COMPETICIONS DA FIN DE SEMANA

     A actividade atlética da fin de semana concentrase no domingo 12 de febreiro. Duas importantes probas do calendario coinciden no tempo pero non no espazo.  O CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVES terá lugar en San Miguel de Oia, a dirección exacta Circuíto Loureiro – Camiño da Verdella – San Miguel de Oia (Vigo)Este Campionato, continuación do Zonal, servira coma pase ao Campionato Galego (alevín, infantil e cadete) clasificaranse os 2 mellores equipos de cada fase provincial, así como os 8 primeiros atletas clasificados individualmente que non estiveran incluídos nos equipos clasificadosO autobus saira da Estación de Cangas as 08:00 horas.

     Os atletas convocados para o PROVINCIAL son:


  • BENXAMIN MULLERES.-  Goretti Carballal- Candela Castro- Alba Del Valle – Sabela Domínguez- Leire Fonseca- Leire Brun.
  • BENXAMIN HOMES.-  Hugo Domínguez
  • ALEVIN MULLERES.-  Agata Rodríguez- Lucia Gil- Sara Nerga – Carmen Fraga- Cristina Taboada- Uxia Sánchez.
  • ALEVIN HOMES.-  Carlos López- Raúl Rial- Sergio Valladares- Manuel Lemos- Carlos Corredoira – Yago Juncal.
  • INFANTIL MULLERES.- Sara Mallo- Angela Fraga- Abril Entenza- Nuria Argibay- Irene Ruiz – Ana Cerqueira-  Anais Santamarina- Carmén Castro – Blanca Piñeiro- Erea Bastón-Nerea Piñeiro.
  • INFANTIL HOMES.-  Aaron Otero- Joel curro- Iván Iglesias- Daniel Quinteiro- Carlos Portela- Adán Dacosta – Miguel Núñez  -Rubén Medraño- Jairo Parcero- Antón Núñez- Javier Rodal  -Mario Santos – Jacobo Díaz.
  • CADETES HOMES.- Lope Quinteiro-  Aaron Domínguez- Alex Iglesias- Gabriel Dacosta- Anxo Camaño- Manuel Otero.
  • CADETES MULLERES.-  Sabela López- Sandra Souto-Ines Pardavila-Naiara Villar -Alba Pardavila-Noelia Villaverde.

     PREGASE comunicar calquera incidencia que impida acudir ao Campionato, co fin de confeccionar os EQUIPOS.

PLANO LOCALIZACION

CIRCUITOS E HORARIO


     A mesma mañá de domingo, disputarase en a Pobra do Carmiñal o CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTANo REGULAMENTO da proba detallanse os pormenores do Campionato. @s amarel@s que acudiran a esta importante cita son Esmeralda Corredoira, Ana Piñeiro, Valeria Fernández, Denis Fernández, Rocio Novas, Lara Iglesias, Iris Malvido, Gema Dacosta e Nerea Malvido.



     O sábado 11, en NOVO HORARIO pola mañá, no estadio do CGTD de Pontevedra vaise disputar a I Xornada do Circuíto de Atletismo en Pista de PontevedraTamén imos ter unha ampla representación. HORARIO DEFINITIVO

     No mesmo estadio tera lugar o CAMPIONATO GALEGO DE LANZAMENTOS DE INVERNO CADETE-XUVENIL. Duas cadetes tomaran parte, Valeria Rodríguez en martelo e Ainoa Santos en disco. HORARIO – RESULTADOS EN DIRECTO


  • Daniel Calvar.- 60 m.l. e 400 m.l
  • Daniel Armada.- 60 m.l. 
  • David Lorenzo.- 400 m.l.
  • Paula Martínez.- 60 m.l.
  • Ariadna Gil.- 60 m.l. e 60 m.v.
  • Colomba Carballal.- 60 m.v.
  • Noelia Villaverde.- 60 m.l.
  • Irene Menéndez. 60 m.l.
  • Ines Villamor.– 60 m.l.
  • María Rodríguez.- 400 m.l.
  • Iria Rodriguez.- 400 m.l.
  • Lope Quinteiro.- 600 m.l.
  • Alex Iglesias.- 600 m.l.
  • María Rial.– 60 m.l.
  • Ainoa Santos.60m.l.
  • Anxo Camaño.– 60 m.l. e 600 m.l.

CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO AIRE LIBRE

Ourense, 16 de xullo de 2016

     As pistas de Josefina Salgado, en Monterrei,  acolleron a cita máis importante do calendario atlético autonómico. Foi unha longa xornada de verán para dar cabida ao   CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO AO AIRE LIBRE. Na sección masculina estiveron presentes o relevo 4×100 composto por Daniel Armada, Adrián Outeiral, David Lorenzo e Daniel Calvar. Non puido chegar o «testigo» a meta, producindose a descalificación do equipo. Esta bonita e emocionante proba é moi satisfactoria cando sae ben, pero tamén moi frustrante cando sae mal. 


1jpg


     Daniel Calvar participou nos 200 m.l., rematando en 4º posto, na súa final, cun tempo de 23.71. O seu compañeiro David Lorenzo foi 6º nos 400 m.v. cun crono de 1:00.54. 

     En mulleres a medalla foi para Raquel Villa, quen foi segunda e polo tanto Subcampiona Galega de Lanzamento de Peso. A bola chegou ata os 12’58 m. e supuso a medalla de prata.


2


     Para a infantil Ana Piñeiro foi a sua primeira participación nun absoluto, percorrendo os 5 kms da marcha. Na vindeira tempada seralle unha distancia habitual, rematou en Monterrei no 5º posto cun tempo 28:53.38.

 

CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE

Granollers, 9 e 10 de xullo de 2016

     A localidade de Granollers acolleu o CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE.  Dúas atletas do Club, no seu primeiro ano nesta categoria, acadaron mínima para disputar as probas de lanzamento de peso e 3000 metros marcha. Ambas da categoría feminina. Valería Rodriguez rematou 7ª na final de peso, cun mellor lanzamento de 10.89. Pola súa parte Valeria Fernández, non puido rematar a proba dos 3000 mts marcha, debido a problemas fisicos.



CAMPIONATO DE ESPAÑA PROMESA

Toledo, 25 e 26 de xuño de 2016

     Durante a primeira fin de semana do veran, os mellores atletas nados entre os anos 1994 e 1996 tiñan unha cita en Toledo para disputar o CAMPIONATO DE ESPAÑA PROMESA.  Entre os mellores sub-23 do ambito nacional estivo Raquel Villa.  Partía cunha mellor marca (A.L.) esta tempada de 12.09, acadada en Vigo no CAMPIONATO DE GALICIA XUVENIL,JUNIOR E PROMESA AIRE LIBRE.  En Toledo rematou no posto 10º, tras un mellor lanzamento de 11.28.


RAQUEL VILLA ACUDE AO NACIONAL PROMESA

     Os días 25 e 26 de xuño terá lugar en Toledo o CAMPIONATO DE ESPAÑA PROMESA AO AIRE LIBRE. Esta clasificada para esa cita a lanzadora Raquel Villa, que esta previsto dispute a final do lanzamento de peso as 20:00 h. do sábado 25.  Raquel xa disputou en febreiro o Campionato Nacional de Pista Cuberta, onde rematou 7ª.  Nada máis que desexarlle MOITA SORTE e BOA VIAXE.


RESULTADOS EN DIRECTO


al_promesaG


CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL POR EQUIPOS

Castellón, 18-19 de xuño de 2016

     Este ano o CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL POR EQUIPOS celebrouse en Castellon. Supoñía un gran esforzo desprazar os dous equipos da categoría infantil. Tamén era a primeira vez que mulleres e homes acadaban o pase ao Campionato.  A empresa era bonita, pero nada facil. Comezaba de maneira épica, con doce horas de viaxe en autobus. Coa chegada ao mediodía do venres daba tempo a unha boa aclimatación, e tamén para facer un pouco de turismo xa postos.


13482866_500770220111478_1922146065444535283_o


     A maioria dos atletas debutaban nun Campionato de España. Ainda que non fora así, os nervios previos da competición eran inevitables. A xornada inaugural foi o sábado a partir das 17:30 horas.

     EQUIPO MASCULINO

13415447_500771990111301_1999478484683463658_o

     Adrián Pastoriza saltou 1’42 en altura e Jacobo Díaz 1’36 aportando os primeiros 92’5 ptos. para o equipo. Gabriel Dacosta e Pedro Verdeal participaron na lonxitude, o primeiro alcanzou os 4,53 m. e Pedro chegou os 4,20 m. Seguiamos co concurso de xavelina, Anxo Camaño lanzou 12,79 m. e o seu compañeiro Eduardo Parcero 16,16 m.

     O lanzamento de peso supuso a primeira medalla individual para Lope Quinteiro, quen lanzou a bola ata os 12,67 m. Foi medalla de prata e coa suma do concurso de Aaron Otero, 10,43 m., acadaron 110 ptos. As probas do sábado deron remate co relevo 5×80 m. (Aaron O.-Anxo C. – Jacobo D. Gabriel D.- Lope Q.). Cun tempo de 55,72 s. acadaron o posto 14º. O equipo remataba a primeira xornada no posto 8º.

