FASE PROVINCIAL LIGA ABANCA

Pontevedra, 01 de decembro de 2018

    O autobus amarelo puso o contador a cero, a partir de agora sumaremos quilometros pola xeografía galega e nacional. A primera parada foi en Pontevedra no Estadio da Xuventude.   Competíamos na FASE PROVINCIAL DA LIGA ABANCA DE CATEGORIAS MENORES. Esta liga, por equipos, estipula no seu REGULAMENTO, que o pase a FASE FINAL será para o primeiro de cada Fase máis as cinco millores puntuacións do total dos equipos. Con estas premisas @s amarel@s fixeron alarde dun gran traballo de equipo, que por suposto, deu os seus froitos. O equipo SUB 10 MASCULINO rematou 2º con 74 ptos, o equipo SUB 12 MASCULINO foi 3º con 89.5 ptos, as SUB 12 FEMININO 1ª con 139 ptos. Na categoria SUB 14 ambos remataron no 1º posto, eles sumaron 92 ptos e elas 158 ptos. Resumindo, foron 3 equipos co pase directo e os dous restantes a espera das puntuacions das outras fases. Unha pena esa merma nalgun equipo que restou capacidade o non cubrir todalas probas.


@s pupil@s de Calvar foron os artifices dos seguintes RESULTADOS:

SUB 10 HOMES

  • IKER RIAL,  5º salto altura e 1º salto de lonxitude
  • BREO FERNANDEZ,  8º 500 m.l. e  6º 50 m.l.
  • MIGUEL FERNANDEZ, 5º en 50 m.l.  e 6º 500 m.l.
  • PEDRO GONZALEZ,  4º 1000 m.l. e (s,m,) salto de altura
  • MARCOS RIAL,  3º 1000 m.l. e 2º salto de lonxitude
  • AMARO BASTON,  3º peso 
  • HECTOR ABAL,  4º peso 


SUB 12 HOMES

  • HUGO DOMINGUEZ, 1º 1000 m.l. e  2º 60 m.l.
  • HUGO COLLAZO, 2º 500 m.l. e 3º salto lonxitude
  • BRAIS RODRIGUEZ, 10º salto de altura e 12º salto de lonxitude
  • BRAIS PINTOS, 4º 1000 m.l. e 5º peso
  • DIEGO GARCIA, 5º 60 m.l. e 6º 500 m.l.
  • RAFAEL VINICIUS, 7º peso e  8º salto de altura

SUB 12 MULLERES

  • GORETTI CARBALLAL,  1ª 60 m.l. e  1ªpeso
  • ESTELA RAÑA,  3ª 60 m.l. e 1ª relevos
  • LEIRE FONSECA,  1ª 500 m.l.
  • LEIRE BRUN, 3ª 500 m.l.
  • SABELA CASTELO, 1ª 1000 m.l. e 1ª relevos
  • UXIA GIL, 5ª 1000 m.l.
  • NOA QUINTEIRO, 2ª peso
  • LEIRE FERNANDEZ, 1ª relevos
  • HELENA BELLO, 1ª salto de lonxitude e 1ª relevos
  • ANA CORDEIRO, 2ª salto de lonxitude
  • ALBA DEL VALLE, 1ª salto de altura
  • SABELA DOMINGUEZ, 2ª salto de altura


SUB 14 HOMES

  • MANUEL LEMOS,  5º 60 m.l. e 1º pértega
  • LUCA PIÑEIRO, 6º 60 m.l. e 6º salto de lonxitude
  • RAUL RIAL, 3º 500 m.l. e 4º salto de lonxitude
  • CARLOS CORREDOIRA, 5º 500 m.l. e 6º triple salto
  • CARLOS LOPEZ, 3º 1000 m.l. e  4º 60 m.v.
  • YAGO JUNCAL, 6º 1000 m.l. e 3º triple salto
  • DIEGO MARTINEZ, 5º 60 m.v. e 2º salto de altura
  • ELOY DOMINGUEZ, 1º peso e  1º salto de altura
  • IKER PIÑEIRO,6º peso
  • RUBEN LEMOS, 3º pértega 

 

SUB 14 MULLERES

  • CLAUDIA CARCER, 2ª 60 m.l. e 3ª  salto de lonxitude
  • CARMEN FRAGA, 3ª 60 m.l. e 2ª salto de lonxitude
  • AGATA RODRIGUEZ, 3ª 500 m.l. e 2ª 60 m.v.
  • LUCIA GIL,  4ª 500 m.l. e  (ds)relevos
  • UXIA SANCHEZ, 2ª 1000 m.l. e (ds) relevos
  • MAIALEN FERNANDEZ, 1ª 1000 m.l. e  (ds)relevos
  • GEMA DACOSTA, 1ª peso e  6ª 60 m.v.
  • NOA NERGA, 2ª peso e  6ª salto de altura
  • SARA NERGA, 9ª salto de altura
  • IRIS MALVIDO,(sm) pértega e 6ª  triple salto
  • ARIADNA BECERRA, 5ª pértega e 4ª triple salto
  • NOA PIÑEIRO, (ds) relevos

