CAMPIONATO GALICIA MEDIO FONDO- FONDO SUB 16 /SUB 18

Pontevedra, 06 de marzo de 2021

    As pistas do CGTD de Pontevedra vivían este pasado sábado outra xornada pletórica. Dous Campionatos Galegos e un Control da FGA tiñan ateigado o tartan pontevedres. No Control foron moit@s @s amarel@s que oficializaron as suas marcas, coa vista posta nos vindeiros Campionatos Autonómicos. Neste caso, foron @s SUB 16 que se medían no CAMPIONATO GALEGO DE MEDIO FONDO- FONDO. Na proba de 600 m.l. correron Uxia Sánchez e Lucia Gil, rematando 6ª e 7ª respectivamente no computo global. Na carreira de 1000 m.l. Carlos López acadou o 5º posto e Iris Malvido foi 15ª. A proba máis longa da xornada, 3000 m.l., disputouna Nerea Malvido, acadando o 10º posto. O vindeiro sábado 13 de marzo continuará a andaina da categoria SUB 16, neste caso,  na pista cuberta de Expourense co Campionato Galego.



TORNEO DE REIS

Pontevedra, 5 de xaneiro 2021

      Primeira competición para esta tempada 2021, bueno a primeira foi o control de Pista Cuberta en Ourense, onde tamén estivemos. Retomando a novidade, de seguro que foi a primeira competición para amarel@s que cambiaron de categoría co novo ano, dou fe. Tamén, de seguro, que fixo unha maña moi refrixerada na Capital da Provincia. No deportivo imos detallar aos participantes do noso Club por categorías. Neste caso, os homes SUB 10 participaron nos 50 m.l. con Samuel Corrales 1º, Angel Refojos 3º e Xabier Ferral 9º. As mulleres participaron na mesma proba e remataron con Emma Collazo 1ª, Lena Curras 4ª e Noa Camaño 15ª



   Na categoría SUB 12 estreabase Aitana Broullon, quen a falta de tempos da primeira serie, foi 6ª nos 60 m.l. Nas probas de medio fondo, 1000 m.l. para a categoria SUB 14 proseguiu o bo facer d@s amarel@s, en mulleres Sabela Castelo foi 1ª i en homes Hugo Collazo 1º, Hugo Domínguez 3º e Brais Pintos 7º.



     Rematabamos a participación amarela coa categoria SUB 16, os homes correron os 300 m.l. con Diego Martínez 5º e Carlos López 6º. a sección feminina estivo representada por Agata Rodríguez 2ª en 60 m.v. e no lanzamento de peso Gema Dacosta e Claudia Carcer foron 1ª e 2ª respectivamente. Bo comezo de ano, con roscón incluido para os gañador@s.



CAMPIONATO GALEGO SUB 10-12-14 (FONDO)

Pontevedra, 26 decembro 2020

    A segunda entrega do CAMPIONATO GALEGO SUB 10-12-14, coas probas restantes de 500, 1000 e 2000 metros tivo lugar ao aire libre. As pistas do CGTD de Pontevedra recibiron aos atletas cun día frio e seco, aportando vistosidade as probas de fondo. En xornada de maña disputaronse os 500 m.l. nas tres categorias. Os atletas Sub 10 masculinos estrearon a xornada, a piques estivo Gabriel Fazanes de acadar podio, rematou 4º a centesimas do bronce. Samuel Corrales acadou o posto 12º no global das series. As feminas desta categoría estiveron encabezadas por Emma Collazo, que se proclamou Campioa Galega. Desta vez foron as milesimas as que lle outorgaron o ouro. Aitana Broullon remaotu 9ª e Leire Fuentes 20ª.



     A categoria Sub 12 estivo representada por Iker Rial, que foi 17º e Ana Cordeiro, que rematou 6ª. A maña remataba coa categoria Sub 14, onde Diego Garcia finalizou 22º na proba masculina. Os 500 m.l. femininos contaron con Lucia Gil, 9ª e Goretti Carballal, 20ª.

     Na xornada de tarde chegaban as probas de 1000 e 2000 m.l. Na categoría Sub 10 Nahia Pintos acadaba a medalla de BRONCE na carreira dos 1000 m.l.


