RAQUEL VILLA SUBCAMPIONA DE ESPAÑA DE PESO.

As esperanzas estaban postas na nosa especialista en lanzamento de peso, e non defraudou.  Raquel Villa disputou este sábado 07 de marzo o CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR EN PISTA CUBERTA, acadando o Subcampionato de España cun mellor lanzamento de 12.14. Dende o Club queremos mandarlle unha forte aperta e esperamos disfrute de este e vindeiros logros. Moitos Parabens Raquel.

11038156_817582531623327_9036084664613925563_o

 

CAMPIONATO DE GALICIA DE PISTA CUBERTA DE VETERANS

A Coruña 1 de marzo de 2015

 

Primeiro de marzo, día chuvioso dos que aburren. Os veterans, son iso,  veterans e tocoulles a pista cuberta, neste caso por caprichos do calendario. O resto das citas Xogade Infantil e Lanzamentos Longos foron unha loita constante contra os elementos.

Deixando de lado a chuvia,  no Campionato contábamos coa presenza de Belén Lemat, que entre duatlons e triatlons fixo un oco na axenda. Participou na final de 50 m.l. e acadou o 6º posto da súa categoría. Nos 400 m.l. sumou unha medalla de bronce, rematando a xornada proclamándose Campiona Galega en 800 m.l.  Envidiamos a vitalidade desta ilustre veterana, noraboa Belén.

1505645_975368675825064_4966601909763403568_n

CAMPIONATO DE GALICIA CADETE EN PISTA CUBERTA

A Coruña, 28 de febreiro de 2015

 

No Pazo de Deportes de Riazor disputouse o CAMPIONATO DE GALICIA CADETE EN PISTA CUBERTA, dividido en xornadas de maña e tarde. Na primeira parte contamos coa presencia de David Lorenzo nos 300 m.l, quen acadou o quinto mellor tempo das series, non pasou a final por centesimas xa que eran os catro mellores tempos. Adrián Outeiral realizou un concurso de salto de lonxitude moi regular, con todos os saltos por riba dos 5 metros, iso valeulle para obter a medalla de bronce, cun mellor salto de 5.27.  Dani Calvar e Raúl Prieto participaron no lanzamento de peso, acadando o 9º e 11º posto repectivamente. David Lorenzo reapareceu nos 50 metros valados, acadando o Subcampionato Galego nun final superaxustado co Campión. Voltaría o podio de pértega como Campión Galego acompañado de Dani Calvar, en 2º posto, Daniel Armada foi 5º neste concurso. Notase a hiperactividade nos atletas das combinadas, Dani Calvar facia un 4º posto en triplo.

1613914_10203908800267831_1216138303323268086_n

As mulleres estaban representadas por Saray Amoedo, no salto de lonxitude foise ata os 4.79 mts. conseguindo a medalla de bronce. En Triplo quedou Campiona Galega cun mellor salto de 10.65. Alba Guimerans foi 6ª en peso cun lanzamento de 7.84 mts. María Rodríguez non pasou da semifinal dos 50 m.v. quedando 5ª na súa serie. No computo global do Campionato foron 6 medallas, duas de cada color para os nos@s amarel@s. Moitos parabens para eles.

11046308_10203908800827845_358563459493601553_n

CAMPIONATO DE GALICIA XUVENIL E JUNIOR EN PISTA CUBERTA

A Coruña, 15 de febreiro de 2015

 

Outro Campionato máis de nivel autonómico no Pazo dos Deportes de Riazor. Si o día de onte era a cita co futuro do atletismo galego, hoxe sen dubida era o presente. A maioria destes atletas xa compiten a nivel absoluto sin ningún tipo de complexos. Este era o Campionato de Pista Cuberta para xuvenil e junior. Domingo de entroido,  vacacións académicas e un formidable ambiente facían prever unha xornada inesquecible.

Na sección másculina Oscar Broullón era o representante en peso na categoría xuvenil, acadando o Subcampionato cun lanzamento de 13,00 metros. O junior Pablo Castro quedou Campión Galego na mesma disciplina. Vaia estadísticas dous de dous.

As mulleres debutaron na velocidade , 50 m.l, as xuvenis Noelia Graña subcampiona galega e Noa Rouco que non obtivo pase a final cun tempo de 7,22.  Nos 200 m.l. Noa Rouco obtivo o bronce e Noelia Graña non pasou da semifinal. Paula Martínez quedou cuarta na final dos 50 metros valados. No concurso junior de altura Alexia Vidal proclamouse subcampiona galega ao igual que no salto de lonxitude. Na pértega xuvenil Martina Paramos completou o mellor concurso e acadou o primeiro posto. Patricia Torres fixo bronce no lanzamento de peso xuvenil. No peso junior acadou o Campionato Galego Raquel Villa.  En resumo o presente do Club goza de boa saúde, noraboa a tod@s.

