CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIONS AUTONOMICAS

Cuenca, 9 outubro de 2021.

 

     Gema Dacosta participou co combinado galego no CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIONS AUTONOMICAS. Realizou un fantastico concurso de lanzamento de peso, acadando o 2º posto, lanzando a bola ata os 12,28 m. e sumando 16 puntos para o equipo. Finalmente a selección galega feminina acadou un magnifico 5º posto entre todos os equipos SUB 16 de España.



GEMA DACOSTA VIAXA COA SELECCION

    A atleta Gema Dacosta viaxará coa selección galega ata Cuenca para participar no Campionato de España do CSD de Seleccións Autonómicas  No concurso de lanzamento de peso estaremos atentos a sua aportación ao equipo, que de seguro será moi positiva. Moita sorte para ela, e por suposto para o combinado galego.



CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO AO AIRE LIBRE

Vigo, 18 de xullo de 2021

     As pistas de Balaidos acolleron o CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO AO AIRE LIBRE no domingo que a neboa sumiu a Ria de Vigo. Alí tiñamos esa enerxia de futuro da que tanto nos gusta presumir. Este futuro presentouse con nomes e apelidos, prometendo grandes tardes de gloria.



     Diego Martínez acadaou a medalla de BRONCE no concurso de altura, abraiados nos deixou cun salto de 1,78, mellorando máis de 10 cms a sua anterior marca. Marta Camaño e Lucia Gil tiveron cabida entre as semifinalistas dos 100 m.l., duas atletas do ano 2007 que se codearon coas mellores velocistas galegas, remataron finalmente sextas na sua quenda sen progreso a final.



     Helena Bello, a máis xoven do grupo, e posiblemente do Campionato rematou 6ª na pértega,

     Ariadna Gil foi BRONCE no triplo, e mellorando a sua marca. A progresión nestas últimas competicións vai de mellora por proba. A constancia parece que tivo premio

    Lope Quinteiro 8º nos 800 m.l., liderou a final B.



CAMPIONATO ESPAÑA SUB 16 AO AIRE LIBRE

Lleida, 17 de xullo de 2021

     Reuniase en Lleida a xeración de cadetes que acadaron o pase para disputar o CAMPIONATO ESPAÑA SUB 16 AO AIRE LIBRE. Entre tod@s brilou a cor amarela de Gema Dacosta, combativa coma sempre e resolutiva coma nunca, pechou un concurso de lanzamento de peso de BRONCE. Acadou esta premiación nunha competición de menos a máis, rematando cun lanzamento de 13,10 metros. Esta supón a sua mellor marca, cunha mellora de preto de 90 cms. Ademáis arrebatoulle o record do Club a Raquel Villa, que xa posuia outra marcaza (13,04). Parabens polo traballo ben feito, que de cando en vez, trae recompensa.



CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 AO AIRE LIBRE

Monzón, 04 de xullo de 2021

     A localidade oscense de Monzón acolleu durante a primeira fin de semana de xullo o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 AO AIRE LIBRE. Temperaturas de máis de trinta grados e ambiente seco foi o contexto da competición. As instalacións que daban cabida as probas tiñan un tartan renovado e xa albergaron o  Campionato europeo de probas combinadas do ano 2017. Tamén se agradecía as zonas de sombra para o quecemento e  resguardarse do sol. En xeral, unhas instalacións acordes a entidade da competición e @s atletas participantes. Ariadna Gil competía as 18:15 horas do domingo 04 de xullo, tivo que aguantar temperaturas de 34 grados, pero realizou o mellor concurso de triple da sua carreira. Acadou un salto de 11,84 m. que lle supuso rematar no sétimo posto da final. Parabens polos logros presentes e sorte nos futuros.



PREVIA DO CAMPIONATO GALEGO SUB 16 AIRE LIBRE

     Os días 2 e 3 de xullo vai ter lugar en Lugo o CAMPIONATO GALEGO SUB 16 e SUB 18 AO AIRE LIBRE, tanto de maneira individual coma en probas combinadas. A competición vai comprender a xornada de tarde do venres e a totalidade do sábado.


RESULTADOS EN DIRECTO


  • JUAN GALLEGO, 100 m.l. e 600 m.l.
  • LUCA PIÑEIRO, 100 m.l.
  • CARLOS LOPEZ, 600 m.l.
  • MANUEL LEMOS, pértega
  • RUBEN LEMOS, pértega


  • MARIETA LOURIDO, 100 m.l.
  • MARTA CAMAÑO, 100 m.l.
  • CARMEN FRAGA, 100 m.l. e lonxitude
  • UXIA SANCHEZ, 300 m.l.
  • LUCIA GIL, 600 m.l. e triple salto
  • CRISTINA TABOADA,  xavelina e disco
  • SARA NERGA, 1500 m.l.
  • NEREA MALVIDO, 3000 m.l.
  • AGATA RODRIGUEZ, 100 m.v. e 300 m.v.
  • NOA PIÑEIRO, 100 m.v. e 300 m.v.
  • IRIS MALVIDO, pértega e marcha
  • ARIADNA BECERRA, pértega
  • CLAUDIA CARCER, lonxitude e peso
  • GEMA DACOSTA, peso e disco
  • MAIALEN FERNANDEZ, xavelina

 

CAMPIONATO GALEGO SUB 14 AO AIRE LIBRE

Vigo, 26 de xuño de 2021

     As pistas de Balaidos en Vigo foron testemuña do CAMPIONATO GALEGO SUB 14 AO AIRE LIBRE.  Alí estaban citad@s @s atletas que acadaron a marca esixida na proba correspondente. De forma individual loitarian polo seu obxetivo. A sección feminina acadou duas medallas de ouro, Helena Bello, venceu no salto de pértega e Sabela Castelo nos 1000 m.l. Antia Baqueiro foi 4ª na marcha, Soraya González 14ª no lanzamento de disco e Ana Cordeiro 8ª en 500 m.l. En duas probas participaron tres atletas, Leire Fernández, 5ª en lanzamento de xavelina e 9ª en 1000 metros obstáculos. Leire Fonseca foi 7ª en 150 m.l. e 10ª en 80 m.l. Noa Quinteiro acadou o 5º posto no concurso de peso e 7ª no de martelo.



