CAMPIONATO GALEGO BENXAMIN-ALEVIN E INFANTIL

O Barco de Valdeorras, 11 de xuño de 2016

 

     O Campionato Galego das categorías menores foi responsabilidade da Delegación de Valdeorras. Ata o Barco nos tivemos que desprazar para competir cos mellores das categorías benxamin, alevín e infantil. Esta viaxe a parte máis oriental de Galicia supuso un madrugón considerable. As probas comezaban as 10:00 da maña e agardabanos un día de sol e calor como poucos tivemos esta primaveira. 


DSCN1577


     Estaban clasificados preto de 40 amarel@s. Durante toda a xornada competiron, nun máximo de dúas probas, acadando coma recompensa 21 podios máis a mellora de moitas marcas persoais. Facer mención especial da categoría infantil, tanto mulleres coma homes, que esta vindeira fin de semana competiran en Castellón no Campionato de España por Equipos.  Imos encher a cidade de amarel@s que seguro viviran unha experiencia inesquecible.


DSCN1621


Benxamín

MULLERES

  • Gema Dacosta, 1ª Peso 1ª Pelota
  • Noa Nerga.  2ª Peso 6ª Altura
  • Lara Iglesias,  1ª  Marcha 3ª Pelota
  • Iris Malvido,  2ª Marcha 9ª Pelota
  • Nerea Malvido,  9ª Marcha
  • Sara Nerga,  9ª Altura 9ª 1000 m.l.
  • Lucía Gil,  4ª 500 m.l. 11ª 50m.l

 

HOMES

  • Sergio Valladares, 1º Lonxitude 10º 50 m.l.
  • Diego Roca,  11º Lonxitude
  • Raúl Rial,  9º 50 m.l. 5º 500 m.l.
  • Ángel Graña, 5ª 1000 m.l.

DSCN1571


Alevín

MULLERES

  • Erea Bastón,  1ª Peso 11ª Xavelina
  • Katia González,  13ª  Peso
  • Cristina Taboada,  10ª  Xavelina
  • Carmen Fraga,  8ª  Lonxitude

 

HOMES

  • Manuel Roca,  9º Xavelina 11º Peso
  • Daniel Quinteiro,  14º Xavelina 14º 60 m.l.
  • Denís Fernández,  1º  Marcha 12º Lonxitude
  • Eloy Domínguez,  7º Peso
  • Joel Curro,  5º 2000 m.l.
  • Carlos López,  6º 1000 m.l.

DSCN1586


Infantil

MULLERES

  • Ana Piñeiro,  1ª Marcha 12ª Xavelina
  • Sabela López,  12ª 220 m.v.
  • María Rial,  9ª 150 m.l. 1ª Triple Salto
  • Colomba Carballal,  5ª 80 m.v. 15ª Altura
  • Ainoa Santos,  2ª Peso 2ª Disco
  • Sara Mallo, 11ª Lonxitude  5ª 3000 m.l.

 

HOMES

  • Eduardo Parcero,  5º Marcha 12ª Xavelina
  • Pedro Verdeal,  9º 220 m.v. 8º 80 m.v.
  • Lope Quinteiro,  1º 1000 m.l. 1º Peso
  • Adrián Pastoriza,  2º 80 m.v. 4º Altura
  • Gabriel Dacosta,  7º Lonxitude 2º triple salto
  • Anxo Caamaño,  8º Xavelina 15º Disco
  • Martiño Núñez,  14º Xavelina 12º Peso
  • Jacobo Díaz,  2º Pértega 2º Altura
  • Daniel Suárez,  5º Altura  6º triple salto
  • Aaron Otero,  2º Peso  3º martelo

DSCN1599


RESULTADOS


 

 

 

CAMPIONATO GALEGO XUVENIL-JUNIOR E PROMESA

Vigo, 05 de xuño de 2016

 

     As pistas de balaidos foron a sede do CAMPIONATO GALEGO XUVENIL-JUNIOR E PROMESA AO AIRE LIBRE. Multitude de probas atleticas que prolongaron o programa ata a noite. Sorte que no mes de xuño o sol tarda en poñerse, e tamén que Vigo non nos queda lonxe. Contamos con presenza nas tres categorías, sendo a xuvenil a máis numerosa.  


