INFANTIL.  Haberá autobús do transporte escolar, con saída da estación de Cangas as 08:45.


RESULTADOS


     En xornada de tarde, as pistas de Balaidos acolleran o XXX RECONQUISTA – TROFEO ANTONIO FERNÁNDEZcon probas destinadas para categorías desde CADETE ata VETERANS.


RESULTADOS


     Para o domingo 02 de abril está prevista a II Xornada do Zonal Escolar BENXAMIN-ALEVINNeste caso será nas instalacións do CGTD de Pontevedra, en xornada de mañá.


RESULTADOS


     No que atinxe as probas de Ruta, tamén teremos duas importantes competicións de marcha.  Dentro do 26º GRANDE PRÉMIO INTERNACIONAL DE RIO MAIOR EM MARCHAvan participar nos 2kms,  Ana Piñeiro e Carlos Corredoira.  A outra proba o Critérium Nacional de Marcha «Mérida Patrimonio de la Humanidad»será testemuña da evolución dos irmans Denis e Valeria Fernándezen terras extremeñas.


RESULTADOS EN DIRECTO


COMEZA O XOGADE AO AIRE LIBRE

 

     Se supoñia que a primaveira nos ia traer bo tempo de cara as competicions de aire libre. Pois iso, imos falar de competicions, que o tempo esta algo tolo. E será por probas, nesta vindeira fin de semana da comezo o programa de Pista ao Aire Libre. O sábado en Pontevedra para a categoría INFANTIL, e o domingo en Vigo para BENXAMIN-ALEVIN.  Para este último traslado a Balaidos,  temos dereito a BUS ESCOLAR, que vai partir da Estación de Cangas as 08:45 horas.


RESULTADOS



     O sabado temos a xornada completa ocupada no CGTD de Pontevedra, pola mañá na I Xornada en Pista do Xogade INFANTIL:

 RESULTADOS EN DIRECTO

     En xornada de tarde terá lugar a II Xornada Circuito de Atletismo en pista de Pontevedra:

RESULTADOS EN DIRECTO


      Sinalar tamén o comezo dos Croses Escolares coa celebración do VIII CROSS ESCOLAR C.E.I.P. A RÚA do que achegamos información que puidera ser de utilidade.


REGULAMENTO

CIRCUITO