 

CAMPIONATO ESPAÑA SUB-16 PISTA CUBERTA

Sabadell, 17 e 18 de marzo de 2018

 

     Tiñamos confianza na participación de Lope Quinteiro no CAMPIONATO ESPAÑA SUB-16 PISTA CUBERTA. Partía coa segunda marca do ranking nacional nos 1000 m.l. e na final do concurso de peso loitaría cos mellores cadetes de España. O sábado disputou a semifinal dos 1000 m.l. e clasificouse coma primeiro da sua serie, ollo ao paso polos catrocentos en 59 s., unha aposta arriscada que lle deu o paso a final en 2:40. Tras este primeiro e importante trámite quedaban as finais para o domingo.  Na final dos 1000 m.l. Lope Quinteiro rematou en 2:39.09, a súa mellor marca, medalla de prata e SUBCAMPION DE ESPAÑA. Iso si que é unha virtude, facer a mellor marca na final do Campionato de España.

      Evidentemente este logro eclipsou a particiapción na final de peso, onde rematou no posto 11º, cun lanzamento de 12.89. Agardamos disfrute destes intres de ledicia e intuimos que nos deixará máis tardes de gloria. NORABOA, coma dirían os teus contemporaneos «eres el p**o amo».



LOPE VIAXA A SABADELL

 

     A pista cuberta Josep Molins de Sabadell acollerá esta fin de semana o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB-16 DE PISTA CUBERTA. Supón o peche das competicións baixo cuberta a nivel nacional. En excelente estado de forma física e mental vai acudir Lope Quinteiro. Coa filosofía de nada que perder e moito que gañar, disputará as probas de 1000 m.l. e lanzamento de peso. Un atleta polivalente que corre os 1000 en 2:40 e lanza a bola ata os 13,50 mts. Estaremos seguindo de preto a sua evolución no Campionato, máis desexarlle boa viaxe e un chisco de sorte.



CAMPIONATO GALEGO SUB-16 PISTA CUBERTA

Ourense, 10 de marzo de 2018

     A pista de Expourense deu conta do peche da tempada indoor en Galicia. A prometedora categoría dos SUB 16 tivo a oportunidade de coñecer as virtudes destas instalacións. En xornada de tarde disputaronse as probas do CAMPIONATO GALEGO SUB-16 PISTA CUBERTA, no que participaron 11 amarel@s. Ainoa Santos estreouse no lanzamento de peso, con 10.16 foi 4ª a poucos centimetros do bronce. Maria Rial non progresou a semifinal de 60 m.l. con 8.87, pero si concursou na final de triple salto, onde rematou 6ª con 9.77. Ana Cerqueiro e Noelia Villaverde, si que obtiveron o pase a semifinal de 60 m.l. con tempos de 8.61 e 8.66 respectivamente. Non puideron pasar a final, Noelia Villaverde foi 6ª e Ana Cerqueiro 8ª en sendas semifinais.



     Adan Dacosta tamén pasou a primeira rolda dos 60 m.l. e caeu na semifinal despois de acadar o 6º posto. Sabela López foi 4ª no concurso de salto de pértega, chegando ata 2.17. Ainda que empatou coa terceira, un salto nulo sobre 2.17 privouna de subir ao podio. Iván Iglesias disputou a final dos 600 m.l. rematando en 13º posto cun tempo de 1:42.81. O concurso de lanzamento de peso masculino acaparou a nosa atención coa participación de tres amarelos. Lope Quinteiro proclamouse CAMPION GALEGO con 13.44, Aaron Otero foi 4º con 12.10 e Manuel Otero foi 12º con 9.19. Voltaría a vencer na proba dos 1000 m.l. Lope Quinteiro parando o crono en 2:40.24. Este excelente tempo o situa coma o segundo no Ranking Nacional nesta distancia. Despois deste subidón quedaba a proba dos 60 m.v., onde Colomba Carballal rematou 6ª na semifinal, polo cal non puido progresar a final.



RESULTADOS


CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 DE PISTA CUBERTA

Ourense 3 e 4 de marzo de 2018

 

     A pista cuberta de Expourense esta amosando unha actividade frenetica. A primeira fin de semana do mes de marzo acolleu o XLV CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 DE PISTA CUBERTA. Os clubes do noroeste da peninsula agradecemos esta cercania e tamén é de xustiza polos moitos viaxes que temos no lombo. Na procura de loitar cos mellores foron tres amarelos. O sábado competiu Daniel Armada nos 60 m.l., na primeira rolda acadou o 5º posto con 7.22. Pasaban os tres primeiros, máis non foi mal tempo só unha serie bastante rápida. Daniel Calvar participou nos 200 m.l., cun tempo de 23.44,  quedou a un segundo do corte para progresar a seguinte rolda.

