XORNADA XOGADE INFANTIL EN PONTEVEDRA

    As pistas do CGTD de Pontevedra acollen este vindeiro domingo 3 de abril unha nova xornada do programa XOGADE para a categoría INFANTIL. Será preciso chegar cunha hora de antelación as probas a disputar. Achegamos o enlace das listas de saída, desde onde se poden seguir os horarios, resultados e atletas por proba. Non se pedirán documentos relacionados coa COVID-19 para recoller os dorsais nas probas a realizar. A entrega dos mesmos realizarase a un único responsable de cada club.


RESULTADOS EN DIRECTO


INFANTIL FEMININO

  • ANA CORDEIRO, 80 m.l., xavelina e 150 m.l.
  • ZOE FERNANDEZ, 500 m.l., 150 m.l. e relevo 4X80 m.
  • ERICA NOVAS, 1000 m.l., lonxitude e 150 m.l.
  • ALEJANDRA RIOS, 80 m.l., peso e disco
  • ANTIA SOTO, 220 m.v., 80 m.v. e 150 m.l.
  • SORAYA GONZALEZ, disco, 150 m.l. e relevo 4X80 m.
  • AISHA ALVAREZ, peso, 150 m.l. e relevo 4X80 m.
  • LEIRE FERNANDEZ, xavelina, 150 m.l. e relevo 4X80 m.
  • ANTIA BAQUEIRO, 80 m.l., altura e 150 m.l.
  • NOA QUINTEIRO, peso e martelo

INFANTIL MASCULINO

  • HUGO COLLAZO, lonxitude, 1000 m.l. e 80 m.l.
  • MIGUEL FERNANDEZ, lonxitude, 1000 m.l. e 80 m.l.
  • MARCOS RIAL, 2000 m.l.,150 m.l.  e 80 m.l.
  • SAUL SANTOS, 500 m.l., 150 m.l. e relevo 4X80 m.
  • IKER RIAL, 500 m.l., 150 m.l. e relevo 4X80 m.
  • BREO FERNANDEZ, 500 m.l., 150 m.l. e relevo 4X80 m.
  • UNAI FERRAL, lonxitude, xavelina e relevo 4X80 m.


 

XORNADA XOGADE EN PISTA BENXAMIN E ALEVIN

     Este vindeiro sábado 2 de abril as pistas de Balaidos acolleran unha nova xornada do XOGADE en pista para as categorías BENXAMIN e ALEVIN. Sairá un bus da estación de Cangas as 08:45 h. No caso facer a viaxe por conta propia será preciso chegar cunha hora de antelación as probas. Achegamos o enlace das listas de saída, desde onde se poden seguiros horarios, resultados e atletas por proba. Non se pedirán documentos relacionados coa COVID-19 para recoller os dorsais nas probas a realizar  A entrega dos mesmos realizárase a un único responsable de cada club.


RESULTADOS EN DIRECTO


BENXAMIN FEMININO

  • CAMILA ENRIQUEZ, 500 m.l., lonxitude e relevo 4X50 m.
  • SOFIA CORRALES, 50 m.l., 1000 m.l. e relevo 4X50 m.
  • NORA PARCERO, lonxitude, 500 m.l. e relevo 4X50 m.
  • LUCIA CANCELAS, 50 m.l., lonxitude e relevo 4X50 m.
  • EMMA SALGADO, lonxitude, 50 m.l. e relevo 4X50 m.
  • MAR FAZANES, 50 m.l.,  pelota e relevo 4X50 m.
  • DANIELA NOGUEIRA, pelota,  peso e relevo 4X50 m.
  • ISIS MARTINEZ, lonxitude, 50 m.l. e relevo 4X50 m.
  • DANIELLA ALVAREZ, 50 m.l. e peso
  • MARIA DESOUSA, 50 m.l. e pelota

BENXAMIN MASCULINO

  • ADRIAN CALVAR, lonxitude , 500 m.l. e relevo 4X50 m.
  • ALEX CARBALLO, pelota , 500 m.l. e relevo 4X50 m.
  • MARCO LAHERA, pelota, 500 m.l. e relevo 4X50 m.
  • THIAGO RESILLE, lonxitude, altura e relevo 4X50 m.
  • HUGO LORENZO, pelota , 500 m.l. e relevo 4X50 m.
  • ALAN MALVIDO, pelota, peso e relevo 4X50 m.l
  • BRAIS GARCIAlonxitude , 1000 m.l. e relevo 4X50 m.
  • LUCA CAO, altura e relevo 4X50 m.
  • MATEO JALDA, lonxitude e 50 m.l.

