XOGADE EN PISTA AO AIRE LIBRE.

Esta fin de semán darán comezo en Vigo e Vilagarcia as probas do Xogade en pista ao aire libre. O sábado 28 en Balaidos acollerá as categorías benxamin e alevin mentras que o domingo 01 de marzo,na localidade arousana, estará reservado para os infantís.

Nas categorías benxamín e alevín, cada atleta poderá participar nun máximo de dúas probas. Se son carreiras, só unha poderá superar os 250m.

Na categoría Infantil, cada atleta poderá participar nun máximo de tres probas: 3 concursos; 2 concursos e 1 carreira; 1 concurso e 2 carreiras. Se son 2 carreiras, só unha poderá superar os 250m.

Nos concursos das fases previas, só se realizarán 3 intentos. Están previstas catro fases previas para cada categoría.

Para o Campionato Provincial, clasificaranse as 16 mellores marcas da totalidade das probas realizadas nas fases previas.

 

 HORARIOS INFANTIL VILAGARCIA 

 HORARIOS BENXAMIN-ALEVIN VIGO  

CAMPIONATO DE CLUBS EN PISTA O AIRE LIBRE

Sábado 26 Abril, Lugo

E novamente o equipo feminino do Vila volve subir o podio, como xa fixera en pista cuberta, pois quedaron terceiras, demostrando unha vez máis que é un equipo que hai que ter en conta.

A este gran logro hai que sumarlle outro, ¡ POR FIN TEMOS EQUIPO MASCULINO! o que non ocorría dende hai un tempo e estamos moi contentos. Os rapaces do Vila quedaron 8º, detrás dos penúltimos, e xa están traballando en novas estratexias para mellorar, como recordar que a entrega de relevo faise na mesma rúa para que non os descalifiquen.

Dende logo foi un gran día. Comezaron o campionato con dúas probas de mulleres, marcha e martelo e unha de homes, triple. E comezamos cun susto, Mar Chillón lesionouse e inda así foi terceira, Johana foi 4ª.  Pero o equipo mantívose nos primeiros postos toda la mañá. Laura Meira, a nova incorporación do equipo, foi segunda en xavelina como tamén o foi Alexia Vidal en altura o lograr saltar 1.55 m.

María Novo e Aida Amoedo seguen entrenando a pesar de estudiar  moi lonxe de aquí e demostrárono nos 400 m. Os de María foron valados e foi 6ª e os de  Aida lisos e foi 4ª, pola tarde faría os 200 m.l.  e repetiría posto. Noelia Graña fixo uns magníficos 100 m.l. quedando 2ª. Saray Amoedo foi 5ª en triple, sendo a máis pequena de todas, cun salto de 10.82 m.

Nos 1500 m.l. participou a máis veterana do equipo,  Marina Caballero, quen está nunha magnífica forma física como o demostrou o ser 4ª. Iria Piedras foi a encargada de facer os 3000 m. obstáculos,  foi  5ª sen mollarse demasiado na ría.

O equipo dos homes, empezaba a competir co máis pequeno do equipo, Dani Calvar en triple e quedandoi 8º. Ángel Menduiña foi 6º nos 400 m.v. e pola tarde en lonxitude 4º. Juanma Novo participou en 2 probas e rematou en ambas no mesmo posto ,7º, pola mañá en xavelina e pola tarde en 110 m.v. Gerson Martinez foi 7º nos emocionantes  100 m.l.    En pértega Álvaro Lorenzo foi 6º .Pablo Castro en peso conseguiu o mellor posto para o equipo, 3º. Pola tarde lanzou o disco e foi 4º. Os 1500 correunos  Maikel Portela sendo 6º. Pedro Acuña foi 7º nos 400 m.l. Os 3000 obstáculos correunos e saltounos Rodrigo Bermúez sendo 8º e obtendo unha nova marca para el.

O peche da xornada da mañá foi o relevo  dos 4×100 m.l. o equipo femenino composto por Paula-Noelia G-Sara-Alexia foron 3ª e o masculino 4º, no que participaron Cesar-Vicente-Gerson-Yago

A xornada de tarde comezou cos homes, en martelo o máis veterán do equipo, Carlos Bernardez foi 7º como tamén o foi  Ángel Ferrari en 3000 m.l.Foron 8º Pablo Cortizo en 800 ml e David Lorenzo en altura. Era un dos cadetes e o máis baixiño dos saltadores, e non pudo practicar moito antes da proba pola esaxerada altura a que puxeron o listón.

Cesar A. González correu os 200 m.l. sendo 6º. Andrés Obenza, outro dos pequenos do equipo, aceptou facer a marcha a pesar de non competir en esa disciplina esta tempada. Tivo a mala sorte de ser descalificado.

