CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR BENXAMIN E COMBINADAS ALEVIN.

Pontevedra,  21 de maio de 2016

 

     Chegamos as pistas do CGTD de Pontevedra rodeados de triatletas que recoñecían o circuito da cidade. O noso era un triathlon algo máis modesto, neste caso para a categoría alevín. As tres probas eran 60 m.l., lonxitude e peso. Este Campionato foi paralelo ao CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR BENXAMIN. Ameazaba durante toda a maña coa choiva pero o final da xornada non nos mollamos. Os homes da categoría benxamín acadaron dúas medallas de prata mais un bronce. As mulleres conseguiron oito medallas, sendo Campionas en relevos 4×50, altura, peso e marcha. Os subcampionatos foron en peso, pelota e marcha. Salientar  o RECORD GALEGO acadado por Lara Iglesias nos 1000 metros marcha, cun tempo de 5:30.54.  E tamén o rexistro de Gema Dacosta en pelota, con 25,31 mts, mellorando tres metros o anterior record galego.


DSCN1308


     Aproveitouse para entregar os Trofeos do Campionato Provincial Escolar de Cross. Dificil esquecer aquela data en Baiona con lama, choiva e frio. A verdade que luciu máis hoxe a foto do equipo benxamín feminino coma primeiras naquela carreira.

     No triathlon alevín acadouse unha medalla de bronce da man de Denis Fernández, preto andivo Daniel Quinteiro, que rematou 4º, Manuel Roca 7º, Carlos López 11º e Yago Juncal 17º. As mulleres participantes foron Nuria Argibay 7ª, Carmen Castro 11ª e  Andrea Sotelo 17ª


DSCN1350


BENXAMIN HOMES:

  • RAUL RIAL,  2º 500 M.L. e  5º 50 m.l.
  • ANGEL GRAÑA,  4º 1000 m.l.
  • SERGIO VALLADARES,  2º lonxitude e 3º 50 m.l.
  • DIEGO ROCHA,  9º lonxitude
  • AARON PEREIRA,  10ª peso

DSCN1288

BENXAMIN MULLERES:

  • LUCIA GIL,  1ª relevos e 7ª 50 m.l.
  • LEIRE FONSECA,  1ª relevos e 6ª 500 m.l.
  • SARA NERGA,  5ª altura   e 6ª 1000 m.l.
  • GEMA DACOSTA, 1ª peso e 1ª pelota
  • LARA IGLESIAS,  1ª marcha  e 2ª pelota
  • NEREA MALVIDO,  1ª relevos e 9ª marcha
  • IRIS MALVIDO,  1ª relevos e 2ª marcha
  • NOA NERGA,  1ª altura e 2ª peso

DSCN1352

RESULTADOS


PREVIA DO CAMPIONATO GALEGO BENXAMIN, ALEVIN, INFANTIL POR EQUIPOS .

    Este domingo 22 de maio as pistas de A Elviña albergaran o Campionato por equipos das categorías menores. Tratase da proba, ao aire libre, máis importante da tempada para estes  equipos. A participación vai ser masiva nas tres categorías.


Circular 38-2016-page-001


RESULTADOS EN DIRECTO BENXAMIN


ALEVIN


RESULTADOS EN DIRECTO ALEVIN


     Lembramos que estas dúas categorías competiran en xornada de maña co seguinte HORARIO:

MAÑAN


     A xornada de tarde estará reservada para a categoría infantil.


Circular 38-2016-page-002


RESULTADOS EN DIRECTO INFANTIL


Circular 38-2016-page-004

Circular 38-2016-page-005


 

PLAN DE VIAXE A CORUÑA

     Este vindeiro domingo 22 de maio vai ter lugar en   A Coruña o CAMPIONATO GALEGO BENXAMIN, ALEVIN e INFANTIL por equipos. As categorías benxamín e alevín disputarán as probas en xornada de maña. Por tal motivo vaise dispor dun autobus con saída dende Cangas as 07:45 horas.  O mesmo voltará ao rematar a competición,  polo se aconsella LEVAR COMIDA.  (os pais/nais que queiran apuntarse no bus, deberan facelo polos canles de comunicación do Clubwhatsapp- enderezo electronico ou redes sociais). Aconsellase facelo canto antes, especificando o número de adultos por nen@. No caso non existan prazas para tod@s, discriminariase por estricto orde de entrada, ademáis dun adulto por nen@.