     O domingo comezaba coas series de velocidade. Nos 80 m.v.  Adrián Pastoriza fixo 14.85 s e Pedro Verdeal, 16.10 s. con estes tempos non puideron pasar a final. Jacobo Díaz Anxo Camaño participaron nos 80 m.l. e finalizaron en 12.30 s. e 11.55 s. respectivamente. Tampouco lle valeu para acceder a final.

     As derradeiras probas de fondo, 2 kms marcha e 1000 m.l. foron previstas para o mediodía do domingo. Eduardo Parcero rematou en 12:40.64 e Gabriel Dacosta en 13:33.94, ambos sumaron 59 ptos. Nos 1000 m.l.  Lope Quinteiro proclamouse Campión de España rematando a carreira en 2:51.18.  Aaron Otero completou a proba en 3:21.10. A suma de todo esforzo do equipo levounos a 9ª posicion final,  rubricando unha fantastica tempada.

EQUIPO FEMININO

13497582_500771996777967_2490814638810578772_o

     O equipo das mulleres tiña o listón moi alto, nada menos que defender o titulo acadado fai un ano. Non se arrugaron e conseguiron outras dúas medallas, en marcha e peso. A orde das probas era contraria a dos seus compañeiros. Todo comezou coa velocidade con Colomba Carballal e Alba Pardavila, rematando os 80 m.v. en 15.20 s. e 16.91 s. Ainoa Santos e Maria Rial acadaron nos 80 m.l. 11.89 s. e 11.25 s. Estas marcas non lle permitiron chegar a final.

     Para os 1000 m.l. correron Anais Santamarina, en  3:54.81 e Ines Pardavila, en 3:52.72. Na marcha foi Ana Piñeiro, quen por segundo ano consecutivo acadaba a victoria. Ademáis rebaixaba a súa marca ata os 9:59.93, novo RECORD GALEGO. Sabela López completou esta proba nun tempo de 12:39.17.

     Os concursos foron disputados na xornada do domingo, co remate na proba dos relevos. No salto de altura participaron Colomba Carballal, cun salto de 1’26 e Anais Santamarina que superou os 1’10. A lonxitude estivo cuberta por Alba Pardavila Maria Rial con saltos de 4,04 m. e 4,34 m. 

     Un lanzamento de 9,46 m. permitiulle a Ainoa Santos proclamarse Subcampiona de EspañaInes Pardavila acompañouna cun mellor lanzamento de 4,97 m. A xavelina daba remate as probas individuais, alí estiveron Ana Piñeiro Sabela López, lanzando ata 16,61 m. e 14,78 m. O relevo 5X80 m. (Ainoa S.- Alba P. – Colomba C.- Sabela L. – Maria R.) puso fin o Campionato. Foi cun tempo de 56,84 s. e supuso o posto 21º. O equipo acadou un posto 24º no computo final.


13495323_1626147921035514_694081205589170209_n


     Coa perspectiva do tempo conven valorar estes logros d@s amarel@s. Que mal acostumados nos teñen. Noraboa EQUIPOS!!!

 

CAMPIONATO GALEGO DE VETERANS

Vilagarcia, 18 de xuño de 2016

 

     O complexo deportivo de Fontecarmoa en Vilagarcia de Arousa foi o esceario do CAMPIONATO DE GALICIA DE VETERANS. Neste caso contamos coa presenza de 3 atletas que participaron en diferentes probas. O campionato gozou duns rexistros excelentes, ata se bateu un Record Mundial. No tocante os amarel@s tiveron premio polo esforzo en todas as probas que competiron. Carlos Bernárdez foi subcampión nos concursos de martelo e disco. Belen Lemat acadou o 2º posto en 400 m.l.- 800 m.l. e 1500 m.l., marcouse un triatlon sen despeinarse. Juan Iglesias obtivo  medallas de bronce nos 800 m.l. e  400 m.l.


carrrera


RESULTADOS


podio


PREVIA CAMPIONATO ESPAÑA INFANTIL POR EQUIPOS

     Esta madrugada partiu o autobus cos equipos feminino e masculino da categoría infantil. Por diante uhna longa viaxe ata Castellón. As probas daran comezo o sábado 18 de xuño pola tarde e remataran coa xornada de maña do domingo 19 de xuño


      LISTADO DE INSCRITOS


RESULTADOS DIRECTO HOMES

RESULTADOS DIRECTO MULLLERES

13450056_10206993653185088_1485607702179562347_n


horario