O equipo femenino pola tarde comenzou con pértega  a cargo de Martina Paramos, 5ª, e peso  con Raquel Villa quen foi 2ª obtendo outro dos mellores postos do club. Sara Villar foi a encargada de facer os 100 m.v. sendo a 6ª en cruzar a liña de meta. Noa Rouco era a terceira na súa proba, os 800 m.l. Alba Vidal, unha das máis pequenas do equipo foi 6ª nos 3000 m.l.Mónica Cabirta foi a encargada de saltar a lonxitude  sendo a 7ª clasificada. O último concurso foi o disco no que Talía García quedou 4ª mellorando marca.

A última proba desta xornada foron os relevos 4×400. Algúns xa se relamían ó pensar que se podían meter co entrenador, xa que ía participar cos rapaces, sen darse conta que si se pasaban ían pagalo moi caro en futuros entrenos. E por si iso non fora suficiente, descalificaronnos por unha entrega antireglamentaria. Os relevos foron  Pablo-Carlos-Fran-Maikel. O equipo femenino composto por Marina-Ana-María- Mónica foron 4ª.

O broche final para esta xornada foi a subida o podio do equipo das rapazas do Vila no 3º posto. Noraboa campionas! Noraboa a todos, homes e mulleres!

CAMPIONATO GALEGO DE CLUBS CADETE E XUVENIL-XUNIOR

Lugo, sábado, 14 setembro 2013

Ó non haber moitos equipos inscritos, a organización adaptou os horarios e as probas para que este campionato se fixera nunha única xornada e non todo o día.  Grazas a isto non tivemos que madrugar.  A saída do bus foi sobre as 11 da mañá, para ter tempo de comer e reposar a comida antes da competición.

O Vila de cangas acudiu a proba con dous equipos femininos, un de cada categoría. Tamén participou na proba Pablo Castro pero co Celta, xa que non temos os rapaces suficientes para facer un equipo ou para cubrir as probas que nos permita participar. Isto pasou coas rapazas, os dous equipos non ían completos, as cadetes eran 13 e quedaron 4 probas sen cubrir. As xuvenil-xunior eran 14 e quedaron 5 probas sen cubrir, unha por non chegar a tempo a cámara de chamadas.

O ambiente era moi cordial, mais que unha competición era un reencontro entre amizades. As probas transcorreron con normalidade. O tempo tamén foi bo, xa que non fixo demasiada calor e incluso chegou a poallar en algunhas probas. Unha das probas que teñen máis expectativa son os relevos e as nosas atletas fixérono moi ben. As cadetes  Inés – Paula – Noelia – Martina foron primeiras no 4×100 e   Noa R – Lucía – Ainoa – Eva foron segundas nos 4×300. As xuveniles-xunior Aida- Ainara – María – Iria foron primeiras nos 4×400 e Estela – Sara – Alexia – Carla terceiras nos 4×100.

Nas mulleres había tres equipos en cada categoría, na categoría cadete eliminaron a un por non cubrir o número suficiente de probas, pero non influía no resultado final xa que ía terceiro e había moita diferenza de puntos. O Vila foi segundo con 21 puntos.  Nas xuvenil-xunior fomos terceiras con 31 puntos, a 3 do subcampión. A 2 si se cubrira os 1500 m.l, e seríamos subcampións si se cubriran 4 de esas 5 probas que non se cubriron.

E nisto básanse as probas de equipo, en que todos aportan o seu gran de area. Todos contan, todos son importantes e reforzan o equipo, nunca o olvides.

 

RESULTADOS

EQUIPO CAEDETE: Subcampión galego (21 puntos)

Postos alcanzados na súa proba:

1ª: Noa Rouco -300 m.l. … Paula Martínez – 100 m.v… Noelia Graña – altura … Eva Piñel – triplo salto … Noa García – 3km marcha…relevo 4×100 (Ines – Paula – Noelia – Martina)

Seguir leyendo

CAMPIONATO GALEGO DE CLUBS DE PISTA AIRE LIBRE

Ferrol, Sábado 13 abril 2013

Este campionato celebrouse en Ferrol. Non había ameaza de mal tempo pero sí de fortes rachas de vento. E o vento foi o protagonista deste evento, impedindo que se pódese practicar ben calquera das distintas probas. Un exemplo disto é que no salto de altura, os xuíces tiveron que agarrar o listón para que o atletas puderan quentar sen que o vento o derribara

As probas comezaron coa  marcha de mulleres na que Mar Chillón foi a primeira polo que xa iniciamos  o marcador con boa puntuación. Pouco a pouco foron sumandose puntuacións como as de Raquel Villa en lanzamento de peso que rematou primeira , Alexia Vidal foi 2ª en salto de altura  e Aida Amoedo foi 3ª en 400 m.l.