CAMPIONATO GALICIA PISTA CUBERTA BENXAMIN-ALEVIN E INFANTIL. CADETES 1000 E 3000 M.L.

A Coruña 14 de febreiro 2015

 

Pois ali fomos o sábado de entroido, esperabanos unha longa xornada de maña e tarde no Pazo dos Deportes de Riazor. O mal tempo fora era típico das datas en que nos atopamos. Atípico foi que se cumpriran os horarios, e así aconteceu durante toda a competición. No computo global foron un total de doce medallas as que se conseguiron, merecido premio para o esforzo d@s amarel@s. Na categoría benxamín Noa Nerga acadou o bronce en peso e Guillermo Alonso foi subcampión na mesma disciplina. A alevin Sara Mallo proclamouse Campiona de salto de lonxitude, mentras Aaron Otero era Campión en peso, Eduardo Parcero acadou o bronce en 500 m.l. A categoria infantil foi a máis participativa, conseguindo Valeria Rodríguez e Ariadna Gil sendos Campionatos en peso e lonxitude. Laura Campos e Lara Fernández acadaron o subcampionato en 50 metros valados e pértega. Irene Menéndez fixose co bonce en lonxitude. En homes Anton Iglesias quedou Campión en altura e Lope Quinteiro subcampión en peso. A xornada rematouse co 1000 e 3000 m.l. para os cadetes. O día seguinte temos o Campionato Xuvenil e Junior no mesmo emplazamento…deicalogo.

BENXAMIN MULLERES:

 

  • Carmen Fraga             6ª50 m.l.
  • Agata Rodríguez        10ª500 m.l.
  • Lara Iglesias               11ª1000 m.l.
  • Noa Nerga                   3ª peso e 11ª altura
  • Gema Dacosta            4ª peso

 

BENXAMIN HOMES: Seguir leyendo

CAMPIONATO DE GALICIA ABSOLUTO DE 60 ML E 60MV.

Lugo, 07 de febreiro de 2015

A velocidade tiña por primeira vez un Campionato adicado,neste caso, os 60 metros lisos e valos. O módulo de Lugo foi o lugar elexido para desenvolver as quendas,  que foron numerosas . Na categoria feminina Noelia Graña pasou cun tempo de 8.21 a primeira serie. Para o pase a final fixo o tercer mellor tempo da súa seminfinal. Alí a  pesares de facer o mellor tempo de toda a xornada, 8,11, quedou en 6º posto. A outra representante feminina, tamén xuvenil, Paula Martínez  voltou para Cangas cunha medalla de bronce na proba de 60 metros valos. Proba absoluta na que as dúas atletas xuvenís souberon estar a altura do Campionato. Non esperábamos menos,  moitos parabens.

CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO E PROMESA PISTA CUBERTA.

A Coruña 31 de enero de 2015.

Nova parada no Pazo dos Deportes de Riazor para o Campionato Galego Absoluto e Promesa.  A pista cuberta encheuse dos mellores atletas da Comunidade e con bastantes xuvenís e junior nos primeiros postos.  Falando de categorías tempranas a nosa cadete Saray Amoedo foi quen de acadar o cuarto posto no triplo, para conseguilo fixo un salto de 10,97, con mellor marca persoal,  magnifico concurso con seis saltos por riba dos dez metros e medio. O mellor concurso en peso foi para Raquel Villa cun lanzamento de 11,57, cun total de seis marcas por riba dos once metros.

Na categoría masculina o xuvenil Pedro Acuña foi cuarto, con 54,49, na sua semifinal de 400m. En 1500 m.l. Rodrigo Bermúdez foi  9º cun tempo de 4:32.13.

As mulleres completaron a participación con Noelia Graña nos 50 m.l. quen tras pasar dúas quendas foi  5ª na final. Noa Rouco non pudo pasar da semifinal dos 400 m.l. acadando o segundo lugar na sua serie. Sara Villar e Paula Martínez tampouco conseguiron posto na final dos 50 m.v. cuns tempos de 8,78 e 9,04 respectivamente.

No concurso de altura Alexia Vidal quedou  5ª cun mellor salto de 1,49 e acadou o decimo posto en lonxitude. Martina Paramos foi cuarta en pértega.

Con todo isto rematar cun ata pronto Coruña, penso que o 14 de febreiro voltamos.