ALEVIN FEMININO

  • LENA CURRAS, lonxitude e 1000 m.l.
  • EMMA COLLAZO, 60 m.l. e 1000 m.l.
  • NAHIA PINTOS, lonxitude e pelota
  • ALBA ALVAREZ, 60 m.l. e 1000 m.l.
  • AITANA BROULLON, 60 m.l. e 1000 m.l.
  • NOA LORENZO, 60 m.l. e pelota
  • CARLA SALGADO, peso e 60 m.l.
  • SABELA MIRANDA, peso e pelota
  • LEIRE FUENTES,  marcha e 60 m.l.
  • ANA OLIVEIRA, 60 m.l. e lonxitude
  • IRIA FERNANDEZ, 60 m.l. e lonxitude
  • NOA CAAMAÑO, 60 m.l. e pelota

ALEVIN MASCULINO

  • SAMUEL CORRALES, altura e lonxitude
  • DANIEL CORDEIRO, 2000 m.l. e lonxitude
  • AMARO BASTON, peso e pelota
  • ANXO SOTELO, pelota e 500 m.l.
  • ALEJANDRO FERNANDEZ, 60 m.l. e peso
  • ERIC SANTOS, 60 m.l. e 1000 m.l.
  • XABIER FERRAL, 2000 m.l. e lonxitude
  • RUBEN FERNANDEZ, 60 m.l. e lonxitude
  • EVAN MARIN, peso e pelota
  • ANXO CURRAS, pelota e 500 m.l.
  • GABRIEL FAZANES, 2000 m.l. e lonxitude


 

XORNADA XOGADE BENXAMIN E ALEVIN PONTEVEDRA

     Este domingo 27, ademáis de cambiar a hora, temos a  XORNADA XOGADE para as categorías BENXAMIN e ALEVIN nas pistas do CGTD de Pontevedra. Non temos dereito a transporte por estar enclavados noutra sede pero si imos competir nas probas que poidamos. Respecto do uso das máscaras para as probas de este fin de semana, tanto en Vigo o sábado coma en Pontevedra o domingo. @s atletas, no momento de retirar a máscara para iniciar as probas de carreiras, non a tirarán ao lixo, de xeito que ao rematar a carreira poida reutilizar as súas máscaras.

     Precisamos que @s atletas cheguen cunha hora de antelación da proba a disputar, podedes consultar o HORARIO no enlace dos RESULTADOS EN DIRECTO.


BENXAMIN FEMININO

  • CAMILA ENRIQUEZ, lonxitude, altura e relevo 4X50 m.
  • SOFIA CORRALES, lonxitude, marcha e relevo 4X50 m.
  • NORA PARCERO, 50 m.l., 1000 m.l. e relevo 4X50 m.
  • LUCIA CANCELAS, 50 m.l., 500 m.l. e relevo 4X50 m.
  • EMMA SALGADO, lonxitude e 500 m.l.
  • MAR FAZANES, 50 m.l. e peso
  • DANIELA NOGUEIRA, 50 m.l. e peso

BENXAMIN MASCULINO

  • ADRIAN CALVAR, 1000 m.l. 50 m.l. e relevo 4X50 m.l
  • ALEX CARBALLO, lonxitude, 50 m.l. e relevo 4X50 m.
  • MARCO LAHERA, lonxitude e 50 m.l.
  • THIAGO RESILLE, 50 m.l. e altura
  • HUGO LORENZO, lonxitude, 50 m.l. e relevo 4X50 m.
  • ALAN MALVIDO, marcha e peso
  • BRAIS GARCIA, 50 m.l. 500 m.l. e relevo 4X50 m.l
  • LUCA CAO, lonxitude e 50 m.l.

ALEVIN FEMININO

  • LENA CURRAS, peso e 2000 m.l.
  • EMMA COLLAZO, 60 m.l. e 500 m.l.
  • NAHIA PINTOS, marcha
  • ALBA ALVAREZ, altura e 500 m.l.
  • AITANA BROULLON, 60 m.l. e 500 m.l.
  • NOA LORENZO, 60 m.l.
  • CARLA SALGADO, peso
  • SABELA MIRANDA, peso e pelota
  • LEIRE FUENTES, 500 m.l.

