CAMPIONATO GALEGO SUB 16 PISTA CUBERTA

Ourense, 02 de marzo de 2019

    O autonómico da categoria SUB 16 supoñia a antesala do peche da tempada de pista cuberta, a nivel galego. Este sábado competían as mellores marcas galegas cadetes e o domingo estaba destinado para as categorias MASTER. Abril Entenza competiu no salto de altura, acadando un BRONCE cun mellor salto de 1,42 m. Nos 60 m.v. foi descalificada na final, quedamonos coa prometera marca que rexistrou nas semifinais, 9,89 s. Na outra semifinal competía Ana Cerqueira, quen con 11,86 s. non progresou a final. Máis preto estivo da final dos 60 m.l. quedando apeada na semifinal con 8,64 s. Erea Baston acadou o SUBCAMPIONATO GALEGO no lanzamento de peso, cun mellor rexistro de 10,46 m. Nos 600 m.l. Ivan Iglesias rematou co sexto mellor tempo, 1:39.25. Aaron Otero, con 13,76 m, proclamouse CAMPION GALEGO de lanzamento de peso. Concurso no que foi de menos a máis e cunha boa marca preto do seu mellor rexistro. Despois de 10 voltas a pista, Anais Santamarina rematou 11ª nos 3000 m.l., na proba masculina Miguel Núñez e Anton Núñez finalizaron 8º e 9º.



PREVIA CAMPIONATO GALEGO SUB 16 PISTA CUBERTA

     O vindeiro sábado 02 de marzo a pista cuberta de Expourense acollerá o CAMPIONATO GALEGO SUB 16 DE PISTA CUBERTA.  O programa do Campionato esta previsto en xornada de tarde co seguinte HORARIO:



RESULTADOS EN DIRECTO


DETALLE DE ATLETAS E PROBAS

  • Adan Dacosta 60 m.l., 

  • Ivan Iglesias 600 m.l.

  • Joel Curro 3000 m.l.

  • Anton Nuñez 3000 m.l. 

  • Miguel Nuñez 3000 m.l.

  • Aaron Otero lanzamento de peso

  • Ana Cerqueira 60 m.l. e 60 m.v.

  • Anais Santamarina 3000 m.l.

  • Abril Entenza 60 m.v. e salto de altura

  • Erea Baston  lanzamento de peso



PREVIA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 DE PISTA CUBERTA

     Na vindeira fin de semana, 2 e 3 de marzo, vaise disputar en Madrid o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 DE PISTA CUBERTA.  O sábado pola maña participará nos 200 m.l. Daniel Calvar, estas primeiras series conformaran as semifinais que se disputaran pola tarde. Nesta toma de contacto coa Pista Cuberta de Gallur vai a estar acompañado de Saray Amoedo que loitará na final do triple salto. Dexesarlle unha boa viaxe e moita sorte.


RESULTADOS EN DIRECTO



CAMPIONATO GALEGO PISTA CUBERTA SUB 10/12/14

Ourense 24 de febreiro de 2019

     Longa xornada en Expourense para dar cabida a un Campionato de Categorias Menores que abrangue @s SUB 10/12/14. Comezaba a participación amarela co concurso de peso da categoria SUB 14. Gema Dacosta acadaba a medalla de PRATA e Noa Nerga o 5º posto. Carmen Fraga e Claudia Carcer disputaban os 60 m.l. , da mesma categoria, sen poder pasar a final. Ambas participaron tamén no salto de lonxitude, rematando no posto 7º e 12º. Os irmans Manuel e Rubén Lemos afrontaban a final de pértega SUB 14,  rematando 4º e 6º respectivamente. Eloy Domínguez acadaba o SUBCAMPIONATO GALEGO no concurso de peso SUB 14, ademáis dun 4º posto no salto de altura.  Maialen Fernández e Uxia Sánchez correron a final dos 1000 m.l. SUB 14, chegando a meta no posto 6º e 7º.