26899546103_e7469827a7_b


     O relevo 4×100 xuvenil másculino proclamouse Campión Galego. Os integrantes eran Daniel Armada, Adrián Outeiral, David Lorenzo e Daniel Calvar. Remataron nun tempo de 46.11 s. Saray Amoedo foi 2ª no triple salto, onde tamén participou Martina Paramos, que foi 8ª, acadando no salto de pertega a medalla de bronce. Na pertega masculina David Lorenzo foi 1º ademáis de 3º en 400 m.v. cun tempo de 58.11, a só unha centesima da mínima para o Cto. de España. A medalla de prata na pertega sería para Daniel Calvar, que tamén rematou 7º no triple salto. Daniel Armada refrendou a sua punta de velocidade cun 5º posto nos 100 m.l., con 11.60.


27400642302_af6084fd51_b


     Manel Iglesias foi 1º en lanzamento de xavelina. Iria Rodríguez rematou 8ª en 400 m.v. e 11ª en 200 m.l. Nesta última proba Paula Sotelo acadou o 9º posto. Adrián Outeiral  completou a súa participación cun 6º posto no salto de lonxitude.


26889857464_a259aafcdf7_k


     Na categoría junior contamos con Esmeralda Corredoira, bronce en marcha. Patricia Torres,  prata en peso e Paula Martínez, prata en 100 m.v. A marca desta última proba foi invalidada polo vento.

     A categoría promesa supuso a volta de Pablo Castro a competición de primeiro nivel.  Cun mellor lanzamento de 13.70 conseguiu rematar Campeón Galego de Peso, a escasos centimetros da minima para o Cto. de España. A súa compañeira Raquel Villa si que acadou a mínima para o Campionto de España Promesa, que se vai disputar o vindeiro 25 e 26 e xuño en Toledo. Raquel quedou Campeona Galega de Peso cun lanzamento de 12.09.


26898191134_1c4ea9aa9d_z


RESULTADOS


PREVIA CTO. GALEGO BENXAMIN-ALEVIN E INFANTIL

       Este sábado 11 de xuño toca viaxar ata O Barco de Valdeorras. Ali van ter cita as 16 mellores marcas da actual tempada  agás nas de velocidade e valados disputadas na recta de meta que serán 18. Cada atleta poderá participar nun máximo de 2 probas do programa e categoría. No caso de ser carreiras, somentes unha poderá superar os 250m.

    Para o desprazamento imos dispoñer un autobus para os atletas participantes, e  os acompañantes no caso de sobrar prazas. A saída será de Cangas as 06:30 horas. Si se vai facer a viaxe por conta propia teran a cautela de estar unha hora antes da proba. 

       Achegamos o listado dos admitidos máis o HORARIO previsto para as probas. 


LISTADO INSCRITOS


RESULTADOS EN DIRECTO

HorarioOBarco-page-001

HorarioOBarco-page-002


 

CAMPIONATO GALEGO CADETE

Ferrol, 04 de xuño de 2016

 

     O comezo do Campionato, as 11:00 horas, permitiunos partir de Cangas cara Ferrol as 08:00 horas. O Campionato Galego Cadete tivo un desenrolo moi puntual sobre o programa previsto. A xornada de maña comezaba con Raul Barreiro no martelo, acadando o 4º posto, con 25.55 mts. Repetiría o posto no lanzamento de peso, con 11.02 mts.  Na pista tamén se disputaba o 3000 mts marcha, coa participación de Valeria Fernández. Mellorou a súa marca con 15:59.84 e proclamouse Subcampioa Galega. 


DSCN1487


     Juan Piñeiro foi 8º no salto de lonxitude e repetiu posto no triple salto. Tamén participou no concurso de pértega pero non acadou ningun salto valido. Irene Menéndez fixo a semifinal dos 100 m.l. en 14.01, con esta marca non pasou a final. Logo acadaria o Bronce na proba de lonxitude, cun mellor salto de 4.66. Ariadna Gil obtivo outra medalla de bronce nos 300 m.v. e rematou 6ª no concurso de triple salto.