     O domingo na final do concurso de triple salto estivo Saray Amoedo,  quen rematou 9ª cun salto de 11,02. Quedou a un suspiro de entrar na mellora pero outra vez será. Moi digno colofón a tempada de pista cuberta,  que nos deixa unha expectativa moi alta para o aire libre.



RESULTADOS


PREVIA DO CAMPIONATO GALEGO SUB-16 PISTA CUBERTA

 

     Chegou a hora de que a categoría SUB-16 disfrute da Pista Cuberta de Expourense. O sábado 10 de marzo en xornada de tarde, vai ter lugar o CAMPIONATO GALEGO SUB-16 PISTA CUBERTA.  Sairá un autobus desde a Estación de Cangas as 13.15 horas. De cara a competición participaran @s seguintes atletas:


  • ADAN DACOSTA, 60 m.l.

  • IVAN IGLESIAS, 600 m.l.

  • LOPE QUINTEIRO, 1000 m.l. / peso

  • AARON OTERO, peso

  • MANUEL OTERO, peso

  • ANA CERQUEIRO, 60 m.l.

  • MARIA RIAL, 60 m.l. / triple salto

  • NOELIA VILLAVERDE, 60 m.l.

  • SABELA LOPEZ, pértega

  • AINOA SANTOS, peso

  • COLOMBA CARBALLAL, 60 m.v.

 


RESULTADOS EN DIRECTO



REGULAMENTO


PREVIA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 DE PISTA CUBERTA

 

     Esta vindeira fin de semana, 3 e 4 de marzo, vai ter lugar na pista cuberta de Expourense o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 DE PISTA CUBERTA.  A pista ourensana acollerá a preto de 500 atletas, entre eles/as a TRES amarel@s. Daniel Armada competirá nos 60 m.l., Daniel Calvar nos 200 m.l. e Saray Amoedo no Triple Salto. Gracias as novas tecnoloxias poderemos seguilos desde o sofa:


EMISION EN DIRECTO


     Tamén achegamos as modificacións realizadas no HORARIO e as LISTAS DE SAIDA  para o seguimento dos resultados, só nos queda desexarlle suerte e que disfruten da experiencia.


NOVO HORARIO

RESULTADOS EN DIRECTO



CAMPIONATO GALEGO SUB 10/12/14 DE PISTA CUBERTA

Ourense, 25 de febreiro de 2018

     Pechabase o círculo da Pista Cuberta para as CATEGORIAS MENORES co CAMPIONATO GALEGO DE PISTA CUBERTA para SUB 10, SUB 12 e SUB 14. A competición ocupaba toda a xornada do domingo 25 de febreiro no recinto de Expourense. No computo global das premiacions podemos falar de 6 ouros, 1 prata e 2 bronces, máis dous RECORDS GALEGOS nos 60 m.v.  e Lanzamento de Peso SUB 14. Cun tempo de 10.17 Abril Entenza impusose nos 60 m.v. e actualizou a mellor marca galega, igual que Erea Bastón que lanzou o peso ata 11,14 acadando un merecido ouro. Preto andivo de mellorar a marca galega tamen Sabela Casteloque foi CAMPIOA GALEGA de 1000 m.l. SUB 10 con 3:37.84.



     Destacar tamén o doblete acadado por Hugo Collazoque foi CAMPION GALEGO en salto de lonxitude e SUBCAMPION nos 500 m.l. na categoría SUB 10. Noa Quinteiro gañou o concurso de peso e estivo acompañada no podio por Leire Fernández, que acadou o BRONCE. No concurso de peso da categoría SUB 12,  Gema Dacosta foi CAMPIOA GALEGA e Noa Nerga achegouse o BRONCE. Significativo que as tres Campioas de lanzamento de peso feminino foran do noso Club.



 

SUB 10

  • SABELA DOMINGUEZ, 9ª altura                                             
  • ALBA DEL VALLE, 4ª altura e 13ª 500 m.l.
  • SABELA CASTELO, 1ª 1000 m.l. e 4ª semifinal 60 m.l.
  • NOA QUINTEIRO, 1ª peso
  • LEIRE FERNANDEZ, 3ª peso
  • CANDELA CASTRO, 5ª 1000 m.l. e 11ª lonxitude
  • LEIRE BRUN, 7ª lonxitude e 7ª 500 m.l.
  • MARCOS RIAL, 15º 1000 m.l.
  • HUGO COLLAZO, 1º lonxitude e 2º 500 m.l.