   Sabela Castelo, tras unha accidentada carreira, puido acadar o BRONCE nos 1000 m.l. SUB 12. Hugo Dominguez e Hugo Collazo loitaron polo podio na carreira dos 1000 m.l. SUB 12, entrando en meta en 6º e 7º posto.  Diego Martínez faciase coa medalla de PRATA no salto de altura SUB 14. A final do concurso de lonxitude SUB 12 contou coa presenza de Helena Bello 5ª e Ana Cordeiro 10ª.  Iker Rial foi 13º no mesmo concurso da categoria SUB 10.  Yago Juncal obtivo o posto 13º na final de triple salto SUB 14. Noa Quinteiro e Goretti Carballal ocuparon o 4º e 5º posto no concurso de peso SUB 12. A final do salto de altura SUB 12 estivo disputada por Alba Del Valle 7ª, Sabela Domínguez 9ª e Ana Cordeiro 14ª.



     Nas carreiras de 500 m.l. Erica Novas foi 8ª na proba SUB 10 e Agata Rodriguez 6ª na SUB 14. Carlos López  rematou 11º nos 1000 m.l. e 7º na final dos 60 m.v. SUB 14, nas correspondentes semifinais quedaron Agata Rodríguez e Gema Dacosta, máis Diego Martínez na proba masculina. A proba dos 2000 m.l. rematou con Lucia Gil 8ª, Sara Nerga 12ª e Nerea Malvido 13ª.

     Esta vindeira fin de semana pechase a pista cuberta, a nivel Galicia,  co Campionato para a categoria SUB 16.

CAMPIONATO GALEGO SUB 18/20 PISTA CUBERTA

Ourense, 23 de febreiro de 2019

     A pista cuberta de Expourense vai engadindo melloras nas suas dotacións. Neste caso foron novas bancadas e unha pantalla para seguir máis de preto @s atletas. Durante a xornada do sábado 23 as categorías SUB 18 e SUB 20 disputaron o CAMPIONATO GALEGO DE PISTA CUBERTA.  Alí estiveron os pupil@s de Ramilo para plasmar na competición esas duras xornadas de adestramento. María Rodríguez correu a semifinal de 200 m.l. en 28.34, acadando o pase a final da categoria SUB 20. Proba que non chegou a disputar. Saray Amoedo acadou a PRATA na Lonxitude SUB 20 e foi CAMPIOA GALEGA en triple salto. Raul Barreiro foi BRONCE no concurso de peso SUB 20. Daniel Calvar progresou a final de 200 m.l. pero por molestias físicas non correu.



     Na categoría SUB 18 Ariadna Gil proclamouse CAMPIOA GALEGA de triple salto, e unha MMP (11.09). Nos 60 m.v. foi BRONCE e tamén acadou MMP (9.56). Unha magoa a coinciencia destas probas no mesmo intervalo de tempo. Maria Rial rematou 6ª no triple salto. Por parte de Lope Quinteiro rematou 1º na proba de 800 m.l. e con MMP 1:58.85,  no concurso de lanzamento de peso foi SUBCAMPION GALEGO. Manuel Otero rematou 8º no mesmo concurso. Na final de 800 m.l. tamén correu Alex Iglesias rematando co 9º mellor tempo. Noelia Villaverde correu a semifinal de 200 m.l. en 30.20, tempo co que non puido progresar a final da proba.



CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23 DE PISTA CUBERTA

Salamanca, 09 de febreiro de 2019

 

     O primeiro Campionato Nacional de Pista Cuberta tiña coma protagonista a categoria SUB 23. A capital charra acolleu na pista cuberta «Carlos Gil Pérez« @s mellores atletas promesas. Paula Martínez estivo entre a elite nacional, disputando as quendas eliminatorias dos 60 m.v. Non puido pasar da xornada do sábado, onde rematou con 9.60 a sua eliminatoria. 



PREVIA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23 P.C.

     Esta vindeira fin de semana, 9 e 10 de febreiro, a pista cuberta «Carlos Gil Pérez» de Salamanca vai acoller o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23 DE PISTA CUBERTA. Alí contaremos coa presenza de Paula Martínezquen o sábado pola tarde disputará as series eliminatorias dos 60 m.v. No caso de progresar nestas, o domingo están previstas as semifinais e final da proba. Estaremos moi atentos a súa evolución no Campionato.