     A categoría infantil competirá en xornada de tarde. O autobus partirá de Cangas as 13:45 horas. A forma de apuntarse no bus para pais/nais serán da mesma maneira co anterior. Teremos en conta os posibles cambios que poida ter o HORARIO para facer variacións na viaxe. Iremos ampliando a información importante do evento.

INSCRITOS BENXAMIN

INSCRITOS ALEVIN

INSCRITOS INFANTIL


HORARIO E REGULAMENTO


elvina


CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR ALEVIN-COMBINADAS INFANTIL

Vigo, 14 de maio de 2016

     As pistas de Balaidos foron sede do CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR ALEVIN . A cita viña acompañada das Probas de Relevos por equipos ademáis do Tetrathlon Infantil. O único factor que desluciu o evento foi a choiva. Na categoría masculina os alevíns acadaron 6 metais,  2 ouros, 2 pratas e 2 bronces. A sección feminina obtivo tres podios, 2 ouros e 1 bronce.


IMG_4231


 No tocante as probas combinadas para a categoría infantil,  o tetrathlon incluía os 80 m.l e valados, peso e lonxitude. Nos homes Jacobo Díaz foi 7º, Gabriel Dacosta 8º, Anxo Camaño  9º e Pedro Verdeal 13º.1homes

2homes

 

      As mulleres participantes foron, Ainoa Santos 5ª, Maria Rial 6ª, Colomba Carballal 9ª,  Sabela López 11ª  e Alba Pardavila 17ª.

1mulleres2mulleres3mulleres

4mulleres


IMG_4249

  • ALEVIN HOMES:
  • DANIEL QUINTEIRO, 1º relevos  e 2º 60 m.l.
  • DIEGO MARTINEZ, 1º relevos e 9º 60 m.l.
  • CARLOS CORREDOIRA,  8º 500 m.l.
  • CARLOS LOPEZ,  1º relevos e 3º 1000 m.l.
  • YAGO JUNCAL,  8º 1000 m.l. e 13º lonxitude.
  • JOEL CURRO,  2º 2000 m.l.
  • ANTON NUÑEZ,  5º lonxitude
  • ELOY DOMINGUEZ,  3º xavelina e 4º peso
  • MANUEL ROCA, 4º xavelina e 8º peso
  • GUILLERMO ALONSO,  13º peso
  • DENIS FERNANDEZ, 1º marcha e 1º relevos

IMG_4217

ALEVIN MULLERES:

  • BLANCA PIÑEIRO,  8ª lonxitude e 12ª 60 m.l.
  • NURIA ARGIBAY, 4ª peso e 9ª 500 m.l.
  • CARMEN CASTRO,  8ª peso e 13ª 500 m.l.
  • ANDREA SOTELO, 1ª relevos e 7ª 1000 m.l.
  • SAIOA IGLESIAS,  9ª altura e 11ª xavelina
  • PAULA NERGA,  11ª altura e 13ª xavelina
  • CARMEN FRAGA, 1ª relevos e 3ª lonxitude
  • PAULA AMIGO,  1ª relevos e 4ª lonxitude
  • AGATA RODRIGUEZ, 1ª relevos e 11ª lonxitude
  • EREA BASTON, 1ª peso e 6ª xavelina
  • KATIA GONZALEZ,  7ª peso e 13ª marcha
  • ROCIO NOVAS, 9ª peso
  • CRISTINA TABOADA, 4ª xavelina

V XORNADA DAS SERIES MUNICIPAIS.

     Voltan este domingo 15 de maio as series municipais. As pistas de Balaidos acolleran un programa de probas no que priman as adicadas ás categorías cadete, xuvenil, junior, promesa e senior. De cara a vindeiros Campionatos Galegos  será un bo test. Ollando o calendario temos preto o Campionato Galego Cadete, en Ferrol o 4 de xuño. Con mínimas bastante esixentes, por certo. 

      O concurso de pértega si que vai estar reservado as categorías infantil, cadete e xuvenil. Xa postos tamén temos encargado un pouco de sol para o dómingo.

RESULTADOS EN DIRECTO


LISTADO DE INSCRITOS


hv150516-page-001


PRESENTACION TROFEO VILA DE CANGAS.

     Este xoves, día 12 de maio, tivo lugar na Fundación Cangas Deporte (Casa da Xuventude de Cangas) a presentación do XII TROFEO VILA DE CANGAS DE ATLETISMOO acto acudiron Xoan C. Chillón (Presidente-Delegado da Fundación Cangas Deporte) e Mª Carmen Parada (Presidenta do Club Atletismo Vila Cangas) 

     O evento, que terá lugar este martes 17 de maio no Estadio Municipal de Cangas, trascorrerá en horario de 09.45/13.30 h, e nel participarán preto de 180 atletas.

