COMPETICIONS DA FIN DE SEMAN.

    Esta vindeira fin de seman que hoxe comezamos será de estreo nos Campionatos de España. A lanzadora Raquel Villa vai participar no CAMPIONATO DE ESPAÑA PROMESA DE PISTA CUBERTA, será en San Sebastian os días 20 e 21 de febreiro. Podedes consultar os resultados do día 21 no concurso de lanzamento de peso feminino neste enlace:

Resultados Promesa P.C.


pc_promesaG


     O sábado 20 en Pereiro de Aguiar vaise disputar a 4ª XORNADA XXXIII COPA DEPUTACION DE ATLETISMO EN PISTA. Con máis de 500 inscritos tentando acadar obxetivos moi dispares. No caso das nosas amarelas buscarán  marca para os vindeiros Campionatos de España. Participarán catro cadetes María Rodríguez e Ariadna Gil en 60 m.v., Irene Menéndez en 60 m.l. e Valeria Rodriguez en lanzamento de peso.


 

TROFEO ATLETISMO MAZI-CIDADE DE VILAGARCIA

   Este domingo 21 de febreiro  vaise celebrar no Complexo Deportivo de Fontecarmoa-Vilagarcia de Arousa o TROFEO ATLETISMO MAZI-CIDADE DE VILAGARCIA, co seguinte programa de probas:


Trofeo MAZI Cidade de Vilagarcia-page-001


     No REGULAMENTO detallase que cada atleta só poderá participar en 2 probas seguindo esta limitación (1 carreira + 1 concurso ou 2 concursos) e máis o relevo. Outorgaranse medallas nas categorías Benxamín, Alevín e Infantil ata o quinto clasificado de cada proba, categoría e sexo. Excepto nas probas de relevos onde só se outorgarán medallas os tres primeiros clasificados. Tódolos participantes en categoría Prebenxamín levarán medalla.


TROFEO ENTROIDO EN PISTA CELTA ALTETISMO

    O TROFEO DE ENTROIDO EN PISTA CELTA ATLETISMO terá lugar o vindeiro sábado 6 de febreiro a partir das 10:00 horas na Pista Municipal de Atletismo de Balaidos (Vigo). As categorías implicadas disporan do seguinte PROGRAMA:

hv060216-page-002

O HORARIO previsto será:


 

hv060216-page-004


 

 

     Tendo en conta o vindeiro CAMPIONATO GALEGO BENXAMIN-ALEVIN E INFANTIL DE PISTA CUBERTA,  previsto para o 5 de marzo de 2016, se presume unha boa data para tentar mellorar as marcas da presente tempada.

RESULTADOS TROFEO SOLIDARIO DE NADAL CELTA ATLETISMO

     Esta mañan disputouse en Vigo o TROFEO SOLIDARIO DE NADAL CELTA ATLETISMO. As pistas de Balaidos foron testemuña dunha alta participación que implicaba as categorias MINIBENXAMIN ata CADETE.  Moi satisfactoria foi a participación dos @marel@s no torneo. Estes foron os RESULTADOS acadados na xornada. 


10354827_849904571774202_683175784682321146_n


TROFEO SOLIDARIO DE NADAL CELTA ATLETISMO

    Este vindeiro sábado 19 de decembro vaise celebrar en Vigo o TROFEO SOLIDARIO DE NADAL CELTA ATLETISMOAs pistas de atletismo de Balaidos acolleran esta competición de pista ao aire libre para categorías dende MINIBENXAMIN ata CADETE. De cara a vindeiras probas de Pista Cuberta será unha boa oportunidade para acadar marcas. Para o desprazamento NON se vai habilitar autobus, polo cal precisamos da implicación dos pais e nais.


Horario


No tocante a competición @s nen@s poderan apuntarse a unha carreira e un concurso como máximo. No REGULAMENTO podedes consultar outros detalles da proba, como por exemplo a APORTACION SOLIDARIA que se pide efectuen os participantes. Ata o sábado entón.


 hv191215-page-001


FINAL LIGA 2ª DIVISION NACIONAL.

Soria 14 de xuño de 2015

Terceiro ano consecutivo que se disputa a FINAL DA LIGA DE 2ª DIVISION, por parte do equipo feminino. Este domingo 14 de xuño, en xornada de maña,  o Estadio de Los Pajaritos acolleu os oito mellores equipos da segunda división nacional. Os dous primeiros clasificados acadaban o ascenso a primeira división. Non era doado pero alí se plantou batalla ata o final. Non puido ser, a terceira non foi a vencida. 

Somos un Club de canteira, enerxia de futuro, pero o presente, día a día, amosanos que todo o que nos propoñamos se conseguirá. Non foi desta pero tamén dicir que xa queda menos. Eso si agradecer o grupo de mulleres o camiño que están labrando para vindeiras xeracións.