DSCN1559


     Valeria Rodriguez no martelo non empezou con bo pe, rematou o mesmo sen marca. Si ben, despois desquitouse no peso cun lanzamento de 11.00 mts, que lle deu a medalla de prata e mínima para o Campionato de España Cadete.


DSCN1535


     Alex Iglesias rematou 8º nos 1000 m.l. con 3:01.30.  María Rodríguez pasou a final dos 300 m.l. con 44.63 na semifinal.  Rematou 7ª con 45.01. Laura Campos lanzou a xavelina ata os 25.90 mts, acadando o 5º posto.

     O remate do Campionato foi a proba dos relevos, 4 X100. O equipo feminino composto por Irene Menéndez, Ariadna Gil, María Rodríguez e Naiara Villar foron cuartas, cun crono de 54.07.


DSCN1570


 RESULTADOS


LOPE QUINTEIRO CAMPION DE ESPAÑA INFANTIL

Valladolid, 4-5 de xuño de 2016

 

     As pistas do Rio Esgueva voltaron ser testemuña do «bo facer» dos infantis do Vila de Cangas.  Lope Quinteiro e Adrián Pastoriza disputaron un campionato que premiaba a versatilidade dos atletas, basado en catro triatlons. O gañador de cada triatlon sería o máis completo, polo tanto campión de España.


13315791_1729290484027187_4325261057125825689_n


     Lope partía moi ben situado no ranking, en 2º posto, pero no Campionato refrendou que era o mais completo dos infantis que disputaban o triatlon B. As marcas que o fixeron Campion de España foron 5.10 en lonxitude, 2:50,36 en 1000 m.l. e 39.46 en xavelina. A suma de 1598 ptos. deulle o triunfo.


IMG-20160605-WA0008


       Adrián tocoulle loitar no triatlon C. O sabado correu o 80 m.v. en 14.78 e saltou 4.27 en lonxitude. Completou a sua participación o domingo no salto de altura, 1.45.  a suma das probas, 943,  levouno o posto 23º.


FB_IMG_1464977476171


         PARABENS a estes fora de serie. De seguro que nos preparan outra en pouco tempo…por exemplo en Castellon o 18 e 19 de xuño.

PREVIA DO CAMPIONATO GALEGO XUVENIL, JUNIOR E PROMESA

    As pistas de Balaidos albergaran durante toda a xornada do domingo 5 de xuñoCAMPIONATO GALEGO XUVENIL, JUNIOR E PROMESA . O futuro máis inmediato do atletismo galego vai  estar presente en Vigo. @s amarel@s trataran de ser participes dese futuro.  Achegamos os datos de interese.


HORARIO            LISTADO INSCRITOS


RESULTADOS EN DIRECTO

cartel

PREVIA DO CAMPIONATO GALEGO CADETE

     O sábado 4 de xuño nas Pistas de A Malata disputarase o CAMPIONATO GALEGO CADETE. En xornada partida, de maña e tarde,  Ferrol vai acoller @s mellores da categoría cadete de maneira individual e na proba de relevos. Na seguinte CIRCULAR podese consultar o regulamento do Campionato máis o horario das probas.


LISTADO DE ADMITIDOS


     Vaise dispoñer dun autobus, con saída de Cangas as 08:00 horas. O mesmo voltará ao rematar a competición (entre as 20-21 h.). A comida d@s atletas farase nun Restaurante cercano as pistas. Si algun pai/nai desexa realizar o viaxe no bus pregamos o comunique polas canles habituais.


LISTA DE SAIDA/RESULTADOS DIRECTO


CARTEL CTO. GALICIA CADETE A.L. - FERROL - 04-XUÑO-2016(1)


ADRIAN E LOPE VIAXAN A VALLADOLID.