 

SUB 12

  • LUCIA GIL,  6ª semifinal 60 m.l. e 11ª 1000 m.l.
  • CLAUDIA CARCER,  5ª 60 m.l. e 7ª peso
  • NOA NERGA, 3ª peso e 11ª altura
  • GEMA DACOSTA, 1ª peso
  • HUGO DOMINGUEZ, 12º 500 m.l.
  • RAUL RIAL, 11º 1000 m.l


SUB 14

  • EREA BASTON, 1ª peso
  • NURIA ARGIBAY, 5ª peso
  • CARMEN CASTRO, 7ª peso
  • ROCIO NOVAS, 9ª peso
  • ABRIL ENTENZA, 1ª 60 m.v. e 4ª 60 m.l.
  • AGATA RODRIGUEZ, 5ª semifinal 60 m.v. e 17ª 500 m.l.
  • ELOY DOMINGUEZ, 9º peso e 11º altura
  • MIGUEL NUÑEZ,  4º 60 m.v. e 5º semifinal 60 m.l.
  • DIEGO MARTINEZ, 6º altura
  • MANUEL LEMOS, 6º pértega
  • RUBEN LEMOS, 10º pértega

RESULTADOS


CAMPIONATO GALEGO SUB 18/20 PISTA CUBERTA

Ourense, 24 de febreiro de 2018

 

     Comezabamos o sábado a nosa andaina pola cidade das Burgas co CAMPIONATO GALEGO SUB 18/20 PISTA CUBERTA. Practicamente sin sair da pista de Expourense, competir, comer e competir, só lle faltaba unha remuneración para ser perfecto. A todo isto tivemos unha colleita maravillosa, non haí nada que botar en cara. Houbo implicación, esforzo, mancados e como recompensa medallas. Na categoria SUB 20 participaron catro atletas, subindo ao podio en todas as probas. Habera valores seguros no IBEX-35, pero coma estes non. Daniel Armada acadou sendos BRONCES, en 60 m.l. e 200 m.l. As duas probas foron precedidas de semifinal. Na segunda proba (200 m.l.) estivo acompañado por Daniel Calvar que rematou SUBCAMPION GALEGO, cun tempo de 23.18. Literalmente a pista tremia ao paso da final.


 


     Saray Amoedo retomou con forza o triple salto, con 11.19 proclamouse CAMPIOA GALEGA. Outro concurso que supuxo a medalla de OURO foi o salto de pertega, onde David Lorenzo chegou os 4.05. Redondeou o Campionato cunha medalla de BRONCE nos 60 m.v.


 


     Na categoria SUB 18 competiron cinco atletas. María Rodríguez foi, sen dubida, a que máis correu. Dous catrocentos e un douscentos de pista cuberta galega, solventando a semifinal de 400 m.l. e acadando o 5º posto na final. No 200 m.l. non progresou a final. Ariadna Gil reencontrouse co salto de lonxitude acadando a medalla de BRONCE,  a mesma medalla que se lle escapou por decimas na final dos 60 m.v. onde foi 4ª.  A medalla de chocolate tamén foi o premio de Juan Piñeiro no triple salto, o podio quedou a dous centimetros. Ainda así marca de 12.17 que melloraba o existente.



     Raúl Barreiro  no último lanzamento aupouse ao podio de peso, os 10.67 foron premiados co BRONCE. Valeria Jalda pechou a xornada acadando o CAMPIONATO GALEGO  de lanzamento de peso, a marca 11.75. Na nosa vindeira saída a bolsa contaremos co respaldo destes 3 OUROS, 1 PRATA e 5 BRONCES.



 RESULTADOS


PREVIA DO CTO. GALEGO MENORES P.C.

     Este vindeiro domingo 25 de febreiro vaise disputar na Pista Cuberta de Expourense o CAMPIONATO DE GALICIA SUB 10, 12 e 14 DE PISTA CUBERTA. O Regulamento cita expresamente: Art.4).- Limitación na inscrición: Cada atleta poderá realizar un máximo de 2 probas (no caso deser carreiras só unha poderá ser superior a 50). Dado que non haberá mínimas de participación escolleranse as millores marcas da tempada actual e da tempada anterior ó aire libre (dende o 1 de marzo de 2017) en cada proba (12 en concursos e 18 en carreiras).

  A día de hoxe publicouse na web da FGA  o primeiro adianto dos ADMITIDOS. Ata as 20:00 horas deste mercores 21 de febreiro vanse admitir baixas e reclamacións, polo cal o listado vai sufrir modificacions. De seguro que ao longo do xoves 22 xa será definitivo. O domingo as 20:00 horas partirá un autobus da Estación de Cangas, o cal voltará ao remate da competición.


REGULAMENTO

LISTADO DE ADMITIDOS