CAMPIONATO GALEGO SUB 18 DE PISTA CUBERTA

A Coruña, 08 de febreiro de 2020

     O Pazo dos Deportes de Riazor acolleu o CAMPIONATO GALEGO SUB 18 DE PISTA CUBERTA. Duas atletas femininas foron as representantes nesta importante cita. Ana Cerqueiro deulle coma catro voltas a recta de velocidade, dito doutra maneira disputou 3 carreiras de 50 m.l., unha ronda previa, a semifinal e a final, onde rematou nun magnifico 6º posto. O mellor tempo acadouno na semifinal cun rexitro de 7.26 s. Ainda lle quedaba por diante unha semifinal de 50 m.v., onde non progresou a final, rematando nun tempo de 9.34 s.

      Sabela López centrouse no salto de pértega e rematou SUBCAMPIOA GALEGA, cun mellor salto de 2.46 m. Este rexistro tamén a situa no segundo lugar do ranking galego da actual tempada. Fora de concurso tamen participou Helena Belloquen lidera o ranking galego da categoria SUB 14 con 2.20 m., neste concurso andivo preto desta marca e rematou cun salto de 2.16 m.



FINAL LIGA MENORES ABANCA

Ourense, 15 de decembro de 2019

     Xa apetecia voltar a pista de Expourense. O domingo, despois da enésima borrasca, non era mal plan. Tras unha merecida clasificación, tres equipos amarelos disputaban a final da VIII Liga Galega de Inverno de Categorías de Menores ABANCA. En xornada de maña terían lugar as probas que definirían os gañadores nas categorias SUB 10, SUB 12 e SUB 14.



     O equipo SUB 12 feminino acadou o 2º posto na final con 35 puntos. A este subcampionato contribuiron; Noa Quinteiro 5ª en peso, Leire Fonseca 4ª 60 m.l., Helena Bello 1ª lonxitude, Estela Raña 7ª 500 m.l., Goretti Carballal 5ª altura e Sabela Castelo 1ª 1000 m.l.

     O equipo SUB 14 feminino tamén acadou o SUBCAMPIONATO na final coa aportación de Ariadna Becerra 3ª pértega, Carmen Fraga 1ª lonxitude, Gema Dacosta 1ª peso, Agata Rodríguez 2ª 60 m.v., Noa Nerga 6ª altura, Claudia Carcer 8ª 60 m.l., Maialen Fernández 4ª 500 m.l., Lucia Gil 6ª triple salto e Iris Malvido  1ª 1000 m.l.



     O equipo SUB 14 masculino rematou no 7º posto na final, conformado por Ruben Lemos 3º pértega, Raul Rial 6º lonxitude, Luca Piñeiro 4º peso, Diego Martínez 1º altura, Juan Gallego 7º 60 m.l., Carlos Corredoira 7º 500 m.l., Manuel Lemos 7º triple salto e Yago Juncal 5º 1000 m.l.



PLAN DE VIAXE A FINAL DA LIGA ABANCA

     O domingo 15 de decembro de 2019 vaise disputar a final da VII LIGA GALEGA DE INVERNO CATEGORIAS MENORES ABANCA. A sede que acollerá o Campionato será a Pista Cuberta de Expourense.  Por parte do Club facilitarase un autobús con saída da Estación de Cangas as 08:00 horas. As plazas vacantes d@s atletas poderán ser ocupadas pol@s pais/nais (IMPORTANTE AVISAR polas canles habituais). Para conformar os TRES equipos clasificados vanse convocar aos seguintes atletas:


SUB 12 MULLERES; Leire Fonseca, Sabela Castelo, Helena Bello, Noa Quinteiro, Goretti Carballal,  Estela Raña e Leire Brun

SUB 14 MULLERES; Claudia Carcer, Iris Malvido, Maialem Fernández, Lucia Gil, Carmen Fraga, Agata Rodríguez, Gema Dacosta, Ariadna Becerra e Noa Nerga

SUB 14 HOMES; Carlos López, Carlos Corredoira, Yago Juncal, Diego Martínez, Manuel Lemos, Ruben Lemos, Juan Gallego, Raúl Rial e Luca Piñeiro


INFORMACION DO CAMPIONATO



XORNADAS PREVIAS DA LIGA ABANCA

     A Federación Galega de Atletismo organizará a VIII Liga Galega ABANCA DE CATEGORÍAS MENORES DE INVERNO para as categorías Sub10, Sub12 e Sub14 integrada por varias xornadas previas clasificatorias a celebrar en varias zoas e unha final por equipos. No caso de Pontevedra vanse celebrar tres probas. Adiantamos toda a información da Liga de cara a conformar os equipos e a premura na inscrición d@s atletas.


REGULAMENTO LIGA



     O domingo 03 de novembro será en Vilagarcia, co seguinte programa de probas:


RESULTADOS EN DIRECTO



     A seguinte xornada vai ter lugar o sábado 09 de novembro   no CGTD de Pontevedra con este detalle de probas:


RESULTADOS EN DIRECTO



     A derradeira xornada clasificatoria será o sábado 30 de novembro nas pistas de Balaidos:



CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 16 DE PISTA CUBERTA

Sabadell, 17 de marzo de 2019

     Aaron Otero estreouse nun Campionato de España na categoría SUB 16. Viaxou ata Sabadell para participar na final do lanzamento de peso. Unha vez alí,  acadou o pase a mellora no concurso e rematou no posto 6º cun mellor lanzamento de 13,33 mts. Agora toca centrarse na pista ao aire libre, na cal xa ten mínimas para o peso máis o martelo.



 

CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 DE PISTA CUBERTA

Valencia, 9-10 de marzo de 2019

 

  No Palau Velódrom Lluís Puig disputouse o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 DE PISTA CUBERTA. O sábado pola tarde Lope Quinteiro correu a terceira serie das semifinais de 800 m.l. Despois de catro voltas quedou 4º cun tempo de 1:59.84. Pasaban a final os primeros por serie máis os dous mellores tempos. Con esta marca non puido progresar a final que se correría o domingo.  Tal vez non fora a sua mellor carreira, engadido o nivel dos rivais so nos queda mandarlle animos de cara a vindeira proba.



CAMPIONATO DE GALICIA MASTER DE PISTA CUBERTA

Ourense, 03 de marzo de 2019

 

     Xornada dominical adicada a categoria MASTER. Cunha participación moi numerosa, a pista de Expourense acolleu novamente un Campionato Galego no que contabámos con dous representantes. Belen Lemat rematou 3ª nos 800 m.l., 4ª en 400 m.l. e 6ª nos 1500 m.l. Carlos Bernárdez acadou o 6º posto no concurso de peso.



 

PREVIA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18

    Lope Quinteiro vai participar no XLI CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 DE PISTA CUBERTA, o sábado pola tarde disputará a semifinal dos 800 m.l. no Palau Velódrom Lluís Puig. No caso de progresar a final sería na xornada do domingo 10.  Parte coma lider no ranking galego da distancia e agora toca presentar as credenciais no nacional, de seguro que voltará contento coa sua actuación.


RESULTADOS EN DIRECTO



 

CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 DE PISTA CUBERTA

Madrid, 2 e 3 de marzo de 2019

     A pista cuberta de Gallur en Madrid encheuse de enerxia atlética. @s mellores SUB 20 do país concurrían ao peche da tempada de pista cuberta. Daniel Calvar non puido acadar o pase as semifinais, quedou fora cun tempo de 23.21 s. na sua serie de 200 m.l.



     Saray Amoedo remataba 8ª na final do  triple salto. Realizou un concurso moi regular e sempre mantendo ese nivel que se procura nas citas nacionais.