ALEVIN MASCULINO

  • SAMUEL CORRALES, pelota
  • DANIEL CORDEIRO, 2000 m.l.
  • AMARO BASTON, peso e pelota
  • ANXO SOTELO, 1000 m.l.
  • ALEJANDRO FERNANDEZ, pelota e peso
  • ERIC SANTOS, 60 m.l. e 500 m.l.
  • XABIER FERRAL, altura e 1000 m.l.
  • RUBEN FERNANDEZ, 60 m.l.

RESULTADOS EN DIRECTO



I XORNADA XOGADE INFANTIL VIGO

     Este sábado 26 comeza nas Pistas de Balaidos a I XORNADA DO XOGADE EN PISTA para a categoría INFANTIL, sairá o autobús do transporte escolar as 08:45 horas da Estación de Cangas. No caso facer a viaxe por conta propia será preciso chegar cunha hora de antelación as probas. Respecto do uso das máscaras para as probas desta fin de semana, tanto en Vigo o sábado coma en Pontevedra o domingo. @s atletas, no momento de retirar a máscara para iniciar as probas de carreiras, non a tirarán ao lixo, de xeito que ao rematar a carreira poida reutilizar as súas máscaras. Podedes consultar o HORARIO das probas no enlace dos RESULTADOS EN DIRECTO.


INFANTIL FEMININO

  • ANA CORDEIRO, 80 m.l., 500 m.l. e relevo 4X80 m.
  • ZOE FERNANDEZ, 80 m.l., 150 m.l. e lonxitude
  • ERICA NOVAS, 80 m.l. lonxitude e relevo 4X80 m.
  • ALEJANDRA RIOS, 80 m.l., 150 m.l. e disco
  • ANTIA SOTO, triple salto, 80 m.l. e relevo 4X80 m.
  • SORAYA GONZALEZ, 80 m.l., 150 m.l. e disco
  • AISHA ALVAREZ, 80 m.l., 150 m.l. e peso
  • LEIRE FERNANDEZ, xavelina, lonxitude e 80 m.l.
  • ANTIA BAQUEIRO, 2000 m. marcha, altura e relevo 4X80 m.
  • NOA QUINTEIRO, peso e martelo

INFANTIL MASCULINO

  • HUGO COLLAZO, xavelina, 2000 m.l. e relevo 4X80 m.
  • MIGUEL FERNANDEZ, 2000 m.l., 80 m.l. e relevo 4X80 m.
  • MARCOS RIAL, 1000 m.l., lonxitude e relevo 4X80 m.
  • SAUL SANTOS, 1000 m.l., altura e lonxitude
  • IKER RIAL, 80 m.l., lonxitude e peso
  • BREO FERNANDEZ, 80 m.l., lonxitude e peso
  • DARIO PEREZ, 150 m.l., 500 m.l. e lonxitude
  • UNAI FERRAL, triple salto, 80 m.l. e relevo 4X80 m.

RESULTADOS EN DIRECTO



 

CAMPIONATO GALEGO DE LANZAMENTOS LONGOS SUB 16 E SUB 18

Pontevedra, 13 de marzo de 2022

 

        O domíngo celebrouse nas pistas do CGTD de Pontevedra o CAMPIONATO GALEGO DE LANZAMENTOS LONGOS PARA MENORES. Tivemos representación de dous atletas en duas categorías SUB 16 e Sub 18. Competidores versátiles que amosaron que no lanzamento de disco están entre os mellores de Galicia.



     Gema Dacosta proclamouse Campioa Galega de lanzamento de disco na categoria SUB 16. Achegou o artefacto ata os 33,04 metros.



     Diego Martínez quedou Subcampión Galego no concurso de lanzamento de disco da categoría Sub 18, mandou o disco de 1,5 kg ata os 31,31 metros.