    Na proba competirán deportistas en categoría BENXAMIN – ALEVIN – INFANTIL – CADETE – XUVENIL – JUNIOR – PROMESA – SENIOR – VETERÁN (masculina e feminina), achegados dende diferentes puntos da xeografía galega.

     A competición está organizada polo CLUB ATLETISMO VILA DE CANGAS, supervisada pola FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO (Vigo) e conta co patrocinio da FUNDACIÓN CANGAS DEPORTE e o CONCELLO DE CANGAS.


HORARIO E REGULAMENTO

INSCRITOS


20160512_125100

CAMPIONATO GALEGO CADETE E JUNIOR POR EQUIPOS.

Ferrol, 07 de maio de 2016

 

     As pistas de atletismo de A Malata,  acolleron o sabado 7 de maio unha longa xornada de probas para puntuar coma equipo. As categorías implicadas eran cadete e junior. Pola nosa parte estiveron os equipos femininos de ambas categorías. Moita participación de equipos galegos que deixou o programa de probas demasiado ateigado. 

     Vendo o desenrolo do Campionato foi unha pena non poder completar todas as probas. Cambiaría sensiblemente o resultado final coa suma deses puntos. Pero tamén houbo tempo para alegrias. Valería Fernández acadou marca mínima nos 3000 metros marcha para o Campionato de España. No mes de xullo, en Granollers, poderá medirse coas mellores marchadoras do país.


DSCN1016


     Tamén contamos coa presenza de un par de amarelos que exerceron de filiaís co Celta. Foi o caso de Daniel Calvar e Manel Iglesias.  O primeiro completou o relevo máis os valados e o seu compañeiro participou no concurso de xavelina. O remate da xornada propiciou un 7º posto para o equipo cadete e a 4ª posición para o junior. Non se acadou o podio pero, polo visto en Ferrol, non vai tardar en chegar.  Fixemos equipo e esperemos que non pare de medrar.


RESULTADOS CADETE

RESULTADOS JUNIOR


DSCN1057


CADETE:   7º posto.- 127 ptos.

  • IRENE MENENDEZ.- 4ª 100 m.l. e  4ª relevos (4×100)
  • MARIA RODRIGUEZ.- 4ª 300 m.l. e 10ª 300 m.v.
  • VERONICA BRUN.- 8ª 600 m.l. e 7ª relevos (4X300)
  • MARIA BRONCOS.- 5ª 100m.l.
  • SANDA SOUTO.- 6ª 300 m.l. e 7ª relevos (4X300)
  • ALBA CAMPOS.- 6ª 100 m.v. e 4ª relevos (4×100)
  • NAIARA VILLAR.- 8ª altura e 4ª relevos (4×100)
  • ARIADNA GIL.- 1ª triple salto e 8ª lonxitude
  • VALERIA RODRIGUEZ.- 2ª martelo e 3ª peso
  • LAURA VALLADARES.- 10 ª disco
  • LAURA CAMPOS.- 7ª xavelina e 4ª relevos (4×100)
  • INES VILLAMOR.- 4ª relevos (4×100) e 7ª relevos (4X300)
  • VALERIA FERNANDEZ.- 1ª marcha

toma


JUNIOR:   4ºposto 140.5 ptos.

  • PAULA MARTINEZ.- 1ª 100 m.v. e 5ª 100 m.l.
  • PAULA SOTELO.- 8ª 200 m.l. e 2ª relevos (4X100)
  • NOELIA GRAÑA.- 11ª 400 m.l. e 2ª relevos (4X100)
  • IRIA RODRIGUEZ.- 7ª 800 m.l. e 7ª relevos (4X400)
  • ALBA PAZOS.- 2ª altura e 2ª relevos (4X100)
  • MARTINA PARAMOS.- 4ª pértega e 2ª relevos (4X100)
  • SARAY AMOEDO.- 1ª triple e 4ª lonxitude
  • PATRICIA TORRES.- 3ª peso e 3ª disco
  • JOHANA VILLAR.- 3ª martelo e 7ª relevos (4X400)
  • PAULA SANTOS.- 4ª xavelina e 7ª relevos (4X400)
  • ESMERALDA CORREDOIRA.- 2 ª marcha e 7ª relevos (4X400)

    DSCN1068


RANKING BENXAMIN XOGADE

    A categoría benxamín disputará o sábado 21 en Pontevedra o Campionato Provincial Escolar que tamén inclue o Campionato de Probas Combinadas Alevín.  No primeiro deles poderán participar os atletas coas 16 mellores marcas dos inscritos, sendo soamente válidas as marcas realizadas nas fases previas.  Cada atleta poderá participar nun máximo de 2 probas. No caso de ser carreiras, somentes unha poderá superar os 250m. O relevo COMPUTA como participación. Na categoría alevín a participación é aberta. O número máximo de participantes por entidade e categoría será de 6. 