RESULTADOS EN DIRECTO



CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO E SUB 23 DE PISTA CUBERTA

Ourense, 20 de xaneiro de 2019

     Unha ducia de amarale@s acadaron marca para participar no CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO E SUB 23 DE PISTA CUBERTA. Ata Expourense tocaba desprazarse para participar na competición de máis nivel na pista cuberta da nosa Comunidade. Amplo foi o contraste entre as idades d@s participantes, se ben ao soar o pistoletazo tod@s eran atletas. O primeiro en entrar en competición foi Daniel Armada, quen pasou a primeira dos 60 m.l. e non progresou a final por un par de postos. Tamén disputou a semifinal dos 200 m.l., onde andivo preto do pase a final, cuestión de décimas de segundo. Ao mesmo tempo Aaron Domínguez saltaba na final do Triple Salto, non puido rematar o concurso ao mancarse no primeiro salto. Saray Amoedo e Ariadna Gil inauguraban a participación feminina no concurso de triple salto. Ambas fixeron unha competición moi regular, loitando ata o final polos postos de podio. Ao remate foron medalla de BRONCE e 5ª respectivamente. Paula Martínez foi 7ª na final dos 60 m.v. o que lle supuso o titulo de CAMIPOA GALEGA da categoría SUB 23, no camiño quedaron Mª Jesús NovoAriadna Gil quen foi eliminada da final polas milésimas, tras o empate na semifinal. Paula Martínez tamén foi participe nas series de 60 m.l. pero non pasou as semifinais.



     Sabela López e Noelia Villaverde correron os 200 m.l. rematando en 28.76 e 29.57. Non progresaron a final con estes tempos, pero hai mellora e xuventude. Na final do salto de pértega Sabela López acadou o 5º posto. A xornada de tarde comezaba coa final do salto de lonxitude, alí se colou Juan Piñeiro, rematando nun magnifico 6º posto cun salto de 6,28. Daniel Calvar rematou os 400 m.l. en 52.70 situandose 8º no ranking galego SUB 20 desta tempada. Lope Quinteiro e Alex Iglesias acadaron nos 800 m.l. tempos de 1:59.19 e 2:05.80. Con estas marcas ocupan os postos 1º e 6º do ranking SUB 18. 



PREVIA DO CAMPIONATO ABSOLUTO E SUB 23 DE PISTA CUBERTA

     O domingo 20 de xaneiro a pista cuberta de Expourense acollerá o CAMPIONATO ABSOLUTO E SUB 23. Para tal evento acadaron marca unha ducia de amarel@s. Achegamos o HORARIO definitivo das probas:



RESULTADOS EN DIRECTO


 

  • DANIEL ARMADA, 60 m.l. e 200 m.l.
  • DANIEL CALVAR, 400 m.l.
  • SARAY AMOEDO, triple salto
  • ARIADNA GIL, triple salto e 60 m.v.
  • PAULA MARTINEZ, 60 m.l. e 60 m.v.
  • LOPE QUINTEIRO, 800 m.l.
  • SABELA LOPEZ, 200 m.l. e pértega
  • NOELIA VILLAVERDE, 200 m.l.
  • ALEX IGLESIAS, 800 m.l.
  • Mª JESUS NOVO, 60 m.v.
  • JUAN PIÑEIRO, salto de lonxitude
  • AARON DOMINGUEZ, triple salto


 

FINAL LIGA ABANCA DE CATEGORIAS MENORES

Ourense, 22 de decembro de 2018

     Despois da Fase previa disputaba en Pontevedra chegamos a Pista Cuberta de Ourense. Catro equipos acadaron o pase a FINAL LIGA ABANCA DE CATEGORIAS MENORES. Inmellorable ambiente para acoller unha competición por equipos con maiusculas. A sede luciu impecable, dando cabida en xornada de maña e tarde as categorías SUB-10, SUB-12 e SUB-14. Testemuñas activas desta VII edición foron os equipos feminino e masculino das categorias SUB 12 e SUB 14. @s primeir@s competiron de maña e @s outr@s pola tarde.