PREVIA DO TORNEO DE REIS

     O xoves 5 de xaneiro  as pistas do CGTD de Pontevedra acolleran o TROFEO DE REIS. Salientar que se permitirá a entrada de público ata completar aforo, no tocante aos atletas participantes, os menores de 12 anos terán que presentar a DECLARACION RESPONSABLE  para os maiores exisen certificado da pauta de vacinación ou proba de antixenos  / PCR. Achegamos un enlace do listado de inscritos (vermello non admitidos) e HORARIO definitivos. Lembrade estar con tempo de antelación ao comezo das probas.


LISTADO INSCRITOS



XXVI XORNADA DE ATLETISMO BASE

Cangas, 21 de novembro de 2021

 

     Domingo de outono, que nalguns intres da maña se tornou en primaveiral. Voltaba o atletismo as pistas de Verin coa XXVI XORNADA DE ATLETISMO BASE. Era preciso que as categorías menores tiveran contacto, máis ala dos adestramentos, coa pista. As gradas tamén tiñan morriña de afección. Con este coctel de nostalxia desenvolveuse unha xornada especial, con moitas caras novas e sobre todo con  gañas de amosar a sua sana competividade.



    Na categoria MINIBENXAMIN feminina tiñan cabida mulleres nacidas no 2014-2015-2016 e anteriores. As probas que disputaron foron salto de lonxitude, 50 m.l., lanzamento de pelota e 300 m.l.     Despois da suma das tres mellores probas foi Campioa Deva Pallas, 2ª Sofía Corrales, 3ª Lucia Cancelas, 4ª Mar Fazanes e 5ª Emma Salgado.



  Na categoria MINIBENXAMIN masculina concentrouse a maior cantidade de participantes, que pese a sua curta idade deron exemplo de comportamento dentro e fora da pista. A clasificación estivo liderada por Adrián Calvar, 2º Leo Rosendo, 3º Alex Carballo, 4º Yoel Rodríguez e 5º Luca Cao.


    En BENXAMIN feminina resultou gañadora Lena Curras, 2ª Emma Collazo, 3ª Sabela Miranda, 4ª Alba Alvárez e 5ª Camila Enríquez. En homes proclamouse campión Samuel Corrales, 2º Angel Refojos, 3º Daniel Cordeiro, 4º Anxo Currás e 5º Brais Garcia.



      A categoria ALEVIN estivo composta por atletas nacidos nos anos 2010/11, foron os veterans da competición. No global das probas femininas rematou 1ª Antia Soto, 2ª Mara Rua, 3ª Ana Oliveira, 4ª Noah Pinto e 5ª Elsa Budiño. o campión masculino foi Miguel Fernández, 2º Saul Santos, 3º Breo Fernández, 4º Iker Rial e 5º Gabriel Fazanes.



CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN PISTA

Pontevedra, 21 de novembro de 2021

     Moi boa maña de domingo se atoparon @s marchadores para a disputa do CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN PISTA. Polas pistas do CGTD de Pontevedra foron marchando , a primeira hora, @s máis pequen@s, a categoria SUB 10, na que Alan Malvido rematou 9º na carreira de 1000 m. Seguidamente tivemos ampla representación nas probas SUB 14, sobre un percorrido de 2000m. Diego Garcia foi 5º na carreira masculina. Na proba feminina Sabela Castelo impuso o seu trepidante ritmo e rematou 1ª, cun tempo de 9.:33.48 que supon un novo RECORD GALEGO e pasa a liderar o ranking nacional. As suas compañeiras Antia Baqueiro e Estela Raña remataron 7ª e 11ª respectivamente.



 Na categoria SUB 16 as irmans Iris e Nerea Malvido participaron nos 3000 m. acadando os postos 5º e 8º.



 

MILLA SOLIDARIA ANEDIA

Pontevedra, 13 de novembro de 2021

    Por fín, se puido acudir coma público nas probas disputadas nas pistas de atletismo. O sábado 13 de novembro tiñamos dous frentes abertos, as Series Municipais en Balaidos e a Milla Solidaria Anedia. Nesta última proba desplazouse un grupo destacado de mediofondistas das categorias SUB 10, SUB 12 ,SUB 14 e SUB 16. Tamén participou na categoria absoluta Daniel Calvar correndo un 500 m.l. en 1:10 rematando no 3º posto.