     A seguinte categoría, Sub 12, achegou os mellores reusltados da tarde. Hugo Collazo proclamouse Campión Galego nos 1000 m.l. e o seu compañeiro Miguel Fernández rematou 13º. Na proba feminina Sabela Castelo rachou o crono e impuso unha nova marca autonómica, con 3.08.34.



     Pecharon o Campionato os Sub 14, onde Brais Pintos foi 10º nos 1000 m.l. Iris Malvido rematou 6ª na mesma distancia feminina acompañada de Sara Nerga que rematou 19ª. A proba dos 2000 m.l. contou coa presenza de Hugo Domínguez, 5º, e Nerea Malvido, 12ª.

CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN PISTA AO AIRE LIBRE

Pontevedra 22 de novembro de 2020

    As pistas do CGTD de Pontevedra acolleron o CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN PISTA AO AIRE LIBRE. Desta volta, co novo formato de ano natural, colleu aos marchadores tocando o fin da tempada. A esixencia e particularidade da marcha atletica estivo representada no tartan do CGTD por catro amarel@s. Sabela Castelo rematou CAMPIOA GALEGA na proba de 2000 m. da categoria SUB 12, cun tempo de 10:18.06.



     Iris Malvido acadou a medalla de BRONCE, na mesma distancia da categoria SUB 14, con 10:46.47, a su irman Nerea Malvido fixo o 7º posto con 11:59.88. Diego Garcia participou na proba masculina de 2000 m SUB 14, cruzando a meta no 6º posto, cun crono de 12:38.27



MILLA SOLIDARIA ANEDIA

Pontevedra, 14 de novembro de 2020

     As Pistas do CGTD en Pontevedra acolleron a VII MILLA SOLIDARIA ANEDIA. Para as categorías menores programaronse probas de 500 e 1000 m. De cara a limitación na participación foi realizado un sorteo que perfilou definitivamente as probas. Na categoria SUB 10 de mulleres, Emma Collazo foi 1ª, Nahia Pintos 3ª, Aitana Broullon 7ª e Leire Fuentes 12ª. Na categoria masculina Gabriel Fazanes foi 3º e Samuel Corrales 7º. Con estes tempos acadados nos 500 m.l. escalan postos no ranking galego da proba.

     Na categoria SUB 12, repetiron distancia, as mulleres lideradas por Sabela Castelo 1ª, Noah Pinto 10ª e Zoe Fernández 12ª. Hugo Collazo venceu a carreira masculina, con Miguel Fernández 6º e Iker Rial 10º. Neste caso, aos vencedores, tamén lle supon liderar o ranking galego na distancia. Pechouse a participación coa carreira de 1000 m.l. na categoria SUB 14, onde Lucia Gil foi 9ª en feminas e os homes estiveron representados por Hugo Domínguez 1º e Brais Pintos 10º



CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 14

Madrid, 24 e 25 de outubro de 2020

     Esta pasada fin de semana, 24 e 25 de outubro, tivo lugar no Estadio de Vallehermoso en Madrid o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 14 . O formato do mesmo son cinco tipos de triatlon, nomeados coas primeiras letras do abecedario. Por parte do noso Club competiron tres atletas. As pupilas de Calvar participaron en duas probas na xornada do sábado e o domingo remataron coa terceira. Tiveron unha temperatura fresca e a choiva apenás afectou as probas.

     Destacar a medalla de Bronce acadada por Gema Dacosta no Triatlon D (80 m.l., peso e disco) cunha puntuacion total de 1514. Marcas (11.97 s -80 m.l., 11.14 mts- peso e 30.67 mts. no disco)

     Iris Malvido foi 10ª no Triatlon E con 1449 ptos. As suas marcas foron (12.08 s nos 80 m.l., 18.45 mts na xavelina e 11:09.51 en 2000 m. marcha)

     Claudia Carcer acadou o posto 19º no Triatlon A , sumando 1255 puntos  (12.10 s en 80 m.l., 14.83 s nos 80 m.v. e 8.64 mts no peso )

   Parabens polo Campionato, agardamos que sexa o primeiro de moitos.