     A participación masculina tivo na carreira de 2000 m.l. o intre máis laureado. Nesta carreira Hugo Domínguez proclamouse Campión Galego e Hugo Collazo Subcampión. O primeiro foi tamén 15º nos 150 m.l. e o seu compañeiro completou a participación cun 9º posto no lanzamento de xavelina. Diego Garcia rematou 5º na marcha. Brais Pintos participou nos 1000 m.l. e acadou o 10º posto. Unai Ferral concursou no triple salto e no lanzamento de xavelina, rematando 13º e 10º respectivamente. Salientar que nesas Pistas, o pasado día 23 de xuño, a atleta Sub 10 Lena Curras superou o RECORD GALEGO de lanzamento de pelota con 23.95 m.



 

PREVIA DO CAMPIONATO GALEGO SUB 14 AO AIRE LIBRE

     O sábado 26 de xuño tocalle os infantís competir no CAMPIONATO GALEGO SUB 14 AO AIRE LIBRE. Será na localidade de Vigo, Pistas de Balaidos, en xornada de maña. Achegamos o listado de atletas que acadaron a participación e as probas a disputar. Ademáis detallase o HORARIO definitivo e as listas de saída.



  • HUGO DOMINGUEZ, 150 m.l. e 2000 m.l.
  • BRAIS PINTOS, 1000 m.l.
  • DIEGO GARCIA,  marcha
  • HUGO COLLAZO, 2000 m.l. e xavelina
  • UNAI FERRAL, triple salto e xavelina

RESULTADOS EN DIRECTO


  • LEIRE FONSECA, 80 m.l.  e 150 m.l.
  • ANA CORDEIRO, 500 m.l.
  • SABELA CASTELO, 1000 m.l.
  • HELENA BELLO, pértega
  • NOA QUINTEIRO, peso e martelo
  • SORAYA GONZALEZ, disco
  • ANTIA BAQUEIRO, marcha
  • LEIRE FERNANDEZ, xavelina e 1000 m. obts.

 

 

 

CAMPIONATO GALEGO SUB 10 E SUB 12 AO AIRE LIBRE

Noia, 20 de xuño de 2021

     A localidade de Noia acolleu o CAMPIONATO GALEGO SUB 10 E SUB 12 AO AIRE LIBRE, de feito tamén acolleu unha borrasca para despedir a primaveira. Nesas condicions, case invernais desenrolouse a Competición. Pola maña a categoría  Sub 12 tocoulle loitar contra os elementos, esta loita non acadou premiación. Pola tarde os benxamins, cun atrevemento propio da sua idade, acadaron dez metais repartidos en cinco ouros, duas pratas e tres bronces.Significar os dobretes de Lena Curras, Campioa Galega de 1000 m.l. e salto de lonxitude. Emma Collazo gañou os 500 m.l. e foi bronce en 50 m.l., o seu compañeiro Angel Refojos gañou en 1000 m.l. e bronce en 50 m.l. Samuel Corrales tamén converteu as suas participacions en medallas, ouro no lanzamento de pelota e prata en lanzamento de lonxitude. Alan Malvido foi subcampion galego en marcha e Alejandro Fernández acadou o bronce no lanzamento de peso. Despois deste 50 de maio parece que chega o veran, continuamos adestrando porque contiuan as competicions.



SUB 12

  • MIGUEL FERNANDEZ,17º  60 m.l. e 7º Salto de Lonxitude
  • IKER RIAL,20º  60 m.l. e 24º 500 m.l.
  • MARCOS RIAL, 11º 500 m.l.
  • GABRIEL FAZANES, 14º 500 m.l.
  • ERICA NOVAS,28ª 60 m.l. e 18ª 1000 m.l.
  • NOAH PINTO, 18ª 500 m.l.
  • ZOE FERNANDEZ, 14ª Lanzamento de Pelota


SUB 10

  • ANGEL REFOJOS, 3º 50 m.l. e  1º 1000 m.l.
  • XABIER FERRAL, 17º 500 m.l. e 10º Salto de Altura
  • BRAIS GARCIA,  18º 500 m.l.
  • SAMUEL CORRALES,  2º Salto de Lonxitude e  1º Lanzamento de Pelota
  • ALEJANDRO FERNANDEZ,  3º Lanzamento de Peso
  • ALAN MALVIDO, 2º  Marcha e  9º Lanzamento de Peso
  • EMMA COLLAZO, 3ª 50 m.l. e  1ª 500 m.l.
  • LENA CURRAS, 1ª 1000 m.l. e  1ª Salto de Lonxitude
  • CARLA SALGADO, 6ª 50 m.l.
  • ESTELA BASTON, 9ª Salto de Altura e 20ª 500 m.l.
  • IRIA FERNANDEZ,14ª  Salto de Lonxitude
  • ROSA MARCOS,10ª  Lanzamento de peso
  • MALENA CALVAR,10ª  Lanzamento de Pelota
  • ALICIA GONZALEZ,4ª  Marcha