     A categoria SUB 10 brilou con luz propia e encheu o podio de amarelo. Nas mulleres Lena Curras foi 1ª, Emma Collazo 2ª e Alba Alvárez rematou  11ª. Coas marcas que as levaron ao podio pasan a liderar o ranking galego de 500 m.l. Tamen fixo a mellor marca da tempada nesa distancia Angel Refojosquen estivo acompañado no podio por Samuel Corrales, 2º. Brais Garcia foi 8º e Xabier Ferral 9º.



     Os homes foron os que tiveron presenza na carreira de 500 m.l. da categoría SUB 12, onde Miguel Fernández foi 3º, Marcos Rial 5º e Gabriel Fazanes 7º. Na categoría SUB 14 a distancia aumentaba ata os 1000 m.l. As mulleres estiveron lideradas por Sabela Castelo 1ª, Leire Fernández 7ª, Estela Raña 8ª e Ana Cordeiro 9ª. Os homes acapararon o podio coa victoria de Hugo Domínguez, seguido por Hugo Collazo e Diego Garcia 7º.



    Pechouse a participación amarela cun 2º posto de Nerea Malvido e un 3º de Raul Rial nos 1000 m.l. da categoria SUB 16. Xa pode estar contento Calvar.


CAMPIONATO DE ESPAÑA CLUBES SUB 16

Camargo, 23 de outubro de 2021

 

     As vixentes Campioas Galegas  disputaron en Camargo (Cantabria) a final B1 do CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 16 DE CLUBES. A cita contaba cun total de sete equipos, ademáis do anfitrión, Camargo Ria del Carmen, os galegos Atletica Silva e Agrupación Viguesa de Atletismo, o búrgales Image FDR, o navarro Grupompleo Pamplona At. e o vasco Bidezabal Durango At.  Os horarios das probas, previstos para o sábado 23 de outubro, nos facian viaxar na tarde do venres 22 hacia Cantabria. Ao chegar, coa noite xa encima, pouco tempo para cear e tratar de dar un paseo, acortado pola choiva. Na reunión técnica desa noite trataronse os cambios en certas probas para sortear as lesions, e de paso, fortalecer o equipo.



     Chegado o sábado 23 de outubro, despois dun sustancioso almorzo, o equipo máis adestradores foron paseando dende o Hotel ata as Pistas da Maruca. Un explendido día solleiro nos recibiu nas instalacións do Club cantabro.  A actividade, unha vez nas pistas, foi «in crescendo» ata estar metid@s de cheo na competición. 

     Marta Rua daba comezo a participación amarela no lanzamento de martelo, aportou un 5º posto cun mellor lanzamento de 20,84. No salto de pértega estaba Ariadna Becerra que rematou 4º con 1,80 m. Antia Giráldez saltou 1,15 m. no concurso de altura e obtivo o 7º posto. Alternaban os concursos coas carreiras, neste caso salientar o 5º posto acadado por Naia Casas, nos 300 m.l. e Noa Piñeiro, nos 300 m.v. Marta Camaño foi 3ª na proba raiña da velocidade, os 100 m.l.



     No foso dos saltos asistimos a mellora de Carmen Fraga na lonxitude, cunha marca de 4,63 m. que lle suspuso o 2º posto. Na proba de triple salto, Lucia Gil, multiplicou a sua marca ata 9,97 m. acadando o 3º posto. Na carreira de 600 m.l. Uxia Sánchez entrou 2ª na meta. As carreiras de fondo aportaron sendos 4º postos, protagonizados por Cristina Taboada, nos 1000 m.l. e Nerea Malvido, nos 3000 m.l. Nos 1500 obstáculos Sara Nerga finalizou 5ª.



     Os concursos de lanzamentos consolidaron a posición do equipo, sendo Gema Dacosta 1ª en disco, Maialen Fernández 1ª en xavelina e Claudia Carcer 2ª en peso. A marcha atlética estivo representada por Iris Malvido, quen obtivo o 3º posto na proba. Boa parte da competición o equipo asentouse na cuarta plaza, coa esperanza de mellorar algún lugar nos achegamos as probas dos relevos. Coma un raio foi o relevo de 4X100 (MARTA C.-LUCIA G. -GEMA D.- CARMEN F.) que acadou o 2º lugar. A derradeira proba foi o relevo 4X300 (UXIA S- MAIALEN F.- MARTA R.- AGATA R.), acadando o 6º lugar, tras a caída do testigo. Finalmente un merecido e loitado cuarto posto no que hai que destacar esa enorme labor de equipo.