PREVIA CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 14 AO AIRE LIBRE

 A partir de mañan, sábado 24 e ata o domingo 25, estaremos atentos a celebración do CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 14 AO AIRE LIBRE. Seran participes do mesmo tres amarelas, Claudia Carcer no triatlon A (80 m./ 80 m.v. e peso), Gema Dacosta no tiratlon D ( 80 m./ peso e disco) e Iris Malvido no triatlon E (80m./xavelina e marcha). O Estadio de Vallehermoso en Madrid será testemuña da evolución das probas, onde se premiará a versatibilidade d@s atletas. Achegamos ligazons para facer un seguimento da competición.


RESULTADOS EN DIRECTO

COMPETICION EN DIRECTO



CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 AO AIRE LIBRE

Tarragona, 17 e  18 de outubro de 2020

        Moi interesante se presentaba a participación de Lope Quinteiro no CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 AO AIRE LIBRE. A proba na que ia participar, os 800 m.l., faise unha proba aberta a estratexia. O sábado 17 disputouse a semifinal, na que Lope partía co 3º mellor tempo. Pasaban os dous primeiros e os dous mellores tempos das quendas. Lope accedeu a final chegando no segundo posto, antes fixo unha lectura intelixente da carreira e progresou na recta final adiantando ata acadar o pase directo.

      O domingo disputou a final, onde se topou cunha primeira volta moi conservadora. Foi quen de iniciar un ataque vertixinoso a falta de 400 metros. Estivo en postos de podio ata os derradeiros metros, finalmente foi 5º. ¿Mereceu máis? claro que si, nada que obxectar a unha estratexia, que de sair ben, sería encomiable.



CAMPIONATO GALEGO SUB 14 E SUB 16 AO AIRE LIBRE

Pontevedra, 10 e 11 de outubro de 2020

 

     As pistas do CGTD de Pontevedra deron cabida ao CAMPIONATO GALEGO SUB 14 E SUB 16 AO AIRE LIBRE. A categoría SUB 16 ocupou a xornada do sábado, nela destacou Agata Rodríguez que sumou unha medalla de bronce nos 100 m.v., completou a sus participación cun 4º posto na semifinal dos 100m.l., polo que non progresou a final. A mesma sorte correu Carmen Fraga, ao rematar 6ª na semifinal dos 100 m.l. Noa Piñeiro achegouse ao podio cun 4º posto nos 300 m.v. Uxia Sánchez foi descalificada nos 600 m.l. por pisar a línea.



    Os SUB 16 masculinos estiveron representados por Carlos López, 13º nos 600 m.l., Diego Martínez 8º nos 300 m.v. e 9º en altura e Manuel Lemos 5º en pértega e 7º en xavelina.



    A xornada do domingo, coa categoría SUB 14, resultou máis cuantiosa, tanto en participación amarela coma en premiacions. As feminas encheron o podio de amarelo, na proba de pértega Helena Bello foi Campiona Galega e Iris Malvido bronce, ademáis de 4ª na marcha. Gema Dacosta fixo das suas probas dous ouros, 1ª en lanzamento de peso e 1ª en lanzamento de disco. Claudia Carcer acompañouna, cun bronce, no peso e acadou outro na final dos 80 m.v.  Goretti Carballal foi bronce en altura e 15ª en 500 m.l. Lucia Gil foi 5ª no triplo e 8ª nos 500 m.l. Marta Rua rematou 6ª nos 220 m.v. e Nerea Malvido finalizou 13ª nos 1000 m.l.



     Hugo Domínguez proclamouse Campión Galego na carreira de 1000 m. obstáculos e 6º na proba dos 150 m.l. Diego Garcia rematou 4º na marcha e Brais Pintos foi 10º en 150 m.l. e 14º nos 500 m.l. Fin de semana completo de atletismo, que agardamos teña continuidade.

PREVIA CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 AO AIRE LIBRE

    Nesta vindeira fin de semana, 17 e 18 de outubro, o estadio Natalia Rodríguez de Tarragona vai acoller o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 AO AIRE LIBRE. Desta volta, será Lope Quinteiro quen acadou a participación na proba dos 800 m.l. O sábado disputará a semifinal, polo que, agardamos pase a final que se celebra o domingo. Achegamos enlaces de interés desta importante competición.


RESULTADOS EN DIRECTO

COMPETICION EN DIRECTO