A mañan comenzaba co concurso de martelo, Johana Villar  alcanzou os 30.05 mts. e sumou dous puntos para o equipo coa 7ª posición. Nos 5 kms. marcha non se puido sumar puntos pola descalificación de Esmeralda Corredoira.  A cadete Alba Vidal foi quen de sumar un punto cun 8º posto nos 3000 m.l. 

Outra cadete Maria Rodríguez rematou 7ª no salto de lonxitude, cun mellor salto de 4,40 metros. Mª Jesús Novo repetiu o mesmo posto, 7ª, nos 400 m.v. 

Noa Rouco acadou 6 puntos o rematar 3ª nos 400 m.l., parecía que se animaba a xornada con outros 6 puntos por parte de Patricia Torres, tamén 3ª no lanzamento de disco. A máis veterán do grupo Marina Caballero continuou coa tendencia nos 800 m.l. rematando 3ª.

Aida Amoedo foi a representante nos 200 m.l., que foron moi reñidos entrando as 5 primeiras no mesmo segundo. Aida rematou 5ª con 26,98. Alexia Vidal saltou 1,55 en altura, acadando a segunda praza. A cadete Ana Fandiño alcanzou en pertega os 2,00 metros, sumando dous puntos máis e rematando 7ª.

As probas de velocidade foron cubertas por Paula Martínez, 5ª nos 100 m.v. e Noelia Graña que foi descalificada nos 100 m.l.

Saray Amoedo no triplo salto alcanzou os 11,17 e rematou 3ª. Iria Piedras correu os 1500 m.l. e acadou o 8º posto. Raquel Villa cun lanzamento de 12,00 mts, foi 2ª no peso. Ainara Rodríguez rematou os 300o metros obstáculos en 6ª posición. O derradeiro concurso individual da xornada nos daba o único primeiro posto, foi Laura Meira no lanzamento de xavelina, con 37, 75 mts.

Quedaban os relevos, o 4×100 composto por Paula Martínez, Alexia Vidal, Noelia Graña Sara Villar, foi 6º cun tempo de 53,65. O 4×400 formado por Marina Caballero,  Aida Amoedo,  Mª Jesús Novo Ana Antepazo, repetiron 6º posto con 4:23.41.

A suma final foi de 72 puntos, rematando en 7º posto.  Parabens para o  Lucus Caixa Rural Galega Hinaco Monzon polo ascenso acadado. Nos seguiremos traballando para voltar o ano que ven.


11377207_999550320075761_3991251778834900414_n


CAMPIONATO GALEGO BENXAMIN-ALEVIN E INFANTIL.

Ferrol, 13 de xuño de 2015

Marchamos de Cangas  temprano e chovendo. Pensamos co que iamos atopar en Ferrol sería igual ou peor, pero non foi así. O tempo respetou, as rias altas foron benévolas co Campionato Galego para as categorías menores. Polo demáis xa era bastante logro estar ahí. Eran as 16 mellores marcas por proba. Medio cento de amarel@s acadaron o privilexio de competir nas Pistas da Malata.

Por outro lado foi un importante «test» para o equipo infantil femininocon 14 representantes, de cara o vindeiro Campionato de España Infantil por EquiposDentro dunha semana estarán en Valladolid, por segundo ano consecutivo, encabezando a representación galega. 

Polas infantis imos comenzar coas medallas acadadas no Campionato. Ariadna Gil e Valeria Rodriguez conseguiron o doblete nas súas probas. A primeira proclamouse Campiona Galega en 220 m.v. e salto de lonxitude e a súa compañeira en lanzamento de peso e martelo.  Ana Piñeiro restou medio minuto a sua marca nos 3 kms marcharematando e baixando dos 16 minutos. Lara Fernández foi Campiona en pértega e bronce  en salto de altura  compartido  con Veronica Nuñez polo empate en 1,37. Ainoa Santos sumou un bronce en discoAs irmans Campos completaron os podiums nesta categoría, Alba Campos  foi en 80 m.v.  e Laura Campos subcampiona galega de xavelina.


10557303_980060635352105_474396400796777615_n


Na categoría infantil homes acadou o posto en peso Lope Quinteiro.

A categoría alevín estivo presente no podio co primeiro posto de Aaron Otero en pesoo bronce de Pedro Verdeal en salto de lonxitude máis o Campionato Galego en lonxitude para Sara Mallo.

Por ultimo os benxamins sumaron medallas con Ouro e Prata para Eloy Domínguez en lanzamento de pelota e peso. Diego Martínez acadou o bronce no mesmo concurso de pelota.

As mulleres colleitaron dúas pratasGema Dacosta en pelota e Lara Iglesias  na marcha. Noa Nerga foi bronce en peso.


11430341_980061045352064_2331032315854004437_n


 Clasificacións d@s amarel@s:

BENXAMIN Mulleres

BENXAMIN Homes

ALEVIN Mulleres

ALEVIN Homes

INFANTIL Mulleres

INFANTIL Homes