      O equipo masculino SUB 12, con tan só seis compoñentes, plantou cara ata o final sumando 83 puntos que o levaron ao 7º posto.

SUB 12 HOMES  (7º posto.- 83 ptos)

  • HUGO DOMINGUEZ,  1º 1000 m.l. e 9º 60 m.l.
  • HUGO COLLAZO, 6º 500 m.l. e 10º salto lonxitude
  • BRAIS RODRIGUEZ, 14º salto de altura e 16º salto de lonxitude
  • BRAIS PINTOS, 4º 1000 m.l. e 9º peso
  • DIEGO GARCIA, 13º 500 m.l. e 12º 60 m.l.
  • RAFAEL VINICIUS,  10º peso e 15º salto de altura


      A sección feminina SUB 12 quedou fora do podio por un punto, de seguro que non será problema para a moral do grupo. Este equipo promete moitas tardes de gloria, estase madurando.

SUB 12 MULLERES  (4º posto.- 110 ptos)

  • GORETTI CARBALLAL,  11º 60 m.l. e 4ª peso
  • LEIRE FONSECA,10ª  500 m.l. e 2º relevos
  • LEIRE BRUN, 15ª 500 m.l.
  • SABELA CASTELO, 1ª 1000 m.l. e  2ª relevos
  • UXIA GIL, 15ª 1000 m.l.
  • NOA QUINTEIRO,  6ª peso
  • LEIRE FERNANDEZ, 2ª relevos
  • HELENA BELLO, 2ª salto de lonxitude e 2ª relevos
  • ANA CORDEIRO, 12ª 60 m.l. e  6ª salto de lonxitude
  • ALBA DEL VALLE,  8ª salto de altura
  • SABELA DOMINGUEZ, 11ª  salto de altura


   Pola tarde, nove valentes nos tiveron en vilo ata o final, outro cuarto posto que supo a victoria. Nada que engadir, e se algo hai será positivo.

SUB 14 HOMES ( 4º posto.- 150 ptos)

  • MANUEL LEMOS, 12º 60 m.l. e 4º  pértega
  • LUCA PIÑEIRO,  14º 60 m.l. e 14º salto de lonxitude
  • RAUL RIAL, 7º 500 m.l. e 13º salto de lonxitude
  • CARLOS CORREDOIRA, 12º  500 m.l. e 13º triple salto
  • CARLOS LOPEZ, 4º 1000 m.l. e 8º 60 m.v.
  • YAGO JUNCAL,12º 1000 m.l. e 9º triple salto
  • DIEGO MARTINEZ, 10º 60 m.v. e 2º salto de altura
  • ELOY DOMINGUEZ, 1º  peso e 3º salto de altura
  • RUBEN LEMOS, 5º pértega e 13º peso

    O equipo feminino SUB 14, amosou o potencial disposto para esta tempada. Gañaron con solvencia, teñen calidade e cantidade. Con 193 puntos deixaron moi atrás as subcampioas.

SUB 14 MULLERES (1º posto.- 193 ptos)

  • CLAUDIA CARCER,  5ª 60 m.l. e 7ª salto de lonxitude
  • CARMEN FRAGA, 2ª 60 m.l. e  4ª salto de lonxitude
  • AGATA RODRIGUEZ, 1ª 500 m.l. e  5ª 60 m.v.
  • LUCIA GIL, 5ª  500 m.l. e 2ª relevos
  • UXIA SANCHEZ, 9ª 1000 m.l. e  2ªrelevos
  • MAIALEN FERNANDEZ, 5ª1000 m.l. e  2ª relevos
  • GEMA DACOSTA, 1ª peso e 11ª 60 m.v.
  • NOA NERGA, 2ª peso e 7ª salto de altura
  • SARA NERGA, 15ª salto de altura
  • IRIS MALVIDO, SM  pértega e  10ª triple salto
  • ARIADNA BECERRA,  5ª pértega e 8ª triple salto
  • MAR CURRA,  2ª relevos