O vento quiso xogar na nosa contra no salto con pértega, e a pesar de que  Martina Paramos saltaba con suficiente altura e de lanzaba a pértega para atrás, o vento, que estaba moi revoltoso, devolvíalla e tiráballe co listón.

Tras moitos problemas co vento, a organización tivo unha reunión cos delegados e decidiuse suspender algunhas probas polo perigo que supuñan para os atletas. A nos influíanos no lanzamento de disco, que se suspendeu por romperse a xaula e Talía  non se estrenou  nesa proba, xa que as lesións impedíronlle ir a outras competicións. Iso sí, animou e sacou moitas fotos.

 

Resultados:

5km marcha: 1ª Mar Chillón

100 m.l.: 6ª Paula Fernández

Seguir leyendo

CAMPIONATO PROVINCIAL INFANTIL PISTA AIRE LIBRE – 22 MEDALLAS

Vigo 12 Maio 2012

Chegamos tarde a competición xa que o autobús que nos tiña que levar, a nós e a  outros clubs, non chegou a tempo a tódalas paradas.

 Tivemos que mandar en coche, os rapaces que tiñan que competir a primeira hora, para que fosen quentando, aínda que houbo que deixar a pértega, xa que non collía no coche. Non había perigo de que a proba empezara antes, pois no bus tamén ían as outras pertiguistas doutro club.

Déuse a coincidencia de que quen levou os rapaces en coche a Vigo, foi  o pai de Ana Fandiño, que quedou esperando o bus, sen saber que estaba clasificada para a lonxitude, que tamén era a primeira hora

Foi unha mañá calurosa, pero a peor parte sufrírona os atletas que cerca das 14:00 da tarde tiveron que facer a proba dos 3 km marcha. Andrés Obenza foi un dos valentes que competiron nesta proba e os que se lles negou a auga mentres durara a proba. Andres foi o merecido subcampeón.

Tres atletas merecen unha mención especial, Martina Paramos, Samuel Alonso e Adrián Outeiral, xa que fixeron triplete, o levar medalla en cada unha das probas nas que participaban. Os tres levaron 2 medallas de ouro. A terceira de Martina e Samuel é de prata e a a de Adrián é de bronce

Outros 3 atletas obtivero dúas medallas, pero neste caso Martín Pérez obtivo unha de ouro e outra de prata. Dani Armada e David Lorenzo obtiveron cada un, unha de prata e outra de bronce

Resumindo, todas estas medallas foron sumándose as outras que gañaron os nosos atletas ata lograr a cantidade de 22 medallas, das cales 8 foron de ouro, 9 de prata e 5 de bronce. 3 atletas fixeron triplete, 3 obtiveron 2 medallas cada un e outros 7 atletas obtiveron unha medalla. 

3 Medallas:

Martina Paramos: Triple (ouro), 80 m. vallas (ouro),  e 220 m. vallas (Prata)

Samuel Alonso: Disco (ouro), Peso (ouro)e xavalina (prata)

Adrián Outeiral: Lonxitude (ouro), Triple (ouro) e 500 m.l. (bronce). 

2 medallas:

Martín Pérez: Martillo (ouro) e Peso (prata)

Daniel Armada: 1000 m. obstáculos (prata) e 80 m. vallas (bronce)

David Lorenzo: Altura (prata) e 150 m.l. (bronce) 

Outras medallas:

Ouro: Noa García en Pértega

Prata: Alba Soliño en 3000m.l. – Jorge Piñeiro en 150 m.l –  Alejandro Mariño en triple – Andres Obenza en 3km marcha

Bronce: Saray Amoedo en triple – Paula Santos en xavalina

 Outros resultados: Seguir leyendo

2ª XORNADA CAMPIONATO ESCOLAR INFANTIL E PROBAS CADETES

Sabado 28 Abril 2012

Esta segunda xornada realizouse en Vigo, e os cadetes tiveron tamén probas para eles. Foi unha mañá con bo tempo, pero a participación non foi moi abundante.

 Houbo probas que non se fixeron por non haber participantes, como os 1000 m.l. homes ou unhas que so ía un atleta, 1000m.obstáculos, na que participou o noso atleta Dani Armada, ou a marcha conxunta na que so participaron dous homes.