INSCRITOS   


RANKING BENXAMIN MULLERES

RANKING BENXAMIN HOMES


HORARIO E REGULAMENTO


IMG_4104


 

CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR INFANTIL

Pontevedra, 07 de maio de 2016

     Este pasado sábado as pistas do CGTD de Pontevedra albergaron o Campionato Provincial do programa XOGADE. Catro fases prevías foron a antesala da final de Pontevedra. Na categoría infantil participaron 11 homes e 8 mulleres. De seguro que remataron ben relaxados,  despois dunha xornada de maña na que moitos completaron 3 probas máis o relevo.


IMG_4131


     O computo global de podios acadados no Campionato sumou 27 medallas. Na sección feminina foron 5 de ouro, 3 de prata e 3 de bronce. Mentras que os homes conseguiron 6 ouros, 6 pratas e 4 de bronce. Tal coma esta a economía entrariamos de cheo no IBEX-35.


IMG_4191


     Os artifices foron:

INFANTIL MULLERES.-

  • Ainoa Santos                    2ª disco ,  1ª peso, martelo e 1ª relevos.
  • Ana Piñeiro                       1ª marcha  e  3ª xavelina
  • Anais Santamaría            8ª 500 m.l. e  12ª altura               
  • Sara Mallo                         2ª 1000 m.l. ,  5ª lonxitude  e 5ª triple salto.
  • Colomba Carballal           5ª 80 m.v. , 4ª altura, 150 m.l. e 1ª relevos.
  • Alba Pardavila                  7ª 80 m.v. , 6ª triple salto  e  7ª lonxitude
  • Sabela López                    3ª pértega  e  8ª lonxitude e 1ª relevos.
  • María Rial                          1ª 80 m.l., 1ª 150 m.l.,triplo e  1ª relevos.

IMG_4207


INFANTIL HOMES.-

  • Eduardo Parcero             1º marcha, 9º 150 m.l.,xavelina e  4º relevos
  • Pedro Verdeal                 3º 220 m.v.,80 m.v., 8º lonxitude e  3º relevos
  • Aarón Otero                     2º 500 m.l. , 2º martelo,  3º peso e  4º relevos
  • Iván Iglesias                      5º 500 m.l. , 11º 150 m.l.  e  4º relevos
  • Lope Quinteiro                1º 1000 m.l. ,  1º peso e  3º relevos
  • Gabriel Dacosta               1º lonxitude, 2º triple, 5º altura  e  3º relevos
  • Adrián Pastoriza              2º 80 m.v.,  2º altura, 2º lonxitude  e  4º relevos
  • Jacobo Díaz                      1º altura ,pértega, 6º xavelina e  3º relevos
  • Anxo Camaño                  4º xavelina, 5º 150 m.l.  e  4º relevos
  • Daniel Iglesias                  3º triplo, 7º altura   e  5º 1000 m.l.
  • Martiño Núñez                8º peso e 10º xavelina

IMG_4176


RESULTADOS


XXII XORNADA ATLETISMO BASE- TROFEO CANGAS DENTAL.

Cangas, 06 de maio de 2016

     Despois dunha maña de choiva o venres a tarde fixo un pequeno parentesis para encher as pistas de atletismo de Cangas de moita, moita vitalidade. A verdade dos nen@s que se incribiron non fallaron moitos, tiñan gañas de amosar a sua competitividade. As categorías de minibenxamíns foron as máis numerosas. Colexios de toda a comarca do Morrazo participaban nas XXII XORNADA ATLETISMO BASE- TROFEO CANGAS DENTAL.  

     O programa de probas desenrolouse de maneira fluida, pasou a tarde nun suspiro. Sobre as 20:30 horas procedeuse a entrega de trofeos e medallas. Como as palabras non chegan deixamos unhas imaxes do evento, foi todo un pracer. 


GALERIA DE FOTOS


RESULTADOS


DSCN0936