     Este vindeiro sábado 04 de xuño Adrián Pastoriza e Lope Quinteiro van participar no I CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL. O formato da proba e novidoso, será unha participación a modo invidual en tres probas (triatlon).  Vanse dividir en catro triatlons, A, B, C e  D. No caso dos amarelos, Lope disputará o B (1000 m.l.-lonxitude e xavelina).  Adrián farao no C (80 m.v.- altura e lonxitude).  O Complexo deportivo do Rio Esgueva vai albergar esta importante cita. Grato recordo gardamos desas Pistas, alí xa sonou o himno do Vila de Cangas. Esta vai ser unha boa oportunidade para que volten a brillar os amarelos


CIRCULAR CAMPIONATO


RESULTADOS EN DIRECTO

PicMonkey Collage


 

COMPETICIONS DA FIN DE SEMANA.

     Mentras agardamos polo 40 de maio,  esta pasada fin de semana non se deixou ver o azul do ceo. De feito, @s amarel@s recorreron a xeografia galega na súa procura, sen resultados.  O sábado 28 de maio tivo lugar en A Coruña a 30ª edición dun Premio que centrou a atención da Marcha Atlética nesta cidade, o  GRAN PREMIO CANTONES- MEMORIAL JOSEFINA ROMERO.


CjjT7x_XAAAQVMC


      Nesta proba en Ruta @s atlet@s das categorías superiores xogabanse a sua participación nos Xogos Olimpicos de Rio, pero antes diputabanse as carreiras do Trofeo Josefina Romero.  Na proba de 1Km Marcha da categoría benxamín feminino, Lara Iglesias foi 1ª con 4.52 e Gema Dacosta 2ª con 5.39. O tempo acadado por Lara mellora o Record Galego desta distancia. Na seguinte categoría Denis Fernández voltou a pulverizar o Record Galego, neste caso nos 2kms. deixando o mellor rexistro galego en 9.43.  Carlos Corredoira foi 12º na mesma proba.


CjjxbN0XAAIXCa_


     Na proba cadete feminina, sobre un percorrido de 3kms, Valeria Fernández rematou 4ª. Esmeralda Corredoira rematou 1ª da categoría Junior, nos 5 kms do circuito. 


CjjUJ_-WkAAWyHO


      O sábado pola maña disputouse nas pistas de Balaidos o II Meeting Popular de Atletismo. Contamos coa presenza de Alex Iglesias, que foi o 3º cadete na probas dos 600 m.l. cun tempo de 1:40,21. O domingo desprazouse a Ourense e foi 7º nos 1000 m.l. dentro do Ourense Termal Atlhletics Meeting. Tamén participou nesta competición Paula Martínez, rematando 5ª nos 100 m.v. cun tempo de 16.57. 

      David Lorenzo estivo en Lugo disputando os 400 m.v. no Memorial Gregorio Pérez Rivera,  rematando 3º con 59.83, preto dos 58.10 esixidos para o Cto. de España.


13329467_1094539867250949_8253820284189180022_o


CAMPIONATO GALEGO BENXAMIN-ALEVIN E INFANTIL POR EQUIPOS

A Coruña, 22 de maio de 2016

 

     A xornada de maña do CAMPIONATO GALEGO BENXAMIN-ALEVIN E INFANTIL POR EQUIPOS deparaba  probas para as categorías benxamín e alevín. Tiñamos representación en ambas, tanto en mulleres coma en homes.  As baixas, si que mermaron o equipo benxamín masculino, que non puido cubrir todas as probas. Ainda así, ocuparon o 9º posto, enorme labor dos integrantes que defenderon o Campionato ata o final. 

     As mulleres do equipo benxamín proclamaronse Campioas Galegas. Tomaron en serio o lema «enerxia de futuro«,  de seguro que nos agardan moitos logros por parte desta categoria. PARABENS  a tod@s @s que competiron e animaron coma equipo.