Oito foron as cadetes que participaron nesta xornada. Alexia  en altura saltou os 1.56 quedando 1ª e Noelia G 3ª. Nos lanzamentos Carla  foi a 1ª en disco e Johana a 2ª en martelo. Nos 300 m. vallas tivemos unha sorpresa agradable, Noa R fixo unha magnífica carreira chegando cunha pequena ventaxa. A pena e que  non sabe saltar as vallas, senón faría a mínina para o campeonato de España. Tamén saltaron vallas Sara, Paula M e Lucía

Zonal Vigo Infantil + cadete 28 abril 2012

Escolar Benxamin-Alevin – Infantil Combinadas en Pista

Pontevedra 3 de marzo de 2012

Despois dun mes de febreiro onde o campo a través foi a proba habitual, comezamos marzo coa pista que vai ser a tónica a partir de agora. O que non era normal era o tempo seco e o sábado choveu polo cal os benxamíns, alevíns e infantís se mollaron. Benxamíns e alevíns competían de xeito individual nun máximo de dúas probas. Os infantís facíano en probas combinadas, tres en total. Todo iso en xornada de mañá. Unha boa proba para calibrar as marcas destas tres categorias. Os resultados da xornada foron: ZONAL ESCOLAR BENXAMIN ALEVIN COMBINADAS INFANTIL

Zonal Pista Alevín- Benxamín

Cangas, 02 de abril de 2011

Era sábado e xogabamos na casa, as pistas de atletismo de Verín-Coiro foron o lugar elexido para o Zonal de pista das categorías benxamín e alevín. A primeira proba foi os 2000 metros de marcha en categoría alevin, Andres Obenza foi o representante do Vila de Cangas, quen con 12:37,4 acadou a segunda plaza. Xa en marcha benxamin a distancia foi de 1000 metros, ali foron Valeria Fernández, Ana Piñeiro e Valería Rodríguez, por esta orde de chegada as participantes. Na misma categoría en homes foi Jesús Guimerans o primeiro clasificado cun tempo de 8:21,3. Despois comenzarón as series de 100 metros lisos correndo ambas categorías conxuntamente, nunha carreira de homes e outra de mulleres. Na serie feminina Alba Vidal fixo un tempo de 3:41,0, e a benxamín Laura Magadaleno parou o crono en 5:18,9. En homes o alevín David Lorenzo finalizou en 3:30,4, seguido polos seus compañeiros de categoría Daniel Armada con 3:37,8, Ismael Otero con 3:41,3 e Juan Piñeiro con 3:59,3, xa como benxamin Hugo Fernández acodou un tempo de 4:18,7. En xeral e un dos fíns de estas probas, acadar marcas nas diferentes disciplinas atléticas. Salientar que se conseguiron marcas moi prometedoras, tal foi o caso de David Lorenzo quen saltou en altura 1,26, a benxamín Sandra Souto realizou os 500 metros lisos en 1:39,5, tamen o alevin Julian Villa na mesma distancia rematou en 1:33,7. No salto de lonxitude o alevín Gabriel Fernández saltou ata os 3,93 e a benxamín Ariadna Gil acadou os 3,25. Os resultados do dia podense consultar: http://www.atletismogalego.com/Resultados201011/Vigo/V020411.pdf

ZONAL INFANTIL INCIVIDUAL E ALEVÍN COMBINADAS

Pontevedra, 26 de febreiro de 2011

Este ano dividiron os zonais en dúas sedes; unha en Vigo e outra en Pontevedra.
O Vila de Cangas, nesta ocasión, a pesares de depender da Delegación de Vigo, foi competir a Pontevedra. O motivo foi que na sede de Vigo había moitos atletas competindo e por decisión do Deporte Escolar, a nós mandáronnos para á capital.
A mañá estivo estupenda, nin moito frío nin demasiado calor,
Ó iniciar a competición, algúns atletas tiveron que facer dúas probas ó mesmo tempo. Este foi o caso de Óscar Broullón, que tivo que correr polo estadio de atletismo dunha punta a outra, pois coincidiulle o lanzamento de peso có lanzamento de martelo. Estresouse un pouco de principio, pero logo demostrou a súa valía clasificándose en 1ª posición nas dúas probas, e máis tarde tamén repetiu posto có lanzamento de disco.
Moitos dos nosos atletas conseguiron primeiros postos con moi boas marcas.
En combinadas alevín había moitos atletas, tanto en masculino como en feminino. Habilitaron tres fosos de lonxitude e tres de lanzamento de peso, o que axudou a que se cumprira o horario e volvéramos á casa á hora prevista.

                                                                                        (Carmen Parada)

Infantil homes:

Óscar Broullón: 1º en disco, 1º en martelo, 1º en peso

Raúl Dacosta : 1º en 80 m.l., 1º en lonxitude, 1º en triplo Seguir leyendo