II XORNADA EN PISTA BENXAMIN-ALEVIN EN VIGO.

     As pistas de atletismo de Balaidos volven albergar, o sábado 2 de abril, a II XORNADA EN PISTA BENXAMIN-ALEVIN do programa XOGADE.  A cita de Vigo inclue a novidade da proba dos relevos. En benxamín será 4X50 m. e alevín 4X60 m.  NON habera autobus, polo cal se aconsella viaxar con tempo. Pregase os compoñentes dos equipos de relevos informen se non puideran acudir.


LISTADO INSCRITOS


hv020416-page-001


RESULTADOS XXIX RECONQUISTA-TROFEO ANTONIO FERNANDEZ

Vigo 27 de marzo de 2016

    Magnifica xornada de maña nas pistas de atletismo de Balaidos. Gran diversidade de modalidades atléticas, con mistura de categorías tanto en carreiras coma en concursos. Co obxetivo de mellorar ou acadar marca notouse unha gran participación nas quendas de 100 m.l. 


1003

1004


     Acadaban un vistoso agasallo os primeiros clasificados de cada proba. Era dificíl coa xuventude dos amarel@s poder optar aos premios. Ainda así nos 300 m.v. Ariadna Gil foi primeira, o mesmo que Saray Amoedo no triple salto.


triple

valllas


RESULTADOS


TROFEO RECONQUISTA EN VIGO

    Este domingo 27 de marzo as pistas de atletismo de Balaidos en Vigo albergaran o XXIX RECONQUISTA-TROFEO ANTONIO FERNANDEZ. Vai ser un programa con probas para categorías desde infantil ata veterans. Na CIRCULAR podense consultar os detalles do regulamento.

     Habera que ter en conta que o domingo CAMBIA A HORA, adiantase o reló. Dormiremos unha hora menos.


LISTADO DE INSCRITOS


reconquistavigo2016-page-001


I XORNADA EN PISTA BENXAMIN-ALEVIN XOGADE EN PONTEVEDRA.

     O sábado 19 de marzo as pistas do CGTD de Pontevedra albergaran a I XORNADA EN PISTA BENXAMIN-ALEVIN do programa Xogade. Cada atleta poderá participar nun máximo de 2 probas. No caso de ser carreiras, somentes unha poderá superar os 250m. Achegamos o LISTADO DE INSCRITOS que desenrolaran o programa de probas co seguinte HORARIO:


hp190316-page-002


INTENSA FIN DE SEMANA ATLETICA.

     Para despedir o mes de febreiro dispoñemos dunha proposta atletica moi diversa. Este sábado 27 na localidade de Pontevedra estrease a xornada de atletismo provomida polo programa XOGADE para a categoría infantil, será nas pistas do CGTD. Cada atleta poderá participar como máximo en tres probas das que compoñen o programa, respectando sempre a seguinte norma: 3 concursos, 1 concurso e 2 carreiras, ou 2 concursos e 1 carreira. No caso de participar en 2 carreiras, somentes unha poderá superar os 250m.


Xogade


     O mesmo sábado a  localidade de A Coruña acolle o CAMPIONATO GALEGO XUVENIL E JUNIOR DE PISTA CUBERTA, repartindose as probas en xornada de maña e tarde. Vaise dispor dun autobus para o desprazamento, terá saída de Cangas as 07:30 horas. OLLO o novo Horario:


hc270216-page-001


     Como compoñente da Selección Galega de Marcha a cadete Valeria Fernández vai participar no CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR E CADETE DE MARCHA POR FEDERACIONS. Será o domingo 28 na localidade granadina de Motril.


marcha_motrilG(1)


     Na pista cuberta de Riazor o domingo 28 vaise disputar o CAMPIONATO GALEGO DE VETERANS EN PISTA CUBERTA.  Alí vai participar Mª Belen Lemat.  Moitisima sorte a tod@s eles/as.


 hc280216-page-001


CALENDARIO XOGADE EN PISTA AO AIRE LIBRE.

    Este sábado 27 comeza o XOGADE EN PISTA AO AIRE LIBRE, serán varias xornadas participativas en Vigo e Pontevedra. Despois disputaranse os Campionatos Provinciais por categorías de forma individual e por relevos. Aproveitando os Ctos. Provinciais tamén se faran Probas Combinadas nas categorías alevín e Infantil.


CALENDARIOxogade

 


 

CAMPIONATO ESPAÑA PROMESA P.C. e OUTROS TROFEOS.

San Sebastián, 21 de febreiro de 2016

     Durante a xornada do domingo 21 de febreiro Raquel Villa disputou a final do concurso de lanzamento de peso no CAMPIONATO DE ESPAÑA PROMESA DE PISTA CUBERTA. Rematou 7ª o lanzar a bola de 4kgs. ata os 11.65 mts. 

     Non e doado obter a mínima para participar nos Campionatos de España. Se non que llo digan as cadetes que  o tentaron nas Pistas «Josefina Salgado» de Pereiro de Aguiar. Ariadna Gil acadou 9.72 nos 60 m.v. a súa mellor marca e tamén da competición, quedando a 7 centesimas da mínima (9.65) . Valeria Rodríguez no lanzamento de peso alcanzou os 9.89, a 70 cms do obxetivo. Irene Menéndez tamén andivo preto dos 8.15 esixidos, rematando os 60 m.l. en 8.80. Na IV Xornada XXXIII Copa Deputación en pista  tamén participou Maria Rodríguez que foi descalificada nos 60 metros valados

     A marea amarela que se desprazou a Vilagarcia o Complexo Deportivo de Fontecarmoa tamén tiña un obxetivo. Está próximo o Campionato Galego de Pista Cuberta para as categorías benxamín, alevín e infantil e tamén esixen marca para disputalo. Acompañou o tempo a esta intensa maña atletica que deixou os seguintes RESULTADOS


 GRUPO