BENXAMIN HOMES:  (9º posto)

  • DIEGO ROCHA,  2º relevos e 8º 50 m.l.
  • SERGIO VALLADARES, 1º lonxitude e 2º relevos
  • RAUL RIAL,  1º 500 m.l. e 2º relevos
  • AARON PEREIRA, 2º relevos e 7º peso 

DSCN1382


BENXAMIN MULLERES: (1º posto)  

  • NOA NERGA, 1ª peso e 2ª altura
  • LUCIA GIL, 1ª relevos e 4ª 50 m.l.
  • GEMA DACOSTA, 1ª pelota e 2ª lonxitude
  • LARA IGLESIAS, 1ª 500 m.l. e 1ª relevos
  • SARA NERGA, 1ª 1000 m.l. e 1ª relevos
  • IRIS MALVIDO, 1ª marcha e 1ª relevos

DSCN1465


RESULTADOS BENXAMIN


     Os alevíns completaban o programa de probas na xornada de maña. O equipo feminino acadou o 10º posto da clasificación e os homes alzaronse co trofeo ao rematar en 3ª posición. Esta foi a aportación dos atletas.

ALEVIN HOMES: (3º posto)

  • DANIEL QUINTEIRO, 2º relevos e 8º 60 m.l.
  • JOEL CURRO,  4º 500 m.l.
  • CARLOS LOPEZ,  2º relevos e 6º 1000 m.l.
  • ELOY DOMINGUEZ,  2º peso e 11º altura
  • ANTON NUÑEZ,  14º lonxitude
  • MANUEL ROCA,  2º xavelina
  • DENIS FERNANDEZ,  1º marcha e 2º relevos
  • DIEGO MARTINEZ, 2º relevos

DSCN1454


ALEVIN MULLERES: (10º posto)

  • PAULA AMIGO,  7ª 60 m.l. e 10ª relevos
  • NURIA ARGIBAY,  4ª peso e  5ª 500 m.l.
  • ANDREA SOTELO, 13ª 1000 m.l. 
  • AGATA RODRIGUEZ,  12ª lonxitude e 10ª relevos
  • CRISTINA TABOADA,  4ª xavelina e 10ª relevos
  • CARMEN CASTRO, 10ª relevos
  • KATIA GONZALEZ, 9ª marcha

RESULTADOS ALEVIN


DSCN1447


     A tarde do domingo estaba reservada para a categoría infantil.  Moitas probas para cubrir e moita tarde por diante. Pero o final o esforzo valeu a pena, converteuse na guinda do Campionato. Os homes proclamaronse Campions Galegos e as mulleres terceiras. Para  ledicia de adestradores os equipos cumpriron co seu cometido principal, funcionar como tal.


13268283_491703697684797_5266913370981911107_o


INFANTIL HOMES(1º posto)

  • EDUARDO PARCERO,  2º marcha e 7º 80 m.l.
  • MARTIÑO NUÑEZ, 7º relevos e 11º 150 m.l.
  • AARON FERRARI,  2º martelo e 3º 500 m.l.
  • LOPE QUINTEIRO, 1º peso e 1º 1000 m.l.
  • IVAN IGLESIAS, 7º relevos e 11º 1000 m. obts.
  • DANIEL SUAREZ, 7º relevos e  9º 3000 m.l.
  • ADRIAN PASTORIZA,  1º 80 m.v. e 1º altura
  • ANXO CAMAÑO,  6º disco e 7º 220 m.v.
  • JACOBO DIAZ, 1º xavelina e 2º pértega
  • GABRIEL DACOSTA, 2º triple e 4º lonxitude
  • JAIRO PARCERO, 7º relevos

13268084_491703917684775_4196120338388251165_o


INFANTIL MULLERES(3º posto)

  • ALBA PARDAVILA, 7ª lonxitude e  8ª 80 m.l.
  • MARIA RIAL, 1ª triple e  2ª 150 m.l.
  • ANAIS SANTAMARINA, 9ª relevos e 14ª 500 m.l.
  • INES PARDAVILA, 9ª relevos e 15ª 1000 m.l.
  • SARA MALLO, 7ª 3000 m.l. e 9ª relevos
  • SABELA DOMINGUEZ, 3ª 220 m.v. e 5ª pértega
  • COLOMBA CARBALLAL, 5ª 80 m.v. e 6ª altura
  • AINOA SANTOS, 2ª peso e 7ª martelo
  • ANGELA FRAGA, 9ª relevos e 11ª disco
  • ANA PIÑEIRO, 1ª marcha e 5ª xavelina

RESULTADOS INFANTIL